mércores, 23 de decembro de 2015

Wow! Listen to these Scottish Pipers #music #ACDC #PipeBand #Scotland

Look what I've found on facebook:
Mirade o que atopei en facebook:

SOS das #mulleresgalegascerco aos Alcaldes galegos

O 22 de decembro, o sector do cerco foi convocado pola Consellería do Mar a participaren nunha xuntanza para resolver a situación.
Tras 62 días de acampada, había moita expectación e moita desconfianza nos armadores galegos; a actitude da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, foi de enrocamento e mesmo despectiva con eles e con todas as familias que dependen do mar. Por iso, as mulleres do cerco, ao mesmo tempo que a xuntanza tiña lugar, convocaron aos Alcaldes galegos para lanzar un SOS e pedirlles que se puxeran en marcha para esixir ao Presidente da Xunta de Galicia que defendera e solucionase esta situación dunha vez. Aquí vos deixo o video recopilatorio realizado por Douglas e por min desta xornada.



Ao remate da reunión coa Conselleira e da asamblea dos armadores para valorar a mesma, Andrés García, portavoz de Acerga, nos explicou as conclusións as que se chegou:



Andrés García, Portavoz de Acerga nos explica o resultado da xuntanza coa Conselleira e da asamblea posterior para analizar as propostas e decidir os pasos a seguir. A Acampada continúa.
Posted by Pilar-Aymara Fernandez on martes, 22 de diciembre de 2015





Evento realizado o 22 de decembro de 2015 das mulleres galegas do cerco ao mesmo tempo que os representantes de Acerga participaban nunha reunión convocada pola Consellería para resolver a súa situación.
Posted by Pilar-Aymara Fernandez on martes, 22 de diciembre de 2015



Coidado cos titulares engañosos que anuncian un "principio de acuerdo" porque que saibamos o campamento segue en pé, os...
Posted by Eu apoio o cerco de galicia on miércoles, 23 de diciembre de 2015



Hai moitos xeitos de colaborar, de solidarizarse, de prestar atención aos problemas de colectivos de persoas que nos rodean. Os espíritus altruistas sempre aparecen e aportan o mellor de si. Este é o caso de Mariña Casas Vidal, que nos enviou estas fermosísimas fotos.









venres, 18 de decembro de 2015

ATENCIÓN: TURNOS SOLIDARIOS DE ACAMPADA DURANTE O NADAL! #OCerco #Galicia #Nadal

Moita atención a este evento!





EXPLICACIÓN DO EVENTO: 
 
Os bombeiros galegos queremos promover esta iniciativa solidarizándonos cos mariñeiros do cerco acampados dende hai dous meses en Compostela, queremos convidar A TODA A CIDADANÍA a que se acheguen con nós para darlles un relevo a esta xente loitadora; cremos que, sobre todo nestas datas, todo o mundo ten dereito a estar coa súa familia, por iso faremos un esforzo para votar unha man, para axurdarnos a todas.

Todas as que queirades botar una man podedes apuntarvos para facer quendas dende o día 24 de decembro ata o día 7 de Xaneiro.

Para organizarnos mellor, cubre a seguinte folla de control.
http://goo.gl/forms/UCIGwyrLt2

CUADRANTE DÍAS:
https://docs.google.com/spreadsheets/d/1dON690tsx-T-J5Pek2Wf7IRG5YOmQoa7Hq1EvijRVPU/edit?usp=sharing

mércores, 16 de decembro de 2015

'The Alistair Carmichael Christmas Special' via @gregmoodie #Chritsmas #Comic #video #Scotland #LibDem #memoleak

The Alistair Carmichael Christmas Special'. Fresh from his legal triumph, Scotland's last remaining LibDem MP Alistair Carmichael and hired friends bring you Christmas cheer. With special guest stars Ruth Davidson, George Osborne and Kezia Dugdale.

 


Chamando urxentemente a todo Sector Pesqueiro e a sociedade galega #OCerco #Pesca #Ecoloxía

Cando se coñeceu o coste ecolóxico e económico do proxecto do Corcoesto e da Megaminería para que as multinacionais se levaran o suposto ouro galego, a sociedade civil saliu á rúa, dando, como noutras moitas ocasións, un exemplo de mobilización. En xogo estaba o futuro das augas, da saúde, do ecosistema e do entorno de milleiros de cidadáns galegos. E gañouse a batalla, porque a sociedade, as organizacións ecoloxistas, as plataformas contra a megaminería... tiñan argumentos, sentido común e o mais importante, tiñan a razón.
Agora, outra gravísima ameaza planea sobre o País. Un Plan de Acuicultura clonado doutros moitos ao redor do mundo; un plan clonado que dende anos está recibindo severas críticas e informes oficiais dende países Europeos que coma nós, viven da pesca e do marisqueo, coma por exemplo Escocia ou Irlanda. Hai dous días, a STV escocesa publicaba unha noticia sobre os serios problemas de toxicidade e insalubridade que veñen xenerando estas piscifactorias, e a pouca regulación existente para resolver estes serios problemas, non só para o peixe que se cria nestas granxas, senón tamén para os exemplares salvaxes. O Goberno escocés, púxose mans á obra.

Cando a noticia deste plan chegou aos meu ouvidos, o primeiro que me veu á cabeza foron varias preguntas: que foi a facer Feijóo en Xapón? Ten esa visita que ver co enorme Plan de Acuicultura que dende a Xunta queren impór, ainda en contra do sentir maioritario dos bateleiros, mariscadores, artes menores...? Quen saca tallada de todo iso? Porque este plan claramente vai perxudicar a TOD@S aqueles que viven do mar e a curto-medio prazo, vai provocar a desaparición de miles de postos de traballos; é mais, os informes que leo de Irlanda e Escocia, e mesmo de Chile, este Plan suporía unha seria ameaza para a saúde dos galeg@s.

A que se debe o enrocamento da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, en negar, por activa e por pasiva, unha solución ao sector do Cerco galego, que leva acampado case dous meses, diante dos Edificios Administrativos de San Caetano? Será que este Plan tamén tén que ver co proxecto de desguazar mais de 500 barcos de distintas artes? Que ironía, non si? Que dende a Xunta anuncien a bombo e platillo a promoción para os novos emprendedores, animándoos a que se fagan con barcos de pesca para agora recoller subvencións europeas e desfacerlles as empresas... quen paga as débedas das miles de familias afectadas por estas políticas? A quen defende Rosa Quintana? 

Dende a Xunta fártanse de dicir que hai mas cota, hai mas cota, hai mas cota... quen e como se fai o REPARTO, señora Conselleira? Por que non quere un debate público que Acerga ven pedido por activa e por pasiva dende que empezou este conflito? Por que non se quere facer un reparto lineal por tripulante, mais xusto, que sería a solución perfecta,  de querer resolver este problema? 

Falan de democracia... por que a señora Conselleira non visitou nin unha soa vez aos mariñeiros de Acerga? Por que os ignora? Por que os insulta? Por que esperar ata a lotaria de Nadal para facer o que un responsable político ten que facer: mediar, conciliar, revisar acordos, rectificalos, conciliar, RESOLVER conflitos (non crealos!!)? Que pasa na Consellería do Mar que non hai intención de resolver nada? 

Moitos pensamos que si Rosa Quintana non quere resolver nada, debería presentar a súa dimisión; moitos pensamos que é algo que debería ter feito, por ética e dignidade hai tempo.Moitos nos preguntamos por que o Sr. Presidente de todos os galegos non toma a decisión de cesala, algo que debería ter feito cando a Sra. Conselleira a pifiou có problema do Sector Leiteiro... Vailles no soldo asumir esa responsabilidade. Mais o que ata agora, e durante mais de 55 días levan facendo dende a Xunta de Galicia é nada mais e nada menos que deixación de responsabilidade. 

Algún día saberemos todas as respostas. Mais agora, de xeito urxente, fago un chamamento a todo o sector pesqueiro, ás miles de familias que dependen dos distintos sectores, ás asociacións ecoloxistas, ás organizacións políticas, a xuntarnos todos, informarnos ben das consecuencias que ten este Plan para toda a costa galega, para a economía galega a curto, medio e longo prazo, e sair tod@s xunt@s a decirlle ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia que queremos vivir sanamente da nosa costa; a esixirlle ao Sr. Presidente de tod@s os galeg@s, que o seu Plan non é o noso Plan.

Taller de redes sociais na acampada de #mulleresgalegascerco #Ocerco

Durante a acampada de #mulleresgalegascerco din un pequeno taller de redes sociais. Mais específicamente para explicar o funcionamento e a capacidade de difusión do twitter, ferramenta que manexo habitualmente. Este video é unha pequena mostra do que lle expuxen ás mulleres que asistiron ao taller.

O video está bastante oscuro dado que foi grabado na carpa da acampada e xa eran as 7,30 da tarde. Que vos sexa útil e interesante.


luns, 14 de decembro de 2015

A miña humilde análise antes das eleccións #OCerco #Galicia #acuicultura #Feijóo #20D #PP


Referencias no video: 


E sobre o caso Irlandés

Podería denunciarse isto aquí:

Mais depende da presión e da denuncia de grupos ecoloxistas e medioambientales

A costa galega e o sector pesqueiro galego están en perigo... denunciámolo? 

Video da acampada de mulleres do Cerco - 11 e 12 de decembro de 2015 #mulleresgalegascerco #GalicianWomen

Pois aquí está, o video recopilatorio da acampada de mulleres do Cerco galego. Espero que vos guste e que disculpedes se hai algún problema de son ou realización. Está feito con todo cariño, como ben sabedes. Por favor, dádelle toda a difusión que poidades! Que non se esqueza nunca esta vosa xusta e exemplar loita.
Adiante mulleres! 









Solidariedade Galego-Asturiana na acampada do #Cerco #Compostela #Galicia #Pesca







mércores, 9 de decembro de 2015

O 11 de decembro // On the 11th of December // El 11 de diciembre #Galicia #Compostela #OCerco #Mulleres #Women


Video en español





Como apoiar o evento via twitter? (Mira os videos que seguen) 
¿Como apoyar este evento via twitter? (Mira os videos seguintes)
How to support this event vía twitter? (See the videos below)
  






Escocia: un exemplo de dignidade e anti racismo #DonaldTrump #NotmyXenophobia #StopHatred #StopRacisme

O Goberno escocés, en comunicados vía twitter e Facebook do Ministro de Asuntos Exteriores, Humza Yousaf, ven de anunciar a súa decisión de revocar inmediatamente a Donald Trump a membresía da prestixiosa rede 'Global Scots' (que recolle aos escoceses famosos do mundo, embaixadores non oficiais de Escocia) polo seu odio a todos os valores escoceses e o seu noxento racismo declarado. Grazas unha vez mais, Escocia, por este exemplo de dignidade e de principios!
http://www.thenational.scot/news/scottish-government-and-robert-gordon-university-sack-donald-trump-after-muslim-ban-call.11019 





Tamén hoxe, en acto oficial a Primeira Ministra Nicola Sturgeon fixo unha defensa a ultranza dos dereitos humanos. Velaquí o seu fantástico discurso.


A Peneira: "O sector da pesca e do leite a debate" #OCerco #LeiteGalego #APeneiraNósTV

En twitter: @nostvgalicia

martes, 8 de decembro de 2015

Xestos contra a guerra que o din todo #VeteransforPeace #NotinMyName #‎NonNoMeuNome‬ ‪#‎NonáGuerra‬ ‪#‎NotoWar‬ ‪#Syria


Un grupo de veteranos de guerra, que participaron en anteriores conflictos en Oriente Medio, chamados 'Veterans for Peace' deixaron ás portas dos número 10 de Downing Street as súas condecoracións nun acto de protesta contra a intervención militar de Reino Unido en Siria.
Impresionante xesto que o di todo.





Several war veterans representing the organisation 'Veterans for Peace' discarded their medals outside Downing Street in London, Tuesday, in protest against the decision made in Parliament last week to bomb Syria.



domingo, 6 de decembro de 2015

#MulleresGalegasCerco #MujeresgallegasCercoOCerco #GalicianWomen #Fishing #Support #PurseSeine #Galicia

Pois aquí está esta enorme sorpresa.
Convócovos a todas, mulleres con conciencia a participares neste acto de solidariedade co sector do Cerco galego.

Alí estarei, plasmando todas as historias que elas me queiran contar, e espero que mandedes cantas mais mensaxes de solidariedade poidades e mesmo que veñades a visitar a estas valentes!
Estarei tamén no twitter compartindo estas historias e fotos co hashtag ‪#‎acampadamullerescerco‬
 
Lembrade, o 11 de Decembro, venres dende as  21:00 h ata as 13:30 do sábado, todas somos do Cerco Galego
 Evento en Facebook // The event on Facebook 
 

Contas de twitter para este evento // Cuentas de twitter para este evento // Twitter acounts for this event

@pilaraymara
@acerga_ 

 Video en galego

Video en español 


Video in English


46 days of encampment of the Purse Seine Fishing Sector in Compostela and still no solution from the Spanish or Galician Governments. 
More info (Thank you Dave Whitton for this link) 
The women, in solidarity with their husbands, have decided to spend the night of the 11th of December camped out in front of the Government buildings in San Caetano
Please, on the 11th of December, show support for these brave women by tweeting your messages with the hashtag #GalicianWomen, thank you!






sábado, 5 de decembro de 2015

Who wants to scrap the fishing sector in Galicia / Quen quere desmantelar o sector pesqueiro galego?

O Ministerio aproba a todo correr, antes das eleccións, sen ningún tipo de negociación, consenso nin acordo o reparto para 2016, que é  unha copia plasmada do anterior que perxudica claramente á flota pesqueira galega. Por que

É o Plan de Acuicultura da Xunta de Galicia a razón pola que Rosa Quintana e Feijóo se queren cargar a flota de pesca artesanal e marisqueira de Galicia e se negan a presionar a Madrid?


The Ministery has aprobed very quickly, before General Elections, and without any kind of negotiation, consense our agreement the distribution of quotas for 2016, a copy of the old plan that clearly prejudises the Galician fleet. Why?

Is the Aquiculture Plan the reason for the Galician Government to scrap the Purse-Seine and all the traditional ‪#‎fishing‬ sector fleet; and the reason why they avoid puting pression on the Spanish Government in Madrid?