mércores, 16 de abril de 2025

WOMEN MEANS WOMEN - Congratulations, @ForWomenScotland #UKSupremeCourt #Everybodysrights #Women #EquatilyAct

 


mércores, 2 de abril de 2025

Presentación do último libro do Dr. Tikara Otomo : "Tras el silencio", na Libraría Couceiro #Libros #Literatura #Psicoloxía #Historia

O día 2 de abril, tivo lugar na Libraría Couceiro de Compostela, a presentación do último libro do Dr. Tikara Otomo, "Tras el silencio".

O acto estivo presentado por Isabel Pesquera e contou coa magnífica análise e comentario da escritora Mariña Pérez Rei. 

Teño o pracer de compartir con vós a galería de fotos e videos da presentación e vos convido a ler este libro e reflexionar sobre conceptos tan profundos e tan inherentes no ser humano como é a ética, a xustiza, o medo, o perdón, o amor, o odio ou a superación. 


Introducción por Isabel Pesquera 


Análise e comentario do libro pola escritora Mariña Pérez Rei 


Intervención do autor, Dr. Tikara Otomo 



 



domingo, 16 de febreiro de 2025

Remembering Alex Salmond - Memorial in Linlithgow Pt 1 & 2 -- Acto conmemorativo por Alex Salmond en Linlithgow (parte 1 e 2) #Scotland #AlexSalmond #AlbaParty

  

  PART 2

 

domingo, 15 de decembro de 2024

Cando un pobo digno defende o seu presente e o seu futuro, berra alto e claro : ALTRI NON!! #AltriNon15DCompostela #AltriNON #Defendeoteufuturo #Medioambente #CoidadodoPais

Cando un pobo digno sae a rúa a defender o seu presente e o seu futuro, hai que escoitalo. 
De nada vale que dende a CRTVG traten de vender o bonito dun proxecto que destruirá unha parte xigante do noso texido productivo e medioambiental; un proxecto que envelenará as nosas augas, e as nosas sufridas rías. 
Cando un pobo digno sae a rúa a decir ALTRI NON, ao Goberno Galego non lle queda máis remedio que rectificar e obedecer, porque o pobo é quen máis ordea. 


 
 







domingo, 8 de decembro de 2024

Tributo a José Blanco: sempre nos nosos corazóns #OCerco #Acerga #Mar #Portosin

A perda de José Blanco bateu moi duro en nós. Jose non era un home que pasara desapercibido pese a súa humildade e non buscar sobresair. 
O seu sorriso permanente era unha das súas máis notables características. Disfrutaba da vida e da súa xente. 
Jose era un espíritu libre do mar que non só navegaba, senón que voaba alto e forte. Non había máis que escoitalo. 
Para min foi unha honra e un privilexio coñecelo e ter a posibilidade de entrevistalo moitas veces;  falar con el da pesca e da vida cada vez que puidemos atoparnos en Portosin ou en Compostela era unha delicia. Abriunos as portas da súa casa, do Portosin Dos, no que puidemos coñecer de primeira man que se sinte en mar aberto. 

Jose era un lider nato, de palabra sinceira e acción rebelde e inconformista; foi quen de cambiar a percepción da sociedade sobre a pesca, os repartos administrativos inxustos, as repercusiones dos traballadores do mar nas localidades pesqueiras e en Galicia en xeral. José sempre tiña tempo para nós. Sempre estaba disposto a un bó debate e intercambio de opinións: escoitaba e respectaba a todo o mundo, cousa pouco habitual nesta sociedade. Ímolo botar de moito, moito de menos. Pero como todo bó lider, deixa un legado que defender e honrar. Trataremos de facelo o mellor posible, querido Jose. Descansa en paz
.

   

  

 

 

 

 

  

 

 

Última entrevista que lle fixen con José Blanco para O Mundo de Pilar_Aymara



sábado, 30 de novembro de 2024

Ata sempre, Alex Salmond- Farewell to Alex Salmond #AlexSalmondMemorial #StAndrewsDay #Scotland #Alba

Hoxe, Dia de San Andrés, Día Nacional de Escocia, vai ter lugar en Edimburgo o funeral oficial e público en tributo a Alex Salmond. Tiven a enorme honra de recibir unha invitación para estar hoxe presente en St. Giles, pero varias cuestiones impedíronme estar alí hoxe.
Alex Salmond foi e será para min un referente político imprescindible, un home noble temido por mediocres que quixeron acabar coa súa luz, e non o conseguiron. Alex Salmond acompaña hoxe aos e ás  grandes heroes escoceses, nese panteón de ilustres que guiarán a Nación ata a súa independencia. Farewell, dear Alex
#Saltire4Salmond #StAndrewsDay #AlexSalmondMemorial #FarewelltoAlexSalmond

sábado, 9 de novembro de 2024

domingo, 3 de novembro de 2024

The Ordinary Elite : they whom the truth would indite #AlexSalmond #TheOrdinaryElite #Salmondslegacy

 



The Ordinary Elite is a Scottish podcast brought to you from Glasgow by John McGovern and Mike Dailly. Both are Solicitor Advocates - John a criminal defence lawyer and Mike a civil litigation practitioner and social justice campaigner. In our 8th episode of Season 3, we pay tribute to the legacy and memory of Scotland's former First Minister, Alex Salmond, who died suddenly at the weekend while speaking at a diplomatic conference in North Macedonia. Alex was fond of quoting from the poems and writings of Robert Burns. The words from Rabbie's "Here's a health to them that's awa" seem fitting: "There’s nane ever fear’d that the truth should be heard,
But they whom the truth would indite".