sábado, 31 de outubro de 2015

xoves, 29 de outubro de 2015

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 29th October 2015 #fmqs #Scotland

O CERCO A GALIZA #Acerga #Pesca #Galicia #OCerco #repartoxusto



Artigo escrito e publicado para Sermos Galiza 

A ninguén se lle escapa a situación que están atravesando todos os nosos sectores primarios.  Levamos uns anos nos que as mobilizacións non cesan;  cando non son os afectados polas preferentes, son os emigrantes retornados, a sanidade pública, os músicos de orquestras , os gandeiros, ou os de Navantia... agora, e unha vez mais, os armadores e mariñeiros do Cerco. 

Hai unas semanas, paseando por Portosín, miraba como os barcos do Cerco se preparaban  para saír a faenar.   A máquina do xeo e o seu son tan característico sumábase ao do vento tolo dese día.  Outros barcos de artes varias acababan de chegar, eran as 5 da tarde e levaban no mar dende as 4 da mañá. 

Un dos mariñeiros, de mans e rostro curtido da mar, laiábase ante as miñas preguntas sobre as mobilizacións na zona: “Non, nena, sonche eses de aí, os do cerco... nós somos de artes varias... pero os galegos non che somos unidos, muller; deberíamos estar unidos porque todo o sector da pesca está desaparecendo... mais así somos, bos para os demais, malos para nós mesmos”.

Do mesmo xeito que non se pode entender esta Terra sen os nosos gandeir@s, tampouco se pode entender Galiza sen o mar nin sen os nosos mariñeiros faenando nel. A  práctica totalidade dos pobos da costa vive do mar: Malpica, Sada, Cariño, Ares, Bueu, Vigo, Portosín, ... milleiros de persoas implicadas e afectadas por cada golpe dado ao sector.


Para quen non o lembre, hai un par de anos, o sector de pesca do Cerco manifestouse en Santiago, e deixounos terribles imaxes de violencia policial como resposta dada a unhas reivindicacións mais que xustas.  Hoxe, acampados en Compostela dende hai mais dunha semana, contábanme que non teñen esperanzas de que se resolva a situación pola incompetencia manifesta dos políticos; posiblemente, dicíanme varios deles, pasaremos aquí o Nadal, en espera e coa esperanza dun cambio de goberno. 

“O Goberno xoga a desunir... e así estamos, premia a uns poucos para fomentar divisións, e os beneficiados, calan” contábame un dos afectados. Así é, dende a administración galega promoveuse e fomentouse a desunión, a mentira e as picardías; e a cambio recibiron cero protección fronte as inxustizas no reparto de cotas... non lles interesa, porque non lles interesa Galiza, só manter as súas cadeiras e os seus soldos e asumir cero responsabilidade.

Estes días, tiven o pracer de compartir pequenos momentos, enriquecedores e informativos, porque, como teño dito en moitas ocasións, a xente de terra non temos nin idea das cousas do mar e é fundamental informarse coas fontes directas, con eles, coa nosa xente do mar.

Aínda que din estar moi agradecidos coas mostras de apoio que reciben, detrás de chanzas e charlas informais, planea a evidente preocupación de todas e de cada unha das familias que están pendentes deles, de cada paso que dan, de cada xuntanza, de cada mobilización. 

Os armadores de Acerga teñen responsabilidades, moitas, cada barco leva 10 persoas como tripulación, teñen que pagar seguros, gas oíl , nóminas... e multas. Cada home acampado en San Caetano leva consigo as lousas das responsabilidades empresariais, legais, económicas, bancarias e familiares. 

Vaia pois dende aquí a miña admiración e o meu total apoio a todas as persoas, que forman a rede do cerco, rede tecida por armadores, mariñeiros, redeiras, distribuidores...; rede tecida moi fortemente por esas mulleres que están apoiando aos seus homes e que por riba da preocupación de ter que manter o día a día na súa casa e no seu traballo, aproveitan calquera oportunidade para mandar mensaxes e darlles (darse) ánimos; e por suposto, na miña mente eses cativ@s, tan orgullosos dos seus papás, porque saben que hoxe non están no barco, senón en Santiago, tratando de defender e lograr un futuro mellor e mais digno... é con eles especialmente que temos a meirande responsabilidade, porque o seu futuro, é o noso futuro, e non lles podemos fallar.

P.D. Responsabilicémonos, dunha vez por todas e sumémonos para entre todos xuntos facer mais forza e lograrmos mais e mellor.

mércores, 28 de outubro de 2015

Sobre a Pesca galega e o que lle importa Galicia aos Gobernos español e galego #memoriahistórica #Pesca #Galicia




Hai pouco mais dun ano, o 11 de setembro, o meu home Douglas i eu asistimos a unha rolda de prensa internacional en Edinburgh, representando a Sermos Galiza, xornal có que colaboro sempre que podo. Alex Salmond concedeume a primeira pregunta e aproveitei para cuestionar  ao daquela Primeiro Ministro escocés sobre si  unha Escocia independente permitiría o acceso da flota galega á augas territoriais escocesas.

A pregunta viña a conto pola actitude do Goberno español de ameazar con vetar que Escocia pertencese a Unión Europea en caso de acadar a súa independencia. Nun proceso legal e vinculante como o escocés, nada tiña que dicir nin o Goberno español, nin outros moitos que se dedicaron a meter medo á poboación.

Escocia celebraba referendo de independencia  legal e acordado co Goberno británico, pero ao Goberno español de Rajoy, obsesionado có tema Catalán, non só meteu as narices onde non lle chamaban, senón que ademais, pouco lle importou por en risco un dos mais importantes sectores de importación/exportación e consumo de Galicia.

A meirande extensión das augas territoriais de Reino Unido pertencen a Escocia, e por ela transitan barcos pesqueiros e de mariña mercante galega, ou mesmo barcos con tripulación galega aínda sendo empresas mixtas. Moitos, os que coñecedes o Gran Sol, sabedes de que estou a falar.

Aínda que os intereses de Escocia e Galicia en materia de pesca son diferentes,  os escoceses sempre mantiveron unha actitude solidaria durante as negociacións en Bruxelas. Non tiña ningún sentido que o Goberno español bombardeara unas boas relación, polo seu pánico e a súa propia neglixencia no seu territorio. 

A miña intervención foi recollida non só por Sermos Galiza, senón pola BBC e a ITV e outra prensa británica que estaba presente na rolda de prensa, e tivo especial relevancia por varias razóns:

1º) Porque a miña pregunta deulle pé a Alex Salmond a rebater amplamente o  posible veto có que ameazaba o Goberno de Rajoy sobre a pertenza ou non de Escocia na UE caso de acadar a independencia.

2º) Porque a miña gravación que fixen foi, para moitos escoceses, fundamental para demostrar que Nick Robinson, xornalista da BBC, manipulara descaradamente a contestación que  Alex Salmond deu  a unha pregunta sobre a filtración ilegal de datos feita por Londres e pola propia BBC.

Tamén, e a modo de anécdota, esta xornada foi motivo dun cameo, no recen publicado libro do meu queridísimo amigo Peter Curran, no que recolle no seu relato de ficción, a miña pregunta e aproveita para explicar a importancia do sector pesqueiro galego. Grazas, querido Peter.


Aquí vos deixo de novo a miña intervención, para que a escoitedes, e entendades, que si o Goberno español non nos defende, e se o goberno galego non é quen de defender os nosos intereses, haberá que cámbialo, e empezar a votar a quen defenda os intereses das miles de familias implicadas no sector pesqueiro.





A wee reminder... Samhain is coming // Un pequeno recordatorio... Xa chega o Samaín

Lembrade que estarei contestando as vosas preguntas na noite do 31 de outubro ao 1 de Novembro, noite de Samain. Neste link explícovos o que tendes que facer


Remember that I will be answering  all your questions on the night of the 31st of October and 1st of November, Samhain Night.
At this link I explain what you have to do:




sábado, 24 de outubro de 2015

Solidariedade co Sector do Cerco de Galicia // Solidarity with the Galician Purse-Seine sector #Fishing #Strike #Galicia

Amosa a túa solidariedade cós nosos armadores e mariñeiros do Cerco. 
Fai un cartel a man, cunha mensaxe de apoio e anotando tamén dende onde apoias. Saca unha foto e mándaa por mensaxe privado ao grupo de Facebook:


A qué esperas!? O seu futuro é o noso futuro! 

Show your solidarity with our shipsonwers and fishermen of the Purse-seine fishing sector.
Make a poster with your message of support and telling where you are supporting them from. Take a photo and send it via private message to the Facebook group:


What are you waiting for? Their future is our future too!

xoves, 22 de outubro de 2015

Update (2): Galician purse-seine sector // Actualización: o Cerco de Galicia #Fishing #GZ #Cuotas #Acerga #Pesca

Unhas 100 persoas do sector de pesca do Cerco están mobilizadas en Compostela. Fronte á Xunta de Galicia están esixindo mellor reparto das cuotas. Coméntanme que xa foron avisados de que van ser desaloxados axiña. Moito ánimo rapaces!
 
About 100 people of the Galician purse-seine fishing sector are mobilized in Compostela; In front of the Galician Government's building they are calling for fairer distribution of quotas. The fishermen tell me  that they will  possibly be evicted from the place very soon. On you go, guys!