martes, 9 de febreiro de 2016

O rodete do PP: quen será o seguinte? #Acuicultura #OCerco #Galicia #Noia #Alcaldia

O que acontece en Noia merece toda a nosa atención por un momento. Non se trata de un cambio de goberno así sen mais, non... o contexto da loita do Cerco e a polémica Lei de acuicultura (amén doutras cuestións de carácter local) parecen ter que ver moito co este pintoresco cambio de goberno.

Miguel Paz é unha desas persoas que non só visitou a acampada do Cerco en múltiples ocasións senón que defendeu ao sector con contundencia en presencia do Sr. Presidente da Xunta e sempre dixo públicamente que o seguiría facendo ata que se conseguise un reparto xusto de cotas.  E o dicía coa mesma contundencia e belixerancia coa que se opuxo á Lei de Acuicultura en distintos foros, dende a súa perspectiva de que todos os sectores de pesca artesanal e de marisqueo estaban amenazados con este proxecto.



Nunhas das súas visitas ao campamento, contestaba  o Sr. Paz  a miña pregunta sobre como afectaría o Plan de Acuicultura á Ria de Noia  e ao Marisqueo e ademais de denunciar que se trataba dunha imposición sen ter en conta aos traballadores do mar,  dicia estar moi preocupado un tema fundamental de saneamento das augas da ría e insistía en que este plan ía precisar de moita unidade de todo o sector para enfrontar un proxecto que empobrecería ao sector do mar como nunca. Falábame tamén Miguel Paz da súa intención de tratar de que a UNESCO declarase a Ria de Noia "Patrimonio da Humanidade".

(Chama a atención que o Sr. Freire , deputado provincial no Parlamento de Galicia, participante na Comisión Parlamentar de Medioambiente votase en contra dunha proposta para Control de Augas e Saneamento das Rias porque dicia que xa se estaba facendo todo o que se tiña que facer... agora parece ter outra visión do asunto... igual que do da Lei de Acuicultura da que, polo que me contan era defensor... )

Os alcaldes da costa, en especial algúns, non se quedaron no mero protocolo de facer resolucións e comunicados a favor do cerco e do futuro do sector de baixura,  senón que están dispostos a ir mais alá, ata onde faga falta para frear esta demoledora imposición de privatización do mar, e protexer o futuro da flota artesanal galega. Molestan? Claro que molestan; molestan e moito porque cada declaración ou acción que fagan vai ter repercusión. Noia era o único bastión do Barbanza que non dominaba o Partido Popular, e visto dende fora, Miguel Paz  parece ser unha das primeiras victimas do rodillo do PP na súa imposición da Lei de Acuicultura... quen será o seguinte?


martes, 2 de febreiro de 2016

luns, 1 de febreiro de 2016

Recollida de firmas: Carta a Feijóo contra a #LeideAcuicultura #Mar #Pesca #Galicia #GZ

Lembrade que está en marcha unha recollida de firmas en contra do Anteproxecto da Lei de Acuicultura, que non está para nada descartado pola Xunta de Galicia.

Podedes descargar os modelos neste link e para mais información, por favor dirixídevos a Plademar Muros-Noia .
 
Coméntanme que as firmas poden ser entergadas nas distintas confrarías. Grazas

domingo, 31 de xaneiro de 2016

FIN DE ACAMPADA : A LOITA CONTINUA #OCerco #Acerga

24 de xaneiro de 2016, tras 94 dias de acampada en San Caetano, esta mobilización remata e os mariñeiros do cerco volven ao mar.

 24th of January of 2016, after 94 days of encampment in San Caetano, this mobilizations is over and the fishermen return to the sea.

venres, 29 de xaneiro de 2016

MOODIEVISION: One hundred days by @gregmoodie





Entrevista realizada na EITB (Televisión Vasca) ao ex-presidente Alex Salmond

Entrevista realizada na EITB (Televisión Vasca) ao ex-presidente Alex Salmond

http://www.eitb.eus/es/television/programas/minuto-a-minuto/videos/detalle/3790390/video-entrevista-alex-salmond-28-enero-minuto-minuto/


                

#Acuicultura: Canto antes o digo...

Que era unha manobra de emerxencia do Goberno Galego, estaba claro... e que era unha mensaxe dirixida aos Alcaldes do PP "rebeldes" tamén... a proba é que onte no Pleno do Concello de Malpica, a disculpa que deu o Alcalde para non aprobar unha moción contra a acuicultura era esa: "Feijóo xa parou o Proxecto de Lei".
Coa pre-campaña electoral xa en marcha, era visto que Feijóo ia tratar de salvar os mobles para evitar o mínimo dano a un Partido Popular que cada día é mais impopular, déspota e tecnócrata.

O que pasa que como ben explicou José Blanco  (Presidente de Acerga) durante o levantamento da acampada, cando se teñen dous mariñeiros continuamente cometendo erros en manobras, hai que sustituilos ou o barco vai a pique. E parece que o Sr. Feijóo non se enterou ben de quen ten ao mando da Consellería, ou é cómplice absoluto das incompetencias manifestas destes dous grumetes que son Rosa Quintana e o Sr. Maneiro...
O Sr. Feijóo optou por falar de "facer un alto no camiño" pola mañán, a Sr. Quintana xa falaba de "pausar" pola tarde, e hoxe, xa sen rubor algún, o Sr. Maneiro confirma o que xa eu, como "palizón" no barco, vos expliquei neste video que deixo a continuación.

Insiste o Sr. Maneiro en buscar o consenso... o consenso, señores representantes das multinacionais, xa está buscado e é maioritario: NON á Lei de Acuicultura. Si a un futuro coa nosa xente do mar, con boas condicións de pesca e cunha economía que dea de comer a TODOS. Queremos vivir dignamente, os de Terra, e os de Mar. 

Noticia de referencia: 
 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2016/01/29/juan-maneiro-span-langgl-ningun-momento-falou-retirar-lei-acuiculturaspan/0003_201601G29P36991.htm



venres, 22 de xaneiro de 2016

CRISE DO CERCO : DE ERROS, FALLOS HUMANOS E OUTROS EUFEMISMOS VARIOS #OCerco #RepartoXusto



A dimisión dun dos Vicepresidentes da Federación Galega de Confrarías pola xestión da crise do Cerco non colle de sorpresa. É vox populi o malestar crecente do sector coa que actitude que Fajardo denomina "erro humano". Non nos confundamos.

De erros humanos podemos falar cando non se ostentan cargos tan importantes como Presidente da Federación de Confrarías, claro que pode haber fallos humanos.. non somos infalibles e nos equivocamos.

Mais dende o momento en que nunha negociación do calibre da do Cerco, con dous meses que levaban daquela de acampada, co Nadal ás portas, e cando os Patróns Maiores pediron/esixiron/acordaron que se presentase unha proposta como solución global dun sector en conflito, nunha reunión/ negociación tan importante, supúñase que o que tiña que ter feito o Sr. Fajardo era presentala e defendela, cousa que non fixo (a saber porqué).

Desta proposta, que é un clon da aprobada recentemente en Cantabria, soubemos porque algún medio o publicou días despois... moitos nos preguntamos a razón, sobre todo cando se coñeceron os detalles da reunión do 22 de decembro de 2015. E a mesma proposta, foi rexeitada (dende os medios) pola Asociación que representa un sector minoritario  e seguidamente pola persoa que está manipulando e enfrontando a todo o sector en vez de buscar solucións conciliadoras que beneficien a todos, que é a Conselleira Rosa Quintana. Curioso xeito de actuar, xa que parece que as negociacións e avisos a navegantes fanse dende os medios, especialmente dende eses medios que tratan de subsistir subvencionados polo Goberno galego. 

Fálase entón,Sr. Fajardo, non dun fallo humano, senón de INCOMPETENCIA e exceso de compracencia coa que debería ter dimitido hai tempo. A tempo están de presentar as súas dimisións, o Sr. Fajardo, a Sra. Quintana, e se esta non quere, eu de Feijóo a cesaría fulminantemente antes de que a auga lle chegue ao pescozo. 


xoves, 21 de xaneiro de 2016

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 21st January 2016 #fmqs #Scotland #politics

Agora tócalle ás @MulleresdoCerco #OCerco #RepartoXusto

Onte ferveron as redes. As mulleres están xa en marcha para gañar unha guerra que vai ocasionar moitas bágoas ao Goberno de Feijóo. O seu Goberno non os quixo escoitar, ningunearon durante meses aos traballadores do Cerco e mesmo a Sra. Conselleira adica parte do seu tempo a asistir a reunións e facer campaña contra Acerga para salvar o posto... bonito xeito de responsabilizarse do Sector! 

Cóntanme que a Conselleira, en cada unha das reunións que ten cos distintos sectores do mar,  continúa culpando a Acerga por non dicirlle que barcos teñen problemas... Cómo o vai saber ela... Conselleira do Mar... cantos barcos teñen problemas e onde están os documentos dos barcos... Pois si, o que ledes, así traballan os "máximos responsables" do Goberno galego. Este é o nivel.

E o Presidente do Goberno galego? Que fai o Presidente da Xunta de Galicia? Onde anda? Que di a toda esta incompetencia contínua e manifesta do seu Gabinete?  (¿Donde está Alberto?, preguntaba a Sra. Pastor cando se atopou cós armadores durante a campaña electoral) 

Nin sabe, nin contesta. De momento non hai resposta á petición de mais de 40 Concellos dunha xunta co que di ser o Presidente de todos os galeg@s... o mesmo Presidente que lles esixe aos armadores que fagan o que eles dende a Administración deben de facer. Para iso se lles vota (quen lles votou), para iso se lles elixiu (quen os elexiu), para iso se lles paga.

Cada tramo de loita é un tramo gañado... na acampada gañouse moito, gañouse unión, gañouse forza, gañouse convencemento de que si non se sigue loitando, este Goberno continuará no seu sitio sen representar a Galicia. Agora tócalle o turno ás mulleres, e as mulleres xa están en marcha, e preparadas, ben preparadas. Esta guerra vaise gañar, SI ou SI. Por razón e por xustiza.


martes, 19 de xaneiro de 2016

O 24 de Xaneiro tod@s a San Caetano! #OCerco #Galicia #Pesca #RepartoXusto

23 e 24 de xaneiro, temos moito que decirlles aos mariñeiros e armadores de Acerga. A partires das 21 h. da noite empeza a última acampada de mulleres

E a partires das 10,30 da mañán, ven a despedir a estes heroes do mar e a pór fin a unha acampada de mais de 90 día que fai historia na loita polos dereitos dos traballadores do mar desta Terra, polos dereitos dos pobos a gañarse o pan, pola igualdade entre semellantes. Temos que estar moi orgullosos deles. Xa nada será o mesmo. Unha grande familia acaba de nacer: Unha familia de redes!





domingo, 17 de xaneiro de 2016

Programa integro sobre #OCerco de Radio Coruña #RepartoXusto

Foto vía Radio Coruña
Programa #Elcoruñésopina de Radio Coruña o dia 17 de Xaneiro onde se tratou amplamente o tema do Cerco. para aqueles que non escoitarades o programa aquí están as grabacións (disculpas por interferencias durante as mesmas, dado que a aplicación do mobil non ailla só a grabación do audio da radio)




Primeira parte - Radio Coruña - Cerco



Segunda parte - Radio Coruña - Cerco 



venres, 15 de xaneiro de 2016

Traballando nas redes... // "Net-working"... #Fishing #Galicia #GalicianWomen #MulleresCercoGalego



Fair distribution... for the Galician purse-seine fishing sector... share it... RT RT RT
Don't hate the Media... become the Media! 
    Non odies aos medios... convírtete neles!


Galicia: la rebelión del cerco #OCerco #Galicia #RepartoJusto #colaboraciones #artigosdeopinion #opinion

Muchísimas gracias a Mundiario por publicar esta crónica de mi experiencia durante estos ya 86 días como observadora e informadora en las redes sociales de las reivindicaciones del sector gallego de Cerco

Moitísimas grazas a Mundiario por publicaren esta crónica da miña experiencia durante estes xa 86 días como observadora e informadora nas redes sociais das reivindicacións do sector galego do Cerco

ACTIVIDADE RECOMENDADA: Nova acampada de Mulleres en San Caetano #MulleresCerco #Actividades

As mulleres do cerco continuarán cun calendario de actividades. Entre elas esta nova acampada de mulleres en San Caetano. 

Non só se admiten mulleres voluntarias, senón que estaría fenomenal que as organizacións políticas e sindicais, asociacións sociais , agrupacións culturais e demais se uniran a esta acampada e a outras actividades que van ir sendo anunciadas
A loita das ‪#‎mulleresgalegascerco‬ continuará ata que acaden un ‪#‎repartoxusto‬ da cota de pesca. Así que xa sabedes:  animádevos e poñédevos en marcha e participade colaborando e dando ideas!  Que non se vos esqueza que este ano hai eleccións e temos moito que cambiar, porque senon cambiamos este goberno imos ter que emigrar...

Este é o link do evento en Facebook. Anotádevos e se tendes algunha dúbida. Mandádelle mensaxe a Adriana que estará encantada de falar con vós e de explicarvos todo o referente as súas actividades. Moita forza a estas super-mulleres! 

https://www.facebook.com/events/1664045990512181/