xoves, 30 de xuño de 2016

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 30th June 2016 #FMQs #politics #ScotlandinEurope

Let's be serious : Mariano Rajoy said NOTHING about to veto Scotland in Europe #ScotlandinEurope

Listening to the statements of Mariano Rajoy Brey he DID NOT say anything about a Spanish veto! 
And I recommend this article from Wee Ginger Dug about the ficticious Spanish veto

This is the video with the original statements from the President of Spain, Mariano Rajoy.

He was speaking about the current situation in terms of negotiation following the rules. He said it's on the British Government to negotiate Brexit with the EU. Other questions are internal affairs of the UK.



The President of Spain ended his answer with this interesting phrase: "what happens in the future, listen, it not longer has anything to do with me"





martes, 28 de xuño de 2016

First Minister's Statement on the EU Referendum #ScotlandinEurope #IstandwithScotland

Solidarity with Scotland International Campaign: Let's get ready, Let's support #ScotlandinEurope #HowtoCollaborate

- Print one of these posters, take a selfie or make a wee video  (20 secs max.) saying where you are speaking from and your message of support for Scoltand to remain part of the EU, respecting the democratic will that the majority of the people of Scotland voted for on the 23th of June and send it to us by email or by our FB page. 
- Tell your friends and family  about this campaign. Spread the word!
- Tweet your photos and messages of support by using the hashtags #Scotlandismyhome #IstandwithScotland #ScotlandinEurope and follow our twitter account @ScotlandAbroad
- And if  you are able to help and collaborate with this Campaign in any way, please contact us by e-mailing us at: solidaritywithscotland@gmail.com

Video in English: 





- Imprime un destes cartaces, saca un selfie ou fai un pequeno video, 20 segundos máximo, decindo dende onde estás a falar e a túa mensaxe de apoio para que Escocia pueda permanecer en la Unión Europea respectando a decisión democrática que o seu pobo manifestou claramente o 23 de xuño; e envíanolo por email ou por mensaxe á nosa páxina de facebook.

- Cóntalle aos teus amig@s e familia sobre esta campaña. Corre a voz!

- Chía as túas fotos e mensaxes de apoio en twitter usando os hashtags #Scotlandismyhome #IstandwithScotland #ScotlandinEurope e engádelle a nosa conta de twitter @ScotlandAbroad 

- E si é posible que poidas axudar e colaborar con esta campaña dalgún xeito, por favor contacta con nós por email: solidaritywithscotland@gmail.com

Video en galego:




¿Cómo puedes ayudar?

- Imprime uno de estos póster, saca un selfie o haz un pequeño video diciendo desde donde estás hablando y tu mensaje de apoyo para que Escocia pueda permanecer en la Unión Europea respetando la decisión democrática que el pueblo escocés manifestó el pasado 23 de junio  (20 segundos máximo) ; envíanolo por email o por mensaje privado á nuestra página de facebook.

 
- Cuéntale a tus amig@s y familia sobre esta campaña. Corre la voz!

- Tuitea tus fotos y mensajes de apoyo usando en twitter los hashtags #Scotlandismyhome #IstandwithScotland #ScotlandinEurope añadiendo nuestra cuenta de twitter @ScotlandAbroad 

- Y si é posible que puedas ayudar y colaborar con esta campaña de alguna manera,  por favor contacta con nosotros por email: solidaritywithscotland@gmail.com

Video en español: 



As consecuencias do #Brexit // The consequences of the #Brexit vote #ScotlandinEurope (Part 1)

A Primeira Ministra escocesa le o seu primeiro comunicado oficial despois de coñecerse os resultados da votación do referendo sobre o Brexit







Nunha entrevista na STV, Sturgeon analiza a situación na que queda o Reino Unido e Escocia despois da votación do 23 de xuño.
Alex Salmond bromea co presentador do programa BBC Question Time explicando a situación de extremo caos que vive tanto o partido do Goberno coma o da oposición; tamén atende aos medios para explicar que vai pasar a partires de agora en Escocia. Curiosamente só os responsables escoceses son quen de defender a súa posición e os pasos a seguir a partires de agora.




What next for #Scotland?
Primeira sesión en Westminster despois da votación: Angus Robertson di que Escocia non vai sair da UE: "Escocia votou quedarse porque nos importa realmente que vivamos nunha nación aberta ao mundo"  
Tasmina Ahmed recorda que o 62% do pobo escocés votou pola permanencia na UE e que debe respectarse esta decisión democrática.
Nicola Sturgeon recibe ao Presidente da República de Irlanda. Visita histórica na que lóxicamente falaron do Brexit e as súas consecuencias. O seguinte paso é reunirse co Presidente do Parlamento Europeo, Jean-Claude Junker, en Bruxelas e contactar con todos os responsables políticos dos diferentes países membros da UE. 
Xibraltar inicia conversas e negociacións con Escocia para evitar tamén a saída da UE. Lembremos que foi no Peñón onde mais alta foi a porcentaxe de votos pola permanencia.

Junker pregúntalle a Farage por que está no Parlamento europeo se votou polo Brexit:
O eurodeputado Alyn Smith recibe unha grande ovación na súa intervención: "Orgullosamente Escocés, orgullosamente Europe. Pido que o noso estatus sexa respectado. Precisaremos cabezas frías e corazóns quentes"

E mentras tanto no Partido Laborista, os Blairistas declararonlle a guerra a Jeremy Corbyn. Din que fallou como lider... a realidade é que o 6 de Xullo o informe Chilcot sobre a guerra de Irak será publicado, e Corbyn xa anunciou medidas contra Tony Blair no caso que se confirme que actuou neglixentemente e mentiu na creación de probas falsas para iniciar a ilegal guerra de Irak que provocou milleiros de mortos civiles.
Corbyn recibiu o apoio incondicional de miles de persoas en Londres, que non queren que se vaia, senón que permaneza como lider.


Seguiremos informando....
To be continued...

domingo, 26 de xuño de 2016

Escocia ten o destino marcado ante o caos de Westminster #ScotlandinEurope #Scotlandismyhome

Tempos interesantes, si, tempos interesantes produto das nefastas políticas e mensaxes populistas, insolidarios e xenófobos da dereita e extrema dereita británica e europea.

O referendo non era vinculante, terá que ser aprobado en Westminster, onde semella reinar o caos non só entre os Tories, senón tamén entre o Partido Laborista.

No caso dos conservadores a guerra interna estaba clara durante a campaña e intuíase unha crise de maior envergadura de gañar o Brexit. Crise gobernamental que é difícil prever como vai rematar. Sucédense os nomes para substituír a David Cameron como Prime Minister, pero ninguén deles é seguro.

No caso dos Laboristas, aos Blairistas engádeselle a esta nova realidade a publicación, o 6 de xullo, do informe Chilcot sobre a guerra de Irak, que pon a Tony Blair no punto de mira camiño dos Tribunais de dereitos humanos. Quizais por iso, os seus partidarios estanse apresurando en pedir a cabeza de Jeremy Corbyn como líder laborista, sementando con iso outra fumareda de confusión.

En Irlanda do Norte, o Sinn Féin apresurouse a pedir un referendo para decidir a unificación das dúas Irlandas moi preocupado por que as condicións do “Acordo de Venres Santo” podan verse afectadas polo Brexit.

E en Escocia? A diferenza de ter unha líder forte, segura e responsable que non deixa de recibir apoio, tanto dende o exterior coma dende o interior,  marca a diferencia ; e o mais importante,  voces que en 2014 non foron  favorables á independencia de Escocia, amosan agora o seu inequívoco respaldo á Primeira Ministra.

A conexión con Europa e a situación d@s residentes europeos nas Illas non pode deteriorarse e tanto  Nicola Sturgeon como o Alcalde laborista de Londres, Said Khan  coincidiron en lanzar mensaxes de agradecemento e benvida aos miles de cidadáns europeos que viven e traballan na  Gran Bretaña. Sturgeon foi mais alá comprometéndose a protexer os dereitos de tod@s os residentes europeos en Escocia: “Esta será sempre a vosa casa”

Lémbremos que a prensa tradicional en Escocia xogou un papel propagandístico moi importante durante a campaña do referendo. As cousas acaban de mudar radicalmente. Si o modo pánico se instalou en Reino Unido, a indignación e a ratificacións dos seus dereitos democráticos soa é unánime no pobo escocés.

A análise do Editor político do Herald Scotland e as portadas do sábado do tan polémico Daily Record (que correu a alentar incondicionalmente os movementos que faga a Primeira Ministra de Escocia, Nicola Sturgeon) marcan unha viraxe radical.

O Herald Scotland avisou antes da votación do 23 de xuño, que caso do xa coñecido resultado, revisarían a súa postura oficial contra a independencia. Niso andan. E o Daily Record, un dos xornais mais activos  contra a independencia e "culpable" de publicar as falsas promesas do "Vow", apresurouse a rectificar tamén agora para asombro de moit@s.
As primeiras enquisas a favor da independencia dispáranse o 60%  e tanto o Partido Liberal Demócrata coma o Partido Laborista escocés valoran dar o paso e iniciar sen complexos este camiño, que sería a última das decisións a tomar polo Goberno escocés, feitos previamente  todos os deberes, reunións, consultas e pasos anunciados oficialmente pola súa máxima representante.

En días vindeiros veremos os primeiros pasos de Escocia na súa loita de permanecer na UE, na premisa de defender os seus intereses e o seu status. Posiblemente empezaremos a coñecer por fin os detalles dende o Goberno británico do que pensa facer a partires de agora.

E que papel debe ter o Goberno español?  Primeiramente terán que explicar a súa posición sobre Escocia e Norte de Irlanda e posiblemente, moitos dos lideres do Partido Popular vivirán de por vida coa sombra da neglixencia da súa política internacional cara a Reino Unido, e en concreto con Escocia. Sexa quen sexa quen goberne en Madrid e aquí en Galicia,  xa pode empezar a fortalecer as relación con Escocia, para defender os intereses galegos, que son moitos, especialmente no ámbito da pesca; os mesmos intereses que o Sr. Mariano Rajoy se encargou de ignorar cando se dedicou a interferir nun proceso externo, tendo tanto lixo que limpar na súa casa. 

sábado, 25 de xuño de 2016

FM Nicola Sturgeon 's statements // Declaración oficial da Primeira Ministra de Escocia, Nicola Sturgeon #ScotlandinEuropa #Scotlandismyhome




Let's start campaigning - Show your support for #ScotlandinEurope #IstandwithScotland #Scotlandismyhome

Moi ben amig@s, empecemos a facer campaña!

Amosade o voso apoio a #ScotlandinEurope en twitter e facebook usando os hashtags [Etiquetas] 
#IstandwithScotland #Scotlandismyhome

Xa sabedes que facer: videos curtos ou selfies coas vosas mensaxes de apoio.
O noso email: 
#indyref2


Ok, friends, let's start campaigning!
Show your support for #ScotlandinEurope on twitter and facebook by using the hashtags #IstandwithScotland #Scotlandismyhome.
You know what to do this, short videos with your messages of support, selfies with your message
Our email adress: solidaritywithscotland@gmail.com

#indyref2 

venres, 24 de xuño de 2016

Escocia votó pola permanencia pero gañou o #Brexit... agora chegan as consecuencias: #ScotlandinEurope #indyref2


As miñas primeiras valoracións:




Cameron dimite



Nicola é consecuente co que anunciou repetidamente durante todos estes meses de campaña e ademais transmitirlle aos cidadáns europeos en Escocia que seguirán sendo benvidos e ben recibidos, anuncia próximas reunións para valorar accións inmediatas.

Todas as posibles opcións serán valoradas para asegurar a permanencia da Nación na UE. Comunicaráse con todos e cada uns dos presidentes de países europeos para comunicarlle que Escocia quere estar na UE.

Un segundo referendo está agora enriba da mesa e prepararán toda a lexislación precisa para habilitalo no caso de entender que é o único xeito de facer respectar a voz de Escocia.

O Sunday Herald lanzou a media mañán esta enquisa... o resultado, demoledor. Unha contundente maioría votaría pola independencia de celebrarse un segundo referendo mañán mesmo.
O segundo do Goberno de Irlanda do Norte pide unha enquisa sobre a unificación de Irlanda logo do voto sobre #Brexit

O polémico "Daily Record" muda totalmente de opinión e anima á Primeira Ministra de Escocia na súa loita por acadar ficar na UE




E tod@s atentos aos días seguintes porque isto non fixo mais que empezar...

mércores, 22 de xuño de 2016

Please go vote and good luck! #EURef #Brexit #Bremain #UK #Scotland #Wales #NI


Manifesto en Defensa do Sector do Mar - Unha loita pola supervivencia do noso sector #Pesca #Ocerco #ArtesVarias #Marisqueo #Bateeiros

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016.
Xuntanza de todo o sector do Mar cós partidos políticos e sindicatos para presentar o "Manifesto en Defensa do Sector do Mar".

http://praza.gal/economia/12073/o-mundo-do-mar-esixelles-aos-partidos-8-compromisos-para-garantir-o-futuro-do-sector/

Descarga o texto do Manifesto completo (vía Praza Pública)







Video Resumo da xornada e a presentación do Manifesto 



Explicación á prensa das razóns polas que se presenta o Manifesto
(Atente aos medios : Xoaquín Rubido "Xocas") 




Susana, Vice-Patrona da Confraría de Cabo de Cruz - Marisqueo 



Serxio Regueira, Presidente da Plataforma de Defensa da Ría de Vigo 



Luis Rodríguez, Presidente da Asociación Asoar-Armega de Artes Menores de Galicia 



José Blanco e Andrés García, Presidente e Voceiro de Acerga - Cerco Galego 

luns, 20 de xuño de 2016

Nicola Sturgeon on Fisheries #Fishing #EU #Brexit #RemaininEU #Scotland

Nicola Sturgeon on BBC Scotland (Good Morning Scotland), 20th of June 2016 // Nicola Sturgeon en BBC Scotland (Bos dias, Escocia) o 20 de xuño de 2016 

Sobre o #Brexit, o Daily Express e a pesca galega #Fishing #Pesca #Galicia #EUref

Non é nada ilegal mercar barcos con cotas. A campaña #LeaveEU, especialmente dende a prensa inglesa trata con estas falsas acusacións de desmobilizar aos escoceses. O TTIP e a Pesca son dous dos debates mais complexos que se están a dar en Escocia. A todo isto hai que engadir, que unha vez consultados estes datos, podo dicir que o Goberno escocés ten potestade para rexistrar os barcos no seu porto, pero non ten potestade para decidir na distribución das cotas totais de Reino Unido nen lexislar ou cambiar a lexislación de cotas. O Goberno escocés (ao contrario do galego) leva anos pedindo as plenas competencias para poder lexislar e cambiar situación do sector do Mar, xa que ten a maior porcentaxe de costa e de espazo pesqueiro de todo o Reino Unido. Dende Escocia definen esta noticia publicada polo xornal (de extrema dereita) Daily Express como propaganda.

Sexa o resultado que sexa en Reino Unido o 23 de xuño, o goberno español e galego deberían traballar para fortalecer lazos con Escocia.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/29868-acusan-goberno-escoces-entregar-cotas-pesqueiras-piratas-galegos

http://www.express.co.uk/news/uk/679029/EU-pirates-net-our-fish-Quotas-worth-65m-surrendered-trawlers-EU

RED NATURA

Comentario sobre o Brexit e o artigo publicado polo Daily Express




xoves, 16 de xuño de 2016

Latest news from Brexit & the UK // Últimas noticias sobre #Brexit e Reino Unido #JoCox #Euref #Farage

- Scottish MSP's all together for #RemainINEU 

(Todos os grupos parlamentarios escoceses apoiaron hoxe a campaña #RemaininEU) 

- Alex Salmond e Leanne Wood  

- Cameron visita Xibraltar // Cameron in Gibraltar 

- Farage

- Jo Cox, Labour MP 














ACTUALIZACION / UPDATE:

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 16th June 2016 #FMQs #Scotland #politics

mércores, 15 de xuño de 2016

Voces da campaña #RemaininEU // Voices of the #RemaininEU campaign #StrongerIn #Wales #WalesinEurope

Leanne Wood, lider do Plaid Cymru galés, explica que apoian totalmente a permanencia de Reino Unido na UE e pide reconsiderar tres : 

1.- Pide a xente que use o seu voto dada a importancia da decisión a tomar.

2. Que non se faga caso das historias de medo que se están a dar coma argumentos; sair da UE non rematará co problema da inmigracion, nin suporá mais cartos para o Servizo Nacional de Saúde, non parará os recortes, e será un risco para a economía e os traballos en Gales. Esta decisión é mais sobre que tipo de sociedade se quere dexar como herdanza para fill@s e net@s; deixemos que esta sociedade estea basada en cooperación e non en medo, di Leanne. 

3.- Pero non por iso mais importante, pide considerar o futuro de Gales. De sair o Reino Unido da UE, e por tanto Gales, quedarían nas mans dos conservadores en Westminster, que non son amigos de Gales. Malia todas as imperfeccións e son moitas, a UE é unha das Institucións que da voz a Gales no mundo. Westminster non o fai, e nunca o fará. A UE redistribúe o benestar entre as rexións mais pobres; Gales se beneficia diso. 

O Partido Galés cree que o mellor para o país é votar pola permanencia na UE para ser partícipes das súas decisións e seguir formando parte da familia das Nacións. Remata Leanne Wood: "Por favor, vota REMAIN o 23 de xuño" 



A wee reminder about "Pilar-Aymara's World" FB page // Recordatorio sobre "O Mundo de Pilar-Aymara" en FB

Aviso para despistad@s:
Lembrade que dende a miña páxina persoal de facebook "O mundo de Pilar-Aymara" poderedes seguir as miñas aportacións análizando as noticias do día, temas de interese xeral e tamén videos en directo tanto de actividades puntuais, coma conexións miñas en directo onde contestarei ás vosas preguntas sobre os temas que eu trato dende esta páxina ou os que propoñades.
Lembrade que podedes enviarme ás vosas preguntas vía mensaxe a esta páxina "O mundo de Pilar Aymara" 

Que vos guste! E si é así, compartide e dádelle ao Me Gusta!

 
Just a wee reminder:

Remember that from my personal facebook page "Pilar-Aymara's World" you can follow my contributions analyzing the daily news and topics of general interest; you also can watch live videos of both specific activities and personal live connections, to answer your questions about issues that I deal with from this page.
Remember that you can send me your questions via email to this page "The world of Pilar Aymara" Hope you enjoy it! And if so, give me a like and share it!