xoves, 16 de outubro de 2014

Who’s afraid of the big bad vow? // Quen teme ao voto feroz? #TheVow #Scotland #Catalonia #democracy



This article of opinion was first published in Sermos Galiza // Este artigo de opinión  foi publicado en Sermos Galiza: http://www.sermosgaliza.gal/opinion/pilar-fernandez/quen-teme-ao-voto-feroz/20141015073948031434.html

Nunca gustei de mesturar os procesos escocés e catalán; é mais, pareceume totalmente acertado que o Goberno escocés quixera manter a autenticidade do seu proceso e evitara contaminacións  con outros movementos internacionais. Mais hoxe foi un dia intenso para as dúas nacións. 

I have never liked mixing up the Catalan and Scottish processes; and what’s more, I always thought it was right for the Scottish Government to keep the authenticity of its process by avoiding any contamination from other international movements. But today it’s been a very intense day for both Nations.

É público e notorio que aos Gobernos español e británico interesoulles mesturar os dous procesos dende o primeiro momento; dende a BBC repetiuse continuamente a pantasma do veto español... aínda a sabendas de que era imposible que España vetara a Escocia na UE,  e que o perigo real era o resultado do referendo prometido por Cameron; Rajoy converteuse nun comodín mais na propaganda dos unionistas e non era casualidade. Os imperios axúdanse uns aos outros. 
 
It is public and evident that the Spanish and British Governments were interested in mixing up both processes from the first moment. The BBC was continuously reporting news about the ghost of the Spanish veto... even when they knew that it was impossible for Spain to veto Scottish European membership and the real danger was the referendum on the EU promised by Cameron. Rajoy was another wild card of the unionist propaganda not by chance. Empires help each other. 

Dende o primeiro momento souben que Madrid e Londres utilizarían a mesma estratexia, os mesmos slogans, as mesmas palabras e a mesmas intencións. Os imperios nunca foron coñecidos polo respecto ás normas, ese respecto que tanto lles esixen aos demais. O medo, esa arma terrible que só os políticos mais ruíns son capaces de utilizar dun xeito vil e indigno para anular a vontade dun pobo, foi, é e será a clave de todo.   

From the beginning I was aware that Madrid and London would use the same strategy, same slogans, same words and same intentions. Empires were never known for their respect to the law, the same respect that they ask of others. Fear, this lethal weapon that only the most miserable politicians are able to use in a vile and indignant way to nullify the will of the people, was, is and will be the key to everything.

Non hai sorpresas con Catalunya. O que xa moitos dabamos por feito é o que está a acontecer; e aínda que haberá quen hoxe se sinta traizoad@ e decepcionad@, o proceso continua e o Goberno Central non durme, nin durmirá tranquilo durante moitos meses. O tempo pasa, para algúns con mais presión que para outros.

No surprises with Catalonia. Many of us were expecting the actual panorama; probably many Catalans will feel betrayed or disappointed, but the Catalan process continues and Central Government doesn’t sleep, and won’t be able sleep in the many months ahead. Time goes by, with more urgency for some rather than for others. 


Xa vai alá un mes do referendo escocés e moitas novidades acontecen todos os días. Non hai respiro.
It’s been almost a month since the Scottish referendum and there is much news every day. There is no rest.
Ao menos 25% d@s escoceses votaron Non por unha promesa solemne e honorable feita polos lideres dos partidos unionistas: Cameron, Miliband, Clegg e un Gordon Brown que parecía ser o Primer Minister de Reino Unido nos días previos á consulta polo esaxerado da cobertura da BBC.

At least 25% of Scottish people voted NO for a solemn and honourable Vow made by the leaders of the unionist parties: Cameron, Miliband, Clegg and Gordon Brown who in the days before the referendum seemed to be the Prime Minister for the exaggerated coverage of the BBC.  

Lord Smith, o encargado a poñer en marcha a Comisión de Negociación de novos poderes, xa comezou con polémica ao non permitir que membros do Scottish Socialist Party asistan como delegados ás xuntanzas. Os continuos aprazamentos da Comisión  fan que o calendario previsto sexa xa inviable.

Lord Smith, in charge of the Commission to negotiate these new powers, has already started with polemic by not allowing any delegate of the SSP (Scottish Socialist Party) to participate in this Commission. Continued delays with this Commission make the Vow’s timetable no longer viable. 

E  na Cámara dos Comúns? Pois hoxe mesmo, e sen a presenza do Prime Minister Cameron (nin Miliband, nin Clegg)  tivo lugar o primeiro debate sobre devolución de poderes para Escocia pasado o referendo; nel  quedou ao descuberto a mesquindade daqueles que fixeron á desesperada un xuramento solemne ao pobo de Escocia. 

What about the House of Commons? Well, today and without the presence of the Prime Minister Cameron (neither Miliband, nor Clegg) the first debate about devolution for Scotland after the referendum took place; in this debate, the meagerness from those who desperately made a solemn vow to the people of Scotland was discovered.
Nun debate que durou case 8 horas a traizón foi collendo forza cando a maioría d@s  deputados evitando mesmo mencionar a palabra Escocia, defendían dar mais poderes a Inglaterra, facendo comentarios fora de lugar e mesmo insultantes; e ante a protesta dos deputados do SNP, escoitáronse voces que desvelaron que “The Vow” non ten lexitimidade ao non ter sido aprobado pola Cámara.  

During a debate of more than 6 hours, the feeling of treason increased when most of the MPs, who were avoiding the mention of the word Scotland, supported giving more powers to England. Some of them even made insulting comments and in answer to the protests of the SNP MPs, we could hear some voices saying that “The Vow” hadn’t any legitimacy because it hadn’t been approved by Parliament.

Maila o frío que xa se fai notar en Escocia, os ánimos estanse caldeando cada dia polos continuos desplantes dos unionistas, e xa non digamos da impresentable política da BBC (e Sky News) que veñen de excluír dos debates televisivos para as vindeiras eleccións xerais ao Partido Verde e a quen é xa a terceira forza política do Reino Unido, O SNP.

Despite the winter starting to be noticed in Scotland, the atmosphere is heated every day because of the continual outbursts, and even more so due to the disgraceful policy of the BBC (and Sky News) for excluding the Green Party and the SNP, who are now the third political force on UK, from the TV debates for the next General Election.

É o que teñen os poderosos, que poden repetir mentiras durante moito tempo, cometer agravio comparativo e vendelo como democracia, xurar solemnemente que os elefantes que voan existen,  e logo dicir que padecen de amnesia.  
That’s the way powerful people are, they can repeat lies for a long-time, they may commit discriminatory insult and tell us that this is democracy, solemnly swearing that elephants can fly and then they will say that they suffer amnesia.

O que non van poder esquecer os poderosos é de que hai unha masa popular que non vai aceptar tal engano e que seguirán protestando, manifestándose e armándose de moitos mais argumentos ata acadar o seu obxectivo. 

However, what these powerful people won’t be able to forget is that there is a popular mass who won’t accept the deception and they will keep rallying, marching and arming themselves with many more arguments to achieve their objective. 

A esa xente, xa nin medo, nin votos, nin promesas vacuas de ningún tipo faralles cambiar de opinión... e os imperios, tal e como hoxe existen, teñen contados os días, e farán historia.

These people, without fear, nor vows, nor empty promises of any kind will change their minds ... and the Empires, as we know them today, will have had their day and they will become part of history.

domingo, 12 de outubro de 2014

De Galiza a Escocia... a información é o que conta #indyref #Scotland #Galiza #thevow

Hai uns dias, seguindo o debate sobre o Estado da Autonomía de Galicia ,o Sr. Feijóo aseguraba que Escocia acababa de votar Non a mais autonomía; e mira que  ten ao seu lado tantísimo asesor e xente supostamente tan ducha na materia política do Reino Unido como pode ser o Sr. Pedro Puy, mais ninguén lle deu boa información ou o fixo rectificar; podemos facer cábalas e barallar se dito gazapo foi por ignorancia, por estratexia ou porque simplemente o tema de Escocia xa non interesa... erro,  e mais no caso da nosa nación.
Por suposto, esta aseveración do Sr. Feijóo sobre o proceso escocés pasou desapercibida para moit@s galeg@s pola cantidade de mentiras e barbaridades que o presidente da Xunta de Galicia foi soltando ao longo do día. Pero non podía pasar desapercibida por min, nin por aqueles que estamos pendentes do que aconteceu e acontece no país nórdico.

Precisamente os escoceses ao que dixeron non foi á independencia porque, entre outras razóns, os partidos unionistas axudados enormemente polos medios de comunicación, violaron a purdah e prometeron un voto (the Vow, algo solemne dende o punto de vista do honor anglosaxón) con moitas mais competencias e poderes para Escocia. O Voto do que ainda non pasadas 8 horas posteriores ao reconto comezaron a renegar e nas seguintes semanas derivou en peticións para ser respectado vía plataformas coma change.org ou 38degrees; o tan publicitado "Vow", continua provocando portadas tan patéticas como as do xornal que asumiu a responsabilidade de publicar tal estafa: o Daily Record.

A espera estamos das primeiras xuntanzas da Comisión Smith, ente encargado de dirixir as negociacións do dito voto, que xa que abriu o prazo para que todas as organizacións, particulares e partidos aporten as suas propostas de mais competencias. Os partidos maioritarios xa comunicaron o nome dos delegados que defenderán tales propostas, non sen certa polémica.

O Goberno escocés, que continua apostando pola independencia, aférrase ao quase sagrado do "Vow" e ven de presentar as suas propostas da voz e tinta da que sen dúbida será a seguinte First Minister de Escocia a partires de Novembro: Nicola Sturgeon: http://www.scotland.gov.uk/Resource/0046/00460563.pdf

Namentres, continua a polémica sobre a actuación da oficina do Tesouro Británico que filtrou datos sensibles sobre o Royal Bank of Scotland, acto que viola as normas internacionais de comercio e que pode mesmo ser considerado criminal; é por iso que Alex Salmond ven de denuncialo oficialmente e solicitar unha investigación sobre ditas filtracións. 

Persoalmente estou desexando ver publicado o libro de Alex Salmond, "100 dias" sobre a campaña do referendum, no que prometeu revelar detalles sorprendentes. Espero poder contarvos pronto sobre el. 

Algúns apostaban a que a credibilidade da BBC melloraría ao rematar o referendo. Non podían estar mais errados. O auto dano infrinxido é grave e profundo. Un non deixa de preguntarse cómo se verá afectada a canle de acadar o Goberno escocés o control sobre BBC Scotland, tal e como se está a esixir vía change.org, ou no caso de acadar a independencia. Sen dúbida moi poucos xornalistas poderán manter as etiquetas de "obxectivos" e profesionais.

 E nas rúas, a loita continua. En Glasgow celebrouse o Rally "Hope over Fear" onde milleiros de persoas lanzaron a mensaxe de que non se van quedar na casa man sobre man. Seguirán traballando e vixilantes dos pasos daqueles que prometeron mais competencias, e cun obxectivo moi claro: a independencia do seu pais.

Unha última recomendación, se sodes d@s que gustades de series, recoméndovos que sigades "Outlander", chegado ao capítulo 4 ou 5, entenderedes porque estaba prohibida a súa emisión antes do referendo de Escocia... A memoria histórica pode ser unha poderosa fonte de información para calquera pobo.





mércores, 8 de outubro de 2014

The Scottish Independence Podcast 97 – Professor John Robertson via @mgreenwell #bias #media #analysis

Via Michael Greenwell


Totally recommended: The World Today - Scotland: Victory Next Time! (Tariq Ali) #bias #indyref #analysis


(Thank you Peter Curran)

Ebola in Madrid: we are governed by irresponsible people / Ebola en Madrid: estamos gobernados por irresponsables

Shameful actions from the Ministry of Health in this case. Much publicity in the transfer of infected patients from Sierra Leona and Liberia. Too many cuts and lack of resources at the Hospital in Madrid, the same Hospital that was dismantled weeks earlier.  

http://elpais.com/elpais/2014/10/07/inenglish/1412673682_501480.html 
http://elpais.com/elpais/2014/10/08/inenglish/1412752619_803644.html 
Vergonzosa actuación da Ministra de Sanidade neste caso. Moita publicidade no traslado de pacientes dende Sierra Leona and Liberia. Moitos recortes e carencia de recursos no Hospital de Madrid, o mesmo Hospital que foi desmantelado semanas antes. 
The Minister, Ana Mato, should have resigned many months ago. When we think that everything is wrong and it can not get worse, it still gets worse
A Ministra Ana Mato debería ter dimitido hai moitos meses. Cando pensamos que todo está mal e que non pode empeorar, ainda empeora mais.  

http://www.elmundo.es/madrid/2014/10/08/54346601e2704e35598b4571.html 
And now they call for calm. They advertise that they will sacrifice a dog (the dog of Teresa, the infected nurse) and they are still hiding information. Another example of the irresponsibility of the Spanish Government.

http://elpais.com/elpais/2014/10/08/inenglish/1412758903_315088.html 
E agora chaman a manter a calma; anuncian que van sacrificar a un can (o can de Teresa, a enfermeira infectada) e continuan ocultando información. Outro exemplo da irresponsabilidade do Goberno español. 

xoves, 2 de outubro de 2014

Samhain Song



By the riverside on a cloudy day
A raven called out to me
Three times loud unto my face
Its strange message that must be said

May the shadows become light
Let the Ancestors speak,
Truth no longer can be hidden,
Sadness, treason and fear must disappear

Poor the ones who worked with blood
Against the people's right to be free
Now’s the time for a new freedom song
They will have no more power here

Ancestors say our time is now
What is written in the sky will become destiny
Those who lied and cheated with vows
Be prepared for the battle, near is our victory

(dedicated to Dave and Catriona) 

Samhain is coming / Chega o Samain #SamhainNight #NoitedeSamain

Xa estamos en Outubro, moi prontiño estaremos celebrado por tanto da festa Celta do Samaín. 
We are in October, so very soon we'll be celebrating the Celtic tradition of Samhain. 

Tal e como levo facendo anos atrás, esta noite recuperamos un dos rituais mais antigos desta festividade, que é o oráculo. As mulleres sabias eran as encargadas de facer estas lecturas.

In the same way as I did years ago, on this night I'll recuperate one of the oldest rituals of this celebration: the oracle.  Women were in charge of doing these readings.

Xa sabedes que durante a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, honramos aos que xa non están con nós. A tradición celta fala de que é unha noite especial a comunicación entre os vivos e os mortos está mais aberta que nunca, polo que ambos mundos aproveitan para mandarse mensaxes e lembrar as ensinanzas do círculo da vida.

As you probably already know, on the night of the 31st of October until the 1st of November, we honour those who have passed away and aren't with us anymore. The Celtic tradition says that during this night a special communication between life and death is more open than ever, so both worlds can send messages to each other and remember the teachings of the circle of life.

Segundo conta a lenda, durante a noite de Samain  as almas refléxanse nos espellos tal e como son, e só as almas puras, poden desfrutar da visión da sua beleza e luz no escuro cristal; por contra, as almas suxas non soportan a fealdade que ven no espello e fuxen despavoridas. Isa é a razón pola que no altar do Samain debemos ter un espello (ou mais) ademais de froitos do tempo, fotos dos nosos seres queridos que xa nos deixaron ou algunha ofrenda que lembre o que mais lles gustaba. Ao meu pai e ao meu avó, por exemplo, sempre lles poño café e tabaco.

According to legend,  during that Night of Samhain, the souls reflect themselves in mirrors as they really are, and only the pure ones can enjoy the vision of their beauty and light in the dark crystal; on the contrary, the unclean souls cannot support the ugliness that they see in the mirror and terrified run away. That is the reason why on our Samhain's altars we should have one (or more) mirror with seasonal fruits, photos of our loved ones and/or some offering that remind us most of the things they liked. For my grandpa and father, for example, I always offer some coffee and tobacco.

Polo tanto, se queredes participar comigo desta noite especial, estarei esperando as vosas preguntas (unha por persoa) por twitter (@pilaraymara), por facebook https://www.facebook.com/O-mundo-de-Pilar-Aymara-1687000631577052/ por email : galicianravenwisdom@gmail.com  (Asunto: oraculo de Samaín) ou tamén por Skype galicianravenwisdom. Acordádevos de mandarme a vosa data de nacemento ou signo de zodiaco. Tratarei de contestar a todas as vosas preguntas durante a mesma noite. Divertídevos moito, e que os bos espíritus vos acompañen e vos protexan! 

So! If you would like to participate with me on such a special night, I'll be waiting for your questions (one each) that you can send me via twitter (@pilaraymara), facebook https://www.facebook.com/O-mundo-de-Pilar-Aymara-1687000631577052/ or via email : galicianravenwisdom@gmail.com (Samhain's oracle: my question) or also via Skype galicianravenwisdom.

Please remember to send your date of birth or Zodiac sign. I'll try to answer all your questions during the same night. Have fun, and may the good spirits be with you and protect you! 





Once upon a time... / Érase unha vez...















http://www.newsnetscotland.scot/index.php/scottish-opinion/9802-lets-turn-browns-petition-back-on-him 


 http://www.scotsman.com/news/politics/top-stories/labour-and-tories-fall-out-over-more-powers-1-3557228

http://weegingerdug.wordpress.com/2014/10/01/the-nectar-is-mince/ 

http://www.heraldscotland.com/politics/scottish-politics/cameron-i-will-ban-scots-mps-voting-on-english-laws.25483033

http://www.heraldscotland.com/politics/scottish-politics/labour-chief-quits-amid-vote-fallout.25484429?utm_source=headlines&utm_medium=email&utm_campaign=email%252Balert