xoves, 17 de marzo de 2016

Gobernos fora de control? Como se lle chama a iso? #democraciaPPstyle

Cómo é posible que un Goberno en funcións, "pase" de dar explicacións do que fai ou o que deixa de facer no Congreso? Como é posible que un goberno en funcións continúe tomando decisións como a renovación da licencia de ENCE?
Como é posible que un Presidente en funcións vote en Europa a favor dun acordo anti-dereitos humanos con Turquía e ás poucas horas o Ministro de Exteriores en funcións diga todo o contrario supostamente representando a todos os cidadáns do Estado?
Como é posible que un Goberno en funcións dun Partido político envolto en casos cada vez mais evidentes e escandalosos de corrupción e financiación ilegal, se permita a chulería e a falta de ética e de vergoña, de "pasar" de dar explicacións das súas actividades dirixindo o Estado enteiro?

Como é posible que un Goberno en funcións continúe bloqueando o funcionamento dos órganos democráticos e aplicando normas e leis que xa a meirande parte dos deputad@s rexeitaron ou anunciaron que van derogar?

Que pasa cós cidadáns que nos preguntamos si o que di ser Presidente en funcións está ata o pescozo de corrupción? Que pasa cos cidadáns que se preguntan cada día por que clase de delincuentes estamos gobernados? Que é o que está aprobando este Goberno en funcións para non querer dar explicacións da súa xestión interina?

En que país democrático un Goberno interino deixa de dar explicacións do que está a facer no proceso ata un novo Goberno? Quen audita isto? Onde hai que denunciar?
A qué Institución hai que acudir para botar abaixo este enxendro anti-democrático? 
O que está a facer o Sr. Rajoy e o seu Gabinete en funcións ao non querer someterse ao control do Congreso é propio dos mais escuros tempos da historia moderna de España ... non é mais que involución democrática en sumo grao. 

E agora que? Quen nos vai falar do respecto ao pobo é a democracia sin rirse de nós á nosa cara?

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 17th March 2016 #fmqs #Scotland

Happy St. Patricks Day to everyone! // Feliz día de San Patricio a tod@s! #StPatricksDay #StPatrick







mércores, 16 de marzo de 2016

Nota de prensa do Consello Regulador do #Mexilón de Galicia #denominacióndeorixe #Sentencia

Rolda de prensa conxunta celebrada hoxe por representantes do Consello Regulador do Mexilón de Galicia e da Unión de Consumidores de Galicia na que valoraron a sentencia da Audiencia de Pontevedra que referenda o papel da Denominación de Orixe Protexida (DOP) como garante de orixe e calidade do Mexilón de Galicia.
Esta sentencia foi valorada por Francisco Alcalde como unha grande victoria despois de anos de denuncias de competencia desleal e reivindicacións fronte á administración galega que mirou para outro lado.
Deixovos o comunicado completo para que o poidades ler sen cortes. Parabéns a todos!



Goodbye from him // O deica logo de #AlexSalmond #Goodbyfornow #ScotParl

Última intervención de Alex Salmond (ex- Primeiro Ministro de Escocia) tras permanecer no Parlamento escocés durante 17 anos; No seu último discurso fixo un emotivo repaso aos importantes acontecementos na política escocesa, ás múltiples decisións tomadas dende os inicios da Institución, ás responsabilidades que tivo que asumir, á diversidade do Parlamento e da política escocesa, á intensidade e riqueza dos debates celebrados e unha lembranza aos que xa non están; moitos momentos históricos para un ata pronto.
(vía @WingsScotland)


martes, 15 de marzo de 2016

Nicola - uninterrupted - on Scotland's economy and current deficit via @moridura (thank you Peter Curran)

http://moriduraalt.blogspot.com.es/2016/03/nicola-sturgeon-on-gers-report-and.html

A BBC continúa deixando titulares do seu escandaloso sesgo en particular con Escocia. O programa BBC Question Time celebrado en Dundee hai unha semana provocou outro episodio de humor escocés nas redes... pola ausencia de nativos dundonianos e escoceses no plató do debate.

Durante unha entrevista con Andrew Neil (BBC), a Primeira Ministra de Escocia foi, como ven sendo habitual, constantemente interrumpida e gravemente increpada polo veterano xornalista. Tanto é así que había momentos nos que era totalmente inaudible e outros nos que apenas se lle podía escoitar.

Peter Curran reeditou este video para ter oportunidade de escoitar dunha tacada á aspirante a repetir mandato nas eleccións que se celebrarán o 5 de maio de 2016 ao Parlamento escocés.

O video orixinal podedes velo neste link:
https://youtu.be/CaTc46zwFm4 Comparade e reflexionade... e amosádello a quen ainda pon á BBC como exemplo a seguir. 

luns, 14 de marzo de 2016

SOS Refuxiados // SOS Refugees #dereitoshumanos #humanrights #Refugeeswelcome #Compostela

Acto de apoio aos refuxiados celebrado en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 2016

Rally in support of the refugees celebrated in Santiago de Compostela on the 12th of March of 2016











domingo, 13 de marzo de 2016

Solidarity with Scotland - Let's be ready #newindependencecampaign #indyref2

FM Nicola Sturgeon has announced a new independence campaign for the summer. International support will be very important again, so let's be ready

Que esta acontecendo en Escocia #SNP16 #Brexit #indyref2

Become the media (Part 1 & 2) // Non odies á prensa, convírtete en prensa vía @PhantomPower14 #Escocia

Non odies á prensa, convírtete en prensa. Este foi un dos principios do movemento pro-independentista en Escocia para neutralizar o evidente sesgo dos medios tradicionais de comunicación e a propaganda do goberno británico e da campaña unionista, claramente axudada por todos os francos... 

A riqueza dos blogs, a calidade intelectual que brotou durante #indyref ten hoxe continuidade. Phantom Power nolo presenta nestes videos que vos recomendo que vexades. Eles foron a prensa nas redes, eles foron os que inventaron outro xeito de transmitir ese caudal de ideas que brotou dun movemento que non vai parar ata acadar a independencia de Escocia, ainda que saben que queda moito traballo por facer e moita xente por convencer.


Parte 1 / Part 1
A ledicia dos blogs // The Joy of Blogs



Parte 2 // Part 2
Sparklemonkey fai un (audio) podcast // Sparklemonkey makes a podcast 



sábado, 12 de marzo de 2016

Conferencia de Primavera do #SNP16 - Discurso de Nicola Sturgeon // Nicola Sturgeon's speech #SpringConference

Como ven sendo habitual, os discursos de Nicola Sturgeon non decepcionan.

En Glasgow, ante mais de 3000 delegados do partido, Nicola Sturgeon fixo as xa habituais chamadas a traballar duro e continuamente, a non dar nada por garante, a escoitar e convencer todos e cada un dos días especialmente a aqueles que votaron non no referendo do 2014, para poder a partires do verán (despois da celebración do referendo sobre Brexit) a crear unha nova e mais forte campaña de independencia para Escocia.

Ratificación das políticas sociais e anti-nucleares e unha petición expresa de apoio para continuar sendo, a partires do mes de maio (data das eleccións escocesas) a Primeira Ministra de Escocia.

Cunha situación do laborismo escocés en caida libre xa dende hai anos, o SNP ten a oportunidade de repetir, mesmo reforzado, a maioría absoluta. O SNP é e será a verdadeira oposición aos conservadores.


News/Noticias:
http://www.theguardian.com/politics/2016/mar/12/nicola-sturgeon-snp-to-resume-drive-for-scottish-independence 
http://okdiario.com/internacional/europa/los-nacionalistas-escoceses-lanzaran-una-nueva-ofensiva-por-la-independencia-este-verano-87742 
http://www.lavanguardia.com/internacional/20160312/40387993163/partido-nacional-escoces-nueva-iniciativa-independentista.html 
http://www.eldiario.es/politica/SNP-intentara-impulsar-independencia-Escocia_0_493801041.html 
https://actualidad.rt.com/actualidad/201874-escocia-busca-independencia-referendum 
http://www.vilaweb.cat/noticies/escocia-tornara-a-plantejar-el-proces-dindependencia-aquest-estiu/ 
 




venres, 11 de marzo de 2016

Que facer en caso de emerxencia #RPC? // What to do in case of emergency #CPR?

Os nosos anxos gardiáns dos servizos de emerxencia e especialmente os profesionais do 061 tentan atender as nosas chamadas nun tempo mínimo, pero as veces o tempo que lles leva chegar aos lugares dunha grave incidencia non é o desexable, especialmente en lugares do núcleo rural galego, polas propias características da nosa Terra. Que facer neses casos? Salvar unha vida as veces pode ser cousa de calquera de nós.



What to do in case of emergency?


xoves, 10 de marzo de 2016

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 10th March 2016 #fmqs #Scotland

A Sra. Conselleira do Mar debería dimitir, Sr. López-Veiga





Moitas cousas teño escoitado durante estes meses sobre o Sr.  Enrique López-Veiga, pero todas elas rematan coa mesma coletilla "este é o que manda... este é o que goberna na sombra.."

Non sei si o que me din é certo, pero ben lembro unha intervención dun dos seus compañeiros de partido nunha conferencia sobre a Lei de Acuicultura que o Sr. López-Veiga se empeña en defender... o mesmo compañeiro que lle recordou os problemas que el mesmo creou como Conselleiro de Pesca, entre eles o conflito do mexilón galego, por exemplo.

Pero centrándome en comentar o artigo de opinión publicado hoxe no Faro de Vigo, entendo que lóxicamente o Sr. López-Veiga  sae a defender a súa compañeira de partido, e iso é lexítimo totalmente... Coma é lexítimo tamén que recorde varias cousas:

1.-  Estar no goberno implica promover o diálogo, explicar as cousas dende a base, ter en conta aos sectores, e non dedicarse a colocar a quen estratéxicamente pode favorecer intereses partidistas, cousa do que o Sr. López-Veiga, vello lobo na política, sabe perfectamente... Ao igual que sabe perfectamente que o Partido Popular (popular e galeguista) do Sr. Fraga, nada ten que ver co Partido Popular (tecnócrata, elitista, chapuceiro e prepotente) do Sr. Feijóo... os tempos son pasados... moi pasados...

2.- Esquece o Sr. López-Veiga que non se pode vivir de rentas. Non se pode facer unha cousa ben e por iso pretender que che perdoen todas as ofensas e faltas de respecto hacia os distintos sectores; e é vox-populi que a Sra. Conselleira pecou de falta de consenso, respecto ás maiorías e diálogo. E digo isto porque parece que exalta as súas dotes para profesionalizar e democratizar ( En serio!?? )

Di o Sr. López-Veiga que moitos dos que estaban na manifestación saben que Rosa Quintana non cambiou (mi madriña... ). Supoño que se refire a xente como o Sr. Tomás Fajardo, o mesmo que onte non foi capaz de explicar as razóns da manifestación nin de defender (unha vez mais) as reivindicacións do sector nun programa de Onda Cero.

Tanto a Sra. Conselleira e o seu gabinete, como o Sr. Fajardo demostraron que as maiorías democráticas, non valen para nada cando do que se trata non é de defender aos sectores senón de salvar as cadeiras e o poder...

3.- Estar no Goberno implica ser obxecto de críticas, de presións, e de negociacións duras, vai no cargo e no soldo que se cobra. E si é lexítimo que o Sr. López Veiga defenda a súa compañeira de partido e amiga, tamén é lexítimo contar as deficiencias das políticas da Conselleira, tamén lexítimo criticar e pedir un cambio na Consellería, e mais, cando mais 30.000 persoas (Sr.  Basanta, por favor, aprenda a contar... e deixe de negar a evidencia)  saen á rúa a pedir a dimisión da Conselleira, esta, por dignidade, debería dimitir. 

Ao parecer, o Sr. López-Veiga e a Conselleira Rosa Quintana coinciden en moitas cousas... pero rematan sempre dicindo que van mirar á xente directamente aos ollos.... debe de ser iso o que fixeron durante os tres meses que estiveron os mariñeiros do cerco enfrente dos edificios administrativos de San Caetano... 



La Xunta de Galicia ha decidido retirar la Ley de Acuicultura ante la oposición despertada por el sector. Sigo opinando que era una buena Ley que seguía la pauta indicada por la Unión Europea para el desarrollo sostenible de la Acuicultura como actividad de futuro. Sigo opinando que se le ha transmitido al sector marisquero la idea de que esta ley decía lo que nunca dijo. Pero no es esto lo que me impulsa a escribir este artículo y además estoy seguro que si lo consultara con algunos, me dirían que no escribiera nada sobre un tema tan delicado. Pero no es esto. No voy a hablar de la Ley sino de los injustos ataques que se le han hecho a la conselleira, sobre todo en lo relativo a sus supuestas intenciones de entregar el mar a las multinacionales en detrimento de la pesca tradicional representada por las cofradías.

De un político se pueden decir muchas cosas, incluyendo la de que legisla mal o que gestiona aún peor, pero como muy bien mantiene siempre el presidente Rajoy, ni se debe ni es honesto dudar de su buena fe. La política es un servicio al que solo se debe de acceder si se tiene un verdadero espíritu de servicio a la sociedad, unos entendiendo que se ejerce mejor desde la izquierda y otros desde la derecha. Pues bien, conozco a la conselleira Rosa Quintana desde hace muchos años. La conocí cuando fui conselleiro en el primer gobierno de D. Manuel Fraga y pronto reconocí en ella una mujer de una enorme valentía personal y una dedicación, como pocas, al mundo de la bajura por pura vocación y acendrado amor a ese sector. En 1993 el Parlamento de Galicia aprobó una Ley de Cofradías en la que la actual conselleira tuvo un especial papel y empeño en que, a diferencia de Andalucía, las cofradías tuvieran el máximo poder de acción y representación y que incluso pudieran ser organizaciones de productores, cosa que no era entonces posible en otras regiones. Se hizo el proyecto que fue incluso consultado en Bruselas, para que evitar que sus peculiaridades chocaran con la normativa comunitaria. En aquella legislatura se dieron los primeros pasos para transformar el marisqueo a pie en una actividad profesional. Yo volví a Bruselas pero la conselleira continuó luchando como pocos para que las mariscadoras tuvieran plenos derechos en muchas cofradías en las que posturas machistas les impedían incluso hasta votar. Cuando volví años más tarde Rosa Quintana seguía allí y el marisqueo, gracias a ella, había dado un paso de gigante en democratización y profesionalización. Rosa Quintana nunca ha cambiado y muchos de los que acudieron a la manifestación lo saben de sobra, como también saben de sobra que ¡nunca, nunca, nunca! la conselleira pondría los intereses de ninguna multinacional, por otra parte fantasma, por encima de una bajura a la que ha dedicado su vida profesional. Muchos de los representantes cualificados de las cofradías también lo saben de sobra y por eso, a mí se me encogió el alma y me quedé helado, cuando vi en las fotografías a muchas personas que también saben esto y que ellos saben que no deberían de estar allí? Porque la conocen muy bien y no como conselleira sino como Rosa y la tutean. ¿Qué han hecho? ¿Otra vez Nunca Máis? Cuando les mire a los ojos, la mirada que me devuelvan me dirá si tengo o no tengo razón.



*Exconselleiro de Pesca y presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo

Que din as hemerotecas de #Pémex (ou como vender fume en tempo de eleccións)

 De como vender fume en tempo de eleccións. O que prometía ser o negocio do século para os asteleiros galegos a convertirse nun dos grandes fiascos do Goberno de Núñez-Feijóo.

E agora piden prudencia con novos mega-contratos cunha empresa de Australia... será a prudencia ata que chegue o tempo das eleccións, porque parece que queren tentalo outra vez... lograrán enganarnos de novo?









luns, 7 de marzo de 2016

Compara e reflexiona #manipulación #medios #TV #Plademar #Barbanza


Pouco antes da manifestación do #27F a televisión local do Barbanza entrevistaba ao Vicepresidente da Plataforma Plademar Muros-Noia. O que saliu emitido foi bastante distinto ao que se expresou en boca da Plademar... isto é un escándalo.






Grabación orixinal



Corte emitido en TV Barbanza


venres, 4 de marzo de 2016

Rolda de prensa da Plataforma Muros-Noia #Acuicultura #Pesca #Marisqueo #Audio

Moitísimas grazas a Plataforma Plademar Muros-Noia por facilitarme o audio desta rolda de prensa que vos recomendo escoitedes con moita atención. Nela nos contan como valoran eles a manifestación do #27F, fálannos tamén da súa recente visita a Bruxelas, da que nos ofrecen conclusións demoledoras. Esixen responsabilidades políticas. Tamén denuncian o acoso da Administración contra os traballadores de distintos sectores de pesca e marisqueo galego.

Esta xente moza de Plademar Muros-Noia está invertindo moitas horas persoais para defender postos de traballo e un futuro non só para eles, senón para nós e as xeracións vindeiras. Parabéns polas vosas aportacións e o voso traballo.




Noticia recollida no Canal TV27 Barbanza
http://www.tv27barbanza.com/?p=9106





Recomendado: Manifestación domingo 6 marzo#Compostela #DiaInternacionaldaMuller #Muller #Women #Demonstration