domingo, 30 de novembro de 2014

Happy St. Andrews Day from Galiza (Dia Nacional de Escocia)

Desexámosvos a todos un moi feliz dia de San Andrés dende Galiza

Wishing you all a very Happy St. Andrews Day from Galiza





xoves, 27 de novembro de 2014

Smith Commission report // Informe da Smith Commission

Outra desgraciada portada do Daily Record
A Comisión Smith falou e presentou o seu informe para a devolución de poderes a Escocia. Coma ben dixo o propio Lord Smith: "eu non teño o poder de levar a cabo estas recomendacións".

E falou ben, xa que estas recomendacións deberán pasar agora un longo proceso ata chegar ao debate e aprobación das Cámaras dos Comúns e dos Lores e para iso calcúlase unha xestión de ao mínimo 3-4 anos.
Estas son algunhas das competencias recomendadas:

- Poder para xestionar o 100% do IRPF, mais non para xestionar o resto do 70% das tasas e o 85% dos sistema de beneficios, competencia  exclusiva de Westminster.
(aparte desta "cesión" IRPF, o resto das taxas, pensións, axudas, e salario mínimo permanecerán totalmente en poder de Westminster) 

- Recomenda transferir o poder de xestionar o funcionamento e a lei electoral escocesa en materia  autonómica e local; e chama á realizar unha pronta devolución de competencias para cambiar a lei, permitindo aos xóvenes de 16 e 17 anos votar en todas as eleccións.

Os cambios relacionados co propio Parlamento escocés terán que ser aprobados por 3/4 dos votos da Cámara.

-  A xestión de sinais de estradas e autoestradas sería transferida totalmente a Escocia.

- Recomenda a transferencia da xestión e control do tráfico aeroportuario (mais esta competencia xa fora recomendada na Comisión Calman no 2009 e rexeitada no 2010 en Westminster, polo tanto non devolta a Escocia).

 
- A competencia de decidir e cambiar a Lei do aborto será valorada coidadosamente e deberá ser solicitada por todos os grupos parlamentarios.

Moitas das competencias ofertadas polos partidos unionistas durante a campaña do referendo caeron en saco roto, e a outras quedan pendente de posterior estudo.

Unha das mais reclamadas popularmente era o control das canles de televisión (pola polémica constante que existe coa BBC , e que continúa funcionando coma plataforma de propaganda)

www.newsnetscotland.scot/index.php/scottish-opinion/9861-bbc-scotland-holds-its-breath-on-holyrood-accountability

Lord Smith recomenda tamén a David Cameron (PM) e a Nicola Sturgeon(FM) que se reunan antes de final de Xaneiro para poñer en marcha todas estas recomendacións.

Tamén, e facendo énfase na necesidade de que os dous Parlamentos melloren e fortalezan as suas relacións para traballar xuntos en materia lexislativa, recomenda aos Responsables da Cámara dos Comúns e do Parlamento escocés manter a correspondente xuntanza no mesmo período de tempo.

Todas estas "novas competencias" non son nin unha mínima parte do prometido no "Vow" nos días anteriores ao referendo, e o desánimo, enfado e decepción son evidentes tanto nas redes coma no mesmo Parlamento,  onde horas mais tarde da comparecencia de Lord Smith, e como é habitual cada xoves, a First Minister Nicola Sturgeon atendía as FMQ (First Minister questions).





Segundo revelou Patrick Harvie (voceiro do Scottish Green Party) vía twitter, foron especialmente os representantes laboristas os que bloquearon un acordo mais forte e aceptable.
Isto deixa ao Laborismo na posición de explicar as razóns das súas promesas á desesperada antes do referendo, xogando conxuntamente cos tories e negándose a ceder un ápice dos chamados "extensos poderes  para o Parlamento Escocés" por intereses partidistas en Londres.

Os partidos unionistas recibiron moi efusivamente o informe e comunicado da Comisión Smith; de feito, os voceiros do Labour Party chegaron a declarar que as competencias xa foran transferidas, (línea que veredes recollida en moita prensa española), cando a realidade é que todas estas recomendacións terán que pasar a negociación, debate, votación e aprobación das Cámaras dos Comúns e dos Lores).

Claramente as vindeiras eleccións marcarán ao laborismo a posición real na que quedaron logo da súa coalición cos conservadores e liberal demócratas durante a campaña contra a independencia de Escocia. Se a iso engadimos que estas eleccións xerais  están á volta da esquina (maio, 2015) e que pode haber un cambio de Goberno en Reino Unido, toda esta posta en escea da Comisión Smith e as súas recomendacións poden quedar absolutamente nada.

Os nervos do debilitadísimo Partido Laborista están a flor de pel, tal e como relata no seu blog o xornalista de Channel 4 Gary Gibbon
Gary Gibbon on Politics

Scottish Labour in despair


 E aqui tendes os videos (via Peter Curran) do comunicado oficial por parte de Lord Smith e as declaracións dos delegados de cada partido; tamén veredes o link co texto completo da Comisión Smith e algunhas das reaccións:




 Outras reaccións:







Scottish Government // Goberno de Escocia 

Prensa / Newspapers:
Sermos Galiza  





La Voz de Galicia

El Mundo
El Mundo 2






Alex Salmond: Politician of the Year #audio



The National continues / The National continúa #indy #news #indynews



O xornal independentista The National, que esta semana estaba a editar cinco exemplares piloto, anuncia que continuará adiante. 
O éxito logrado xa só no primeiro dia no que esgotou en poucas horas os 50.000 exemplares en papel e vendeu 10.000 dixitais, obrigou ao equipo de Richard Walker duplicar a tirada.
Ao calor das deliberacións da Comisión Smith e coas eleccións xerais á volta da esquina, os escoceses van agradecer a presencia dun xornal como The National. Moita sorte (Good luck!)

http://www.theguardian.com/media/2014/nov/27/scotland-national-newspaper-here-to-stay 

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 27th November 2014 #FMQs #SmithCommission

domingo, 23 de novembro de 2014

S.O.S. Flota Galega En Mauritania #Galiza #Mar #Mariñeiros #Radio

Seguide con atención esta páxina de facebook. Eu apoio á nosa flota en Mauritania! 


NON AO PECHE DE RADIO EXTERIOR! 
O goberno de Rajoy vén de pechar Radio Exterior. As antenas, que dende os anos 70 emitían o sinal de Radio Exterior para todo o mundo, foron desactivadas e comezan a ser desmanteladas. Moitos tripulantes e barcos galegos, que non tiñan posibilidade de conectarse ao satélite ou a internet no mar, tiñan nesta emisora de onda curta unha canle de información do que pasaba en terra.
O debuxante Luís Davila de Bueu retrata con humor a situación, aínda que o asunto é moi serio... Somos tripulantes e temos dereitos!!!

sábado, 22 de novembro de 2014

Cara a independencia en Escocia: The National #supportTheNational

A partires do luns, The National, será o primeiro xornal diario pro independentista que se poderá adquirir en Escocia. Un paso mais cara a independencia. Good luck, friends!
Podedes seguilo en

#SNPtour LIVE from the SSE Hydro (full video) #Glasgow

Musical memories of my family // Lembranzas musicais da miña familia #StCecilia #Musica #GZ #MusiciansDay #22N

Adoro á miña familia, ademais, amo especialmente a familia do meu pai. A música foi a base da nosa vida gracias a miña familia paterna.

I love my family, what's more, I especially love my Dad's family. Music was the basis of our lives thanks to my father's side of the family. 

E aqui vos deixo unhas pinceladas da historia da miña familia e da historia da música en Galiza enormemente rica. 

And here you have a wee bit of my family's history and Galiza's Music History which is very very rich.

Galiza sempre foi un pais de moitos e grandes músicos e compositores. Un deles foi o meu avó Ricardo Fernández Carreira. Nunca o coñecín pero sei do seu traballo e da sua vida profesional e personal e evidendentemente estou orgullosa do meu avó e dos seus fillos Ricardo (meu tío) e Manolo (meu pai)  
Galiza has always been a country with lots of great musicians and composers. One of them was my Grandfather Ricardo Fernández Carreira. I never met him, but I know his work and his professional and personal live, and of course, I'm very proud of my Grandfather and his sons Ricardo and Manolo (my Dad) 

 

O meu avó fundou, xunto con outros xenios da música, na Pobra do Caramiñal, a Capela Lauda Sion

My Grandfather founded with other great musicians in A Pobra do Caramiñal, The Lauda Sion
Chapel
 

Depois diso, o meu avó foi o Director da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, na que anos mais tardes os meus queridos tío e pai tocaron tamén; o meu pai como trompeta e o meu tío como clarinete.

After that, my Grandfather was the conductor of the Municipal Band of Santiago de Compostela, where years later my dear Dad and Uncle also played , my dad the trumpet and my uncle the clarinet.



Ricardo e Manolo Fernández Pereira foron músicos tamén da histórica Orquesta Compostela dende moi noviños... e tamén foron profesores de música...

Ricardo and Manolo Fernández Pereira played in Orquesta Compostela from an early age. They taught music too...

 

La Perla del Jazz, Compostela, anos 50-60
 
Logo diso, meu pai tocou na primeira Orquesta de Jazz de Galiza, chamada "La Perla del Jazz" tamén como trompetista... e moi bo, por certo (segundo di a xente que o coñeceu daquela... eu non son obxectiva para nada... por suposto que era o mellor!)

Then, my Dad played in the first Jazz Orchestra in Galiza, the La Perla del Jazz. He was the trumpet player... a very good trumpet player (people say... I'm not objective at all... of course he was the best!)
Los Galaicos Compostelanos, anos 70


E anos mais tarde continuou nos Galaicos Compostelanos.

Years later he played in Los Galaicos Compostelanos


Los Galaicos Compostelanos acompañando á cantante galega Sabela nunha actuación en Portugal
Los Galaicos Compostelanos with Sabela (Galician singer) in Portugal, the 80's

En honor e tributo a eles e a todos os que vos adicades dun xeito ou outro á ese imprescindible arte, deséxovos Feliz dia de Santa Cecilia, Patrona dos Músicos

In honour of and tribute to them and to all of you who are involved in this essential art, I wish you a Happy St. Cecilia Day, Patron Saint of Musicians

Dia da Musica / Musician's day #SantaCecilia #22N#StCecilia

xoves, 20 de novembro de 2014

RECOMENDADO: A ESMORGA ( Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor) #cine #cinegalego #Galiza

Mais sobre este filme galego
More about this Galician film

@AEsmorgaFilme

https://www.facebook.com/aesmorgafilme


Alex Salmond - A Rebel's Journey #stories #history #Scotland #documentary

Thank you so much to Peter Curran (@moridura) for sharing these videos
Moitísimas grazas a Peter Curran (@moridura) por compartir estes videos








What is going on in Catalonia - Guest post: The axe and the bonsai by Krystyna Schreiber #Catalonia #right2decide



For 300 years we have been wary of the Catalans, fearing that they would become powerful enough to leave us. That has made us treat them like a bonsai (a miniature Japanese tree) smothering them with wires (without being noticed) to grow little and under control, in a small pot with drip water. We grant them powers, but only the most necessary ones and in any case, we keep control of all the functions (e.g. education in Germany is run by the "Länder", not by the central Ministry as happens here). We give them money, but just enough to make sure they are always in debt and dependent. We give them infrastructures, but late and always somewhat less than agreed. We give, yes. But little, because we are suspicious that the bonsai might slip through our hands. The truth is, we do not really understand why the ungrateful oak wants to stop being a bonsai, when it fits so well on our shelf. But stubbornly, they dream of becoming a tree. And as we can now see that the wires are not enough, now we show them our axe, made of our sharpened Laws.

 
After the 9-N vote, the Catalan Public Prosecutor is under the pressure of the Spanish government and the State Prosecutor to take legal action against the president of the Catalan government, Artur Mas, his vicepresident, Joana Ortega and the minister of Education, Irene Rigaud, for alleged prevarication and misappropriation of functions, disobedience and obstruction of duty. Their crime is to have made it possible for more than two million European citizens to express their opinion about Catalonia's political future as a people in a public poll on November 9th, in accordance with basic rights of all people and peoples enshrined in the The Universal Declaration of Human Rights and the International Convenant on Civil and Political Rights.


Krystyna Schreiber
Barcelona, 20th November, 2014


Another interesting article by Krystyna


English and German: 

O golpe de Franco por María Xosé C. Trillo (Publicado en Sermos Galiza) #memoriahistórica #20N

Recoméndovos que leades especial atención este impresionante artigo de opinión que salíu publicado en Sermos Galiza hoxe, 20 de novembro. 
"O fascismo precisa amnesia, precisa desmemoria, evita todo o que poida levar aos reencontros, precisa entregarse en corpo e alma á ardua tarefa de falsificar os feitos" analiza María Xosé C. Trillo.



As persoas que viviron o golpe de Estado do 1936, en especial os durísimos anos 40 e 50 , en plena expansión dos resortes da colonización franquista, desposuídas de case todo: do benestar físico, psíquico, político e intelectual…  asistiron, sen case poder dar un chío, ao desmantelamento de todo o que as identificaba no seo da súa propia cultura.  
Moit@s desaprenderon a falar galego, catalán, euskera…  porque se lles inculcou iso de que a letra con sangue entra, e con tormentos da mente e disuasorios regretazos nas mans.

"Moit@s desaprenderon a falar galego, catalán, euskera…  porque se lles inculcou iso de que a letra con sangue entra, e con tormentos da mente e disuasorios regretazos nas mans".

As vítimas do franquismo asumiron, pura lei da sobrevivencia, o que se podía  ou non se podía facer, a legalidade franquista imposta. Anulada e petrificada polo terror, a cidadanía carece dunha real  vontade de participación e de enerxías para reaccionar ante a inmensa magnitude das atrocidades despachadas sen miramentos por un réxime que con tantos aliados contou e que, como é ben sabido, privou á poboación de case todo no nome da súa cínica  austeridade e da consabida épica franquista de liberar España do monstro con milleiros de cabezas expresado polo modelo económico  e os ideais dunha futura  sociedade tecida con principios, quer comunistas, quer anarquistas. 

A proeza épica do fascismo español e a defensa dun modelo de Estado feito a medida dos intereses da oligarquía capitalista española do momento, ben valía o ter que soportar o mal menor de facer fracasar o modelo republicano electo nas urnas no 1936 - onde o pobo falou porque os pobos tamén se pronunciaron e comezaron a manifestar as súas realidades nacionais-  e apandar cun golpe de Estado, seguido de 40 anos de ditadura  severa  e constantemente salpimentada con  doses de purísima represión. Represión que se cebou cos sobrevivintes na contenda e cos seus familiares e que levou ao exilio e á desaparición de tantos, tamén nenas e nenos aos que privou para sempre de nai, pai e familiares. O reparto dos bens sociais, naturais  e humanos  ficou así, durante moito tempo, reservado para o exclusivo uso e abuso das  privilexiadas familias sometidas de por vida aos designios e caprichos do ditador, mais cunha ampla marxe para realizar todo tipo de operacións e de negocios asegurados e garantidos polo único mérito de dobregarse ante as ordes do único deus-pai-lexislador que Franco representaba para elas. Todo controlado por dentro e os excedentes a facer divisas fóra.

Un pequeno malestar (fame, desnutrición e miseria mental e moral) - enfatizaban- pois liberada quedaba a España das poutas do peor dos inimigos: o diaño encarnado nos ideais do comunismo e do anarquismo e, de vez,  dos nacionalismos históricos que tanto teimaban en independizarse da gran proeza imperial do feixismo.

É  tan absurdo defendelos, entón e agora, como tentar imporlle as mulleres que deixen de darlle de comer @s fill@s para @s liberar definitivamente de futuros tormentos que imaxinarios  monstros lles poidesen chegar a producir. 

"Tivo a ousadía de matar e gobernar pola eficiencia do seu propio autoritarismo. E tirou, peito para adiante, acompañado por todos os seus seguidores e cómplices". 

Porén, así actou Franco, o gran devorador dos monstros que poboaban  na imaxinación da xente, quen  conseguiu o outo obxectivo de os implantar eficazmente na realidade e na súa delirante visión da vida. Deixar á xente con fame  e permanente malestar por naceren, por existiren, por seren diferentes, por pensaren nas antípodas do séquito dos elixidos, e sempre confortados, pola graza de Deus. Tivo a ousadía de matar e gobernar pola eficiencia do seu propio autoritarismo. E tirou, peito para adiante, acompañado por todos os seus seguidores e cómplices. 

Os golpistas só queren mortos anónimos, deitados nunha fosa común, sen nome e apelidos, sen ritos de condolencia por parte dos seus, sen testemuñas de vítimas ou vítimas que lles rebenten o tinglado. Nada que lles lembre a desfeita e a morte que causaron e tempo, moitísimo tempo, para facer que todo sexa esquecido como se nada do feito  acontecese en realidade, como se as vítimas fosen produto do imaxinario dos que desprezan o fascismo e non saben ver del máis que as súas vítimas. 

Era difícil sabotealos, golpear un sistema férreamente blindado desde fóra, máis houbo valentes que o intentaron de forma case permanente. Sabémolo malia o inmenso exercicio que o réxime fixo para desprogramar calquera resistencia, por mínima que esta fose. Nisto Franco tivo un tino milimétrico, e admitámolo, un moito de teatral. Foi  un asasino, mais un asasino útil, porque contiña o avance das alternativas ao sistema capitalista e non puña en cuestión o modelo de explotación mundial dominante. 

"O fascismo precisa amnesia, precisa desmemoria, evita todo o que poida levar aos reencontros, precisa entregarse en corpo e alma á ardua tarefa de falsificar os feitos"

O fascismo precisa amnesia, precisa desmemoria, evita todo o que poida levar aos reencontros, precisa entregarse en corpo e alma á ardua tarefa de falsificar os feitos, cambiando os referentes, confundindo de forma proverbial ao pobo que no fondo- eles saben-  sempre estará sedento de verdades. Se estas se resisten a emerxer, o deber do fascista é crealas, fabricalas en serie, e en serio, ata lograr moldear con elas a conciencia colectiva, e deixar pasar o tempo, para que xerminen definitivamente como o auténtico inconsciente colectivo acumulado pola historia: Nada foi, non pasou nada. Todo permanece oculto na mesta escuridade.

E logo darse tempo para esquecer a autoría dos feitos e sortear con éxito a rendición de contas, ata pensar que xa non se ten nin idea de quen realmente foron aqueles facedores  de mentiras que irrumpiron na historia simulando seren os lexítimos depositarios de  espléndidas verdades. 

Enganos  e mentiras fabricados para ocultar os feitos, para tapar os crimes e tamén para non ter que soportar que alguén lles recrimine nada. Pois é case lei histórica que ningún ditador aturou, nin atura, a fama de ter que selo para sempre.  Eis a outra cara do maxistral golpe do franquismo.

Paz - Peace


mércores, 19 de novembro de 2014

Scotland's First Minister Nicola Sturgeon #Escocia #NicolaSturgeonFM


FM Nicola Sturgeon
Con 66 votos a favor dos 120 emitidos foi elexida Nicola Sturgeon como First Minister no Parlamento escocés. 

Para sorpresa de moit@s, a conservadora Ruth Davidson dixo querer tamén presentarse como candidata ainda segura da súa derrota para ofrecer "unha alternativa ás políticas do todo gratis do SNP", apostando claramente pola privatización e o elitismo. 




Ruth Davidson - Tory
 A candidata do Partido Conservador (Tory) conseguiu 15 votos. E posteriormente bromeou dicindo que non pediría un reconto nesta ocasión (facendo alusión a polémica na que estivo implicada polo reconto do referendo) .De 120 votos emitidos, houbo 39 abstencións maioritariamente dos membros laboristas.
 
Cada candidata dispuxo de 5 minutos para defender a súa candidatura, e presentar o seu programa de propostas. Sturgeon felicitou e agradeceu a candidatura doutra muller para o posto.
Unha vez coñecido o resultado, e logo de ser declarada First Minister pola Presidenta da Cámara Tricia Marwick, e logo de escoitar aos membros da oposición, Nicola deu o seu primeiro discurso no que prometeu gobernar para tod@s os escoceses e non só para os que queren a independencia, facendo a observación de que os que votaron non, estarán de acordo en querer o mellor para Escocia.


Patrick Harvie - Green Party
Tivo Nicola Sturgeon palabras de recoñecemento para os seus antecesores e en especial para Alex Salmond, xa sentado na Cámara como MSP; fixo fincapé na importancia histórica de ser a primeira muller que asume este cargo e a necesidade de que promover políticas que fomenten a igualdade de oportunidades e de xénero. 
Por último, fixo votos de protexer e fortalecer as políticas de igualdade social e rematou dicindo que pretendía conseguir entre todos, escribir novos versos na historia moderna de Escocia para unha vella canción. 




(Gracias a Peter Curran por este video - Thank you to Peter Curran for this video)


Cada xoves ten lugar no Parlamento escocés as Preguntas ao First Minister (#fmqs) que poden serguirse en vivo no seguinte link. 
http://www.scottishparliament.tv/

martes, 18 de novembro de 2014

Farewell Alex Salmond - Ministerial Statement - Scottish Parliament: 18th November 2014


 
Alex Salmond se despediuse oficialmente do Parlamento escocés, dando paso a Nicola Sturgeon que tomará posesión do cargo de First Minister mañán, convertíndose na primeira muller en asumir tal responsabilidade.
  http://news.scotland.gov.uk/Speeches-Briefings/Rt-Hon-Alex-Salmond-MSP-First-Minister-126d.aspx


sábado, 15 de novembro de 2014

Nicola Sturgeon's speech at SNP Conference - Part One-Two and Three #SNP14 #Escocia

Discurso final da nova lider do SNP e xa case First Minister de Escocia, Nicola Sturgeon.
Un discurso plagado de proxectos que foron nomeados un por un, e que reflexan cada un dos retos polos que a campaña pro independentista pelexou tanto.

Rendiu tributo ao saínte lider Alex Salmond para o que só tivo palabras de recoñecemento, cariño e admiración con frases como "Quero rendir tributo ao home que mais cerca da independencia nos fixo chegar, ese home é Alex Salmond" e continuou decindo "El é o heroe do noso movemento e o campión da nosa Nación" en medio de ovacións.

"Escocia será un país independente" asegurou Nicola. E asegurou que continuara fomentando e reforzando as medidas sociais contra a pobreza e pola igualdade. As prioridades:  defender os dereitos universais, a sanidade e a educacion pública, a continuación das políticas anti-nucleares e contra Trident. 


"O SNP nunca vai ser quen poña aos Tory no poder" e asegurou que o SNP nunca lle vai dar a espalda á xente de Escocia, estes comentarios feitos en referencia ás manobras dos Laboristas que permitiron estes gobernos no pasado, tamén foron un guiño aos moitos ex-membros do Partido Laborista escocés que decidiron unirse ao SNP.

"Ainda queda moito que facer" dixo Nicola. "Pretendo levar ao noso partido á victoria das eleccions do 2016" e volveu dar a benvida a todos os novos membros, que xa alcanzaron o impresionante número de 85.884. "Fagamos que se escoite a nosa voz coma nunca" e insistiu que só poder dos nosos votos (SNP)  vai ser o que asegure que as promesas feitas a Escocia, as promesas do Vow non se evaporen.
"O premio é a independencia" "Amig@s, estou preparada para guiarvos nesta viaxe, pídovos vir comigo para que xuntos o fagamos posible" 




Parabéns Nicola Sturgeon, estaremos atent@s a todos os teus pasos como First Minister. Vai ser moi interesante e emocionante seguirte.

Coma sempre, grazas mil a Peter Curran, o xenio dos videos! (@moridura)


venres, 14 de novembro de 2014

Alex Salmond - speech Part One - Two and three - SNP Perth 14th Nov. 2014 (via Peter Curran)

 

Grazas a Peter Curran (@moridura) por estes videos. Discurso completo de Alex Salmond na Conferencia Anual do SNP en Perth, na que se despide do seu liderazgo, analiza a situación actual de Escocia despois do referendo e da paso á nova lider do SNP: Nicola Sturgeon. 







Optimista, divertido e firme á hora de asegurar que hoxe mais que nunca ten a seguridade de que Escocia será unha Nación independente.

E xa sabedes... hastag #sexysocialdemocracy

 




Nicola and Angus move the new member candidacy motion - SNP 14 Nov 2014 #SNP14

Conferencia do SNP, Nicola Sturgeon anuncia unha enmenda na que se abre a porta a que persoas non afiliadas ao partido poidan optar a ser candidatos nas seguintes eleccións xerais. Unha forma de integrar en global ao movemento Yes Scotland, a xa chamada Yes Alliance. Moi interesante.
Coma sempre, moitisimas gracias a Peter Curran ( @moridura) por este video.


xoves, 13 de novembro de 2014