sábado, 28 de novembro de 2020

Atención socio-sanitaria a domicilio - As traballadoras invisibles #Dependencia #Saúde #Covid19 #DereitosLaborais


Son traballadoras esenciais. Atenden a máis de 24.000 persoas a domicilio en toda Galicia, pero non as escoitaredes nin en medios de comunicación nin nas institucións. A súa voz semella silenciada e temos moitas razóns para escoitalas e esixir a organizacións políticas, sindicais e institucións públicas, que recollan e poñan en marcha reformas integrais na atención á dependencia para deixar que continúen nun perigoso limbo.
Falei con Tere, Trini, Mª José e Rita. Grazas a Mar tamén por tentar unirse á conversa dende Lugo, pero a tecnoloxía non o permitiu.
Escoitade á Plataforma SAF Galicia e compartide. Grazas



mércores, 25 de novembro de 2020

Entrevista con Fernando Abraldes (Asoc. Pacientes e Usuarios do CHUS) - A pandemia, os dereitos dos pacientes e a nova Lei de Saúde #Covid19 #Saúde #Vacinas


Un pracer falar de novo con Fernando Abraldes, da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS sobre a situación sociosanitaria de Compostela, a pandemia e sobre a nova Lei de Saúde que quere implantar a Xunta de Galicia, ten pontos xurídicos moi escuros que tocan dereitos e deberes da cidadanía.

luns, 9 de novembro de 2020

Residencias e a pandemia da #COVID19 - Entrevista con Paulino Campos, Presidente de REDE #Residencias #DomusVi #TerceiraIdade #Saúde #Dependencia



Comparto con vós esta entrevista con Paulino Campos, fundador de ASFAREBA (Asociación de familiares e usuarias de residencias de Galicia) e Presidente da Federación Galega de Asociacións de Familiares de REDE.
Esta entrevista é unha pequena análise da descomunal traxedia humanitaria que supón os centos de mortes en Residencias e Centros de Maiores dende o inicio da pandemia e as posibles solucións ante un modelo que priorizou o modelo de lucro e de enriquecemento empresarial antes que un modelo no que primara a saúde, o benestar e a dignidade dos usuarios destes centros.
Escoitade e compartide. Grazas

#ENVIVO 🔴 | TRANSMISIÓN DE MANDO PRESIDENCIAL #BOLIVIA 2020 #JallallaBolivia