martes, 10 de marzo de 2020

Informándonos do coronavirus _ Calma e seguide o protocolo #SanidadePublica #Coronavirus #Hixiene #Protocolo

O coronavirus e as neglixentes políticas de Núñez Feijóo en materia sanitaria

A tardía aplicación dun evidente protocolo e información por parte da Xunta de Galicia deixa en evidencia a precariedade do Sergas. Tras anos de recortes o persoal sanitario ten, unha vez máis que enfrontar situacións de alarma e situacións límite. 

Namentras o Goberno galego recortaba e deixaba en precario servizos fundamentais namentras invertía en sanidade privada, agora vemos como é unha vez máis, coma sempre, a SANIDADE PÚBLICA a que ten que dar respostas universais para todos e todas as cidadáns.

O Presidente, Núñez Feijóo, non fixo nin unha soa declaración oficial no Parlamento para ofrecer datos e informar de protocolo a seguir. Importantísimo para a poboación que un Presidente en condicións faga isto ao igual que está a facer Nicola Sturgeon, por exemplo en Escocia.

Por contra, o único movemento que está facendo a Xunta é inxectar dous millóns máis a medios de comunicación afíns a menos dun mes das eleccións, para que continúen coas campañas propagandísticas. Noxo infinito.


Merecemos moito máis e estas situacións límites nos deixan claro en que mans políticas estamos. E non son as mellores. Nos salvan, unha vez máis, a profesionalidade e bó facer dos profesionais sanitarios. Grazas, grazas e mil veces grazas.