venres, 30 de xaneiro de 2015

As consecuencias da Guerra de Irak : Scottish Parliament: 29th January 2015 on #ChilcotInquiry #IrakWar #debate

Afternoon Plenary - Scottish Parliament: 29th January 2015 on #ChilcotInquiry #IrakWar #debate

En Reino Unido claman pola publicación do Informe Chilcot, que leva 6 anos de retraso.  Este video pertence á sesión que tivo lugar onte no Parlamento Escocés na que a proposta da FM Nicola Sturgeon,  aprobaron esixir a publicación de tal informe antes das Eleccións Xerais de Maio. 

Tony Blair, ao que acusan de continuadas manobras para impedir a publicación do informe,  podería ser levado aos Tribunais acusado de crímenes contra a humanidade.

A miña pregunta é: existe algún tipo de reporte ou informe sobre as implicacións de España na ilegal guerra de Irak... e sobre Aznar e as súas marabillosas amistades?  Para cando Aznar, Bush e Blair serán xulgados polas súas repetidas e indignas mentiras, polos todos e cada un dos miles de civiles asasinatos en Irak?


Recomendado: Teresa Forcades #vacinas #papilomahumano

Hoxe lemos na prensa que da imposición da vacinación do papiloma humano en nenas de 12 anos; isto  lévanos a responsabilidade de escoitar todas as visións e valoracións, e acceder a información que se nos veta constantemente en materia de datos médicos e farmacéuticos.

Coido que Teresa Forcades ten moita información que é importante para todas nós, por iso recoméndovos que vexades este video no que explica con detalle o tema.










xoves, 29 de xaneiro de 2015

Escocia e o #Fracking


O fracking está sendo analizado e debatido en toda Europa e Reino Unido tivo hai uns días a súa sesión de debate.

Na Cámara dos Comúns decidíase, entre outras cousas, a devolución de competencias sobre fracking para Escocia e a opción dunha moratoria en Reino Unido. Resultado da súas posturas incoherentes que cada vez os distancian mais dos seus principios, ven sendo xa habitual que o Partido Laborista xenere malestar e desagrado entre os escoceses, e  neste caso non foi distinto.

A meirande parte dos MP escoceses (deputados en Westminster) decidiron absterse da votación sobre a moratoria de fracking que afectaba en grande medida a Escocia. A polémica que non cesa, acrecentouse pola decisión dos  laboristas de votar favor das medidas de austeridade do Goberno conservador e pola demora na publicación do informe Chilcot sobre a guerra de Irak.
O ambiente caldeouse ainda mais cando nas redes algún dos deputados laboristas negaron ter "desaparecido" das votacións e ainda retaron ao Goberno escocés a tomar unha decisión sobre esta materia. Este foi o caso de Margaret Curran


En menos de 24 horas despois desta votación en Westminster,  o Goberno escocés anunciou oficialmente unha moratoria sobre o Fracking en Escocia.




Aquí tendes unha tradución ao castelán do anuncio do Goberno escocés:


E unha entrevista realizada por IBT a Alex Salmond na que analiza a situación actual dos prezos do petróleo a realidade do fracking en Escocia.

http://www.ibtimes.co.uk/alex-salmond-interview-north-sea-oil-energy-fracking-scotland-1485696




First Minister's Questions - Scottish Parliament: 29th January 2015 #fmqs #Scotland

Lost in translation #marcaEspaña



We can expect anything from #marcaEspana ... but in this case this photo is a fake
Podemos esperar calquera cousa da #marcaEspaña... pero neste caso esta foto é unha montaxe 

http://www.gonzoo.com/flash/noticia/fake-del-dia-el-spainwtf-de-mariano-rajoy-en-fitur-6987/
http://www.genbeta.com/actualidad/cazadores-de-fakes-mariano-rajoy-con-spainwtf-no-spainqtf

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Recomendado: Matar la sanidad pública (por Antón Losada) #SanidadPública #Privatización


Artigo de opinión de Antón Losada publicado no día de hoxe en EL DIARIO. Recomendo que non volo perdades. 


"No es que no se pueda hacer mejor o que no tengamos dinero. Es una estrategia. Así se hunden los servicios públicos y se alimenta el mito la superioridad de lo privado"

martes, 27 de xaneiro de 2015

luns, 26 de xaneiro de 2015

The Burns Supper 2015













http://www.westsoundradio.com/local/the-burns-supper-2015/

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Recommended: Who really won the Referendum? UK Unionists now deeply, EVELy confused … Peter Curran #analysis #devolution #Scotland

Moridura - - - ©Copyright Peter Curran 2015: Who really won the Referendum? UK Unionists now de...:   It was all entirely predictable - and predicted by me , as well as many more distinguished commentators - the granting of more powers...

First Minister's Questions (HD) - Scottish Parliament: 22nd January 2015 #fmqs

As sombras da Smith Commission #TheVow #SmithCommission #GE2015

The Vow (O voto), así se lle chama as promesas realizadas á desesperada polos líderes unionistas durante os últimos días de campaña do referendo de independencia. Á desesperada prometeron "extensos novos poderes para Escocia" cando por primeira vez públicamente, as enquisas amosaban que o Yes gañaría o referendo. Desa desaesperación naceu a Smith Commission e o seu informe coas súas  "recomendacións"


The Daily Record foi xornal que actuou como voceiro oficial deste compromiso entre David Cameron, Ed Miliband e Nigg Clegg, avalado polo ex-Primeiro Ministro, Gordon Brown, que parecía seguir ao fronte do  Goberno británico pola esaxeraga cobertura da BBC, repetindo incansablemente as consignas de "quase federalismo" e "devo max" para Escocia.


O  xornal escocés, que como outros xornais sofre co descenso continuado das súas ventas,  faciase eco hoxe de que os prazos e o compromiso acadado estánse a cumprir.


Nicola Sturgeon, ainda que da a benvida ao documento presentado hoxe polo Goberno británico, asegura que que non inclúe competencias para crear melloras e beneficios sociais, xa que o Goberno británico tería poder de veto en diversas áreas, por exemplo nos cambios referentes aos chamados "bedroomtax" ou impostos dormitorio.


A Smith Commission publicou as súas recomendacións ás que os unionistas se aferran como cravo ardendo, mais moitas das competencias ofertadas durante #indyref como a de taxación, subsidios de desemprego, lei do aborto, políticas de benestar, etc.... permanecerán como materias reservadas a Westminster ou precisarán a aprobación de Londres que tería dereito ao veto.

http://news.scotland.gov.uk/News/Smith-clauses-give-Westminster-veto-in-key-areas-14d4.aspx



Ainda con toda esta realidade, o Goberno escocés promete seguir traballando conxuntamente có británico para asegurarse de que as recomendacións da Smith Commission se tornan en poderes reais e non se bloquean na Cámara dos Comúns cós votos de Conservadores e Laboristas (culpables directos de que a Smith Commission non recomendase moitos mais competencias para Escocia).

Os escoceses son conscientes de que nas vindeiras eleccións xerais, a presencia dun partido que represente os verdadeiros intereses de Escocia é a única vía non só para que se respeten as promesas, senón de ir un paso mais alá e ter unha voz forte en Londres que poida representalos sin condicións. E as enquisas así o recollen.






SNP MPs would vote on English matters - Sturgeon #GE2015 #theSNP

  
http://www.channel4.com/news/nicola-sturgeon-nhs-election-devolution-referendum

Nicola gets EVEL - says SNP MPs will now vote on some English matters, e...



Thank you Peter Curran for this video

mércores, 21 de xaneiro de 2015

O debate sobre Morte Digna #Escocia #Galiza

Hai xa unhas semanas, Patrick Harvie (Scottish Green) anunciaba, mediante un impresionante artigo publicado no The National, a súa intención de loitar  con todas as súas forzas para defender e lograr o xa chamado "Legado de Margo MacDonald".

A desaparecida Margo, que sufría a  enfermedade de Parkinson, explicaba con intensidade, paixón e lóxica (amais de argumentos legais e éticos) as razón da necesidade dunha lei que recollera, normalizase e discriminalizase o dereito ao "suicidio asistido"










Foto publicada no xornal escocés The National
Este tema, que levanta moitísima febre principalmente por motivos de tipo relixioso, é o eterno debate sobre o dereito á vida e o dereito a unha morte digna. É tamén, o eterno debate sobre dereitos civiles a liberdade de credo... para min está claro, a libertade de credo dunha persoa remata onde empezan os dereitos civiles e fundamentais.

Entre nós, ben sabido por quen xa nos tocou vivir situacións tan delicadas como a perda dun familiar ou amigos íntimos, a cuestión da sedación nos momentos finais forma parte xa dunha realidade e dunha lóxica aplastante que nada ten que ver con credos, senón con humanidade e a empatía de entender os procesos vitais;  e temos que agradecer a eses impresionantes e marabillosos profesionais do servizo de paliativos, porque hai que estar sobrados de sensibilidade e  profesionalidade  para poder levar a cabo o seu cometido coa delicadeza e tacto con que o realizan.

O axudarmos a aqueles seres queridos que están emprendendo o tránsito para que este non sexa nin traumático para eles nin para nós, é algo do que podemos falar en grupos de acompañamento que xa existen (afortunadamente) en moitos lugares de Galiza. Mais ainda hai moito do que debemos concienciarnos e falar abertamente, e poñernos en marcha.

Artigo publicado no xornal escocés The National
O debate en Escocia vai un paso mais por diante, e o problema que atopan non é tanto o dereito dunha persoa a decidir sobre o momento do seu pasamento (que si hai debate sobre este tema), senón mais  concretamente a implicación doutras persoas neste proceso no que a persoa por si soa non pode administrarse as sustancias para por o punto final; a protección legal neste  hipotético caso é o que mais trabas de tipo legal presenta, xa que a posta en funcionamento non pode entrar en conflicto con ninguna lei de dereitos universais ou humáns. Cuestións estas mais de tipo administrativa, pero que provocan demora no avance do proceso. 

Lendo todas estas noticias, a todos se nos veñen á cabeza os termos "atención paliativa" e "sedación consciente"  e ben seguro que tamén todos temos en mente o tan nomeado caso de Ramón Sampedro.Falemos do tema, falemos en voz alta e abertamente, e pensemos no tipo de vida digna e morte digna ao que todo ser vivo ten dereito.

Trident debate - Videos via Peter Curran (@moridura) #files #information #Hemeroteca

Many of us are in debt to the tireless work of Peter Curran before, during and after #indyref. Thank you so much, dear Peter, all this information and these videos are essential for me (and not a waste of  time). Your commitment has been fundamental to transmit to others important news and direct sources.

http://moridura.blogspot.co.uk/2015/01/the-trident-renewal-debate-20th-jan-2015.html 
Moitos de nós estamos en débeda có incansable traballo de Peter Curran antes, durante e despois de #indyref. Moitas grazas, querido Peter, todos estes videos e información son esenciais e para mín nunca é tempo perdido. O teu compromiso ten sido fundamental para poder transmitir aos demais tan valiosas noticias dende as fontes directas.




(this last video is from Pete Wishart's youtube channel)

Daqueles polvos... estes lodos #GE2015 #UK #Scotland #IrakWar #Trident

Moitas cousas están a suceder estes dias, algunhas delas escandalosas non por menos esperadas. Para non recurrir ao tan famoso karma, lembraremos aquilo de "daqueles polvos... estes lodos"

Logo de que a CIA publicase o seu informe sobre as torturas e accións duranet a ilegal guerra de Irak, moitos esperaban ansiosos que Reino Unido fixera o mesmo e o informe Chilcot vira a luz. Mais o dito informe sobre a Guerra de Irak,que xa levaba 3 anos de retraso na súa publicación, terá que esperar ainda a ser publicado despois das Eleccións Xerais...



Por outra banda, o responsable da Tesourería británica, Osborne, continua realizando declaracións que cando menos contradín as recomendacións feitas pola Smith Commission


E tamén da tesourería británica nos chegan as declaracións impudorosas dun veterano funcionario e asesor que volveu a abrir a caixa de Pandora sobre o xogo suxo utilizado durante a campaña de independencia de Escocia.

Neste caso, dito funcionario xustificou  a suspensión das leis (e a ética) que rixen a economía durante este período, porque "a xente estaba destruindo a fábrica do Estado" e a  "integridade territorial" estaba en perigo... vamos, que o todo vale foi o seu lema.




Tamén tivo lugar en Westminster o debate sobre a renovación dos submarinos nucleares en Clyde (Escocia), a proposta do SNP e do Plaid Cymru . O interés e a asistencia durante o debate foi moi aclaradora do interés que tiñan na Cámara dos Comúns por este debate:



Parece que non só nas nosas Cámaras temos estes desoladores panoramas de irresponsabilidade política
O resultado da votación foi de 364 a favor da renovación contra 35 que rechazaban tal gasto de 100 billóns de libras anuais en armamento nuclear.


O incansable Peter Curran (@moridura), que fai un traballazo impresionante grabando e compartindo todo aquelo que é de interés, plasmou os momentos mais interesantes do debate no seu blog. 

http://moridura.blogspot.co.uk/2015/01/the-trident-renewal-debate-20th-jan-2015.html


As Eleccións Xerais en Reino Unido son o 7 de maio, e nos debates televisivos as tres mulleres lideres do SNP, Plaid Cymru e Green teñen vetada a súa presencia, ainda que o Partido Verde é xa a 5ª forza política británica e o SNP achégase a 93.000 membros nas súas filas. Parece que por unha banda, as canles británicas non gostan de mulleres nos seus debates, e por outra banda, danlle desculpas a Cameron para evitar a sua participación... (parece ser que lle ten bastante pánico...contas as malas linguas).

Menos mal que existe o The National!




Polas fillas dos nosos fillos. Queremos Galego! #Galiza #Lingua #Dereitos


ASINA O MANIFESTO
 

Deus é omnipresente, onmipotente e tamén sabe de tecnoloxía... #CódiceCalixtino


mércores, 14 de xaneiro de 2015

A Cámara dos Lores a debate #UK #PeteWishartMP #SNP #HouseofLordsReform

Unha das inicativas que o SNP ven de anunciar e está levando a cabo en Westminster é a de abrir o debate para abolir a Cámara  dos Lores. Pete Wishart, para min un dos mellores oradores do SNP, é o encargado de defender esta proposta e dar os argumentos sobre gastos, características e  sinsentido da existencia desta Cámara nun sistema democrático.

Aquí vos deixo o video:



A ameaza real // The real threat #rights #humanrights #austeritypolicies #peace



O acontecido en París é outra mostra mais de barbarie, é mostra do sadismo daqueles que asasinan friamente, e da hipocrisía de todos os gobernantes que por unha parte crean e financian grupos paramilitares e por outra asisten a unha manifestación pretendendo defender a liberdade de expresión. 

What happened in Paris is another show of barbarism, it’s a show of sadism from those who kill in cold blood, and the hypocrisy of all the Governments who on one hand create and finance paramilitary groups and with the other hand take part in a demonstration pretending to defend free speech.  

Menten. Menten e cada dia con mais descaro e prepotencia. Mentíronnos cando crearon probas falsas que repetiron ata a saciedade cos seus medios propagandísticos; e coas súas mentiras bombardearon Irak e asasinaron ducias de miles de civís. Menten, cando din que están en contra do terrorismo e continúan facendo da industria de armamento e militar a base da riqueza duns poucos, deses que son os verdadeiros donos do mundo.
  
They lie. They lie every day with ever more effrontery and arrogance. They lied when they created fake evidence that was repeated ad nauseam by their propagandistic media; and with their lies, they bombed Iraq and killed thousands of civilians. They lie when they say that they are against terrorism and they keep the military and arms industry as a base of enrichment for a few who are the real owners of the World. 

E fomentan o pánico, o medo, o terror...  eles, os mesmos que din estar a favor dos dereitos dos cidadáns, aproban leis mordazas, falan de romper os acordos sobre dereitos humanos, limitan os accesos a internet coa desculpa de que unha terrible ameaza terrorista cérnese sobre nós.

They promote panic, fear, terror... they, the same who claim to defend citizen’s rights approve “gag laws”, they pledge to scrap the Human Rights Act, they limit and control access to the internet with the excuse that a terrible threat is hanging over us.

ELES son a nosa verdadeira ameaza. Os que crean probas falsas para xustificar guerras;  os que manexan os aparatos propagandísticos; os nos tratan como criminais cando esiximos o respecto e os dereitos que merecemos, os mesmos dereitos que vemos en perigo de extinción;  os que nos menten repetíndonos que vivimos en democracia, nun Estado de dereito que cada vez semella mais a un Estado de indefensión, discriminación e desigualdade; os que condenan aos mais débiles namentres corruptos, ladróns de guante branco, pederastas, e terroristas, continúan libres, impunes e moitos mesmo en postos de privilexio e poder.

THEY are the real threat. Those who create fake evidence to justify wars; those who manage the propaganda apparatus; those who treat us like criminals when we demand the rights and respect that we deserve, the same rights that we see endangered; those who constantly lie to us repeating that we are living in democracy, with arule of law” which increasingly looks more like a “state of helplessness, discrimination and inequality”; those who condemn the poorest and weakest while corrupt robber barons, paedophiles and terrorists are entirely free, unpunished and many of them in positions of power and privilege.

Ningunha violencia gratuíta ten xustificación, pero a deles menos aínda. Suponse que eles son os que deben de dar exemplo; eles, que din representar ás nacións pola graza das urnas; eles deberían de ser os que dirixan ao mundo cara a paz. Mais algo está acontecendo, para ao unísono, en todo o mundo, estes “representantes dos pobos” queiran silenciarnos, aumentar o control ata límites insospeitados e reprimir aos pobos en nome da democracia e do Estado de dereito.

No gratuitous violence is justified, but theirs even less so. It is expected of them that they are the ones who should be exemplary. Those who claim to represent the nations by the grace of the polls are the ones who should lead the World toward peace. But something is going on for worldwide unison, these "representatives of the people" want to silence us, increase controls on the absolute limits, and repress the people in the name of democracy and the rule of law.
  
E eu non podo deixar de preguntarme: qué arquivos e datos manexan para chegar a estas políticas? A qué lle teñen tanto medo? Qué están argallando desta volta? Que traman?  Sexa o que sexa, non é no meu nome.

And I cannot help wondering: What files and data are they managing to come to these policies? What are they so afraid of?  What are they organizing on this occasion? What plot? Whatever it is, it is not in my name.


O que #Cameron (e amigos) queren modificar #UKGov #Rights #Cuts #HumanRights

Vexo con estupor que toda a prensa recolle hoxe a suxerencia de Cameron de controlar e mesmo prohibir o WhatsApp e a mensaxería encriptada. Moitos están hoxe escandalizados por tal suxerencia. Para mín, non é unha sorpresa e penso que a cousa é moitísimo mais grave. 

Moi poucos recordaredes o discurso de Cameron na Conferencia Anual do Partido Conservador, pero unha das súas promesas, un dos seus obxectivos  foi a ruptura da Carta de Dereitos Humanos actual e a realización dunha nova "Lei de Dereitos británica".

Veño detectando que cada lei ou medida aprobada polo Goberno español en materia de Sanidade, Emigración, Social... é lei ou medida aprobada posteriormente polo Goberno de Cameron seis meses mais tarde. Atopámonos ante un problema de recortes global, non son casos aillados.

Camley
Aquí vos deixo algúns dos links da cobertura das noticias para que lle votedes unha visual, e para que teñades en conta que tanto a Lei Mordaza, coma estes novos pasos do Goberno Británico, non son mais que o cumprimento dos acordos tomados na última conferencia dos partidos conservadores en Dublín.  onde decidiron manter as políticas de austeridade ata ao menos 2020, o que supón recortes non só económicos senón tamén en materia de dereitos.

http://www.abc.es/internacional/20140316/abci-cameron-europa-201403161720.html 

http://actualidad.rt.com/ultima_hora/view/141992-cameron-vigente-acta-derechos-humanos-reino-unido 

http://ecodiario.eleconomista.es/politica/noticias/5182286/09/13/Cameron-no-descarta-abandonar-la-Convencion-Europea-de-Derechos-Humanos.html 

http://mundo.sputniknews.com/mundo/20140717/160834608.html 




http://www.independent.co.uk/news/uk/politics/conservative-party-conference-cameron-announces-plans-to-scrap-human-rights-act-9767435.html

http://www.theguardian.com/politics/2014/oct/01/david-cameron-promises-tax-cuts-human-rights-act

http://www.theguardian.com/politics/2014/oct/01/cameron-pledge-scrap-human-rights-act-civil-rights-groups

http://uk.reuters.com/article/2014/10/03/uk-britain-europe-rights-idUKKCN0HS0GQ20141003

http://rt.com/uk/192264-human-rights-scrap-cameron/

Alerta: Temporal en Galiza #Weatherwarning #Galiza via Luis Davila


sábado, 10 de xaneiro de 2015

O negro futuro do Partido Laborista Escocés #GE2015

Comezada xa a campaña cara as Eleccións Xerais do 7 de maio en Reino Unido, os efectos das alianzas realizadas durante o debate sobre independencia en Escocia están pasando factura ao laborismo escocés, tal e como era previsible. 

O novo lider do Scottish Labour, Jim Murphy, acompañado sempre de polémica e co beneplácito dos medios de comunicación tradicionais que tratan desesperadamente de encumbralo, non termina de "relanzar" un novo laborismo cada vez mais escorado cara a dereita. Moitos analistas valoran xa que o discurso do Partido Laborista vai mais dirixido aos votantes conservadores que aos da clase traballadora que o viron nacer.



E a elección por Jim Murphy de John McTernan (ex-asesor de Tony Blair) coma o seu asesor,  non fai mais que afondar na ferida aberta polas declaracións da súa antecesora, Johann Lamont que acusou a Londres de tratar ao partido en Escocia como unha simple delegación, sen voz nen voto.

 
McTernan, ao igual que Murphy, conta cun extenso currílum de perlas sobre o que parece ser o verdadeiro programa do Labour Party. Pro-privatización do Servizo Nacional de Saúde, arduo defensor da guerra de Irak, e como non, defensor de que desaparezan as sinais en gaélico en Escocia... e moito mais recollido extensamente neste dossier realizado por Wings Over Scotland
 
O comenzo da súa campaña, por unha banda entra en contradicción co defendido en Escocia durante o referendo e por outra banda roza o ridículo ao ofertar mais do que poida ofrecer o SNP, sendo este o seu único discurso: o ataque ao Partido Nacional Escocés e aos seus lideres.

Este é o caso do cartel dirixido ao NHS no que o Scottish Labour prometía crear 1000 postos de enfermeiras mais que o SNP, xenerando con iso un furacán de respostas nas redes... e unha onda de respostas dende Londres en contra desta promesa electoral.
Jim Murphy’s mansion-tax boast is a cynical attempt to buy Scottish votes

Labour MPs join English Tories and Ukip to attack Murphy's nurse plan


O incumplimento dos prazos de devolución das novas competencias recomendadas pola Smith Commission non vai axudar a un Partido Laborista que destacou por obstaculizar insistentemente a concesión dos prometidos poderes para Holyrood en canto o resultado do referendo foi coñecido; as hemerotecas recolleron estas promesas e como foron os últimos días á desesperada dos unionistas, e de feito,  Alex Salmond en entrevista exclusiva ao The Courier, catalogou a presenza de Gordon Brown como a clave do voto Non.




 
 Artigo de Wings Over Scotland: BBC Radio Scotland e o que dixo ou non dixo Gordon Brown sobre Home Rule

Os medios de comunicación , que foron partes e cómplices de todo este entramado da campaña Better Together, continúan na mesma tónica coa presenza agora dun xornal diario en Escocia que asegura un pouco mais de equilibrio informativo: The Nacional.


Outro dos campos de debate durante o referendo foi as competencias sobre o petróleo, presentado como un perigo para o Reino Unido dende Better Togheter e como un bonus para a economía escocesa por Yes Scotland; agora que a especulación está levando o prezo do barril aos límites mais baixos dos últimos tempos, a responsabilidade do Goberno de Reino Unido sobre o tema esfúmase ante os problemas que presenta esta baixada de prezos.







A incapacidade do Partido Laborista de definir a súa postura en moitos temas, pero sobretodo no tema do Trident (submarinos nucleares) tampouco deixan en boa situación ao equipo de Ed Miliband e Jim Murphy, que ainda tendo a cobertura informativa ao seu favor, continuan perdendo votos cada vez que abren a boca.
Ainda así, no  Reino Unido, vaticinan ao Partido Laborista unha mellora na súa actual situación... menos en Escocia, na que parece que o SNP avanza coma unha apisonadora nos campos nos que históricamente o laborismo tiña as súas bases. 

Moito terá o Scottish Labour que reiventar, ou do contrario aspira a ser un simple recordo histórico no futuro de Escocia.