xoves, 27 de febreiro de 2014

A única voz de Galiza no Congreso dos Deputados (Madrid)


A única voz de Galiza no Congreso dos Diputados (Madrid)
Intervención de Olaia Fernández Davila no debate de política xeral do Es...

mércores, 26 de febreiro de 2014

"CROWDFUNDING" FOR INDEPENDENCE / FINANCIACIÓN POPULAR PARA A INDEPENDENCIA #indyref #Scotland #YesScotland

Unha das formas que teñen os distintos grupos dentro da Campaña do SI para conseguir fondos para as suas actividades é o chamado Crowdfunding (financiación popular ou colectiva). 

One of the ways that the different groups of the Yes Campaign have to get some money for their activities is called Crowdfunding.

Hoxe Wings over Scotland conseguiu o seu obxectivo de xuntar con aportacións individuales  53.000 libras en só 8 horas e 24 minutos. Nalgún momento voltaremos a falar de Wings e explicar qué actividades van levar adiante.

@WingsScotland

Wings Over Scotland have today achieved the objective of raising 53,000 pounds by individual donations in just 8 hours and 24 minutes. Later on I'll talk again about Wings and its activities.
 
 Hai moitas campaña de recollida de fondos agora mesmo en marcha, pero a que mais chama a miña atención, visto o visto da posición oficial dos laboristas é a dos Laboristas pola Independencia, que acaban de sacar este fermoso video (no que por certo aparecemos o meu marido Douglas i eu) . Eles van ter moito que ver co triunfo do SI en Escocia.Tamen ten unha canción fermosa - escoitádea.

There are lots of campaigns to donate going on right now, but the one that most catches my eye, due to the official position of the Labour Party, is the one from Labour for Independence who have just  released this beautiful video (by the way my husband Douglas and I appear in it). They will have lot to do with a Yes victory in Scotland. It also has a beautiful song - just listen.





Crowdfund: http://www.indiegogo.com/projects/labour-for-independence-campaign

http://www.labourforindy.com/

@labourforindy








Do RH-Negativo ao ADN escocés // From Rh Negative to Scottish DNA #indyref #Scotland





Unha pensa que xa non pode alucinar mais coas declaracións dos políticos, pero sempre se superan... onte lembreime do RH-Negativo negativo de Xabier Arzallus (PNV) cando alguén mencionou o ADN que parece ser rexe a política no Reino Unido...

I thought that I could no longer be astonished by political statements … but I was wrong ... last night I was reminded of the Rh-Negative from Xabier Arzallus (PNV- Nationalist Basque Party) when someone said something about the DNA that is in the politics of UK.

A líder dos Laboristas escoceses, Johann Lamont pensa que os escoceses non están xeneticamente programados para tomar decisións políticas. Este vídeo pertence ao debate en vivo que Johann Lamont e Nicola Sturgeon tiveron na STV, continuando coa rolda de debates sobre o referendo escocés.

Scottish Labour leader, Johann Lamont thinks that Scottish people are not genetically programmed to make political decisions. This video above belongs to the live debate between Johann Lamont and Nicola Sturgeon last night on STV, continuing the round of debates about the Scottish Referendum.

Parece ser que Lamont cre que @s escoceses están xeneticamente programados para beber whisky, tocar a gaita, comer haggis, pero non para decidir sobre o seu propio futuro... Cada un que saque as súas conclusións...

It seems that Lamont thinks that Scottish people are genetically programmed for drinking whisky, playing bagpipes, eating haggis, but not to decide about their own future... Let everyone reach their own conclusions...

Moito vai ter que reflexionar Lamont sobre o seu propio futuro e o futuro do laborismo se o 18 de setembro Escocia vota SI... qué vai ser entón da xenética laborista? Estase dando xa un salto cuantitativo dende os Labour for Indy? Esperemos que si, polo ben da política e da democracia.

Johann Lamont is going to have lot to reflect on her own future and the future of Labour if the Yes wins on the 18th of September... what is going to happen then with the Labour genetic? Is it already taking a quantum leap from Labour for Indy? Let’s hope so, for the good of politics and democracy.

Nicola Sturgeon and Johann Lamont go head-to-head in live STV #indyref #debate


martes, 25 de febreiro de 2014

ABERDEENSHIRE E OS VISITANTES QUE TIÑAN COUSAS QUE CONTAR


Da visita de Cameron a Aberdeen co seu Gabinete pódense contar moitas cousas, unha delas é que o primeiro que veu de Escocia e que compartiu  Cameron no seu twitter foi, claro está, unha foto do que mais lle interesa: unha plataforma de petróleo; non sei se pretendía mais tarde darse un baño de masas... houbo baño de masas?

Pois non, evidentemente, nada de paseos pola rúa, nada de contacto coa xente para contestar ás súas preguntas, xuntanza a porta pechada e, como non,  entrevista nada espontánea na STV para deixar dúas cousas ben claras. A primeira é que o goberno de Westminster vai respectar o Edinburgh Agreement ( varias voces unionistas dende a Cámara dos Comúns deixaran entrever, xerando certa alarma,  que podería non ser así); a segunda cousa que quixo aclarar foi que o goberno de Westminster apoiará a solicitude de Escocia para pertencer a UE, iso si, parapetándose nas escabrosas declaracións de Barroso, que xa múltiples voces dende a propia Comisión Europea se encargaron de desdicir e rectificar. Do debate con Alex Salmond nada de nada, dálle a risa... si, a min tamén... e aos escoceses nin vos conto.

http://www.scotreferendum.com/
A uns 11 quilómetros de onde Cameron esquivaba ao pobo, Alex Salmond e o seu Gabinete asistían a un dos case diarios e habituais encontros con votantes indecis@s. Nestas xuntanzas o presidente escocés  fai unha alocución e posteriormente ábrese rolda de preguntas, onde se poden escoitar distintas visións, preocupacións e medos d@s asistentes. O Goberno escocés non lle ten medo ao contacto co pobo, está claro. Gustaríame ver a algún dos gobernantes deste país exposto e respondendo ás preguntas dos cidadáns, con risco de que te fagan preguntas incómodas...  iso aquí non pasa.
O Goberno escocés que defende, por principio  o dereito de calquera pobo a ser soberano e a decidir o seu futuro, é consciente que un cambio no futuro de Escocia só se vai poder levar a cabo convencendo e dando argumentos de peso á cidadanía. Moitos pretenden minimizar o Libro Branco escocés. Non creo que 56.000 exemplares repartidos só en papel sexa un número que non se teña que ter en conta, e menos cando o propio Libro Branco da resposta ás preguntas que os propios cidadáns formularon  ante este proceso ao que lle quedan menos de 7 meses de vida ata que coñezamos o resultado o 19 de setembro.
www.yesscotland.net
Por suposto, hai moito mais debate que o institucional, hai moitas visión diferentes respecto á divisa, á ecoloxía , á monarquía, á defensa; pero laboristas, nacionalistas, verdes, mulleres, pensionistas, académicos, mocidade, taxistas, veteranos de guerra… están concentrados en participar todos os días nas distintas actividades da campaña de Yes Scotland que recolle todas as tendencias para poder lograr a independencia co voto de tod@s eles.
As enquisas móvense fortemente  a favor do SI (aínda que algún gusten de manexar datos de hai 4 meses) e  a campaña do NON, a  Better Together que optou por aterrar á xente de Escocia vese desarmada  e ridiculizada cada día polo xigantesco movemento de base nas rúas  e nas redes sociais.

luns, 24 de febreiro de 2014

Scotland's Future - Portlethen stakeholder event

Batallán - A Rosalía #RosaliadeCastro #cultura #Galiza #history #poetry


ROSALÍA DE CASTRO #cultura #Galiza #poesía #muller #woman #history

 
 
 
Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres, ¡ai!, tan hermosa.
Cal si na infamia naceras,
torpe, de ti se avergonza,
i a nai que un fillo despreza
nai sin corazón se noma.
Naide por que te levantes
che alarga a man bondadosa;
naide os teus prantos erixuga,
i homilde choras e choras.
Galicia, ti non tes patria,
ti vives no mundo soia,
i a prole fecunda túa
se espalla en errantes hordas,
mentras triste e solitaria
tendida na verde alfombra
ó mar esperanzas pides,
de Dios a esperanza imploras.
Por eso anque en son de festa
alegre á gaitiña se oia,
eu podo decirche:
Non canta, que chora.

Ivan McKee (Business 4 Scotland) : Westminster position on oil is ridiculous #indyref #Scotland #Oil


sábado, 15 de febreiro de 2014

Ian Hudghton and Tasmina Ahmed-Sheikh EFA GA 2014

INTERVIEW WITH TASMINA AHMED-SHEIKH IN COMPOSTELA #indyref #Scotland #Time4SD #Galiza #SNP

Today we had the honour and great pleasure to receive the visit of Ian Hudghton and Tasmina Ahmed-Sheikh (SNP) in Compostela

Hoxe tivemos o honor e gran placer de recibir a visita de Ian Hudghton e Tasmina Ahmed-Sheikh en Compostela





They were participating in the Assembly of "European  Free Alliance" that is taking place in Santiago de Compostela.

Estaban participando na Asamblea da Alianza Libre Europea que ten lugar nesta cidade.

http://www.e-f-a.org/home/






Tasmina kindly gave us an interview and we were able to ask her for her thoughts about the recents news on currency, Osborne, inmigrations, media bias, etc...
Tasmina moi amablemente concedeunos unha entrevista e puidemos preguntarlle pola súa opinión sobre as noticias recentes que falan da divisa, Osborne, inmigración, manipulación mediática, etc... 
 http://www.tasmina.eu/about-me/




And you can listen to it here:








Thank you Tasmina again for your kind attention. You were a ray of sunshine on a very wet and windy day only good for these guys.


Moitas grazas outra vez Tasmina pola túa amable atención. Fuches unha raiola de sol nun dia moi chuvioso e ventoso do que só poden sacar proveito estes...






(Próximamente publicarei a tradución en galego)




mércores, 12 de febreiro de 2014

VOCES DE ESCOCIA / VOICES FROM SCOTLAND: PART 6: THE GREEN PARTY



ENTREVISTA CON PATRICK HARVIE : SCOTTISH GREEN PARTY
O ECOLOXÍSMO NECESARIO NUNHA ESCOCIA INDEPENDENTE
INTERVIEW WITH PATRICK HARVIE : SCOTTISH GREEN PARTY
THE NECESSARY ECOLOGY IN AN INDEPENDENT SCOTLAND


E urxente entender e transmitir a necesidade dun cambio na xestión dos recursos naturais e de reconciliar ao ser humano coa Natureza. Quen non entenda isto é que non entende o perigo que corremos tanto nós coma as xeracións vindeiras.
It is urgent to understand and transmit the need for change in how we handle natural resources and to reconcile human beings with Nature. Those who don’t understand this do not realize the danger we risk as much for ourselves as for future generations.
Urxen novas políticas que estimulen o uso das enerxías renovables, que paren a terrible contaminación atmosférica, políticas que promovan o coidado e limpeza dos nosos ríos e dos nosos mares e da flora e fauna dos mesmos, a xestión responsable de residuos, a xestión da auga potable; urxe paralizar dunha vez por sempre as políticas que traen consigo a destrución dos bosques, dos pulmóns do Planeta Terra, urxe un debate serio sobre o uso e abuso das enerxías nuclear, solar, eólica, marítima...
New policies are urgently needed that encourage the use of renewable energies to stop the terrible atmospheric contamination, policies for the promotion of the care and cleaning of our rivers and seas, its flora and fauna, a responsible management of waste, and management of drinking water; it is a real necessity to stop once and for all those policies of destruction of the forest, the planet’s lungs, it is urgent to have a serious debate about the use and abuse of the different energies: nuclear, solar, maritime power, wind power....
O progreso non pode continuar sendo a desculpa “perfecta” para destrución. Non temos tempo e temos que facelo entre todos. Afortunadamente cada vez hai mais xente concienciada con estas responsabilidades individuais e colectivas; transmitir aos nos@s cativ@s unha cultura de paz, de respecto, leccións sobre a importancia da reciclaxe e  de harmonía coa Natureza é un bo punto de partida.
Progress can’t continue to be the “perfect” reason for destruction. We don’t have time and we have to do it between all of us. Fortunately every day there are more and more people who are very sensible about these individual and collectives responsibilities; transmitting to our children a culture of peace, a respectful culture,  lessons on the importance of recycling and of living in harmony with Mother Nature would be a good start.
En todos lados escoitamos voces que defenden alternativas e que vixían de preto as ameazas que existen en todos estes plans ambiciosos que nos presentan os mais poderosos e  que traen consecuencias nefastas. Preocupados polo presente e tamén polo futuro, os Verdes escoceses tamén queren ter voz nunha Escocia independente.
There are voices everywhere who support alternatives and that are closely watching the threats that exist in all these ambitious plans from the powers that would bring us very horrible consequences. They are concerned for our present and our future, and the Scottish Greens would like to be involved in an Independent Scotland.

Falamos con Patrick Harvie, deputado no Parlamento escocés, e este é o seu punto de vista:
We spoke to Patrick Harvie, MSP in the Scottish Parliament, and this is his point of view:


Pregunta: Por que apoias o SI pola independencia? Por que o Partido Verde apoia o SI pola independencia?
Patrick Harvie: Ben, os membros do Partido Verde temos moi diferentes opinións, unha gran clara maioría apoian a independencia pero outros non, pero non discutimos sobre isto porque estamos definidos por outro asunto; como Partido estamos definidos polos retos social, económico e ecolóxico e mesmo pola crise que esta afrontando todo o mundo.
Eu creo que Escocia actuando como país independente, coas súas propias competencias será moito mais capaz de actuar sobre estes retos, enfrontalos e darlles resposta; vexo imposible de realizar isto con Westminster onde os tres partidos maioritarios son escravos do centralismo, do neoliberalismo, dando apoio aos mesmos negocios, coma é habitual, pensan que o desastre económico que vivimos foi un soño e tan só tentan retornar ao que había antes, e non podemos permitirnos repetir o modelo que tiñamos antes, como tampouco podemos deixar o noso futuro en mans de Westminster.
P.: Segues a prensa estranxeira? Que importancia ten para vós a cobertura internacional sobre o referendo?
Patrick Harvie: Ben, un aspectos do debate data sobre cal será a relación de Escocia co resto do mundo si votamos SI e si acadamos a Independencia como de construtivas serán esas relacións e como se percibe este debate noutros países é importante, non porque iso vaia cambiar o número de xente e como van votar pero axuda a definir que tipo de sociedade queremos construír, axuda a definir que tipo de país seremos no marco internacional, en termos de si queremos ser un pais que traballa por unha cultura de paz en vez dunha de guerra, unha que traballa por regras mais xustas de comercio en vez dun comercio mais libre todo o tempo e en termos de sostibilidade porque estamos todos nunha única roca e se non coidamos dela sufriremos as consecuencias.

P.: Como pensas que están sendo os medios de comunicación escoceses? Crees que están a ser equilibrados entre o SI e o NON?
Patrick Harvie: Podería ser ás veces un pouco cínico sobre as causas que os medios de comunicación deciden apoiar; ás veces, sobre todo cando estamos en eleccións os xornais apoian ao equipo gañador ou o lado que cren que vai gañar e tratan de darlle crédito a todo o que hai ao redor do mesmo.
Penso que cando esteamos mais cerca do referendo mais e mais  xente que aínda non decidiu empezará a cambiar a súa posición, empezarán a estar dun lado ou doutro e cando iso e cando iso aconteza poderemos ver mais equilibrio nos medios porque moitos deles están pensando a quen lles da de comer e queren apoiar ao que eles entenden que é a maioría, é así como funcionan moitos xornais, en canto a tendencia cambie, veremos unha cobertura mais equilibrada porque saben que non deben alienar ao outro lado do debate; e de feito é o que nos debemos facer, a campaña Yes Scotland tamén, debe ser moi coidadosa xa que non queremos alienar á xente que vai votar non, non queremos transmitir hostilidade ou polarizar o debate, porque calquera que sexa o resultado da decisión da xente todos deberemos traballar xuntos, toda Escocia xunta aceptando o resultado, continuar e empezar a facer o mellor para o país.
P.: Tes seguridade de gañar?
Patrick Harvie: Estou seguro de que podemos, estou seguro de que estamos preparados, sei moi ben que temos un montón de xente aínda á que convencer, moita xente que quere respostas ás preguntas de que pasará despois de votar SI, pero estou seguro de que podemos facelo e de que Escocia culturalmente, economicamente, está preparada para tomar esta decisión.
P.: Todo o noso apoio dende Galiza e moitísimas grazas polo teu tempo.
Patrick Harvie: Moitas gracias a vos.

http://www.scottishgreens.org.uk/ 

@scotgp

@patrickharvie


YES SCOTLAND: What if 'can't do' became 'can do'? #indyref #Scotland


RECOMENDACIÓN : #BNG #SNP #Scotland #Escocia #Time4SD #Compostela



Con Tasmina Ahmed-Sheik  e Ian Hudghton! Todo un luxazo, non volo perdades!!

VENRES 14 ÁS 10,45 NO AUDITORIO DE GALICIA!

Tasmina Ahmed-Sheik
Ian Hudghton


Mais informacion:
http://www.e-f-a.org/home/

http://www.bng-galiza.org/


domingo, 9 de febreiro de 2014

ESCOCIA: O XOGO LIMPO SÓ É PARA OS DEMÓCRATAS



 Hai días nos que todo vai á velocidade da luz, e que aínda que queiras parar é imposible. Todo son novidades importantes e nalgúns casos escandalosas. 

Por suposto que nos esperamos calquera cousa do PP e dos Tory e que é de tod@s ben coñecido o “plan de acción común” que veñen levando en marcha dende hai xa mais dun ano, pero algunhas noticias que chegan a nós son clara mostra de que a estratexia do  “International Project Fear” non está logrando os obxectivos buscados, malia a súa superioridade en control sobre os medios de comunicación e financiación. 



Hai uns días víamos o cambio de paso de Cameron, aterrado polos resultados das últimas enquisas que practicamente equiparan a intención de voto SI e NON no referendo escocés do 18 de Setembro. O resultado de tal traxicómico discurso non se fixo esperar, miles de persoas dende Inglaterra, Gales ou Irlanda do Norte mandaron mensaxes de adhesión ao SI aos seus compañeiros, amigos e familiares en Escocia. O líder dos Tory está indo de derrota en derrota ata a vitoria final do YES.

Agora nos chega outra noticia dende o Herald Scotland na que se nos informa dos “consellos” que se deron dende a Embaixada británica en Madrid a un xornal de Tenerife recomendando a publicación de noticias negativas contra a independencia de Escocia... por aquelo de manter a obxectividade, xa sabedes...
Parece que queda claro que noticias coma esta era ao que se referiría Margallo cando nos contaba no Congreso dos Deputados que as decisións de España dependían totalmente do que Londres dicía... e tendo en conta que non hai moito chegou un novo Embaixador británico a Madrid, supoño que Margallo dispón de noticias e indicacións frescas do que debe facer o goberno do PP para seguir manipulando a prensa sobre o tema escocés. 

Como “cotilleo” vos direi que o primeiro que fixo o señor Embaixador , ademais de entregar as credenciais supoño, foi entrevistarse con Patxi López en Bilbao e lembrarnos o mal que lle van ir e economía escocesa e británica se Escocia consegue a independencia.  
Hai outra noticia importante da que falar xa que os Organizadores da Marcha e Rally pola independencia escocesa tomaron a decisión de cancelar o 3º Rally que ía ter lugar o 30 de agosto en Edimburgo. Piden a todos os simpatizantes do YES que centren os seus esforzos e o seu traballo e actividades en seguir informando por todo o país aos indecis@s para que o 19 de Setembro Escocia poida celebrar unha enorme festa de vitoria. Alí estaremos para celebralo con eles.


Por certo, esta é a carta íntegra do Tenerife News... por si por erro desaparece, ultimamente pasa moito:
Dear Editor
Given the likely interest among your British resident audiences – whether Scottish or otherwise – I am forwarding a press release issued by the Home Office today. You can find it at https://www.gov.uk/government/news/scotland-analysis-paper-on-borders-and-citizenship-published – it is also reproduced below. I hope you find it interesting.
The paper looks at the implications for borders and citizenship if people in Scotland were to vote for independence. It explores the challenges which an independent Scottish state could face in assuming control of its borders and considers the difficult choices that the people in Scotland would have to face on issues such as citizenship and nationality. It will be a choice between the continuity and security of being part of the UK or the uncertainty and risk of leaving it.
The press release is as follows:
“Common UK citizenship and the unrestricted movement of people and goods between Scotland and other parts of the UK have been crucial in enabling the integration of communities and businesses, the government’s latest Scotland analysis paper concludes.
The Home Office paper, ‘Scotland analysis: Borders and citizenship’, is the tenth in the UK government’s analysis series. It examines the challenges an independent Scotland could face in taking control of its borders, and sets out the difficult choices about citizenship that a yes vote would mean for people in Scotland.
Minister for Immigration Mark Harper said: “The principles addressed in this paper are fundamental to how we define ourselves: our nationality, the border that protects us and the passport we use to travel the world.
“There are no easy answers to the question of what could happen if Scotland goes it alone. There would be a new international border and – however close our coope-ration – that could mean more bureaucracy and extra controls for people travelling to visit family, go on holiday or do business.
“It would also be an unprecedented experiment with nationality and identity that would reverse centuries of common UK citizenship. It would affect not just millions of people today but also generations to come.”
The paper stresses that management of the UK’s external border is complex, expensive and relies on a fully integrated system across the UK. Currently, all activity to manage, control and secure the UK’s border, and every penny spent, benefits each UK citizen wherever they live or work.
However, should Scotland vote for independence, the current boundary between Scotland and the rest of the UK would become an international border between two separate countries.
The analysis also considers the implications of independence for citizenship. If Scotland became an independent state, its new government would decide who would be able to become, or be required to become, a Scottish citizen. This decision would have profound implications affec-ting not only those who vote in the referendum but also their children and grandchildren.
Simon Montague Director of Communications British Embassy Madrid