mércores, 28 de setembro de 2022

Análisis de la grave situación internacional con Pedro Baños (@geoestratego) y el ex-embajador, José Antonio Zorrilla #HHRR #Europa #Politica #UN #Analisis


Moi interesante e recomendable análise política da situación internacional explicada polo Coronel Pedro Baños e o ex embaixador José Antonio Zorrilla. Repaso histórico imprescindible para entender como chegamos a este punto e que saídas posibles temos os cidadáns europeos para superar a peor crise xeopolítica que enfrentamos dende a 2ª Guerra Mundial 

xoves, 22 de setembro de 2022

SOS CLÁSICAS - Entrevista con Fernando Domenech #Cultura #MundoClásico #Grego #Latin #Educación

Aprender o significado das palabras e as conexións que teñen os pobos é unha viaxe tan máxica coma enriquecedora. Hoxe comparto con vós esta entrevista con Fernando Domenech, Vicepresidente da Sociedad Española de Estudios Clásicos en Galicia e portavoz da campaña SOS Clásicas. Anímovos a seguila e a participar activamente dela! Tecleade SOS CLASICAS en calquera das redes sociais: twitter, tiktok, instagram e facebook e aprendamos cada día un pouco








 

luns, 19 de setembro de 2022

O polémico veto da UE á pesca de fondo en 87 caladoiros - Entrevista con Torcuato Teixeira Valora #Pesca #Mar #UE #Caladoiros #GranSol

A Comisión Europea ven de anunciar o veto á pesca de fondo en 87 caladoiros comunitarios. Esta decisión non só é polémica por como está fundamentada xuridicamente, senón tamén politicamente.
Falei con Torcuato Teixeira Valoria, Asesor Xurídico da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e Ex-Secretario Xeral de PescaGalicia, sobre as repercusións destas decisións.