Os sistemas de pesca tradicional galega están en perigo. Os nosos mariñeiros empezan a mobilizarse para presionar ao Goberno Galego. Non teñen demasiada esperanza en bós resultados, pero aquí están:
The traditional Galician fishing systems are in danger. Our fishermen started some mobilizations to put some pressure on the Galician Governement. They don't have much hope for a good result, but here they are:
Esta son as cousas que soen pasar cando un se mete en aventuras coma o Referendo escocés... que coñece a xente tan marabillosa coma Peter Curran... e de súpeto vémonos metidos nun e-book no capítulo 15!! Mi madriña!... pois xa vos contarei, ainda non sei que personaxes xogamos Douglas i eu! Que!? ... aparentamente somos nós mesmos cós nosos nomes no libro!! Póñomo a ler e vos contarei!
Ah e por certo, o deseño é do xenial Greg Moodie! Woohoo!
Aquí podedes mercar este libro de Moridura (Peter Curran)
These are the kind of things that happen when one is involved in adventures like the Scottish Referendum... that you meet such wonderful people like Peter Curran... and suddenly you are in an e-book on the 15th chapter!! Oh my God! ... I still don´t know what characters Douglas and I are playing! What!? ... apparently we're playing ourselves! I'll read it and I let you know!
And by the way, the design is done by the brilliant Greg Moodie! Woohoo!
Moit@s de vós me preguntades por Jeremy Corbyn, e vexo que seguides moito as noticias... Como podedes ver a prensa española que xa se encargaron de etiquetalo como "radical, díscolo, lider de extrema esquerda, indignado..."
Por qué os medios británicos e internacionais levan facendo campaña contra o liderazgo de Corbyn dende que se postulou candidato? Por qué incrementan agora esta campaña etiquetándoo ou publicando noticias que claramente son cortinas de fume?
Antón Losada explícao perfectamente neste moi recomendable artigo:
Neste video que comparto poderedes escoitar o primeiro público discurso de Corbyn xusto despois de ser electo novo lider do Partido Laborista. Corbyn non atendeu a prensa, non fixo entrevistas, foi directamente ao acto convocado en Londres de benvida e solidariedade cós refuxiados... pequenos xestos que din moito... seguiremos pendentes del e das posibles repercusiones que poida ter o seu liderazgo no Scottish Labour (ainda que dende xa vos avanzo que o laborismo vaino ter moi difícil para superar a súa debacle en Escocia)
Ah! E por certo! Jeremy Corbyn non cantou o God Save the Queen, non... Corbyn é republicano declarado e parece que non está disposto a abandoar os seus principios aos seus 66 anos... que cousas non si? Pero Corbyn SI tivo unha magnífica intervención no Parlamento británico en contra da #tradeunionbill do Goberno de Cameron, que pretende recortar os dereitos a sindicatos e traballadores e que racha coa Acta de Dereitos Humanos de Reino Unido.
E para os mais interesad@s, aqui vos deixo as Preguntas ao Primeiro Ministro de hoxe 16 de setembro de 2015, unha moi boa estrea de Corbyn como lider e voceiro do Labour Party en Westminster.
Reactívase o barullo mediático coas declaracións de Nicola Sturgeon sobre a posibilidade dun segundo referendo de independencia; e por suposto, reactívanse as voces que tratando de xustificar o inmovilismo político, cuestionan a esencia democrática dos referendos, e o dereito a decidir dos pobos.
O mesmo día que Corbyn foi elexido novo lider do Partido Laborista británico, o Sunday Herald * adiantaba na súa portada unha entrevista en exclusiva coa Primeira Ministra escocesa, anunciando que o programa electoral do SNP para as eleccións ao Parlamento escocés o vindeiro maio de 2016 (e que se dará a coñecer durante a conferencia do partido este mes de outubro) incluirá unha folla de ruta para un posible segundo referendo de independencia. Será, insistía Sturgeon, o pobo escocés o que vote se está de acordo ou non.
Ainda que a moitos colleu de sorpresa este anuncio, outras moitas sabíamos que era inevitable. O Scottish National Party é un partido independentista dende o seu nacemento e nos seus programas electorales sempre se recolleu esta premisa, ainda que foi só en 2011, por circunstancias políticas dese momento, cando recolleron no seu programa electoral a convocatoria pública do referendo que tod@s seguimos con tanto interés.
Tal e como Nicola Sturgeon prudente e coherentemente ven explicando dende o seu primeiro gran discurso en Glasgow, é o pobo o que terá o mando e a decisión de decidir cando Escocia vai ser independente. "O pobo está ao mando", repite insistentemente.
* Arquivo en pdf da edición especial do Sunday Herald sobre indyref
Neste video Nicola Sturgeon fai unha pequena análise da súa visión dende a derrota o 18 de Setembro de 2014 á situación actual na que a ela lle tocou ser a primeira muller que asume o poder do Goberno escocés.
As políticas e a actitude que Cameron ven transmitindo dende o mesmo 19 de setembro de 2014 cara a Escocia, son un claro indicativo de que as promesas feitas aos escoceses non van ser cumpridas nin respectadas. Ditas promesas á desesperada, (The Vow, Smith Commission e agora Scotland Bill) foron, segundo inquéritos, as que supuxeron que un 10-15% de votantes se decantase polo NON e por tanto a derrota do Yes Scotland.
A renovación de Trident, os continuos recortes orzamentarios para Escocia, a nova Lei sindical dos Tories onde se incumplen dereitos humanos, ou a postura belixerante en materia de política internacional dos conservadores británicos, son algunhas das razóns de que os ánimos se caldeen e de a grande maioría vexa agora a independencia escocesa coma inevitable.
Deixovos tamén este video no que o segundo do SNP, Stewart Hosie, explica cales serían as circunstancias nas que se valoraría convocar un segundo referendo de independencia.
Dita convocatoria de #indyref2, en todo caso, deberá ser refrendada nas urnas polo pobo escocés (dado que o Goberno escocés amósase contrario a unha declaración unilateral de independencia), e evidentemente tería que existir no Parlamento escocés unha maioría suficiente que apoiase esta opción. Moit@s son os que opinan que antes de convocar outro referendo, os participantes na plataforma Yes Scotland deberían facer unha análise en profundidade da derrota de #indyref, e debatir sobre temas coma a divisa propia ou a monarquía.
De momento, todas as enquisas publicadas, auguran outra maioría absoluta do SNP e un incremento considerable da porcentaxe de escoceses favorables á independencia, especialmente si Reino Unido vota sair da Unión Europea no referendo programado para 2016.
Roubeille esta foto a Xavier Vence do twitter, porque me parece imprescindible que tod@s coñezamos cales son as competencias que ten a Autonomía Galega e coñezamos tamén cales son os moitos poderes autonómicos que dende hai anos non se están asumindo e/ou nin sequera se executan dende o Goberno Galego.
Seica di o señor Feijóo, e a coral polifónica que o rodea, que somos irresponsables e pouco menos que demoníacos. Manda carallo. E vemos que todos e cada un dos días lanzanse insultos á intelixencia dende a prensa subvencionada e sumisa aos mandatos do PP.
Criminalizan aos nosos mariñeiros do cerco por seren ilusos e pretender que a Xunta os represente e faga as xestión necesarias para que poidan seguir faenando; criminalizan aos nosos gandeir@s que seica tiran o leite para divertirse en vez seren sumisos e vender o leite a prezo de ganga; criminalizan ás mulleres por non seren recatadas e provocar aos homes para que as maten; tamén criminalizan aos vellos por seren demasiados e envelleceren demasiado rápido incrementando o gasto para o Sergas; tampouco se libran os emigrantes, porque quén carallo lles mandou emigrar e logo querer voltar... foi por gusto; criminalízannos, en fin, a tod@s nós por defender uns dereitos fundamentais.
Teñen moita presa en privatizar a educación e a sanidade para deixalas en máns dunhas poucas empresas... desa élite que sempre vai vivir de oprimir aos mais débiles, e que escraviza aos seus traballadores con contratos lixo. Destrúen os nosos sectores económicos fundamentais, a base esencial que temos para seguir traballando e vivindo con dignidade o que nos permitiría que o noso Pais lograse un desenvolvemento e un progreso real.
A única razón pola que os Gobernos do PP defenden, asumen e actúan con esa deixación de poderes é porque non renuncian á súa visión centralista, o seu deus é a recentralización; as propias Institucións autonómicas veñen sofrendo un terrible estancamento, non porque non sexan necesarias, senón porque como todo, vai ser mais doado eliminalas cando "podes demostrar" que non valen para nada.
O camiño está xa marcado por eles: recentralizar e acabar co autogoberno que din non vale para nada. Por suposto, nas súas mans non vale para nada.
Moit@s sabemos que o camiño que temos que coller é outro moi distinto, e dende xa, e dende esta humilde plataforma quero anunciar o meu compromiso para que iso non pase, e asúmirei as responsabilidades que fagan falla para botalos e que nunca mais fagan o dano que nos levan facendo dende hai demasiados tempo xa. As políticas do PP hai tempo que cheiran a podre. Merecemos moito mais e mellor.Tempo é de traballar xunt@s para botalos.