xoves, 31 de decembro de 2015
martes, 29 de decembro de 2015
luns, 28 de decembro de 2015
Noiteboa e Nadal na acampada do Cerco (Dias 64 e 65 de acampada) #OCerco #RepartoXusto #Galicia
A noticia recollida noutros medios:
Video-reportaxe publicado por La Voz de Galicia
xoves, 24 de decembro de 2015
It's Christmas Eve at the encampment of the Purse-Seine #Fishing Sector
Christmas at Sea by Robert Louis Stevenson #MerryChristmas #Fishing
Christmas at Sea by Robert Louis Stevenson. Dedicated to all who work at
sea and to lovers of Robert Louis Stevenson. Have a safe and Merry 
Christmas.
mércores, 23 de decembro de 2015
Wow! Listen to these Scottish Pipers #music #ACDC #PipeBand #Scotland
Mirade o que atopei en facebook:
CEN JAITEIROSUNHA JAITEIRADA JUAPA JUAPA
Posted by Voute esnaquizar miñoca on viernes, 13 de noviembre de 2015
SOS das #mulleresgalegascerco aos Alcaldes galegos
O 22 de decembro, o sector do cerco foi convocado pola Consellería do Mar a participaren nunha xuntanza para resolver a situación.
Tras 62 días de acampada, había moita expectación e moita desconfianza nos armadores galegos; a actitude da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, foi de enrocamento e mesmo despectiva con eles e con todas as familias que dependen do mar. Por iso, as mulleres do cerco, ao mesmo tempo que a xuntanza tiña lugar, convocaron aos Alcaldes galegos para lanzar un SOS e pedirlles que se puxeran en marcha para esixir ao Presidente da Xunta de Galicia que defendera e solucionase esta situación dunha vez. Aquí vos deixo o video recopilatorio realizado por Douglas e por min desta xornada.
Ao remate da reunión coa Conselleira e da asamblea dos armadores para valorar a mesma, Andrés García, portavoz de Acerga, nos explicou as conclusións as que se chegou:
Andrés García, Portavoz de Acerga nos explica o resultado da xuntanza coa Conselleira e da asamblea posterior para analizar as propostas e decidir os pasos a seguir. A Acampada continúa.
Posted by Pilar-Aymara Fernandez on martes, 22 de diciembre de 2015
Evento realizado o 22 de decembro de 2015 das mulleres galegas do cerco ao mesmo tempo que os representantes de Acerga participaban nunha reunión convocada pola Consellería para resolver a súa situación.
Posted by Pilar-Aymara Fernandez on martes, 22 de diciembre de 2015
Coidado cos titulares engañosos que anuncian un "principio de acuerdo" porque que saibamos o campamento segue en pé, os...
Posted by Eu apoio o cerco de galicia on miércoles, 23 de diciembre de 2015
luns, 21 de decembro de 2015
venres, 18 de decembro de 2015
ATENCIÓN: TURNOS SOLIDARIOS DE ACAMPADA DURANTE O NADAL! #OCerco #Galicia #Nadal
Moita atención a este evento!
EXPLICACIÓN DO EVENTO:
Os bombeiros galegos queremos promover esta iniciativa solidarizándonos cos mariñeiros do cerco acampados dende hai dous meses en Compostela, queremos convidar A TODA A CIDADANÍA a que se acheguen con nós para darlles un relevo a esta xente loitadora; cremos que, sobre todo nestas datas, todo o mundo ten dereito a estar coa súa familia, por iso faremos un esforzo para votar unha man, para axurdarnos a todas.
Todas as que queirades botar una man podedes apuntarvos para facer quendas dende o día 24 de decembro ata o día 7 de Xaneiro.
Para organizarnos mellor, cubre a seguinte folla de control.
http://goo.gl/forms/
CUADRANTE DÍAS:
https://docs.google.com/
xoves, 17 de decembro de 2015
mércores, 16 de decembro de 2015
'The Alistair Carmichael Christmas Special' via @gregmoodie #Chritsmas #Comic #video #Scotland #LibDem #memoleak
Chamando urxentemente a todo Sector Pesqueiro e a sociedade galega #OCerco #Pesca #Ecoloxía
Cando
 se coñeceu o coste ecolóxico e económico do proxecto do Corcoesto e 
da Megaminería para que as multinacionais se levaran o suposto ouro 
galego, a sociedade civil saliu á rúa, dando, como noutras moitas 
ocasións, un exemplo de mobilización. En xogo estaba o futuro das augas,
 da saúde, do ecosistema e do entorno de milleiros de cidadáns galegos. E gañouse a 
batalla, porque a sociedade, as organizacións ecoloxistas, as 
plataformas contra a megaminería... tiñan argumentos, sentido común e o 
mais importante, tiñan a razón.
Agora,
 outra gravísima ameaza planea sobre o País. Un Plan de Acuicultura 
clonado doutros moitos ao redor do mundo; un plan clonado que dende anos
 está recibindo severas críticas e informes oficiais dende países 
Europeos que coma nós, viven da pesca e do marisqueo, coma por exemplo 
Escocia ou Irlanda. Hai dous días, a STV escocesa publicaba unha noticia
 sobre os serios problemas de toxicidade e insalubridade que veñen 
xenerando estas piscifactorias, e a pouca regulación existente para 
resolver estes serios problemas, non só para o peixe que se cria nestas 
granxas, senón tamén para os exemplares salvaxes. O Goberno escocés, 
púxose mans á obra.
Cando
 a noticia deste plan chegou aos meu ouvidos, o primeiro que me veu á 
cabeza foron varias preguntas: que foi a facer Feijóo en Xapón? Ten esa 
visita que ver co enorme Plan de Acuicultura que dende a Xunta queren 
impór, ainda en contra do sentir maioritario dos bateleiros, 
mariscadores, artes menores...? Quen saca tallada de todo iso? Porque 
este plan claramente vai perxudicar a TOD@S aqueles que viven do mar e a
 curto-medio prazo, vai provocar a desaparición de miles de postos de 
traballos; é mais, os informes que leo de Irlanda e Escocia, e mesmo de 
Chile, este Plan suporía unha seria ameaza para a saúde dos galeg@s.
A que se debe o enrocamento da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, en negar, 
por activa e por pasiva, unha solución ao sector do Cerco galego, que 
leva acampado case dous meses, diante dos Edificios Administrativos de 
San Caetano? Será que este Plan tamén tén que ver co proxecto de 
desguazar mais de 500 barcos de distintas artes? Que ironía, non si? Que
 dende a Xunta anuncien a bombo e platillo a promoción para os novos 
emprendedores, animándoos a que se fagan con barcos de pesca para agora 
recoller subvencións europeas e desfacerlles as empresas... quen paga as
 débedas das miles de familias afectadas por estas políticas? A quen 
defende Rosa Quintana? 
Dende a Xunta fártanse de dicir que hai mas cota, hai mas cota, hai mas cota... quen e como se fai o REPARTO,
 señora Conselleira? Por que non quere un debate público que Acerga ven 
pedido por activa e por pasiva dende que empezou este conflito? Por que 
non se quere facer un reparto lineal por tripulante, mais xusto, que 
sería a solución perfecta,  de querer resolver este problema? 
Falan
 de democracia... por que a señora Conselleira non visitou nin unha soa 
vez aos mariñeiros de Acerga? Por que os ignora? Por que os insulta? Por
 que esperar ata a lotaria de Nadal para facer o que un responsable 
político ten que facer: mediar, conciliar, revisar acordos, 
rectificalos, conciliar, RESOLVER conflitos (non crealos!!)? Que pasa na
 Consellería do Mar que non hai intención de resolver nada? 
Moitos
 pensamos que si Rosa Quintana non quere resolver nada, debería 
presentar a súa dimisión; moitos pensamos que é algo que debería ter 
feito, por ética e dignidade hai tempo.Moitos nos preguntamos por que o 
Sr. Presidente de todos os galegos non toma a decisión de cesala, algo 
que debería ter feito cando a Sra. Conselleira a pifiou có problema do 
Sector Leiteiro... Vailles no soldo asumir esa responsabilidade. Mais o 
que ata agora, e durante mais de 55 días levan facendo dende a Xunta de 
Galicia é nada mais e nada menos que deixación de responsabilidade. 
Algún
 día saberemos todas as respostas. Mais agora, de xeito urxente, fago un
 chamamento a todo o sector pesqueiro, ás miles de familias que dependen
 dos distintos sectores, ás asociacións ecoloxistas, ás organizacións 
políticas, a xuntarnos todos, informarnos ben das consecuencias que ten 
este Plan para toda a costa galega, para a economía galega a curto, 
medio e longo prazo, e sair tod@s xunt@s a decirlle ao Sr. Presidente da
 Xunta de Galicia que queremos vivir sanamente da nosa costa; a 
esixirlle ao Sr. Presidente de tod@s os galeg@s, que o seu Plan non é o 
noso Plan. 
Artigo publicado en Sermos Galiza:
[OPINIÓN] "Chamada urxente para o sector pesqueiro", un artigo de @pilaraymara https://t.co/3jeAc46951
— Sermos Galiza (@SermosGaliza) diciembre 17, 2015
Taller de redes sociais na acampada de #mulleresgalegascerco #Ocerco
Durante a acampada de #mulleresgalegascerco din un pequeno taller de 
redes sociais. Mais específicamente para explicar o funcionamento e a 
capacidade de difusión do twitter, ferramenta que manexo habitualmente. 
Este video é unha pequena mostra do que lle expuxen ás mulleres que asistiron ao taller.
O video está bastante oscuro dado que foi grabado na carpa da acampada e xa eran as 7,30 da tarde. Que vos sexa útil e interesante.
martes, 15 de decembro de 2015
luns, 14 de decembro de 2015
A miña humilde análise antes das eleccións #OCerco #Galicia #acuicultura #Feijóo #20D #PP
Referencias no video: 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/10/11/mar-deja-clara-firme-apuesta-acuicultura-multitrofica-integrada/0003_201410G11P36991.htm
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/economia/lei-privatizar-mar-galego-beneficio-das-multinacionais/20151211180441043187.html
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/economia/lei-privatizar-mar-galego-beneficio-das-multinacionais/20151211180441043187.html
Noticia sobre o caso Escocés: http://news.stv.tv/highlands-islands/1335898-scottish-government-must-act-over-sea-lice-threat-warns-marine-body/
E sobre o caso Irlandés
Podería denunciarse isto aquí:
Mais depende da presión e da denuncia de grupos ecoloxistas e medioambientales 
A costa galega e o sector pesqueiro galego están en perigo... denunciámolo? 
Video da acampada de mulleres do Cerco - 11 e 12 de decembro de 2015 #mulleresgalegascerco #GalicianWomen
Pois aquí está, o video recopilatorio da acampada de mulleres do Cerco 
galego. Espero que vos guste e que disculpedes se hai algún problema de 
son ou realización. Está feito con todo cariño, como ben sabedes. Por 
favor, dádelle toda a difusión que poidades! Que non se esqueza nunca esta vosa xusta e exemplar loita.
Adiante mulleres! 
xoves, 10 de decembro de 2015
mércores, 9 de decembro de 2015
O 11 de decembro // On the 11th of December // El 11 de diciembre #Galicia #Compostela #OCerco #Mulleres #Women
Video en español
Como apoiar o evento via twitter? (Mira os videos que seguen) 
¿Como apoyar este evento via twitter? (Mira os videos seguintes)
How to support this event vía twitter? (See the videos below)
Escocia: un exemplo de dignidade e anti racismo #DonaldTrump #NotmyXenophobia #StopHatred #StopRacisme
O Goberno escocés, en comunicados vía twitter e Facebook do Ministro de Asuntos Exteriores, Humza Yousaf, ven de anunciar a súa decisión de revocar inmediatamente a Donald Trump a membresía
 da prestixiosa rede 'Global Scots' (que recolle aos escoceses famosos do mundo, 
embaixadores non oficiais de Escocia) polo seu odio a todos os valores 
escoceses e o seu noxento racismo declarado. Grazas unha vez mais, Escocia,  
por este exemplo de dignidade e de principios!
http://www.thenational.scot/news/scottish-government-and-robert-gordon-university-sack-donald-trump-after-muslim-ban-call.11019
http://www.thenational.scot/news/scottish-government-and-robert-gordon-university-sack-donald-trump-after-muslim-ban-call.11019
WATCH: Nicola Sturgeon on decision to remove Donald Trump's status as a business ambassador. https://t.co/LOpVsovs3p pic.twitter.com/OueRfRvviA
— STV News (@STVNews) diciembre 9, 2015
Tamén hoxe, en acto oficial a Primeira Ministra Nicola Sturgeon fixo unha defensa a ultranza dos dereitos humanos. Velaquí o seu fantástico discurso.
Read the speech from FM @NicolaSturgeon at the @ScotHumanRights forum this morning here - https://t.co/8VXaGj2IFv pic.twitter.com/hofn5yfjea
— First Minister (@ScotGovFM) diciembre 9, 2015
martes, 8 de decembro de 2015
Xestos contra a guerra que o din todo #VeteransforPeace #NotinMyName #NonNoMeuNome #NonáGuerra #NotoWar #Syria
Un grupo de veteranos de guerra,  que participaron en anteriores 
conflictos en Oriente Medio, chamados 'Veterans for Peace' deixaron ás 
portas dos número 10 de Downing Street as súas condecoracións nun acto 
de protesta contra a intervención militar de Reino Unido en Siria.
Impresionante xesto que o di todo.
Several war veterans representing the organisation 'Veterans for Peace' 
discarded their medals outside Downing Street in London, Tuesday, in 
protest against the decision made in Parliament last week to bomb Syria.
domingo, 6 de decembro de 2015
#MulleresGalegasCerco #MujeresgallegasCercoOCerco #GalicianWomen #Fishing #Support #PurseSeine #Galicia
Pois aquí está esta enorme sorpresa.
Convócovos a todas, mulleres con conciencia a participares neste acto de solidariedade co sector do Cerco galego.
Alí estarei, plasmando todas as historias que elas me queiran contar, e espero que mandedes cantas mais mensaxes de solidariedade poidades e mesmo que veñades a visitar a estas valentes!
Estarei tamén no twitter compartindo estas historias e fotos co hashtag #acampadamullerescerco
  
Lembrade, o 11 de Decembro, venres dende as 21:00 h ata as 13:30 do sábado, todas somos do Cerco Galego
Evento en Facebook // The event on Facebook
  
Contas de twitter para este evento // Cuentas de twitter para este evento // Twitter acounts for this event
Convócovos a todas, mulleres con conciencia a participares neste acto de solidariedade co sector do Cerco galego.
Alí estarei, plasmando todas as historias que elas me queiran contar, e espero que mandedes cantas mais mensaxes de solidariedade poidades e mesmo que veñades a visitar a estas valentes!
Estarei tamén no twitter compartindo estas historias e fotos co hashtag #acampadamullerescerco
Lembrade, o 11 de Decembro, venres dende as 21:00 h ata as 13:30 do sábado, todas somos do Cerco Galego
Evento en Facebook // The event on Facebook
Contas de twitter para este evento // Cuentas de twitter para este evento // Twitter acounts for this event
@pilaraymara
@acerga_ 
 Video en galego 
Video en español
Video in English 
46 days of encampment of the Purse Seine Fishing Sector in Compostela and still no solution from the Spanish or Galician Governments. 
More info (Thank you Dave Whitton for this link)
The
 women, in solidarity with their husbands, have decided to spend the  
night of the 11th of December camped out in front of the Government 
buildings in San CaetanoMore info (Thank you Dave Whitton for this link)
Please, on the 11th of December, show support for these brave women by tweeting your messages with the hashtag #GalicianWomen, thank you!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


















