xoves, 31 de maio de 2018

First Minister's Questions - 31 May 2018 #FMQs #Scotland #Politics

The Alex Salmond Show - Episode 29 - Belfast: The comeback kid of British shipbuilding? #NIreland #Shipyards #Brexit



In the second part of a series on the future of British shipbuilding, The Alex Salmond Show spotlights Northern Ireland. It features interviews with Harland & Wolff CEO, Jonathan Guest, and former Lord Mayor of Belfast and SDLP Deputy Leader Nichola Mallon – and asks if great ships will once again be built in Northern Ireland.
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30(GMT) on SKY 511 and FREEVIEW 113. 

martes, 29 de maio de 2018

Camiñando contra a mina / Walking against the mine #CaminodeSantiago #SantiagoPilgrimWay #TheWay #MinaTouroOPinoNON #Notothemine

Andaina organizada pola plataforma "Mina Touro-O Pino NON" para chamar a atención sobre o efecto que terá o macroproxecto de Atalaya Mining na área de Touro-O Pino, na Ría de Arousa e tamén Camiño de Compostela, Patrimonio da Humanidade.


March organized by the Platform "Mina Touro-O Pino NON" to call attention to the effect that the macro project of Atalaya Mining will have on Touro-O Pino, Ria de Arousa and also on the Compostela Pilgrims Way, World Heritage site.




VIDEO EN GALEGO / VIDEO IN GALICIAN LANGUAGE


VIDEO IN ENGLISH / VIDEO EN INGLÉS



Máis videos na miña páxina de FB "O mundo de Pilar-Aymara"
More videos on my FB page : "O mundo de Pilar-Aymara" 











 Thank you everyone! See you on the 10th of June in Compostela  


sábado, 26 de maio de 2018

Resultados do referendo en #Irlanda sobre a despenalización do #aborto // Ireland said YES to #repealthe8th #muller #WomenEmpowerment
























venres, 25 de maio de 2018

Walk with us on the 27th of May from O Pino to Compostela #CaminodeSantiago #PilgrimsWay #MinaTouroOPinoNON








A Comisión de Crecemento Sostible : Cara a unha exitosa Escocia independente // The Sustainable Growth Commission : a very successful Scotland

O informe da Comisión de Crecemento Sostible vén de ser publicado en Escocia. Un informe completo que explica as posibilidades que tería Escocia como nación independente. Importantísimas mencións á economía, á divisa e á inmigración. 

En canto á divisa esta semana o Gobernador do Banco de Inglaterra, Mark Carney,  confirmou o que xa se sabía no 2014 pero que foi un dos cabalos de batalla durante o debate económico entre Better Together e Yes Scotland. Unha Escocia independente podería, sen problema, usar a mesma divisa que o resto do Reino Unido 

E en canto á inmigración, campaña "Come to Scotland" (Ven a Escocia)  denota claramente a posición integradora do Goberno de Nicola Sturgeon que discrepa abertamente cos argumentos mesmo racistas que membros do Goberno británico e tamén algúns laboristas manteñen. Escocia necesita non só de inmigrantes senón do reforzo dos seus vínculos internacionais. 

Presenta o informa unha extensa e meticulosa valoración de como afectaría a independencia na economía no día a día á poboación escocesa e o coste da independencia. Este documento vai ser debatido ata o verán e se recollerán as impresións derivadas do debate. 

Por suposto isto ten moito que ver coa deriva do Brexit, o caos do unionismo, a intención dos Tories de recentralizar Reino Unido e o mandato gañado nas urnas por Nicola Sturgeon para a realización dun segundo referendo de independencia que xa é imparable. 
Ainda que moitos medios informan coma se isto fóra algo novo, a Primeira Ministra escocesa non mudou en absoluto a súa primeira postura : en canto teñan claras as condicións finais de Brexit, e cóntase que iso sexa para o outono, anunciará oficialmente a súa decisión. E recordemos que xa non é unha cuestión do SNP, senón do Parlamento escocés. 

Xunto con este informe oficial da Comisión de Crecemento Sostible publica tamén o Scottish National Party unha campaña : We can (podemos) 

Pódese acceder a toda a información nestes videos e  links:










A better economic future for Scotland: what you need to know

We can





xoves, 24 de maio de 2018

The Alex Salmond Show - Episode 28 - Salmond turns spotlight on shipbuilding #shipyard #Scotland



In a three-part series on the future of British shipbuilding, The Alex Salmond Show asks whether the UK Government is fully committed to a revival in this iconic industry. Alex speaks to shipyard unions, management, and MPs from across these islands.
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30(GMT) on SKY 511 and FREEVIEW 113.  

The immigration crackdown threatening UK's fishing industry #Brexit #Fishing #Inmigration #Scotland #NIreland via #Channel4 (@alextomo)



A so-called hostile environment for non-EU workers is having a serious effect on the fishing industry in the UK.

The Government's immigration policy is making it impossible for trawler owners, particularly around Northern Ireland and Scotland, to recruit fishermen from countries outside Europe like Ghana and The Philippines.

luns, 21 de maio de 2018

TANXUGUEIRAS - Que non mo neguen (videoclip) #Music #Galiza #Music #Galicia #Tanxugueiras #Women #Mulleres




Videoclip de "Que non mo neguen", do primeiro disco de Tanxugueiras.
Para a gravación do videoclip, Aida, Olaia e Sabela rodeáronse de seis "mulleres fortes e libres": Luz Fandiño, poeta e activista; Gloria Leis, a mariscadora máis nova da Cofradía de Pescadores de Muros; Estrella Sánchez, Doutora en Endocrinoloxía; Anxos Vaamonde e Sara Espiño, nai e filla; e Isabel Neira, a única torneira que exerce a profesión en Galicia, segundo o rexistro da Dirección Xeral de Comercio.
A gravación realizouse en varias localizacións de Santiago de Compostela e do Concello de Teo, coa colaboración especial do CiMUS da USC.

Andaina O Pino - Compostela // Walk from O Pino to Compostela #MinaTouroOPinoNON #Notothemine #OPino #Touro #Compostela #Theway #ElCamino #OCamiño





mércores, 16 de maio de 2018

Mans fóra do noso Parlamento / Hands off our Parliament #Scotland #Brexit #EUWithdrawalBill #ScotParl

O Parlamento escocés votou por 93 votos a 30 (Tories) rexeitar a Lei de Brexit que o Goberno de Theresa May está preparada e na que se non se respectan os fundamentos da chamada devolución, é dicir, o Parlamento escocés de Holyrood.
Tan só os conservadores apoian esta táctica do goberno británico deixando claro que non só non cren no seu própio Parlamento senón que apoian o soño do Empire 2.0 (Imperio 2.0.) que os defensores do Brexit a ultranza defenden.
O debate institucional está servido e isto sen dúbida acabará nos Tribunais e cun segundo referendo de independencia que vai ser imparable.

#Scotland #Brexit #EUWithdrawalBill  #ScotParl















martes, 15 de maio de 2018

Tributo a Kathy McMahon, Fundadora de Irish First Mothers #Irlanda #NiñosRobados #nenoroubados #StolenBabies #Justice #HHRR


Vímonos en Dublín o pasado 3 de maio, onde compartimos unha horas que souberon a pouco. Kathy McMahon era unha desas mulleres ás que podería estar escoitando durante días e eu estaba ansiosa por entrevistala dende había tempo.

Estaba comezando a traducir a súa entrevista cando a noticia da súa morte repentina rompeume en dous. Ela estaba visitando Xeneva e a súa última foto compartida nas redes sociais foi tomada onde a sé de Nacións Unidas.

A súa experiencia vital e o seu sufrimento impresionábanme  enormemente,  pero tamén a súa firme determinación á hora de fundar Irish First Mothers (Nais primerizas irlandesas) e dar voz a máis de setenta mulleres irlandesas que sufriron o roubo dos seus primeiros bebes.

Kathy insistía durante a entrevista e posterior conversa que o que querían conseguir é  xustiza,  reparación e apoio social e público para as mulleres ás que representaba; tamén  puidemos analizar as últimas mobilizacións do movemento feminista galego e falar do debate sobre aborto que está tendo lugar en Irlanda e do referendo que se celebrará a finais de maio.

Irish First Mothers fundouse para dar acollida e apoio ás verdadeiras vítimas: as nais primerizas irlandesas que baixo coacción e contra a súa vontade sufriron o roubo e posterior desaparición dos seus bebés.

Kathy tivo a sorte de poder reencontrarse coa súa filla case trinta anos máis tarde pero a maioría non tiña esa “fortuna” nin recursos para poder iniciar sequera un proceso de denuncia adecuado. Pobres contra ricos, ese é o resumo.

Conseguiron que o Goberno da República de Irlanda iniciase unha Comisión de investigación pero estaban indignados porque a voz das nais non ía ser escoitada; denunciaba  que dende esta Comisión o que realmente se pretendía era branquear as conclusións con relatos e testemuñas de nenos e nenas que foron subtraídos e posteriormente adoptados por xente adiñeirada e que tiveron unha calidade de vida aceptable.

E esta non era a cuestión fundamental, explicaba Kathy: “queremos que se investigue adecuadamente e en profundidade; queremos amosar ao mundo a terrible realidade que vivimos. Violáronse dereitos humanos;  o noso pode e debe de ser tratado coma un caso de xenocidio e o que queremos é que se coñeza a verdade e que as verdadeiras vítimas non queden deshonradas, rexeitadas, discriminadas nin abandonadas” 

Kathy laiábase de que o tratamento deste tema por parte da prensa era sensacionalista e sempre e unicamente cun enfoque emocional. En canto empezaban a falar de pedir responsabilidades políticas facía presenza ese silencio informativo que tan ben coñecemos.

Ao igual que o Estado español, Irlanda ten un historial traumático relacionado en moitos casos con entidades católicas. O caso das chamadas “mulleres caídas” reflexouse en  filmes coma “Las hermanas de la Magdalena” ; outro caso, o escándalo de Tuam bateu forte en toda a prensa internacional logo do descubrimento de centos de restos de bebés nun antigo centro de acollida para nais solteiras.  

Kathy faloume con detalle das chamadas “Lavandeiras da Magdalena” e das “Casas para mulleres e nenos”.  Dous casos que son moi diferentes e que teñen en común que milleiros de mulleres irlandesas foron maltratadas, ameazadas e estigmatizadas e onde tamén milleiros de mulleres e nenos, o eslavón máis feble da sociedade, ficaron en mans de mafias que traficaban con humanos impunemente. Terrible todo.

O caso dos nenos roubados é sen dúbida un tema complexo, delicado e que require de adecuada e responsable resposta por parte dos Gobernos. É unha débeda  histórica que debe ser aceptada, recoñecida e resolta.  O papel das institucións relixiosas, segundo as afectadas, foi fundamental neste macabra historia e alguén terá que responder por isto. Non pode quedar no esquecemento.

A Asociación Irish First Mothers queda orfa agora. O voceiro da asociación, o seu home Fintan Dunne, xornalista que conduce o blog Break for news , anunciaba con desolación o pasamento de Kathy e deixaba a mensaxe de que outras mulleres seguirán o seu legado ata acadar a xustiza e a reparación que estas vítimas merecen . Descansa en paz, Kathy.




luns, 14 de maio de 2018

RIP Kathy McMahon - Irish First Mother's founder - #Ireland #StolenBabies #Magdelenelaundries #Tuam



From Break for news


In the morning of Monday 14th May, 2018, Kathy McMahon passed away 
suddenly and unexpectedly during a visit to Geneva. She collapsed after 
feeling unwell, and despite emergency aid she died shortly thereafter in 
the comforting arms of her daughter Geraldine. 

Family and friends are coming to terms with her untimely loss and 
interment decisions will be announced in coming days on FB and here in the forum. 

Kathy was a vibrant, energetic and caring person whose commitment to 
social justice was a light in this world. We will cherish and live up to her 
memory. 

- Fintan 
fintan @ fintandunne.com









domingo, 13 de maio de 2018

xoves, 10 de maio de 2018

The Alex Salmond Show - Episode 26 - 'The USA: The Times They Are A Changin...'



'The USA: The Times They Are A Changin...'
In this week’s Alex Salmond Show Special from America, Alex speaks to renowned political and human rights activist Medea Benjamin and three young college students set on changing the world...

The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30(GMT) on SKY 512 and FREEVIEW 113. 

Thank you all - I'll see you next time #Glasgow #AUOB

mércores, 9 de maio de 2018

#QueremosDiarioCultural : A Cultura e a #Lingua son parte de todas nós #RTVGdetodas


A miña total solidariedade co Diario Cultura da Radio Galega






Scotland : All Under One Banner / Todos baixo unha bandeira #AUOB #AUOBGlasgow #Escocia #Independence #Glasgow

Photo: Rick McGregor


Wee summary // Pequeno resumo 

Photo: Rick McGregor 

 #AUOB Special by Broadcasting Scotland  





Video en Galego // Video in Galician Language 




photo: Rick McGregor 









More videos on / Máis videos en:
FB O Mundo de Pilar-Aymara (Pilar-Aymara's World)

domingo, 6 de maio de 2018

Broadcasting Scotland - #FullScottish Special #AUOB #Glasgow via @broadcastscot














xoves, 3 de maio de 2018

The Alex Salmond Show - Episode 25 - Alex Salmond takes a look at the political shape of Trump’s America #US #Trump



The Alex Salmond Show continues with news anchor and political commentator Ed Schultz and Pulitizer Prize winning journalist Chris Hedges. Both have radically different views on the state of politics in the American republic.
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30(GMT) on SKY 512 and FREEVIEW 113.