luns, 11 de maio de 2026
Conferencia Bebés robados: memoria, justicia y reparación #bebésrobados #stolenbabies
Conferencia Bebés robados: memoria, justicia y reparación
domingo, 19 de abril de 2026
Deixade vivir a Cuba : outra mostra de solidariedade do pobo galego co pobo cubano - #CUBASIBloqueoNO #Cubanoestásola #SolidariedadeGaliciaconCuba #FranciscoVillamil
Hoxe, 19 de abril de 2026 tivo lugar unha manifestación nacional en Santiago de Compostela para amosar solidariedade co pobo de Cuba e esixir que cese o brutal e xenocida bloqueo e as políticas criminales que se aplican dende hai décadas por EEUU contra a Illa
Santiago de Compostela, manifestación en solidaridad con el pueblo hermano de Cuba. Galicia está con Cuba, siempre!! #CubaNoEstáSola #CubaNoSeRinde @BrunoRguezP @DiazCanelB @PartidoPCC @Galegocubana @_TereFelipe_ pic.twitter.com/Y9loX4a9zg
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) April 19, 2026
Compostela foi testemuña unha vez máis da solidariedade entre os pobos galego e cubano. Miles de persoas berraron contra o xenocida bloqueo, contra os ataques do criminal Trump e esixiron que se deixe vivir ao pobo irmán de Cuba. #CubaNoEstáSola pic.twitter.com/RleMdHyJzj
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) April 19, 2026
Cuba SI, Yankees NO!!!#GaliciaconCuba #CubaNoEstáSola
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) April 19, 2026
Santiago de Compostela pic.twitter.com/aFVK86ywNt
Hoxe había que estar. Tan emotivo atopar a vellos compañeiros da Asociación Francisco Villamil, entre eles Xosé Collazo, incombustible e comprometido activista. Hoxe xuntamos as nosas voces unha vez máis por Cuba pic.twitter.com/4Vevop4wbX
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) April 19, 2026
mércores, 25 de marzo de 2026
martes, 24 de marzo de 2026
sábado, 28 de febreiro de 2026
Entrevista co Doctor Tikara Otomo : unha vida adicada a coidar da nosa saúde #Medicina #Saude #SaudeMental #servizoPublico
mércores, 7 de xaneiro de 2026
Dános a vida salvar vidas : adoptar coa Asociación Abeiro #mascotas #peludos #gatos #refuxio #cans
Sabemos o difícil que é buscar familia que as acolla e lle dean unha vida digna e protexida. Eles dan todo. Nós dábamos todo o que podíamos, tendo en conta como evolucionou o coidado de mascotas nos fogares e as leis de protección animal.
Hai uns anos, depois dous duelos das miñas mascotas, decidimos non ter durante un tempo esa responsabilidade. Colaborábamos no que podíamos con asociacións de rescate e protectoras de animais, pero non nos decidíamos a adoptar un novo membro da familia.
Hai uns meses, a cousa cambiou e falamos de ir mirando. A idea sería ter dúas femias na casa (coma as que tivemos hai anos). Foi así que decidimos poñernos en contacto coa Asociación Abeiro e visitamos o refuxio. É admirable o labor que fan e como, con poucos recursos, habilitaron un espazo para aqueles seres non tan afortunados e unha rede de casas de acollida. Contan dende as súas redes sociais que ás veces vense desbordadas e que lles rompe o corazón cando non poden facer máis. Moitos gatos e cans non teñen sorte e abandoan este mundo sen un fogar que os acolla.
A nosa visita ao refuxio foi moi grata. Sorprendente. Explicáronnos as normas de adopción e os procedementos a seguir. E tomamos a decisión de adoptar a "Siam", que en principio pensaron era femia e resultou ser macho. Dános igual, estamos encantados. "Siam" pasou a ser chamado "ISIS", como o gato de Star Treck, ou como a deusa exipcia.Siam, agora Isis, o noso pequeniño, tivo a sorte de atopar un fogar maravilloso. Estamos moi contentas de que fose contigo! Grazas por adoptar e axudarnos a seguir salvando vidas ❤️ pic.twitter.com/s5WfejRkdY
— asociación abeiro (@Abeiroanimal) January 5, 2026
En poucos días estáse adaptando á nosa casa, ás nosas costumes, ao noso ritmo. E nós estamos reaprendendo de novo a convivir cun peludo xoguetón, que ben seguro vai facer moitas trasnadas e darnos algún que outro susto.
Dende este blog, animámosvos a adoptar ou acoller. Animámosvos a colaborar coa Asociación ABEIRO no que podades: asociándovos, doando ou aportando algunha axuda nas recollidas de alimentos que fan de cando en vez en KIWOKO (nas Cancelas). Toda axuda é importante por moi pequena que sexa.
Estamos quedando con poucas existencias no noso banco de alimentos. De can queda un saco de penso e algunha lata, e de gatiño queda comida especializada sobre todo ( problemas urinarios, penso gastrointestinal...).
— asociación abeiro (@Abeiroanimal) January 23, 2024
Podes axudar? pic.twitter.com/vtrJZXAG3g




