mércores, 27 de maio de 2020

Desescalada, saúde mental despois do confinamento e como axudarse a xestionar as emocións

Eleccións do 12 de xullo de 2020 - Entrevista con Olaia Rodil do BNG

Galicia vota o 12 de xullo, nunha situación moi anormal e cunha campaña moi mermada e desigual para as forzas da oposición. É por iso que estarei encantada de presentarvos esta roda de entrevistas para que coñezades de primeira man as propostas da oposición.

Neste caso tiven o pracer de entrevistar a Olaia Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo. Escoitade e compartide. Grazas

luns, 25 de maio de 2020

Interview with Jane and Eric - Lockdown in Dodro (Galicia) #Covid19 #VisitingGalicia #Scotland


We are now in phase 2! Great to meet up with Jane and Eric.
 
Jane and Eck had to stay in Galicia when the #Covid_19 crisis and the State of emergency started in Spain.
How was it for them?


mércores, 20 de maio de 2020

Preparan accións xudiciais contra Domus Vi e outras - Entrevista con Xoan Antón Pérez-Lema #Covid19 #Residencias #Xustiza

Hoxe falei con Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e asesor xurídico, quen ven de anunciar que se preparan accións xudiciais contra as residencias Domus Vi. Aqueles que queiran información sobre este tema podedes dirixirvos a :
colectivaresidencias@gmail.com


sábado, 16 de maio de 2020

Feijóo o temerario e as eleccións á polaca

Di o Sr. Feijóo que está orgulloso de que Galicia vaia ser a primeira en decidir votar en medio dunha pandemia e sen garantías sanitarias nin democráticas; cunha campaña electoral que só lle beneficia a el (non é por casualidade  que leva xa dous meses de presenza diaria na TVG culpando ao goberno central de competencias que lle corresponden).

Polonia tivo que suspender precisamente unhas moi polémicas eleccións que ían ter lugar hai unhas semanas. A presión internacional e dos cidadáns polacos en toda Europa enfrentáronse a un goberno de corte conservador dictatorial que si o observamos detidamente, ten moitas similitudes co comportamento dos líderes de VOX e o Partido Popular en todas as autonomías do estado. E non, Feijóo non é diferente. 

Feijóo di que Galicia vai ser a primeira. Será porque Urkullu tamén se anima e marca unha vez máis a axenda. Claro que o Goberno do País Vasco ten moito do que presumir e moito peso no Estado. 

Pero e Galicia? 
Non, Galicia non 

Galicia non vai ser a primeira en facer nada agás envellecer a pasos acelerados porque non ten políticas adecuadas. Nin vai ser a primeira en recuperar texido industrial porque as políticas do Sr. Feijóo resultaron ser tan só un titular na Voz y en El Correo Gallego. 

Galicia non vai ser a primeira en defender súas competencias ou esixir o traspaso das pendentes; de feito,  o Sr. Feijóo pasou os seus 11 anos de goberno sen solicitar unha soa competencia e permitindo que o Goberno central do Partido Popular incumprira o propio Estatuto de Autonomía vulnerando os dereitos do pobo galego que di representar. Agora con Goberno doutra cor, saelle o bravú e pretende facer o que non fixo nunha década. 

Galicia non vai ser a primeira en ter bós investigadores porque emigraron todos e os temos esparcidos polo mundo adiante (logo a Voz nos deleitará coa "conexión galega" dos grandes descubrimentos). 
Galicia non vai ser a primeira autonomía que defenda os proxectos medioambientais e que pense no rural. Non hai máis que ver o estado de abandono do agro en Galicia, o prezo do leite, as tractoradas e proxectos coma a Mina de Touro-O Pino.

Galicia non vai ser a primeira potencia pesqueira e marisqueira. Que lle pregunten aos traballadores e traballadoras do mar que cando chegaron a Europa viron como o marisqueo estaba desaparecido das estatísticas oficiais, e só coa denuncia continua en Bruxelas das propias mariscadoras se puido avanzar un pouco.

Galicia non vai ser a primeira no ranking en prazas de centros sociais e residencias de maiores públicas porque o Sr. Feijóo deu carta branca e privatizou casi todas as prazas dispoñibles (eso sí, pagadas con cartos públicos).

Galicia non vai ser a primeira en facer os test ao persoal sanitario. Galicia non vai ser a primeira en número de camas de hospitais públicos. Galicia non vai ser a primeira en aprobar axudas aos autónomos, nin a primeira en anunciar axudas; Feijóo acaba de facelo á desesperada e cando non lle quedou máis remedio, porque ten que sacar peito para a campaña electoral.

Galicia non vai ser a primeira en xestionar os expedientes dos ERTES, por iso hai miles de galegos e galegas que levan casi dous meses sen recibir un salario... e así poderíamos seguir ata a saciedade. 

Galicia, co Sr. Feijóo, segue a ser a última en casi todo. Merecemos un Goberno do que SI poidamos dicir que puxo a Galicia primeiro que nada. E ese non vai ser un Goberno con Feijóo á cabeza. 

venres, 15 de maio de 2020

Viaxar en avión e a pandemia - Información moi interesante

Un dos meus programas favoritos e EN JAKE (na TVG, que hoxe precisamente cumpre 1000 programas)
Onte unha das entrevistas chamou a miña atención pola cantidade de información sobre a pandemia e a seguridade aérea de cara ao verán. Dende o SEPLA explican isto:




xoves, 14 de maio de 2020

Letras Galegas 2020 - Queremos Galego - Entrevista con Marcos Maceira, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

O vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, vai ter unha celebración moi particular. 
Falei con Marcos Maceira, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma Queremos Galego para analizar como está a situación da nosa Lingua e os retos que enfrontamos.  
Convidarvos a visitar a plataforma Queremos Galego e seguir a convocatoria para celebrarmos este domingo o Día das Letras Galegas dende as nosas xanelas. 

Javier Quián (Asociación de Familiares Residencia #Domusvi San Lázaro: " Ten que...

martes, 12 de maio de 2020

A cobertura informativa da #COVID19 en Galicia - Entrevista con David Lombao de Praza Pública #Prensa #Información #Galicia

A cobertura informativa de Praza Pública é sen discusión do mellor que temos en Galicia a nivel xornalístico. Foi un pracer falar con David Lombao e analizar como se está a informar dende este xornal sobre a COVID19 .
Animarvos a escoitar a entrevista e a compartila e tamén, por suposto, a facervos socios e socias de PRAZA PÚBLICA se queredes estar ben informadxs sobre o que acontece en Galicia. 




       AUDIO

domingo, 10 de maio de 2020

O meu comentario : Test, prensa, desescalada, falta de transparencia e eleccións autonómicas

A #COVID19, os test da Xunta e a Atención Primaria - Entrevista con Xosé Mª Dios Diz

É fiable o estudo de prevalencia da COVID19 que Feijóo anunciou a bombo e prato? Son fiables os resultados? Que diferenza hai entre o estudo anunciado polo Ministro Salvador Illa e o anunciado por Núñez Feijóo?
Por que o persoal sanitario non está a ser testado para evitar contaxios? Como están a vivir en Atención Primaria a desescalada? Que recomendacións nos dan?
Unha vez máis falamos con Xosé Mª Dios Diz para analizar todas estas preguntas. Agradecerlle a súa disposición e a súa información


xoves, 7 de maio de 2020

O estado do sector pesqueiro galego - Entrevista con Torcuato Teixeira Viloria #PescaGalicia #Mar #COVID19 #Brexit #EU

Entrevistamos nesta ocasión a Torcuato Teixeira Viloria, Secretario Xeral da OPP 31 de PescaGalicia, Vicepresidente da lonxa da Coruña e especialista en economía pesqueira pola USC. Con el analizamos a situación do sector pesqueiro ante a  COVID19 e o Brexit. 


domingo, 3 de maio de 2020

Feijóo cancela por terceira vez a xunta cos partidos da oposición #Democracia vs #Autocracia


Feijóo, máis de 23 comparecencias na TVG, 1 no Parlamento. Ven de cancelar de novo a xunta apalabrada cos portavoces da oposición. Non actúa como un Presidente democrático, actúa como nunha autocracia. Non lle preocupan os dereitos fundamentais.

sábado, 2 de maio de 2020

Easing of the lockdown in Compostela // Relaxando o confinamento #COVID19 #Galicia #Compostela #Saúde

We wanted to share with you our first walk after 48 days of lockdown. Now the more difficult stage starts... please follow the rules and the indications of the Health authorities

Quixemos compartir con vós o noso primeiro paseo despois de 48 días de confinamento. Recordade que agora empeza o máis difícil e temos que extremar as precaucións e seguir as indicacións das autoridades sanitarias.



VIDEO EN GALEGO
↓↓↓