domingo, 21 de febreiro de 2016

The beauty of working on the sea // E beleza de traballar no mar (via @LapwingPD972 & @BuddingRose418)

Impresionantísimas fotos do fotógrafo e mariñeiro do Budding Rose PD418 escocés (@BuddingRose418),  Brian Buchan, (@LapwingPD972) feitas na súa zona de pesca, no Mar do Norte, onde faenou durante uns 35 anos... Que fermosura, que impresión! En canto as vin fiquei sen palabras!
P.D. Deume permiso para compartir estas fotos, por suposto... pero non me vou conformar con isto!  Sen dúbida, cando vaia a Escocia, hei localizar a este home para entrevistalo! :D


#Brexit e Escocia #indyref2 #EURef

Xa hai data para o referendo sobre a permanencia de Reino Unido da UE: 23 de xuño. Tal e como ven sendo habitual, Cameron fixo caso omiso ás peticións dos primeiros ministros  dos países que conforman Gran Bretaña, e decidiu manter o calendario que soaba con forza dende hai meses.

Isto, obviamente, da lugar a grande enfado entre os gobernantes e cidadáns de Escocia, Gales e Irlanda do Norte, países que celebran as súas eleccións no mes de maio.

Que significa isto? Pois significa que apenas vai haber un tempo de descanso entre campaña electoral autonómica e a votación do #Brexit, e o debate sobre o referendo vai eclipsar e mesmo condicionar os resultados nas eleccións escocesas, galesas e norirlandesas. Unha total falta de respecto.








As reacción non se fixeron esperar, e a pantasma dun segundo referendo, sempre presente na política escocesa volve a revivir, xa que un dos argumentos de peso que se utilizaron en contra da independencia de Escocia, foi precisamente que vencer o YES, significaría que Escocia quedaría fora da UE... Este argumento era lixo antes, e pode ser mais lixo ainda se Reino Unido sae finalmente da UE. 
Prensa como o Telegraph (Torygrah) ou un columnista do Times, foron coma sempre mais alá, e manipularon as palabras da Primeira Ministra escocesa, que bromeaba vía twitter sobre este feito.









Nicola Sturgeon, firmemente pro-europeísta (ainda que sabe que hai moito que cambiar nas políticas da Unión Europea), anunciou que vai facer campaña pola permanencia, con razóns distinguídamente opostas ás de Cameron, e tamén deixou claro que si Escocia vota polo SI e o NON gaña, é mais que seguro que se realice un segundo referendo de independencia no seu país.

Aquí vos deixo este video de Peter Curran (thank you so much as usual, dear Peter!) da intervención que Nicola Sturgeon tivo hoxe no programa de Andrew Marr








martes, 16 de febreiro de 2016

domingo, 14 de febreiro de 2016

RECOMENDADO // RECOMMENDED: Manifestación o 27 de febreiro "A prol do sector do Mar" #demonstration #Galicia #Compostela

A demonstration in support of all the sectors of the Sea and against the Aquaculture Bill, which puts 20.000 jobs in danger all along the Galician coast, will take place in Santiago de Compostela on the 27th of February. The demonstration will leave from the Praza do Obradoiro at 11:30 h.  finishing in San Caetano (in front of the Galician Government buildings). Don't miss it!

Unha manifestación en apoio de todos os sectores do mar e en contra do Anteproxecto da Lei de Acuicultura terá lugar en Santiago de Compostela o 27 de febreiro. A manifestación partirá da Praza do Obradoiro ás 11:30 h. e rematará en San Caetano (en frente dos Edificios adminisrtativos do Goberno galego). Non faltes!




O concepto de democracia na Federación de Confrarías #Mar #Pesca #Confrarías



Foto: I.C.
Absolutamente vergonzoso...

125 censados, 100 representantes do mar presentes durante a votación, 62 votos en contra, 37 a favor, 1 en branco... O Sr. Presidente da Federación de Confrarías debería ter presentado a súa dimisión. Mais o concepto de maiorías e democracia dalgunha xente neste País é realmente patético e insultante.
Como un Presidente dunha Federación, cun resultado asembleario tan contundente, pode permanecer no cargo? Calquera persoa, rexéndose por cálculos democráticos aceptaría o resultado, obedecería e sairía pola mesma porta pola que entrou.

Pero o señor Tomás Fajardo, Presidente da Federación de Confrarías parece que xa tiña os cálculos feitos... seguramente ben asesorado (coma sempre) ... e con esta antidemocrática prepotencia só vai conseguir aumentar as desconfianzas que xa existen contra el, e a súas manobras van pór (aínda mais) en entre dito quen é a voz do seu amo (mellor dito, da súa ama).

Botou man dos estatutos canto anulou a primeira votación que pedía facer unha manifestación antes das eleccións xerais, dilatando ata despois das eleccións unha nova asemblea para decidir a agora convocada manifestación do 27 de febreiro. Invitou a irse a quen non estivese de acordo, alegando que a pertenza á Federación era voluntaria (que desvergoña!). Cometeu un erro imperdoable, ao non presentar unha proposta consensuada do sector do cerco galego, nunha reunión clave para a solución dun conflito... e outros moitos "pequenos erros  de xestión" que serían mais que suficientes como para que por dignidade e por ética, deixase o cargo. 

Foto: I.C.
Este espectáculo bochornoso de Tomás Fajardo só é outro mais de moitos capítulos polémicos que posiblemente provoquen que a Federación sexa valorada no seu conxunto (este debate non é novo.... xa o sabemos). 


(Por certo, o 27, estamos chamados tod@s a participar na manifestación en defensa do Mar. Alí estarei, e espero que todos vós tamén.)

martes, 9 de febreiro de 2016

O rodete do PP: quen será o seguinte? #Acuicultura #OCerco #Galicia #Noia #Alcaldia

O que acontece en Noia merece toda a nosa atención por un momento. Non se trata de un cambio de goberno así sen mais, non... o contexto da loita do Cerco e a polémica Lei de acuicultura (amén doutras cuestións de carácter local) parecen ter que ver moito co este pintoresco cambio de goberno.

Miguel Paz é unha desas persoas que non só visitou a acampada do Cerco en múltiples ocasións senón que defendeu ao sector con contundencia en presencia do Sr. Presidente da Xunta e sempre dixo públicamente que o seguiría facendo ata que se conseguise un reparto xusto de cotas.  E o dicía coa mesma contundencia e belixerancia coa que se opuxo á Lei de Acuicultura en distintos foros, dende a súa perspectiva de que todos os sectores de pesca artesanal e de marisqueo estaban amenazados con este proxecto.



Nunhas das súas visitas ao campamento, contestaba  o Sr. Paz  a miña pregunta sobre como afectaría o Plan de Acuicultura á Ria de Noia  e ao Marisqueo e ademais de denunciar que se trataba dunha imposición sen ter en conta aos traballadores do mar,  dicia estar moi preocupado un tema fundamental de saneamento das augas da ría e insistía en que este plan ía precisar de moita unidade de todo o sector para enfrontar un proxecto que empobrecería ao sector do mar como nunca. Falábame tamén Miguel Paz da súa intención de tratar de que a UNESCO declarase a Ria de Noia "Patrimonio da Humanidade".

(Chama a atención que o Sr. Freire , deputado provincial no Parlamento de Galicia, participante na Comisión Parlamentar de Medioambiente votase en contra dunha proposta para Control de Augas e Saneamento das Rias porque dicia que xa se estaba facendo todo o que se tiña que facer... agora parece ter outra visión do asunto... igual que do da Lei de Acuicultura da que, polo que me contan era defensor... )

Os alcaldes da costa, en especial algúns, non se quedaron no mero protocolo de facer resolucións e comunicados a favor do cerco e do futuro do sector de baixura,  senón que están dispostos a ir mais alá, ata onde faga falta para frear esta demoledora imposición de privatización do mar, e protexer o futuro da flota artesanal galega. Molestan? Claro que molestan; molestan e moito porque cada declaración ou acción que fagan vai ter repercusión. Noia era o único bastión do Barbanza que non dominaba o Partido Popular, e visto dende fora, Miguel Paz  parece ser unha das primeiras victimas do rodillo do PP na súa imposición da Lei de Acuicultura... quen será o seguinte?


martes, 2 de febreiro de 2016

luns, 1 de febreiro de 2016

Recollida de firmas: Carta a Feijóo contra a #LeideAcuicultura #Mar #Pesca #Galicia #GZ

Lembrade que está en marcha unha recollida de firmas en contra do Anteproxecto da Lei de Acuicultura, que non está para nada descartado pola Xunta de Galicia.

Podedes descargar os modelos neste link e para mais información, por favor dirixídevos a Plademar Muros-Noia .
 
Coméntanme que as firmas poden ser entergadas nas distintas confrarías. Grazas