sábado, 20 de outubro de 2018

Visitando a exposición do 170 aniversario da Banda de Música de Santiago - Entrevista con Bea Cancela #Música #Compostela #Historia #PatrimonioCultural

Deberíamos estar eternamente agradecidas con xente que mira polo noso patrimonio cultural. Tal riqueza queda plasmada en parte polos seus estudos e os seus libros pero tamén con exposicións coma esta que vos recomendo visitedes na Casa do Cabildo, Praza das Praterías en Compostela. Aquí deixo pinceladas persoais dunha exposición que aos que somos fill@s de músicos e compostelan@s seguro que nos trae uns recordos fermosísimos. Tócanos defender este legado a tod@s. Mil grazas Bea Cancela e Alberto Cancela


Sempre é un luxazo falar con Bea Cancela, a persoa que máis sabe da Banda de Música de Santiago de Compostela. Nesta ocasión falamos da Exposición do 170 aniversario da Banda de Música da nosa cidade que estará aberta ao público ata o mediados do mes de novembro. 






Recordade que os horarios de visita para as exposicións da Casa do Cabildo (Praterías) son: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (de 16:00 a 20:00 horas en horario de inverno); e los domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabildo está pechada ao público

Ningún comentario:

Publicar un comentario