luns, 7 de xullo de 2014

SOLIDARITY WITH SCOTLAND: 25 XULLO / 25th JULY #Compostela #NationalDayofGalicia #DiadaPatriaGalega #Festigal



On July 25th we celebrate in Compostela the National Day of Galicia (Dia da Patria Galega).

During the 24th and 25th, in the South Campus of the city, FESTIGAL takes place: a celebration of culture, music and entertainment.


The "Solidarity with Scotland" International Campaign will be present during the 25th in the FESTIGAL with an information table at the South Campus in Santiago de Compostela (site to be determined) and we will be collecting signatures to send a joint letter to the British Embassy, we will take pictures with messages of support for Scottish independence, we will distribute brochures about this campaign and we will answer all your questions.
We want to make a special appeal to EXPATS SCOTS living in Galicia and to encourage them to participate with us on this special day for the Galician people.

 
For any questions you might have we are available on mobile: 646 80 71 65 (Pilar, co-ordinator of the Campaign in Galicia)

O 25 de Xullo celebrase en Compostela o Dia Nacional de Galicia (Dia da Patria Galega). Tamén os días 24 e 25 no Campus Sur desta cidade ten lugar o FESTIGAL, festa de cultura, música e lecer.




A Campaña Internacional “Solidarity with Scotland” estará presente durante o dia 25 no FESTIGAL cunha mesa de información no Campus Sur de Compostela (lugar aínda por determinar) onde recolleremos firmas para enviar unha carta colectiva á Embaixada de Reino Unido, sacaremos fotos de apoio á independencia escocesa e repartiremos folletos informativos sobre esta Campaña e atenderemos todas as vosas preguntas.

Queremos facer un chamado especial aos/ ás cidadáns  escoceses que viven en Galiza , para que se animen e participen con nós desta xornada tan especial para o pobo galego.

Calquera dúbida que teñades estamos á vosa disposición  no móbil: 646 80 71 65 (Pilar, coordinadora da Campaña en Galiza)


El 25 de Julio se celebra en Compostela el Día Nacional de Galicia (Día da Patria Galega). También durante los días 24 y 25, en el Campus Sur de esta ciudad, tiene lugar el FESTIGAL: fiesta de la cultura, música y entretenimiento.




La Campaña Internacional “Solidarity with Scotland” estará presente durante el día 25 en el FESTIGAL con una mesa de información en el Campus Sur compostelano (lugar aún por determinar) donde recogeremos firmas para enviar una carta colectiva a la Embajada de Reino Unido, sacaremos fotos con mensajes de apoyo a la independencia escocesa, repartiremos folletos informativos sobre esta Campaña, y atenderemos todas vuestras preguntas.

Queremos hacer un llamamiento especial a l@s ciudadan@s escoceses que viven en Galicia, para que se animen y participen con nosotros en tan especial día para el pueblo gallego.

Cualquier duda que tengáis estamos a vuestra disposición en el móvil: 646 80 71 65 (Pilar, coordinadora de la Campaña en Galicia)

SAINDO A FLOTE #Galicianhumour by Luis Davila @obichero


GAME ON! #spanishpress #indyref #Scotland

 Article published by "El Pais" (author: José Luis Barbería) 

http://internacional.elpais.com/internacional/2014/07/06/actualidad/1404683166_267702.html 

http://internacional.elpais.com/internacional/2014/07/06/actualidad/1404677722_183467.html  (Professor Michael Keating )
 Highlights:

"Scotland, the first stage of the struggle on the future European territory"


 "Scotland weighs the price of his divorce"






domingo, 6 de xullo de 2014

As asignaturas pendentes de Escocia: outra Escocia é posible #voteYes



Un dos problemas mais latentes por resolver na sociedade escocesa é o do sectarismo. O fanatismo, tan crecente en toda Europa, e do que nós tamén temos sobrado coñecemento, entrou nestes días de cheo na campaña escocesa polo referendo do 18 de setembro.

Descoñezo en detalle se a Comisión Electoral está actuando correctamente, pero si vos podo dicir que as súas decisión resultan cando menos chocantes, e están sendo criticadas con moita dureza. 

Primeiro foi o escandaloso asunto do CBI, do que xa vos falei noutros artigos;  as cartas que o Concello de Glasgow está enviando, sementando a confusión en canto ao rexistro do voto, é outro cabalo de batalla.

Enfrontamos  agora as consecuencias do rexistro da ultra-protestante Orde de Orange como organización con pleno dereito campaña unionista, o que lle permitiría gastar ata 100.000 libras (que ten que xustificar ante a mesma Comisión Electoral, por suposto)
No dia de onte, polas rúas de Glasgow a Orde de Orange e o Ku Klux Klan (que si, que si, que ledes ben, que non estou delirando... poucos saben das orixes escocesas destes “individuos”)  organizaron un desfile para celebrar a súa herdanza histórica e cultural. Ata ai todo aparentemente normal. O que non foi normal foi a violación das normas da mesma Comisión Electoral ao verse durante a marcha pancartas pedindo o voto negativo o 18 de Setembro, e a violencia que sempre deixan tras de si. 


30 detidos, 2 feridos de navalla e unha nena de 12 anos ferida dun botellazo é o balance destas mostras de “tolerancia” oranxista.

Poderíamos facer moitas análises disto, mais realmente o debate é maior se cabe, cando a Orde de Orange pretende facer unha manifestación en Edinburgh o dia antes do Referendo.
Para os unionistas, que estiveron pedindo o voto activamente en territorio da Orde de Orange, xa é moi tarde para desmarcarse deste extremismo fanático relixioso. 

Para os independentistas esta é unha das razón polas que conseguir a Independencia: deixar atrás este tipo de historia que avergonza ao país enteiro. 

Para outros, simplemente outra distracción mais para non falar doutras actividades coma o Yestival organizado por National Collective que tivo lugar tamén en Glasgow:


www.solidaritywithscotland.com
Continuando con mais escándalos, as razóns de que botara a andar a campaña “Solidarity with Scotland” vense reforzadas ao descubrirse como diplomáticos británicos “axudaron” ao lider da campaña Better Together a levar a cabo a súa estratexia en Estados Unidos. 


Namentras, Westminster continua co seu uso do erario público en enquisas sobre intención de voto que nunca se publican. O gasto realizado polo Goberno británico alcanza xa 300.000 libras... case nada



O debate está aberto e estase a quentar coa calor do verán, e nós continuaremos observando. 

xoves, 3 de xullo de 2014

NOTA DE PRENSA DOS COORDINADORES DA CAMPAÑA INTERNACIONAL “SOLIDARITY WITH SCOTLAND”



 A Campaña internacional “Solidarity with Scotland” (Solidariedade con Escocia)  leva camiñando xa tres meses, e naceu dunha iniciativa de particulares galegos e escoceses e está coordinada por Paul Kavanagh en Glasgow e Pilar Fernández en Santiago de Compostela.

Solidarity with Scotland é unha campaña internacional que quere dar resposta a un comportamento  antidemocrático, anti- ético e irregular por parte das Institucións británicas no exterior, dende as que se está a fomentar  e a animar a creación dunha atmosfera negativa ante a posibilidade de que o pobo escocés decida, en referendo legal e acordado, ser independente.

O Goberno de Reino Unido evita a toda costa en participar nun debate aberto en territorio escocés coa desculpa de non interferir, pero permite, fomenta e alenta as interferencias exteriores , utilizando institucións que deberan permanecer neutrais neste proceso democrático, legal e pacífico, como é a Devolution Unit.

Solidarity with Scotland quere facer chegar unha mensaxe de apoio e ánimo a tod@s aqueles escoceses que van a votar que si, e aqueles/as indecis@s, desmontando deste xeito o discurso unionista de que Escocia quedará illada en caso dun voto favorable a independencia. Escocia ocupa e ocupará sempre un lugar relevante no mundo.

Dende Solidarity with Scotland queremos chamar ao total respecto do resultado deste referendo , e a que Gobernos de todos os países normalicen canto antes as relacións con  Escocia, caso de converterse nun novo estado independente froito dunha decisión popular, legal e democrática.

A participación en esta campaña está aberta  a todos aqueles escoceses que vivan no estranxeiro e tamén aos @s amig@s de Escocia, a organizacións, empresarios ou grupos que queiran apoiala.

Hai xa moita xente participando desta campaña e estamos  recibindo mensaxes de moitos lugares do mundo (USA, Grecia, Irlanda, Gales, Inglaterra, Malasia, Dinamarca, Suecia, Canada, Bruselas, Galiza, País Vasco, Catalunya,....) tanto de escoceses/as vivindo no exterior (que xogan un papel importantísimo nesta campaña), como  de distintas organizacións políticas a nivel europeo, sindicais, plataformas cidadáns, persoas a título individual, etc...

Queremos agradecer especialmente o interese e implicación de tod@s aquelas organizacións e cidadáns galegas que están a apoiar esta campaña internacional. 

Estanse a levar a cabo varias accións dende Galiza, neste link está a información das actividades que estamos a facer e cómo podedes colaborar e axudar na campaña:

http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/06/solidariedade-con-escocia-recollida.html?spref=tw

http://pilaraymara.blogspot.com.es/2014/06/solidarity-with-scotland-how-to.html

Agradecemos enormemente toda colaboración, ánimos e mensaxes recibidas e animamos a continuar esta campaña.  
O referendo escocés terá lugar o 18 de Setembro e cerca da data do mesmo  faranse públicas as estatísticas da Campaña “Solidarity with Scotland” .

Toda a información sobre esta Campaña na nosa páxina:


Tamén poderá seguirse mediante facebook:

E twitter: @ScotlandAbroad


Pilar Fernández e Paul Kavanagh
Coordinadores da Campaña  Solidarity with Scotland Campaign
Tlf. De contacto (00 34) 646 80 71 65