Atoparse polas rúas de Compostela con Xurxo Souto, coñecer que van ser os que pechen as festas do Apóstolo na Praza da Quintana, e abrazar o convite: "Imos facer unha cousa bonita, se podedes, se non tedes outra cousa que facer, se vos apetece, vinde..."
E alí fumos, e disfrutamos como ananos coa eterna enerxía do Bravú; co compromiso e o activismo característico dos rebeldes, dos inconformistas. A memoria história de xeneracións que saltaron, cantaron, riron e disfrutaron da luz da Orquesta Bravú Xangai e dos fogos que marcaron o final dun programa ben feito e cheo de alternativas e actividades para todos.
Grazas mil por facernos disfrutar tanto, tantísimo.
Aquí tedes unha pequena mostra, para que non esquezamos nunca que Galiza é, sen dúbida, calidade <3
Ningún comentario:
Publicar un comentario