martes, 12 de novembro de 2019

ACTIVIDADE RECOMENDADA : Xornada micolóxica na Eira da Xoana #Ramil #Agolada #Galicia #GZ #Setas #Rural #EiradaXoana


Como cada outono, e grazas á colaboración de Alberte Granjaexperto en Micoloxía, tamén este ano a Eira da Xoana desenvolverá unha Xornada micolóxica.


Será o domingo, 17 de novembro. Iniciarase ás 11 da mañá cunha charla introdutoria,   continuará con identificación e recollida de setas no contorno da Eira, seguirá coa separación dos exemplares comestibles e rematará coa  utilización destes para acompañar as viandas que cada quen leve para o xantar.
Contamos contigo?

Máis info en : eiraxoana.gal 

Ningún comentario:

Publicar un comentario