mércores, 29 de abril de 2015

Escocia, un fenómeno político a estudar #SNP #GE2015 #Leadersinterview #Scotland #UK #Trident

Entramos nos últimos días de campaña electoral e as cousas poñense cada vez mais interesantes en Escocia.

O 54% dos encuestados na última enquisa de TNS di ter pensado votar ao SNP o vindeiro 7 de maio,  o que suporía en número de escanos 57 dos 59 que lle corresponden a Escocia no Parlamento de Westminster.

Este inquérito confirma o descalabro do Scottish Labour Party que nin coa visita e continuas promesas de melloras para Escocia do ex-deputado Gordon Brown, mellora na intención de voto.
Na televisión increméntanse as entrevistas aos lideres, e evidentemente, Nicola Sturgeon ocupa grande parte do espazo. A presión dos entrevistadores da BBC tanto na televisión coma na Radio é tal,  que moitos vemos que de novo se repite a mesma estratexia utilizada durante a campaña do referendo de independencia. De feito, é moi habitual atoparse aos entrevistadores facendo preguntas e interrumpindo de xeito continuado sin deixar contestar ao entrevistado... Imaxino que a experiencia do referendo reforzou grandemente a xa grande capacidade da Primeira Ministra de Escocia de enfrentar estas situacións, o que lle permite sair airosa de todas as encrucilladas.


A renovación de Trident continua sendo un dos cabalos de batalla para a política de Reino Unido. Os Scottish National Party e outros partidos escoceses opóñense firmemente ao que suporía  un gasto de 100 billóns de libras durante 30 anos nos orzamentos británicos. Os laboristas non se definen e mesmo teñen debate interno. Este importante asúnto participa tamén no programa de estratexia do medo que todos os partidos unionistas utilizan. A suposta "indefensión" na que quedaría o Reino Unido no caso de facer desaparecer Trident é o principal argumento. De feito, hoxe mesmo, voces dende o estamento militar aseguran que facer desaparecer Trident sería (entre outras cousas) unha aposta arriscada, e claman pola súa continuidade.

Nicola Sturgeon contestou nesta entrevista na BBC de hoxe a estas voces, chamando á cordura explicando que o que Reino Unido precisa son forzas convencionais ben preparadas, que estas estánse vendo  comprometidas pola obsesión de manter o enorme gasto de Trident,que é mais un símbolo de Estado que non unha protección real para o país. 

Explicou que centos de países no mundo non dispoñen de armamento nuclear e engadiuque un pais como Reino Unido, sendo unha nación marítima carece sequera dunha patrulla aérea martima (menciona a polémica e conflicto dos avións e portavións rusos en costas de Reino Unido) e insiste en que se precisa  forzas convencionais fortes e non armas nucleares.



Namentras, Jim Murphy, o lider do Scottish Labour, ven de participar no programa matutino de Radio Scotland "Call Kaye" no que sorprendentemente suxeriu que de conseguir Cameron escanos sen maioría absoluta, e ainda que o Labour Party teña oportunidade de facer Goberno coa axuda do SNP, Cameron repetiría no Goberno. O SNP ten deixado moi claro, en moitas ocasións,  que nunca permitiría que Cameron repita no Goberno, e tendeu a man ao laborismo para bloquear esta posibilidade.

Mais o laborismo semella  contemplar cada vez mais a rumoreada Grande Coalición. Sería mellor que chegar a un acordo co Scottish National Party? A Grande Coalición ten trazas de convertirse en realidade.
Ao fin e ao cabo, poderíamos xogar ao "atopa as 8 grandes diferencias" entre Labour e Conservative, non si?


O Scottish Labour Party continúa perdendo apoios, e terá que enfrentarse seriamente a unha clara renovación ou desaparecer despois das eleccións xerais, pero dende os seus voceiros, as únicas consignas que se manteñen de momento é "o SNP é malo, todo o que fai o SNP é malo, o SNP roubounos o noso programa electoral (!!!!!) e o SNP quere romper Reino Unido porque é independentista).

Entretanto escribo este post,  a ITV ven de publicar unha última enquisa concedendo ao SNP todos e cada un dos 59 escanos escoceses en Westminster... por suposto dende o SNP chaman á prudencia e a precaución e a continuar o traballo duro para facer realidade estes vaticinios.

Pouco mais dunha semana para que teña lugar o voto. Moito que acontecer, moito xogo suxo que ver na prensa, seguro que algún as na manga dos candidatos... pero o que está claro é que sexa cal sexa o resultado, Escocia será motivo de estudo en Ciencias Políticas.



luns, 27 de abril de 2015

Nucleares non, grazas #Trident a Xibraltar? #UK #Scotland #Spain #ScrapTrident

A noticia foi publicada onte no xornal inglés conservador Sunday Express  mais é a segunda vez que a vexo recollida na prensa británica.
Presentan o dato como algo moi factible: os submarinos (armamento) nucleares establecidos en territorio escocés, podería ser "recolocado" en Gibraltar... nada menos...

(Tende moi en conta quen publica a noticia e  que estamos en plena campaña electoral e sucédense cada día centos de noticias intoxicadas para xenerar polémica, moitas delas co fin de xenerar campañas de fume)




Trident é un dos cabalos de batalla nos debates das eleccións xerais en Reino Unido. O Goberno escocés opónse firmemente á súa renovación que supón un gasto nos orzamentos británicos de 100 billóns de libras, ademais do perigo que supón para a poboación. Durante a campaña do referendum, dende a plataforma Yes Scotland transmitiuse a intención de facer de Escocia un país libre de armamento nuclear. Scottish National Party, Scottish Green e  Scottish Socialist Party reinvindican e promoven as políticas anti-nucleares.

Os laboristas xa anunciaron a súa intención de votar a favor da renovación de Trident, e alegan (ao igual que os conservadores e os Liberal Demócratas) razóns de seguridade nacional.

Moitas preguntas dende a prudencia, entre elas, a "recolocación" de Trident será antes ou despois de gastar 100 billóns de libras na súa renovación en Escocia?

Ao parecer habería que adecuar a costa de Gibraltar para que os submarinos podan permanecer alí, outros 3 billóns de libras e isto levaría uns 10 anos... que dirá o Goberno español de todo isto? En principio o Ministerio de Defensa británico nega a maior polo que de momento só son conxecturas, pero... e se non o son?




domingo, 26 de abril de 2015

NEPAL #HelpNepal #PrayforNepal

OM MANY PADME HUM

Médicos sin fronteras

Save the children

Plan Internacional

Cruz Roja / Cruz Bermella 

Outras formas recollidas na prensa española

Nepal Earthquake Relief





xoves, 23 de abril de 2015

martes, 21 de abril de 2015

domingo, 19 de abril de 2015

Animádevos e botade unha manciña: O Souto dos Prodixios (libro infantil ilustrado) #queremosgalego


O SNP, puntos claves: Eleccións Xerais e futuros referendos #GE2015 #indyref

As claves da política que o SNP ofrece para estas Elección Xerais de Reino Unido, recollidas unha por unha no video recopilatorio do debate electoral na BBC. (video preparado por Peter Curran, como sempre con maestría)

Votar polo Scottish National Party significa votar para que a voz de Escocia sexa escoitada, asegura unha e outra vez a súa lider Nicola Sturgeon.

Stronger for Scotland - SNP MANIFESTO (programa electoral completo) 
SNP Manifesto - Programa electoral (pdf) 

O SNP, tal e como quedou plasmado no seu recente congreso anual, comprométese total e firmemente  coas políticas anti-austeridade e progresistas que servirán para protexer a universalidade da Sanidade e Educación e evitar a privatización, non só para Escocia senón para o resto do Reino Unido.

A atención do déficit, mais sen esquecer a imprescindible estimulación da economía para evitar o terrible aumento das diferencias sociais e da pobreza, é outro dos puntos claves do programa do SNP, e para lograr iso reclama Autonomía Fiscal Plena para Escocia; tamén a promoción de vivendas en aluguer, mais que promoción de compra, e as políticas de creación de postos de traballo, e do coidado dos cativos para integración da muller no marco laboral, son outras das prioridades do SNP.

A realidade da emigración en Reino Unido e a súa  integración dende o respecto e a aceptación fan fronte ao racismo e intolerancia e populismo de Nigel Farage.

A non renovación do armamento nuclear Trident, que supón 100 billóns de libras no orzamento británico, é unha das líneas bermellas do SNP á hora de plantexarse posibles coalicións. Son necesarias,  mais que nunca, as políticas de prioridade reais. (As políticas de guerra nunca foron boas para os pobos)

E ante as voces (como Miliband) que chaman a bloquear un posible segundo referendo, Nicola Sturgeon insiste:
1) Estas eleccións non son sobre a realización dun posible referendo, senón da recuperación das múltiples promesas que lle foron feitas a Escocia durante a realización do referendo de 2014.

2) O pobo é o que manda, cousas importantes deben pasar en Reino Unido (O referendo da UE, por exemplo), que sirvan de detonante para que Escocia decida convocar outro referendo, para iso, os escoceses deben votar maioritariamente por un partido que leve esa convocatoria no seu programa electoral, e posteriormente votar por independencia ou non.



Este segundo video recolle a presencia de Nicola Sturgeon no programa de Andrew Marr esta mañán, na que Nicola Sturgeon resposta de novo as preguntas nas que mais insiste a prensa británica, éstá o SNP plantexando un novo referendo, pactaría con Cameron para asegurar a realización dun novo referendo? A resposta, de novo, é non. O SNP non prepara un novo referendo de momento, e NON, nunca pactaría con Cameron e os conservadores para asegurar a realización dun segundo referendo; engade: "Bloquear un segundo referendo sería anti-democráctico" 



"SCOTIA-PHOBIA IS INSIDIOUS" // A FOBIA AO ESCOCÉS É INSIDIOSA #GE2015 #SNP #Scotland #UK


Scotia-Phobia, é a palabra que Bonnie Greer utiliza para referirse á noxenta campaña da prensa inglesa contra Escocia e os escoceses. 

Presentar ao pobo escocés coma unha brutal ameaza, cando tan só uns meses antes estaban rogando, chorando, e conspirando para que Escocia non votara pola independencia, é mostra do noxento, hipócrita e misóxino funcionamento do Establishment, que actúa sen ética nin respecto.

A proposta anti-austeridade e progresista do SNP en Escocia e a súa situación en postos de saída (segundo as enquisas) permitirían evitar a renovación de Cameron como Primeiro Ministro; o SNP daría  apoio a un Partido Laborista que está a actuar de xeito inconsciente e irresponsble; todo isto é o que está xenerando este pánico e estas campaña misóxinas de acoso e derribo de Nicola Sturgeon en especial, e contra  Escocia en xeneral. 

Realmente patético e insidioso, coma apunta e explica correctísimamente Bonnie Greer.


venres, 17 de abril de 2015

Leader's debate BBC #fulldebate (videos) #BBCdebate #SNP #Plaid15 #Greens #Labour #UKIP

(Thank you very much to Peter Curran for sharing these videos )
















Mhairi Black in El Pais (printed edition) #spanishpress #SNP #Glasgow #GE2015

 Scottish nationalism will be decisive in #GE2015 UK

  
Scotland decides the future of UK
"The battle on the outskirts of Glasgow, where a student defies a Labour heavyweight, illustrates the rise of nationalism that may hold the key Government"
 http://internacional.elpais.com/internacional/2015/04/16/actualidad/1429209182_671302.html 
Willian Bain, the last Labour in Glasgow

The defeat of the referendum has fueled nationalist // Tories in Scotland are the most hated Party

mércores, 15 de abril de 2015

A espionaxe durante o referendo #Assange #Indyref #Scotland

En Yes Scotland estarían  paranoicos ao pensar que foron espiados polos servicios secretos británicos durante o proceso do referendo, segundo afirma Julian Assange. 

Noticia publicada no Herald Scotland polo Reporteiro Xefe,  David Leask.



Corpo da noticia do Herald traducido:


Os nacionalistas escocesestiñan razóns por preocuparse sobre o rol dos servizos secretos británicos durante o último ano do referendo de independencia, segundo dixo o fuxitivo fundador de Wikileaks, Julian Assange.

O experto australiano en espionaxe cre que independencia era equivalente a unha "ameaza de seguridade nacional" para o Reino Unido e iso xustificaba a mobilización a plena capacidade da rede de vixilancia do Estado británico.

Algúns nacionalistas escoceses, e mais notablemente o ex lider adxunto do SNP Jim Sillars, veñen advertindo dende hai tempo que as axencias de intelixencia británicas teñen interés neles.

Falando a traves dun enlace de video dende a Embaixada de Ecuador en Londres, Assange dixo que tiñan boas razóns para facelo.

A pregunta do xornalista do Herald de si os nacionalistas escoceses estaban paranoicos ao pensar que os servizos de seguridade participaron no referendo, Assange dixo: "Non, en absoluto están paranoicos"

E agregou: "Están no correcto por unhas cantas razóns"
"A actitude do Goberno de Reino Unido é que este é un asunto de seguridade nacional, que a independencia de Escocia é, en efecto, unha ameaza para o Estado"

"Iso significa que as unidades completas da GCHQ (Intelixencia británica), por exemplo, poderían ser desplegados"

O xornalista e experto en tecnoloxía da información (TI)  mencionou as revelacións do Herald de que o Goberno británico buscou apoio de gobernos extranxeiros contra a independencia, como unha proba da seriedade coa que Gran Bretaña tomou a ameaza da independencia.

Referiuse ás críticas extranxeiras resultantes da independencia, coma a do ex-secretario de Relacións Exteriores de Suecia, Carl Bildt, coma "elenco de personalidades" asociadas cós intereses estadounidenses e británicos.

Assange tamén citou a posición partidista do Tesouro sobre a independencia coma evidencia de que o referendo non se trataba da política de sempre.

Parlamentarios concluíron que funcionarios públicos - no Tesouro e Holyrood- "comprometeron a súa imparcialidade durante o referendo"

A Campaña, sen embargo, advertíu que non foi fácil para o GCHQ -
que dirixe unha importante parte da operación de vixilancia dende a súa base en Inglaterra - ou para outros organismos espiar aos nacionalistas escoceses.Assange dixo: "Hai moitos escoceses empregados nestas axencias. Teñen que andar con coidado porque os escoceses nestas axencias poden revelar tamén o que se está a facer"

"Así o fixeron para revelar a información desde a  FCO (Foreing and Commonwealth Office) en todo o mundo e presionar a outros estados para influir no resultado"

Figuras unionistas tradicionalmente descartan suxerencias de participación no referendo sobre a independencia por parte de GCHQ ou o MI5 coma unha "paranoia nacionalistas" e din que os servizos de seguridade teñen ameazas mais importantes que tratar, como os grupos terroristas islámicos.Assange estaba falando para unha audiencia duns 400 xuristas internacionais na Conferencia da Ley da Commonwealth no SECC en Glasgow.

A súa charla centrouse principalmente en cómo os avogados protexen as súas comunicacións cós clientes dos servizos de seguridade logo de que o Reino Unido e os Estados Unidos relevasen políticas de interceptacións masivas de mensaxes de correo electrónico. 
Tamén el é buscado para ser interrogado en Suecia por acusacións de delitos sexuais, cousa que el nega.

Assange, de 43 anos de edade, leva na Embaixada ecuatoriana xa mais de 1000 días. Cando se lle preguntou cómo estaba, dixo que este "non é o tema". Sen embargo, veiaselle ben, co seu pelo branco peiteado para atrás e barba ben recortada....

Recomendado: Charla-Coloquio sobre #TTIP #Compostela


Eses pequenos detalles // These wee details #Galiza #Scotland #solidarity #Nations

 
Lembrádesvos de Gillian Martin
Como mostra de solidariedade con Galiza (Catalunya e Euskal Herria) quixo plantar a nosa bandeira no xardín da súa casa en Aberdeenshire. 

  

Anímovos a mandarlle mensaxes de agradecemento por este pequeno gran detalle que fai medrar o permanente irmanamento das Nacións.
 

domingo, 12 de abril de 2015

Moderar ou non... é esa a cuestión? // To moderate or not.... is that the question? #GE2015 #Scotland #SunPolScot


Sunday Politics Scotland é un famoso programa da BBC   moderado  por Gordon Brewer, un experimentado presentador da canle.  Hoxe tivo lugar un pequeno debate onde participaron os líderes dos partidos escoceses, agás os Green. O programa en cuestión podería ter sido interesante de non ser porque a profesionalidade do "moderador" fracasou estrepitosamente.

Sunday Politics Scotland is a famous BBC program moderated by Gordon Brewer, a very experienced presenter of the channel. Today a little debate took place where all the leaders of the Scottish parties were participating, except the Greens. This program could have been interesting if the professionalism of the "moderator" hadn’t failed resoundingly.

Moito se ten falado do papel da BBC durante o referendo e a verdade que salvo algunha excepción,  o sesgo forma parte xa dunha dinámica enfermiza que acompaña tamén á prensa escrita.


Much has been said about the role of the BBC during the referendum and the truth is that apart from some exceptions, bias is now part of the unhealthy dynamics that also exist in newspapers.


A desafortunada actuación do "moderador", quen interrupía constantemente a Nicola Sturgeon,   permitíu que os outros líderes escoceses (laborista, conservador e liberal demócrata) exerceran de "entrevistadores" contra Nicola, tamén interrumpíndoa sen parar coa clara intención de non deixar que o público a escoitase.
 


 The unfortunate actions of the "moderator", who continously interrupted Nicola Sturgeon, allowed the rest of the Scottish leaders (Labour, Conservative and LibDem) to act  like interviewers against Nicola Sturgeon, also interrupting her nonstop with the clear intention of not letting the audience listen to her.

Jim Murphy, lider (?) dos laboristas escoceses, increpou a Nicola Sturgeon perdendo totalmente as formas. Os seus 7,6 billóns de deficit (que xa existe en Escocia) é o número máxico que repite ata a saciedade contra a proposta do SNP de conseguir Autonomía Fiscal Plena para Escocia. 



Jim Murphy, leader (?) of Scottish Labour, rebuked Nicola Sturgeon completely forgetting his manners. His 7,6 billion pound deficit (which already exists in Scotland) is the magic number that he repeats over and over again, against the SNP’s proposal of getting Full Fiscal Autonomy for Scotland.

Jim Murphy parecía crecido pola visita que Miliband fixo a Escocia, nas que asegurou entre outras cousas, que bloquería a realización dun futuro referendo de independencia... Pero Miliband probablemente esqueceu, ao igual que todos os demais partidos unionistas, que o parágrafo 18 das recomendacións da Smith Commission, di totalmente o contrario... pero claro, quen se acorda agora da Smith Commission e do Vow? 

Jim Murphy seemed to have grown with Miliband’s visit to Scotland, who said, amongst many things, that he will block any future referendum for independence... But Miliband has probably forgotten, like the rest of the unionist parties, about parapgraph 18 of the Smith Commission... but well... who remembers now about the Smith Commission and the Vow?


Ruth Davidson, a conservadora, asegura que as políticas do SNP son malas, que a anti-austeridade só traerá mais pobreza e crise a Escocia... E o liberal Demócratas Willie Rennie insistiu no seu slogan "pero vós perdístedes o referendo" e repetindo este discurso co fin de manter os votos de Setembro. Rennie ofrece cero argumentos contra as políticas de austeridade.

Ruth Davidson, Conservative, assured that the SNP policies were bad, that anti-austerity will bring only more poverty and crisis to Scotland. And the LibDem Willie Rennie insisted with his slogan “but you lost the referendum” repeating this speech with the objective of keeping the votes of September 2014. Rennie offers zero arguments against austerity policies.

A falta de respeto pola audiencia, pero mesmo as formas dirixíndose a Nicola Sturgeon son claramente ofensivas; eu non deixo de recordar a tan manida frase utilizada polos unionistas durante #indyref: "sintome intimidado... isto é tan agresivo"... Debería sentirse Nicola Sturgeon intimidada por estes comportamentos? Pois é ben seguro que non tendo os argumentos que ten, fortes, claros, ben definidos... argumentos dos que carecen os partidos pro-austeridade. 

The lack of respect for the audience, even the manner of speaking to Nicola are clearly offensive; I cannot get the so repeated phrase out of my mind that was used by the unionists during #indyref: “I feel intimidated... this is so aggressive”... Should Nicola Sturgeon feel intimidated by this behaviour? Well, surely not, especially when she has such strong, clear and well defined arguments,... arguments that the pro-austerity parties don’t have.




Esta crise de histeria dos partidos unionistas é debida ao enorme ascenso do SNP, que pode gañar ata 53 dos 59 deputados que lle corresponden. Curiosamente, non hai noticias sobre Alistair Carmichael, o que é o Secretario de Estado para Escocia (Scotland Office) que desapareceu do mapa tras a filtración no Telegraph; o seu escano, ataagora era un dos mais seguros, está tamén en perigo. E eu pregúntome xa quen poderá ser o seguinte Secretario de Estado da vindeira lexislatura se ao final as prediccións se cumplen... vai ser interesante.

This crisis of hysterics from the unionist parties is because of the huge SNP growth, who could win 53 of the 59 seats correponding to Scotland. Curiously there is no news about Alistair Carmichael, Secretary of State for Scotland (Scotland Office) who seems to have disappeared after the leak by the Telegraph; his seat, one of the most secure in Scotland, is now in danger. And I already wonder who could be the next Secretary of State during the next British Government if those predictions come true... It is going to be interesting.

É desafortunado que o moderador pasase a formar parte do caos e olvidase a súa profesionalidade permitindo que  as artimañas e as suxas estratexias se multiplicasen e proliferasen contra da que está considerada a lider mais valorada en todo o Reino Unido. O "todo vale" tivo éxito no voto do 18 de setembro... mais terá éxito no voto do 7 de maio?

It’s unfortunate that the moderator became part of this chaos and forgot his professionalism,  and that the dirty tricks and strategies were allowed to multiply and proliferate against the person who is considered to be the most valued leader in the UK. The “anything goes” was successful for the 18th of September vote....but will it be successful for the vote on the  7th of May?


E como sempre, mil gracias a Peter Curran (@moridura) quen grazas ao seu tempo e esforzo podo deixarvos esta mostra do que vos estou a contar:

And as usual, thank you so much to Peter Curran (@moridura) who thanks to his time and effort, I can give you this example of what I’m talking about: