luns, 4 de setembro de 2017

RECOMENDADO: Concerto didáctico "Un lugar chamado mundo" #Musica #Educación #MuseodoPoboGalego

O xoves 14 de Setembro ás 18h30, dentro da programación de verán do DEAC, convidámosvos ao concerto didáctico “Un lugar chamado mundo” realizado por Verdeveras Expresións Artísticas, no que viaxaremos polo mundo da man dunha regueifeira que quedou sen palabras.
A actividade está orientada a público familiar con nenos e nenas entre 4 e 10 anos. As entradas, gratuítas para persoas asociadas ao Museo e nenos e nenas, poderán collerse no Museo a partir do día 13 ás 16h.

Xuntamos máis información.
Agardamos que sexa do voso interese.

Un cordial saúdo.

Educación e Acción Cultural
Museo do Pobo Galego
981 583 620

Ningún comentario:

Publicar un comentario