xoves, 22 de decembro de 2016

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 22nd December 2016 #FMQs #Scoltand #Politics

There is NO #SpanishVeto #BetterTogetherMyth #ScotlandinEurope #SingleMarket #EU #UK #brexit
















Moodievision: Chritsmas Special 2016 by @gregmoodie

martes, 20 de decembro de 2016

O lugar de Escocia en Europa / Scotland's place in Europe #Brexit #ScotlandinEurope

Nicola Sturgeon ven de publicar o primeiro (e único ata o momento) plan gubernamental en territorio de Reino Unido para tratar a situación actual que provocou o resultado do referendo do #Brexit

"Scotland's Place in Europe" (O lugar de Escocia en Europa) é unha concisa exposición do que supón para Escocia abandoar a UE e o Mercado Único; tamén indica as  propostas oficiais que o Goberno escocés vai presentar ao Goberno de Londres para ser debatidas no inicio de 2017.

Theresa May anunciou durante a Conferencia dos Conservadores que o artigo 50 sería activado a finais de marzo de 2017, pero este anuncio veuse bloqueado cunha sentenza do Tribunal Supremo que obriga ao debate e votación previos na Cámara dos Comúns. Actualmente o Goberno británico está presentando as súas alegacións a esta sentenza.

Escocia está decidida a pelexar polo seu lugar en Europa, e ven desarrollando toda unha estratexia de fortalecemento das relacións internacionais, en especial con Bruxelas onde hai uns días Alex Salmond foi recibido por Jean-Claud Juncker. Esta visita foi amplamente silenciada polos medios de prensa internacionais nun intento mais de minimizar a grave situación á que se enfrenta o goberno británico logo da votación do 23 de xuño de 2016.
A First Minister escocesa ven actuado rauda e contundentemente dende o día seguinte ao referendo do Brexit e marcando as diferenzas co caos reinante en Londres; amósase plena e totalmente disposta a defender os intereses do pobo escocés ata as últimas consecuencias. O desastre que suporía para para Escocia o chamado "Brexit duro" enfróntase  en esencia coa seguinte estratexia de negociación: 

1º) Intentar a permanencia de Reino Unido no Mercado Único

2º) Se a primeira opción non é posible, intentar que Escocia poida permanecer dentro do Mercado Único con máis competencias das que ata agora se lles transferiron.

3º) No caso de que se ignore totalmente estas dúas premisas anteriores, forzar un segundo referendo de independencia en Escocia. De darse esta situación o Gabinete de goberno de Nicola Sturgeon xa está preparando lexislación que permitiría a celebración deste segundo plebiscito.

Durante a súa intervención, Nicola Sturgeon recordou as frases que utilizou o Goberno británico durante a campaña de 2014, e mais recentemente despois do referendo do Brexit que aseguraban que Gales, Norte de Irlanda, Escocia e Inglaterra ocupan igual lugar e relevancia na política global de Reino Unido. Agora se verá se iso é certo, e a que porto poden chegar estas negociacións internas.

Sen dúbida unha das cuestións que máis preocupa ao Goberno escocés, aparte da enorme repercusión económica (a nivel de administracións locais, pesca, agricultura, comercio, turismo, etc..)  é a situación na que quedarían os dereitos dos traballadores protexidos actualmente por leis e normas europeas; e por suposto a cuestión da liberdade de movemento , algo no que Sturgeon e o seu equipo insisten cada día, especialmente daqueles cidadáns europeos que fixeron de Escocia o seu lugar para vivir e traballar. Escocia quere portas abertas e liberdade de movemento para os cidadáns do mundo.

Nicola Sturgeon e o SNP gozan do apoio dos Verdes (ainda que pensan que o Goberno escocés debería ter ido mais alá e insisten na necesidade de preparar a lexislación para un novo referendo de independencia)  no Parlamento escocés cos que acadan maioría absoluta. A situación dos LibDem, Labour e, especialmente dos conservadores ven sendo moi contradictoria durante estes meses, apoiando ou criticando ao goberno indistintamente sobre os plans anunciados.

Aquí deixo o video completo da presentación do documento, onde Nicola Sturgeon atendeu posterioremente todas e cada unha das moitas preguntas realizadas pola prensa (ela non precisa plasma nin pactar cos xornalistas nada... tomade nota) 




sábado, 17 de decembro de 2016

Acerga volve á acampada de San Caetano un ano despois // Acerga comes back to Santiago #OCerco #Compostela #Pesca #Mar #Fishing #PurseSeineSector

The shipowners of the Galician purse-seine sector came back to Santiago on the aniversary of a historic encampament that they mantained in front of the Galician Government building for 94 days in 2015. They were (and still are) calling for fair distribution of fishing quotas. This beautiful boat with a commemorative plaque will stay there as a reminder of this mobilization and their ongoing fight.

Here are some videos and photos of this event in which Martiño Noriega, Mayor of Santiago de Compostela, participated. 


Os patróns do cerco galego de pesca volveron a Santiago no aniversário do histórico campamento que mantiveron diante dos edificios administrativos do goberno galego durante 94 días en 2015. Eles reclamaban (e reclaman) un reparto xusto de cuotas de pesca. Este fermoso barco cunha placa conmemorativa ficará alí como recordatorio desta mobilización de da súa continua loita.

Aquí tedes algunhas fotos e videos deste evento no que participou Martiño Noriega, Alcalde de Santiago de Compostela  













mércores, 14 de decembro de 2016

Alex Salmond en Bruxelas / Alex Salmond in Brussels #CoppietersAwards #ScotlandinEurope

Alex Salmond visitou Bruxelas o dia 14 de decembro. Durante a visita se reuniu con Jean-Claud Juncker e recibiu tamén o Premio Coppieters pola súa defensa do dereito a decidir. Aquí vos deixo unhas cuantas imaxes e videos compartidas pola European Free Alliance e polo propio Centre Coppieters

Salmond iniciou a xornada cunha rolda de prensa, acompañado dos tamén membros do SNP,  Stuart Donaldson e Lisa Cameron; entroutras cousas, o ex Primeiro Ministro escocés dixo que se reuniría con Jean-Paul Juncker como amigo, xa que este manifestou que Escocia necesitaba ser escoitada; tamén ratificou unha vez mais a intención de Escocia de permanecer en Europa e que ata o momento a estratexia escocesa é a de unificar as forzas progresistas para evitar un "Brexit duro".
Salmond tamén quixo reseñar a necesidade de fortalecer unha Europa mais social que teña en conta os movementos de autodeterminación.







"Nun futuro moi próximo a Primeira Ministra de Escocia desvelará a estratexia escocesa para reter as nosas conexións con Europa, en comercio, en cultura e en política. Non Temos ningunha intención de permitir que os nosos  1000 anos de historia  como nación europea sexan cortados  polos fracasos do Stablishment político de  Westminster. Cando soen as trompetas, outros europeos deberán mobilizarse pola  causa de Escocia.

“Escoitamos moito acerca de como a orde establecida está baixo asedio das forzas populistas da dereita – como os valores liberais e as políticas progresistas están en retroceso ao redor de Europa e no mundo”

"Con todo en Escocia, son as forzas progresistas as que están en ascenso e as protestas  contra o establecemento é expresada desde a esquerda ata o centro. A Unión Europea, con todos os seus defectos, é considerada  como cousa positiva.”

"Escocia non é única nisto. Nun número de países europeos as forzas do cambio tamén xurdiron dende a esquerda autonomista, aínda que, como responderon as  institucións europeas? A resposta non está ben, polo menos até recentemente. Isto está mudando e ten que facelo. Cando o vandalismo da dereita estean  ás mesmas portas do Tratado de Roma, entón a axuda dos europeos progresistas deberá ser atesourada e valorada.

"Queremos unha Europa que priorice o crecemento e recuperación, unha Europa que remunere o concepto dun contrato social e unha Europa e que responda con solidariedade e  humanidade cando enfronte unha crise de refuxiados


"Necesitamos unha Europa onde a disidencia se canalice cara unha fresca esperanza. Precisamos levantar outra vez a desgarrada bandeira dunha Europa social. Precisamos  avivar unha vez máis a visión idealista que o propio Maurits Coopieters ten impulsado. Onde a autodeterminación da diversidade lingüística e cultural das persoas, a paz e a democracia poidan atopar unha casa nunha Europa unida."







sábado, 10 de decembro de 2016

Visitando Yes Edinburgh West // Visiting Yes Edinburgh West #Scotland #ANationalAnthemforScotland #Himno

On the 28th of November we went to Clerminston (Edinburgh) and participated in a very interesting event organized by Yes Edinburgh West and presented by Bob Murray: "A National Anthem for Scotland" . Thank you all for your kindness and hospitality! 
P.S. I was the one who picked "Scots Wha Hae"


O 28 de novembro estivemos en Clerminston (Edimburgo) e participamos en un moi interesante evento organizado por Yes Edinburgh West e presentado por Bob Murray:  "Un himno Nacional para Escocia".
Moitas grazas a tod@s pola vosa amabilidade e acollida!
P.D. Fun eu a que elexiu "Scots Wha Hae" 






A relixión do mar -Rituais -Redeiras / The religion of the Sea - Rituals - Networkers #XoséIglesias #Poems #Galiza

Comparto con vós este fermosísimo video de  Xosé Iglesias e vos recomendo que o sigades no facebook onde cada día comparte os seus didácticos e espectaculares videos dende o seu barco, o "Primero Villar" dende onde tamén escribiu os 60 poemas que compoñen o seu novo traballo "A relixión do Mar".


Con sorte, poderei entrevistalo axiña para que poidamos disfrutar da súa sabidoría e da inmensidade da súa poesía. Non o perdades! 



Xosé Iglesias is (as he says himself) only a humble fisherman of A Coruña and he is also a poet. He has just published a new book of poems: "A relixión do mar" (The religion of the Sea") with 60 poems written on board his boat "Primero Villar" 

Through his poems he speaks about his job and transmits a world full of feelings; he also  shares in FB terrific videos from the Sea. I know that many of you don't understand Galego, but, the beauty of the sound and images of this video deserve to be shared. Hope you like it.

xoves, 8 de decembro de 2016

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 8th December 2016 #FMQs #Scotland #Politics

London Calling: como a BBC roubou o referendo // London Calling: How the BBC stole the Referendum by @GAPonsonby #indyref #indyref2

Two organisations emerged losers after the Scottish 2014 independence referendum. YES Scotland won praise after narrowly failing to overturn a thirty point deficit. The other loser was the BBC. The British State broadcaster sacrificed its reputation in return for a narrow win for the No campaign. London Calling captures the descent of the BBC during Scotland's historic referendum period. A two year orgy of spin, deceit, manipulation and corruption has been packaged into a powerful seventy minute documentary exposé. Thought you could trust the BBC? Prepare to be shocked.




Duas organizacións resultaron perderoras logo do referendo de independencia en 2014. Yes Scotland gañou mérito despois de virar en 30 puntos as previsións. A outra perderora foi a BBC. A canle do Estado británico sacrificou a súa reputación a cambio dunha estreita vitoria para a campaña do NON. "London Calling" captura a caída da BBC durante o período histórico do referendo escocés. Unha orxía de dous anos de sesgo, engano, manipulación e corrupción resumense nuns potentes setenta minutos de exposición documental. Pensache que podías confiar na BBC? Prepárate para entrar en shock.





A BBC, presentada sempre como exemplo informativo, xogou un papel fundamental contra a independencia escocesa. George Ponsonby escribiu "London Calling: how the BBC stole the Referendum" (Londres chama: como a BBC roubou o referendo), explicando con todo luxo de detalles a manipulación, as mensaxes subliminares, o sesgo que durante dous anos levou a cabo unha canle supostamente independente e neutral, funcionando como maquinaria propagandística do Goberno de Reino Unido e do unionismo. Recoméndovos totalmente este video baseado no libro de George e que agora ve a luz, e que expón unha vez mais, a necesidade de ter prensa independente e de calidade sempre que se queira buscar equilibrio nos debates. Que o disfrutedes 

Galician humour by @OBichero #GalEnglish #LOL

Ameixa (clam)  & Berberecho (cockle) 




Recén chegados de Escocia con moito que compartir e contar #Songs4Scotland #IndependenceLive #PeterCurran

 

domingo, 20 de novembro de 2016

Coa hostelería de #Compostela: basta de acosos, manipulación política e campañas mediáticas

As Asociacións de bares e pubs de Compostela convídannos a aportar o noso grao de area para gañar a batalla contra a manipulación política e o acoso e campaña mediática que xornais como El Correo e La Voz levan a cabo. 


Está en xogo a súa subsistencia, polo que vos animo a pasarvos polos pubs, ler o seu manifesto e asinar. 


Eu dende logo, fareino. Ánimo e adiante. 

Deixovos aquí este video cunha pequena explicación do abuso e do acoso ao que levan expostos dende os últimos anos.



sábado, 19 de novembro de 2016

Talabarte Fake disco-libro xa está no mercado! // Talabarte Fake CD-Book is out! #Culture #Galicia #Compostela

Presentación do disco-libro Talabarte Fake  na Fundación Granell o 18 de novembro de 2016. Grazas a Douglas Naismith que fixo a tradución dos textos de galego a inglés,  por este video e fotos.

Presentation of the book-disc Talabarte Fake at Fundación Granell (Compostela) on the 18th of November. Thank you to Douglas Naismith, who translated the texts of the book from Galician into English, for this video and photos 




Here is one take / Aqui tedes unha mostra:

6. Loch Nis (Quim Farinha):

A Soidade do Montro 
                                                 
The Solitude of the Monster

"Monster seems like an exaggerated denomination for such a pacific and adorable being as Nessie. Sure neither is it very clear who Nessie really is: a prehistoric being? A disproportionate crocodile? Or simply some sort of gigantic lamprey? We only know that it has lived in the depths of Loch Ness, in Scotland, since the beginnings of time, in pacific existence in which no known human attack has been recorded. Its sightings are as sporadic as timid, distant photographs that hardly allow a guess of a head in the shape of a periscope that sticks out to check if everything was in order, or not; the tip of an iceberg, in short, of a being of colossal dimensions that in spite of not wanting to be the centre of attention, has generously fed the tourist industry of Inverness-shire for more than a century.

There are those who say that Nessie will finally surface one day and settle on land, on free land, the day that Scotland decides in a referendum to her independence from the oppressive British yoke. But as myths exist for all tastes, there are those that also say the Loch Ness Monster doesn’t exist, and that the famous photo taken by the surgeon R.K.Wilson in 1934 in the Daily Mail, was a lie, barely one of the pioneering episodes of the sensationalist British press in its frenzied competition to sell papers.

Recently, some divers confirmed, to the surprise of the world, the existence of the remains of Nessie in the depths of the loch. It wasn’t the original monster, but more like its double, an enormous mechanical creature created for the film “The private life of Sherlock Holmes” by Billy Wilder that, victim of the excessive ambition of the producers, couldn’t keep hold of its two iron humps and ended up sinking forever to the depths of Loch Ness.

For the authentic Nessie, it must be fun to observe on its solitary swims through the cold waters of the loch, the ruin of its ridiculous ironwork parody: or to stick its head out of the surface to find out if its beloved Scotland is finally independent or not from the United Kingdom.


What’s not so much fun for Nessie, however, is the solitude of someone who doesn’t have a companion with whom to share their existence. And this is the true drama of Nessie because monsters have hearts too and Nessie, in particular, is all heart and is very lonely in the cold waters of Loch Ness. And because everyone wants to see Nessie, but never to ask her how she is, how she’s feeling, what she needs …"


luns, 14 de novembro de 2016

Descubrindo as nosas músicas / Discovering our music: Ricardo Fernández Carreira #Galicia #Culture #History


O 13 de novembro de 2016 a Banda de Música de Santiago de Compostela interpretou por primeira vez a obra do meu avó paterno,o mestre Ricardo Fernández Carreira: Cuadros Campestres. 

On the 13th of November the Santiago de Compostela Band of Music played for the very first time a piece by my Grandpa Ricardo Fernández Carreira: Cuadros Campestres (Countryside scenes)


Aquí vos deixo algúns videos. O primeiro da presentación do acto que fixo Beatriz Cancela; o segundo da introducción feita polos irmáns Cancela da obra do meu avó e interpretación da Banda de Música. 

Here you have some videos. The first of them is the presentation of the event by Beatriz Cancela; the second is the introduction by Beatriz and Alberto Cancela (musicologists) of my Grandpa's piece followed by the Band's performance.






Na miña páxina de FB 'O mundo de Pilar-Aymara' podedes ver tamén o resto do maxistral programa. 

You can watch the rest of the magistral concert on my FB page "O mundo de Pilar-Aymara" (Pilar-Aymara's world) 

En nome da familia, moitísimas grazas, de corazón a Beatriz y Alberto Cancela, e por suposto, aos membros da Banda de Música da que o meu avó foi Director. 

Thank you so much to Beatriz Cancela and Alberto Cancela and indeed, to the members of the Band of Music of which my grandfather was Director





mércores, 9 de novembro de 2016

Donald Trump, President of the US // Donald Trump Presidente dos Estados Unidos #EleccionDay #US #Politics







martes, 8 de novembro de 2016

Recomendado / Recommended: #BandaMunicipal de Compostela estrea obra do Mestre Ricardo Fernández Carreira #Concert #Music of my #GrandPa




I'll be broadcasting live from // Estarei emitindo o concerto en vivo dende: 😊 (12 da mañán / 11 AM Scottish time)



sábado, 5 de novembro de 2016

Unha versión moi especial do #GodSavetheQueen en #BBCNewsnight para celebrar o #Brexit

Andrew Rosindell, the MP for Romford suxeriu que a BBC1 emitise, ao final da xornada informativa de cada día,  o hino británico "God Save de Queen" para celebrar o Brexit. 

BBC Newsnight tomoulle a palabra e emitiu a versión do Sex Pistols do hino británico. O video convertiuse en viral, por suposto. Aquí volo deixo, disfrutádeo.


venres, 4 de novembro de 2016

Entrevista con Ánxela Ferro da Asociación Abeiro #rescate #mascotas #maltratoanimal #protecciónanimal

Estamos concienciados sobre as responsabilidades que temos coas nosas mascotas? E sobre maltrato animal?
De todo isto e mais falei con Anxela Ferro, da Asociación Abeiro, esta tarde. Escoitade e compartide 😉
Podedes contactal@s en Asociación Abeiro no FB, tamén no twitter @Abeiroanimal e na súa nova páxina web: www.asociacionabeiro.org






xoves, 3 de novembro de 2016

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 3rd November 2016 #FMQs #Scotland #Politics

Government DOES need Parliamentary approval to trigger #Article50 // O Goberno británico debe aprobar a activación do artigo 50 #brexit











Sign the petition / Firma a petición #StandingRock #Sioux #Dakota #NoDAPL

Follow in twitter / Segue en twitter: @NoDAPL

Follow in FB // Segue en FB : Standing Rock Protectors - Pipeline protests 
  










Sign the petition / Firma a petición: 

martes, 1 de novembro de 2016

Dende Santiago de Compostela, cidade espiritual / From Santiago de Compostela, spiritual city #IStandWithStandingRock #NativeAmerican #WaterProtectors

 

Únete e mantente informado // Join and keep yourself informed: 




Homenaxe aos ancestros // Tribute to the Ancestors (& Samhain Oracle for Scotland) #Samhain #Samain #Halloween

Paying tribute to my Ancestors and the loved ones who passed away this year. Blessed Samhain to everyone.

Rendindo homenaxe aos meus ancestros e aos seres queridos que nos deixaron este ano. Que teñades un Feliz Samaín.



Ancestors advise to be careful with forces working against the strength of a woman


A decision must be made between two paths. Ancestors speak of lessons already known to avoid repeating the same mistakes

Changes will happen quickly, but this time wise people will speak on your behalf, and after a periode of silence the Sun will shine again


Be careful, be patient, be confident for