mércores, 7 de febreiro de 2024

Comentario: Ao PP non lle sae nada... #18F #EleccionsGalegas #Galicia #BNG #PSdG #PP

Semella que ao Partido Popular non lle está saíndo nada nesta campaña. Do uso das institucións para machacar a xestión do Goberno español e intoxicar o debate, sae trasquilado. O de Tellado hoxe foi apoteósico: terrorismo e pellets. Tampouco é o PP o máis indicado para falar de mala xestión e de corrupción.
Por outra parte, a evidente cobardía do candidato popular ante os debates é un escándalo. Rueda non é capaz de defender o seu propio proxecto político e anda chorando polas esquinas porque a oposición lle replica con propostas ambiciosas e razoables. Como se lles ocurre! Todos contra min, di sin querer acordarse de que levan anos pasando rodillo e ignorando centos de propostas e emendas da oposición no Parlamento de Galicia!
Que lles queda? Tirar de máis manipulación na CRTVG, de editoriais nos xornais subvencionados con cartos públicos; quédalles tirar da chequera pública para comprar votos e saltarse todas as normas electorais; quédalles tratar de intoxicar as outras opcións democráticas con insultos e acusacións noxentas e falsedades.
Galicia merece un novo Goberno, demócrata, de consenso, que saiba defender as súas apostas políticas sen faltar á intelixencia dos votantes galegos e galegas. Merecemos moito máis e mellor. O 18, saíde a votar. VOTADE.
#18F #Galicia #EleccionsGalegas

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario