luns, 21 de maio de 2018

TANXUGUEIRAS - Que non mo neguen (videoclip) #Music #Galiza #Music #Galicia #Tanxugueiras #Women #Mulleres




Videoclip de "Que non mo neguen", do primeiro disco de Tanxugueiras.
Para a gravación do videoclip, Aida, Olaia e Sabela rodeáronse de seis "mulleres fortes e libres": Luz Fandiño, poeta e activista; Gloria Leis, a mariscadora máis nova da Cofradía de Pescadores de Muros; Estrella Sánchez, Doutora en Endocrinoloxía; Anxos Vaamonde e Sara Espiño, nai e filla; e Isabel Neira, a única torneira que exerce a profesión en Galicia, segundo o rexistro da Dirección Xeral de Comercio.
A gravación realizouse en varias localizacións de Santiago de Compostela e do Concello de Teo, coa colaboración especial do CiMUS da USC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario