mércores, 31 de outubro de 2018

luns, 29 de outubro de 2018

venres, 26 de outubro de 2018

Entrevista coa Eurodeputada do BNG, Ana Miranda Paz - O Parlamento Europeo contra o fascismo e o neo-nazismo #StopFascismo #HHRR #Inmigración #Democracia



É un pracer poder compartir con todas e todos vós esta entrevista con Ana Miranda Paz realizada o 26 de outubro de 2018 logo da aprobación polo Parlamento Europeo dunha resolución contra o fascismo e o neo-nazismo, da que a eurodeputada galega do BNG foi ponente principal. Tamén dispoñible o audio en soundcloud e na nosa web: Rosalia TV

xoves, 25 de outubro de 2018

The Alex Salmond Show - Episode 50 - To revoke or not to revoke, that is the question #BrexitShambles #Art50


Can the decision to Brexit be unilaterally revoked by frustrated MPs? The Alex Salmond Show examines whether a Scottish Court case on revoking Article 50, now referred to the European Court of Justice, could open up political options for MPs, frustrated by Theresa May’s lack of progress on European negotiations.

sábado, 20 de outubro de 2018

Visitando a exposición do 170 aniversario da Banda de Música de Santiago - Entrevista con Bea Cancela #Música #Compostela #Historia #PatrimonioCultural

Deberíamos estar eternamente agradecidas con xente que mira polo noso patrimonio cultural. Tal riqueza queda plasmada en parte polos seus estudos e os seus libros pero tamén con exposicións coma esta que vos recomendo visitedes na Casa do Cabildo, Praza das Praterías en Compostela. Aquí deixo pinceladas persoais dunha exposición que aos que somos fill@s de músicos e compostelan@s seguro que nos trae uns recordos fermosísimos. Tócanos defender este legado a tod@s. Mil grazas Bea Cancela e Alberto Cancela


Sempre é un luxazo falar con Bea Cancela, a persoa que máis sabe da Banda de Música de Santiago de Compostela. Nesta ocasión falamos da Exposición do 170 aniversario da Banda de Música da nosa cidade que estará aberta ao público ata o mediados do mes de novembro. 






Recordade que os horarios de visita para as exposicións da Casa do Cabildo (Praterías) son: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (de 16:00 a 20:00 horas en horario de inverno); e los domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabildo está pechada ao público

xoves, 18 de outubro de 2018

luns, 15 de outubro de 2018

Keynote Address by First Minister of Scotland | Nicola Sturgeon #Brexit #Scotland #Speech #NicolaSturgeon












domingo, 14 de outubro de 2018

As mensaxes do activismo escocés camiñando 500 millas dende Portree a Edimburgo #500miles #Indyref2 #BlockchainDemocracy


Hai eventos e actividades que pasan desapercibidos. Nunca van ser informados e, e por suposto, nunca van acadar portadas nin cabeceiras de televisión.
Tan só os medios humildes como o meu blog ou algún xornal coma o The National foron quen de recoller esta inmensa aventura que foi percorrer Escocia camiñando 500 millas.

Para unha compostelá de nacemento coma min, o reto de camiñar tan longa distancia con propósitos tan nobres, chamou a miña atención de inmediato. 500 millas... 800 km. Aproximadamente a mesma distancia que o Camiño de Santiago.

A canción “I would walk 500 miles” dos Proclaimers foi o que serviu de inspiración a Dave Llewellyn para organizar esta actividade. Entereime do evento polo xornal escocés The National porque os propios Proclaimers apoiaron a iniciativa.

Saíron de Portree (Illa de Skye) sete camiñantes, sete activistas. Tan só cinco deles foron quen de lograr os tramos completos. O máis maior do grupo, Jim, de 65 anos, foi o único que sorprendentemente non sufriu as terribles bochas nos pés. De brincadeira chámanlle “Duracell Jim”  

Dende Compostela estiven seguindo o seu avance con moita admiración. Non é doado camiñar longas distancias, e quen o dubide e pretenda minimizar esta fazaña, anímolle a predicar co exemplo e a camiñar 500 millas.


Sentín unha emoción especial entrevistándoos por vídeo conferencia para que me contasen das súas impresións nos distintos tramos, do seu avance e de  como eran recibidos en áreas que en 2014 votaron NON á independencia ou en zonas pro-Brexit.

Toda esta aventura acadou especial relevancia cando os camiñantes chegaron a Dunblane, o meu pobo en Escocia. Alí foi todo máis emotivo e intenso xa que foi un pracer ver aos meus amigos brindándolles apoio e acompañándoos. Recibir as fotos e vídeos do meu colega Rick McGregor enchíame de ledicia e de orgullo.

Mais alí tamén empezaron os problemas coa HES (Historical Enviroment Scotland), xa que foron expulsados da explanada do aparcamento do Castelo de Stirling.

Ao parecer a alguén lles molestaba que se fixeran fotos coa bandeira do país e alegaban que non se podían “politizar” os lugares históricos. O argumento da HES é completamente absurdo e máis tratándose dun monumento tan insigne e cun peso tan enorme na historia de Escocia. 

Pero si algo é palpable e evidente en Escocia nestes últimos meses é o nerviosismo de moitos Tories e Laboristas que se manifesta en polémicos movementos de organizacións unionistas como Scotland en Union.

Prometín unirme á camiñada no último tramo, pero previamente os recibiríamos en Linlithgow, pobo de nacemento da que foi raíña de Escocia, María Estuardo; quen por certo, morreu decapitada por ordes da súa curmá Isabel I de Inglaterra.

Foi en Linlithgow onde puidemos coñecer xa persoalmente a Laura, Wren, Jim, Karl, Dave, Dean e a todo o fenomenal equipo de apoio. Había outro camiñante que empezou máis tarde, Nick, e que estaba completando a distancia camiñada ata acadar as mesmas millas que o resto do grupo inicial.

A nosa decisión de acompañalos durante a última xornada axudounos a entender moito mellor a complexidade do seu cometido.

Dean, fotógrafo do grupo, expresábao moi ben cando relataba o mellor e o peor do traxecto. Os pequenos detalles cobraron máis e máis importancia a medida que deixaban atrás os tramos programados.

 “Mira... un sorriso”,  dicíame Dean.

A linguaxe corporal da xente ao seu paso converteuse nunha transmisión de empatía. Tamén as mostras espontáneas de xente que os paraba na estrada para darlles comida ou doazóns, ou lles ofrecían cama e almorzo.
Levar a mensaxe da independencia a pobos remotos en Escocia, pobos onde nunca evento algún tivo lugar, foi acollido cunha emotividade e plasmábase con escenas de ledicia e de agradecemento. Os camiñantes das 500 millas querían chamar a mobilización e o conseguiron.

Dave, organizador do evento, explicaba que a súa función non era convencer a ninguén ou facerlles cambiar de opinión; si o conseguían , perfecto, senón, non pasaba nada xa que a súa misión, clara e contundente, era alentar a todas aquelas persoas pro-independentistas a moverse e empezar a facer campaña. Espertar a conciencia. “Dende o sofá non facemos nada... tampouco nas redes sociais, xa que estas son un vehículo, pero no a práctica e o movemento que precisamos”

Xa dende o principio o grupo tiña claro que non aceptarían desplantes e provocacións por parte daqueles que lles chamaban tolos ou os insultaban, ou reaccionaban con ira ante as saltires, ou as bandeiras do Yes Indyref2. Non ían permitir desprestixiar unha loita de esperanza dándolle relevancia aos tan negativos abusos dalgúns nacionalistas británicos.

Mais aparte da independencia, os camiñantes levaban consigo varias e moi importantes mensaxes.
Un dos argumentos máis usados polos unionistas contra o movemento escocés pro-independencia é o de ser anti-inglés. Dos sete camiñantes, catro deles son ingleses e levan anos vivindo en Escocia e integrados completamente. Ningún deles sufriu abuso algún pola súa procedencia de nacemento.

A chamada máis importante sen dúbida era a campaña da  “Blockchain democracy” ; unha campaña que é unha aposta por un novo sistema electoral, que vai ser debatida no Parlamento de Escocia e que evitaría fraude e irregularidades, especialmente no voto postal.

Ao calor disto, contábame un activista que participaba nesta última xornada, que tiña probas de que tanto durante a votación do referendo do 2014, coma das eleccións xerais ou as locais, se tiñan detectado moitísimas irregularidades. É máis, aseguraba que o resultado do referendo de independencia foi amañado.
Teño que dicir, que voces próximas ao Goberno escocés desmentiron esta afirmación xa dende hai moito tempo.

Outra das mensaxes que o grupo quería lanzar era a necesidade de concienciarse sobre os problemas de saúde mental e sobre os efectos dos recortes e as políticas de austeridade dos conservadores. Foi a propia Wren quen me explicou como lle preocupa o incremento de enfermidades mentais e suicidios en Escocia.

E por suposto, querían chamar a atención sobre o perigo real que ameaza ao Parlamento de Holyrood. Laura falábame que as intencións de Londres de reter competencias e desmantelar a casa da soberanía escocesa son evidentes no camiño de destrución do Brexit. 

Laura por certo, pasou semanas como observadora en Catalunya e ficou impactada pola violencia policial do 1 de outubro. “Non hai excusa posible. Isto non pode permitirse en ningún país de Europa”
A chegada á Bute House , ao lado dos máis veteranos Jim e Dean, foi moi emotiva. Como emotivo foi acompañalos ata Johnston Terrace, lugar onde daría comezo a manifestación de All Under One Banner (Todos baixo unha mesma bandeira). Foi sen dúbida a meirande manifestación pro-independencia da historia de Escocia.

Ao facer a análise final de como un pequeno grupo puido axudar a cambiar a historia dun país cunha aventura así, camiñando, ratifiquei que todo ser humano é importante; que todo ser, por pequeno que se sinta ou que sexa, ten unha función e un efecto coas súas accións no universo.
Eles, os camiñantes das 500 millas, foron as ás da bolboreta que traerá máis pronto que tarde a maré da independencia para Escocia. Parabéns a todos e todas.


Videos sobre a camiñada das 500 millas:

A camiñada das 500 millas chega a Linlithgow  

Primeiras impresións da nosa visita a Escocia

O último tramo das 500 millas

Podedes ver todos os videos en galego e inglés en: Rosalia TV


venres, 12 de outubro de 2018

The Alex Salmond Show - Episode 48 - The party is over


With the party conference season over, the Alex Salmond Show examines how the subtle shifts in policy have left the House of Commons arithmetic on the Chequers compromise – and finds that the prime minister’s Brexit plan now seems to be getting a better reception in Brussels than it is at home.






mércores, 10 de outubro de 2018

The day the Yes movement came to Edinburgh // O día que o movemento Yes tomou as rúas de Edimburgo #AUOBEdinburgh #Indyref2 #Scotland #Escocia















Video Summary #AUOBEdinburgh : The day the Yes Movement came to Edinburgh 



Video resumo da manifestación de AUOB en Edimburgo 










The last stage of the #500miles walk // O último tramo das 500 millas #Linlithgow #SouthQueensferry #Scotland #Indyref2 #Arbroath #Democracy


Interview with Wren Chapman & Jim Stewart - #500miles walkers 


Interview with Laura Marshall - #500miles walker 



Leaving Linlithgow  - English Version 





Galician version // En Galego de "Deixando Linlithgow" 




 The last stage of the 500 miles - English Version 



Galician video / Video en galego 











Gaelic!