martes, 14 de xullo de 2015

Mhairi Black MP: maiden speech 14th July 2015 #Team56 #SNP #HofC


Que unha muller de 20 anos chegue a ser deputada da Cámara dos Comúns é raro, mais raro ainda se rachando todos os records históricos é simbolo dunha nova xeneración comprometida como é a mocidade escocesa; foi xa motivo de centos de titulares e coberturas mediáticas durante semanas.
Mais a frescura de Mhairi Black, a súa dignidade, a súa claridade política e o seu sentido común, vai ser recordada por séculos.

Hoxe fixo o seu primeiro discurso en Westminster. Moit@s emocionáronse ao escoitala; outros, ben seguro agocharon á cabeza pola súa propia vergonza de ter esquecido a quen representan. Que haxa moitas Mhairi Black non só en Escocia, en Reino Unido e na Galiza. Ao mundo faille moita falta.
(Grazas, Peter Curran por este video // Thank you, Peter Curran for this video)

Ningún comentario:

Publicar un comentario