Hai meses que tiña o compromiso de achegarme a Malpica a saudar persoalmente á nai de José Ángel Sanjurjo Lauzara, o patrón do Silvosa que perdeu a vida na dársena do pobo.
Por fin puiden falar con Gelis quen me explicou as razóns de peso que ten para esixir solucións xa.
O Parlamento de Galicia aprobou unha resolución unánime para que con carácter de urxencia se fixera o dragado da dársena pero, segundo me conta Gelis, seguen agardando. 
Tamén se recolleron firmas que foron entregadas a Portos. 
Agradecer a Gelis a súa hospitalidade e o seu tempo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario