mércores, 19 de abril de 2017

Nicola Sturgeon: "pretendemos gañar estas eleccións en e para Escocia" // Nicola Sturgeon: “We intend to win this election in Scotland & for Scotland.” #GE17

Dende onte que Theresa May anunciou as eleccións anticipadas, as reaccións en Escocia non se fixeron esperar. Hoxe, a Primeira Ministra e lider do Scottish National Party fixo unhas declaracións oficiais en Westminster rodeada dos deputados escoceses, coa firme convinción de repetir, e mellorar se é posible os resultados das eleccións de 2015.

Sturgeon presentou ao SNP coma a única oposición real aos Tories (polo menos en Escocia así é) e asegurou que o seu partido loitaría contra os recortes e as medidas de austeridade que os Tories están aplicando e que se incrementarían no caso dun Brexit duro (opción preferida de Theresa May).

Sen dúbida, se o SNP gaña as eleccións do 8 de xuño en Escocia, Nicola Sturgeon verá reforzado o seu mandato lexítimo para a celebración dun segundo referendo de independencia antes da saída de Reino Unido da UE, cousa ata o momento negada por Theresa May.

Nicola Sturgeon amosouse aberta a buscar unha alianza de forzas progresistas ao igual que en 2015, cando Miliband cometeu a torpeza de negarse a facer coalición cos nacionalistas escoceses. Moitos analistas sinalaron a esta negativa coma o erro maior que puido cometer o xa ex-lider laborista.

O oportunismo de Theresa May, que utilizou o "agora non é o momento" para rexeitar a petición escocesa dun segundo referendo, queda agora ao descuberto con esta chamada temprana de eleccións cando por activa e por pasiva declarou que non habería eleccións en Reino Unido ata o 2020.
Nicola Sturgeon dixo:

"Si o SNP gaña estas eleccións en Escocia e os conservadores non o fan, entón calquer tentativa de  Theresa May de bloquear o noso mandato para dar ao pobo de Escocia unha opción sobre o seu propio futuro cando chegue o momento, desmoronaráse" 

Full video (thanks to Peter Curran @moridura as usual)
Video completo grazas a Peter Curran:




E namentras, continúa a evidente manipulación e bloqueo informativo dende a BBC a calquera noticia que fale da Primeira Ministra Nicola Sturgeon, de Escocia ou do SNP. Vergoñento.

 Por último, Theresa May ratificou que que non participará en debates electorais televisados, levantando de novo, ao igual que fixo o seu antecesor Cameron, polémica pola súa cobardía e falta de transparecencia. Algo deben ter en común os conservadores españoles e os tories na súa estratexia. 







martes, 18 de abril de 2017

As eleccións anticipadas de Theresa May #GE #UK #Escocia #ScotRef #brexit #Toryelectoralfraud

Eleccións anticipadas en Reino Unido #GE #UK #Brexit #TheresaMay

Theresa May ven de anunciar eleccións anticipadas en Reino Unido para o 8 de xuño.

O 4 de maio celébranse as eleccións locais, e ainda que era un rumor, as recentes enquisas publicadas que son totalmente favorables aos conservadores, logran que finalmente a inelecta Primeira Ministra se lance a piscina.

No seu discurso, Theresa May culpa á oposición de non atender ás necesidades de unidade que precisa a situación polo que a opción dunhas eleccións gañadas sobre a base dun programa electoral coa folla de ruta clara sobre Brexit é a mellor baza para a Premier Británica.

Importante agora as reaccións dende Escocia e Norte de Irlanda. Moito vai ter que prepararse para explicar porque aos escoceses lles insiste no "agora non é o momento" e sí é o momento de convocar eleccións xerais en plena crise do Brexit.. E dende logo será fundamental para o SNP que sexa capaz de repetir os 56 deputados que conseguiron nas últimas eleccións.










RECOMENDADO : Charla organizada pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS #DiaEuropeodoPaciente


Dia Europeo dos Recursos do Paciente. Charla organizada pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS. 

Hoxe ás 19h. no Centro Sociocultural do Ensanche. Non faltedes 


COMUNICADO PÚBLICO

PRONUNCIAMENTO PÚBLICO
DIA EUROPEO DOS DEREITOS D@ PACIENTE. Non hai dereitos sen recursos.
Se nos quitan os recursos, confíscannos os dereitos.
A Carta Europea dos Dereitos do Paciente foi aprobada polo Consello de Europa, en Roma, en novembro de 2002 recollendo a iniciativa do Tribunal Italiano de Dereitos do Paciente. Este Tribunal Italiano de Dereitos do Paciente foi creado a partir de propostas de iniciativas cidadás. O contido da Carta dos Dereitos do Paciente é de obrigado cumprimento en todos os Estados membros da Unión Europea. Non obstante, un diagnóstico da realidade mais próxima indica que seguen sendo moitos os atrancos que impiden a súa aplicación real.

O recoñecemento legal de dereitos ten como correlato o deber da administración e dos poderes públicos de facelos efectivos, e a obriga de poñer a disposición dese obxectivo os instrumentos xurídicos e organizativos necesarios. Esta obriga cobra especial importancia cando nos referimos aos dereitos que pacientes e usuarios temos recoñecidos en relación coa sanidade pública, por canto teñen o rango de dereitos esenciais que requiren dunha especial protección. Se é importante o recoñecemento formal do dereito, maior importancia cobra o seu recoñecemento real. É dicir, que sexan percibidos por todos os cidadáns como efectivos e alcanzables. Neste sentido, hai determinadas prácticas e políticas públicas que deben ser erradicadas, por canto se configuran como obstáculos que impiden o exercicio real dos dereitos recoñecidos. 


A promulgación de leis de grande importancia, que, aínda que limitadamente, recoñecen dereitos básicos, como as recentes disposicións autonómicas de garantías de prestacións sanitarias, de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais ou do dereito a unha segunda opinión médica, ao non ter en consideración o impacto que o exercicio do dereito ten sobre a poboación ao que vai dirixido e non achegar a correlativa dotación orzamentaria que garantan o seu exercicio, fan de moitos dos nosos dereitos sanitarios unha mera declaración formal. Como mostra,

recordar que na área sanitaria de Santiago de Compostela, tan só 16 dos 47 municipios da área contan con acceso a Rede de Hospitalización a Domicilio (HADO), e que máis de 180.000 habitantes non dispoñemos dos coidados paliativos que se subministran a través desta Rede.

Cando se aplican políticas de recorte do gasto sanitario, facendo prevalecer criterios de estabilidade orzamentaria fronte ás demandas asistencias ou criterios estritamente clínicos, os poderes públicos están utilizando un procedemento de confiscación dos dereitos recoñecidos. O sufrimento causado como consecuencia desta escala de prioridades deslexitima os responsables sanitarios que teñen o deber de facelos valer.


Entre 2009 e 2014, segundo datos do Informe de Fiscalización do Consello de Contas de Galicia do ano 2014, o SERGAS recurtou gasto real en máis de 463 millóns de euros. Como resultado desta drenaxe de recursos da sanidade pública galega, hoxe a desigualdade e iniquidade no acceso ganou amplos espazos, quedando excluídos da atención sanitaria requirida importantes sectores de pacientes e usuarios que padecen doenzas de todo tipo.


O recoñecemento formal de dereitos sen un sistema de garantías que os fagan efectivos é un mero “brinde ao sol”. Sen o fomento e regulación dos mecanismos internos de reclamación e queixa e a existencia de órganos de resolución de conflitos asistenciais independentes, obxectivos, imparciais e democráticos, onde os pacientes teñan unha ampla presenza, non cabe esperar unha mellora no exercicio dos dereitos recoñecidos. 


Neste contexto o reforzamento e potenciación das asociacións de pacientes e usuarios cobra unha vital importancia, por canto comporta darlles voz aos destinatarios finais do servizo e introduce un factor definitivo de democratización do sistema sanitario público. A redefinición dos Consellos de Saúde de Área, establecendo un sistema máis democrático de elección e outorgándolles maior peso

aos representantes dos pacientes, son, neste sentido, unha prioridade.

Finalmente, queremos poñer o acento en algo, ao noso entender, esencial. Só desde unha sanidade pública forte, dotada de medios materiais e humanos, democratizada e respectuosa coa equidade, é posible facer efectivos os dereitos recoñecidos na Carta Europea dos Dereitos do Paciente aprobada xa no ano 2002. Pola contra, unha sanidade de beneficencia, financeiramente infradotada, sometida á norma da austeridade na que primen os criterios de xestión, non só cuestiona o sistema de

dereitos, senón que os fai absolutamente inviables.

Compostela 18 de abril de 2017


Asociación de Dano Cerebral de Compostela

Unión Galega de Epilepsia
Asociación Nacional de Amputados de España 

xoves, 6 de abril de 2017

[Translation] MEP González Pons full speech at the European Parliament #brexit #ScotlandinEurope #ScotRef #EU

Esteban González Pons (PPE). - Mr President, during the last three hundred years British politicians have been so successful on the right side of politics that they have ended up believing that the right thing was simply to be English. And that is where, unfortunately, now they are wrong.

They are wrong because reason is always on the side of solidarity. They are wrong when they leave, but want to organize the lives of those who remain, like today, when the conservatives are presenting a plan for the future of a European Union in which they will no longer be.

They are wrong when they want us to close the single market to Scotland, which wants to be European, but they are trying to leave us Gibraltar in, which is not a constitutional part of the UK and which is a tax haven.

They are wrong when they do not see that extreme nationalism leads to racism. Only seven days have passed since Brexit and we've heard nothing but contempt for Spain and other nationalists with the word "war" in their mouths.

They are wrong if they believe that outside the European Union they will have the same friends as inside, the same rights as inside, the same opportunities as inside. They are wrong if they think that the Europeans prefer a good fight to a good agreement.

They are wrong if they treat the European Union as a divisible project without realizing that the United Kingdom is also divisible. They are wrong if they think that the European Union is not going to defend each and every one of its Member States. We are not going to give in when facing the future. Europe is the largest market in the world. Europe is the world's largest space for peace, freedom and security. Europe is the largest provider of social services in the world. Europe is the best idea that politicians of the 20th century had. We will not give up.

They are wrong if they think it does not hurt us that they are leaving. It hurts, and a lot. Unfortunately, this time it will be the UK that walks on the wrong side of the history. I say it with friendship, I say it with loyalty. You are making a mistake. You are going to hurt yourselves. You're going to hurt us all. With the same loyalty I say: I hope you will rectify it. And I say to you also -  May you not be blinded by pride!