luns, 9 de novembro de 2015

ALTERED STATE II vía Phantom Power #indyref #Scotland #projectfear

Episode 2 : Winner Take Nothing begins with the increasingly desperate ‘No’ campaign arranging Her Majesty’s backing. The impact of Project Fear's negativity, elite self-interest, media imbalance and last-minute promises finally proved too much to overcome for the Yes campaign. Interviewees consider aspects of voter behavior and results as well as flaws in the Yes argument that require attention before considering a second referendum. In a campaign that saw the unionist parties prepared to destroy themselves to win, perhaps the real winner was the newly politically aware Scottish public who are still deeply engaged in a conversation about their constitutional future, a debate that seems destined to arrive at only one conclusion. 

This episode includes interviews with Derek Bateman, Janice Galloway, James Kelly, Paul Kavanagh (Wee Ginger Dug) and Christopher Silver.


Epidodio 2: "O gañador nada se leva" empeza coa cada vez máis desesperada campaña do NON  que arruma o apoio da súa Maxestade . O impacto do Proxecto Medo, da élite só interesade en si mesma, o sesgo dos medios de comunicación  e as promesas de último minuto, foron demasiado para superar a campaña do SI. 
Os entrevistados consideran aspectos do comportamento dos votantes e os resultados, así como as fallas no argumento do SI que require atención antes de considerar un segundo referendo. Nunha campaña que viu aos partidos unionistas preparados para autodestruirse con tal de gañar, quizais o gañador real foi o novo politizado e consciente público escocés que aínda está  profundamente comprometido cunha conversa sobre o seu futuro constitucional, un debate que parece destinado a chegar só a unha conclusión.

Neste episodio inclúe entrevistas con Derek Bateman, Janice Galloway, James Kelly, Paul Kavanagh (Wee Ginger Dug) e Christopher Silver 



Outro material informativo de interés:

George Square Photography by John Bolloten http://johnbolloten.co.uk/
George Square Interview by 'Referendum Boys'

Derek Bateman
http://derekbateman.co.uk/
http://batemanbroadcasting.com/
http://newsnet.scot/

James Kelly Scot Goes Pop
http://scotgoespop.blogspot.co.uk/
https://www.indiegogo.com/projects/th...

Wee Ginger Dug's New Book is now available for order:
Send your order request to weegingerbook@yahoo.com and Paul will email you with details on how to make payment. You can pay by Paypal, bank transfer, cheque or cash. Signed copies of both volumes are available for a special price of £20 plus £4 P&P within the UK.
https://weegingerdug.wordpress.com

Christoper Silver's new book 'The Case for a Scottish Media' is due for release.
http://www.christophersilver.co.uk/

Professor John Robertson's latest research Scotland’s Propaganda War: The Media and the 2014 Independence Referendum is now free to view:
http://newsnet.scot/?p=115559
https://thoughtcontrolscotland.files....

Sada vive do Mar - Manifestacion en Sada en apoio ao Cerco Galego #OCerco #Pesca #Sada


Galician video // Video en galego





English vide / Video en inglés




Estes son os links dos videos que recollen a historia de Sada, e que foron presentados na Lonxa ao remate da manifestación (Grazas a Carlos Babío e a tod@s organizadores do evento)

 These are the links of the videos about the history of Sada that were shown at the fish market after the demonstration (Thank you to Carlos Babío and all the organisers of the event) 

VIDEO 1 - SADA



VIDEO 2 - SADA





mércores, 4 de novembro de 2015

A actitude da prensa có sector do Cerco Galego // Galician's MSM behaviour on the Galician Fishing Sector #OCerco #Galicia

Logo de 11 días a Televisión Pública de Galicia (TVG) informou sobre os armadores do Sector de pesca do Cerco galego (Acerga) 

After 11 days the Galician public television (TVG)  reported on the Shipowners of the Galician Purse-Seine Fishing Sector.

Después de 11 días, la Televisión pública gallega (TVG) informó sobre los armadores del Sector de Pesca del Cerco gallego (Acerga)

Do mesmo xeito, levou 13 días ao xornal compostelán El Correo Gallego, informar de que os mariñeiros acamparon en San Caetano (Compostela) reclamando unha distribución xusta das cuotas. Curiosamente, este xornal foi rescatado xa dúas veces e subvencionado constantemente con cartos públicos polo Goberno galego.

In the same way, it took 13 days for the Compostelan newspaper El Correo Gallego to report that the fishermen are camped in San Caetano (Compostela) calling for a fair distribution of quotas. Curiously, this newspaper has been monetarily rescued and is constantly subsidized with public money by the Galician Government. 

Del mismo modo, le llevó 13 días al periódico compostelano El Correo Gallego informar que los pescadores acamparon en San Caetano (Compostela) reclamando un reparto justo de cuotas. Curiosamente, este periódico fue rescatado ya dos veces y subvencionado constantemente con dinero público por el Gobierno gallego. 

 
http://www.elcorreogallego.es/…/idEdicion…/idNoticia-961908/
http://www.elcorreogallego.es/…/idEdicion…/idNoticia-961911/
http://www.elcorreogallego.es/…/idEdicion…/idNoticia-961913/
http://www.elcorreogallego.es/…/idEdicion…/idNoticia-961757/
http://www.elcorreogallego.es/…/idEdicion…/idNoticia-961752/


Debido a habitual censura (e técnicas de ocultación)  existente na meirande parte dos medios de Galiza (e españoles), por razóns políticas obvias, a xente ven seguindo o dia a día das mobilizacións vía twitter e facebook.


Due to the habitual blackout that exists by the MSM in Galicia (and Spain) for obvious political reasons, people have been following the mobilizations day by day via twitter and facebook.

Debido a la habitual censura (técnicas de ocultación) existente en la mayor parte de los medios de Galicia (y españoles), y por razones políticas obvias, la gente ha seguido el día a día de las mobilizaciones vía twitter o facebook.

A dia de hoxe ainda non hai solucións para o Sector do Cerco Galego, que permanece acampado esperando novas xuntanzas; namentras, e a Conselleira do Mar do Goberno Galego, Rosa Quintana,  en declaracións á Telecinco, dicía non ser necesarios os documentados asinados (declaracións estas que claramente van en contra dos cambios da lei de transparencia e loita contra a corrupción que o Goberno galego ven promocionando a bombo e platillo)

 There is still no solution for the Galician Fishing Sector, they are still camped and waiting for new meetings; meanwhile, the Galician Minister for Fisheries, in statement for Telecinco, said that written agreements (documents) are not necessary between Galicians (a curious statement that clearly goes against the change of law on transparency and against corruption that the Galician Government has been hugely promoting) 

A día de hoy todavía no hay soluciones para el Sector del Cerco gallego, que permanece acampado en espera de nuevas reuniones; mientras tanto, la Conselleira del Mar del Gobierno Gallego, Rosa Quintana, en declaraciones recogidas por Telecinco, decía no ser necesarios tener documentos firmados (declaraciones estas que claramente van en contra de los cambios de la ley de transparencia e la lucha contra la corrupción que el Gobierno gallego ha estado promocionando a bombo y platillo)

http://www.telecinco.es/informativos/economia/Ministerio-rechaza-revisar-acuerdo-mayoritario_0_2077950297.html
 
Os armadores de Acerga están xa preparados para ir a Bruxelas a explicar os detalles das súas reivindicacións e as razóns de porqué están nesta situación. 

The shipowners are already well prepared to go to Brussels to explain all the details of their vindications and the reasons of why they are in this situation.  

Los armadores están ya bien preparados para ir a Bruselas a explicar los detalles de sus reivindicaciones y las razones de porqué se ha llegado a esta situación.

Unha manifestación en apoio ao sector do Cerco galego terá lugar en Sada o vindeiro domingo; pero cada día, os mariñeiros acampados reciben apoio e solidaridade dende moitos lugares de Galicia e do mundo.

A demonstration in support of the Galician Purse-Seine Sector will take place in Sada, next Sunday; but every day, the fishermen encamped receive support and solidarity from  all over Galicia and abroad.

Una manifestación en apoyo al Sector del Cerco gallego tendrá lugar el próximo domingo en Sada; pero cada día, los armadores acampados reciben apoyo y solidaridad desde muchos lugares de Galicia y del mundo. 

Eu apoio o cerco de Galicia // I support the Galician Purse-seine sector // Yo apoyo al cerco de Galicia  

Posted by Lichi Bf on martes, 3 de noviembre de 2015




(Actualización / Update) 
O 4 de novembro, a Televisión Galega publica esta noticia falsa:
On the 4th of November, the Galician Television published this false news: 
 El 4 de noviembre, la Televisión Gallega publicó esta noticia falsa:
 http://www.crtvg.es/informativos/a-frota-do-cerco-podera-sair-outra-vez-a-pescar-xurelo





En el día de ayer 4 de noviembre, la televisión de Galicia informaba mediante sus redes sociales y su canal de televisió...
Posted by Acerga on jueves, 5 de noviembre de 2015


#OCerco #PurseSeineSector #ElCerco #Fishing #Support #Apoio #Galicianhumour

Mariñeiros vs Ministro   ‪#‎OCerco‬ ‪  #‎EuapoiooCercoGalego       ‬ #RepartoXusto 
Pescadores vs Ministero ‪#‎ElCerco‬ ‪  #‎YoapoyoalCercoGallego‬   #RepartoJusto
Fishermen vs Minister   ‪#‎PurseSeine‬ ‪  #‎ISupportGalicianPurseSeineSector‬    #FairDistribution


luns, 2 de novembro de 2015

Manifestación en apoio #oCerco galego // Demonstration in support of the Galician Purse-seine fishing sector #Fishing #Support #Galicia #GZ #Sada

On the 8th of November in Sada, at 12h, there will be a demonstration in support of the Galician purse-seine fishing sector. Everyone welcome! 

O 8 de novembro en Sada, ás 12 da mañán, manifestación en apoio ao sector pesqueiro do Cerco galego. Tod@s convidad@s! 


A miña opinión sobre a NON candidatura galega de unidade para as Xerais #20D #Galicia #GZ


Como asinante dos manifestos tanto de Iniciativa pola Unión como do Encontro Cidadán por unha Marea Galega, e por tanto, integrante cidadá de ámbalas dúas plataformas, esta é a miña humilde opinión:


sábado, 31 de outubro de 2015

Que pasa no sector pesqueiro galego // What is happening in the Galician fishing sector? (Galician/English/Spanish) #OCerco


 Version en Galego // Galician version // Versión en Gallego



Versión en Inglés // English version // Versión en Inglés



Version en español // Spanish version // Versión en español 



Feliz Samain! Happy Samhain! #Galicianhumour by Luis Davila

Feliz (e ecolóxico) Samaín a tod@s! 
Happy (and ecological) Samhain to everyone!  

xoves, 29 de outubro de 2015

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 29th October 2015 #fmqs #Scotland

O CERCO A GALIZA #Acerga #Pesca #Galicia #OCerco #repartoxusto



Artigo escrito e publicado para Sermos Galiza 

A ninguén se lle escapa a situación que están atravesando todos os nosos sectores primarios.  Levamos uns anos nos que as mobilizacións non cesan;  cando non son os afectados polas preferentes, son os emigrantes retornados, a sanidade pública, os músicos de orquestras , os gandeiros, ou os de Navantia... agora, e unha vez mais, os armadores e mariñeiros do Cerco. 

Hai unas semanas, paseando por Portosín, miraba como os barcos do Cerco se preparaban  para saír a faenar.   A máquina do xeo e o seu son tan característico sumábase ao do vento tolo dese día.  Outros barcos de artes varias acababan de chegar, eran as 5 da tarde e levaban no mar dende as 4 da mañá. 

Un dos mariñeiros, de mans e rostro curtido da mar, laiábase ante as miñas preguntas sobre as mobilizacións na zona: “Non, nena, sonche eses de aí, os do cerco... nós somos de artes varias... pero os galegos non che somos unidos, muller; deberíamos estar unidos porque todo o sector da pesca está desaparecendo... mais así somos, bos para os demais, malos para nós mesmos”.

Do mesmo xeito que non se pode entender esta Terra sen os nosos gandeir@s, tampouco se pode entender Galiza sen o mar nin sen os nosos mariñeiros faenando nel. A  práctica totalidade dos pobos da costa vive do mar: Malpica, Sada, Cariño, Ares, Bueu, Vigo, Portosín, ... milleiros de persoas implicadas e afectadas por cada golpe dado ao sector.


Para quen non o lembre, hai un par de anos, o sector de pesca do Cerco manifestouse en Santiago, e deixounos terribles imaxes de violencia policial como resposta dada a unhas reivindicacións mais que xustas.  Hoxe, acampados en Compostela dende hai mais dunha semana, contábanme que non teñen esperanzas de que se resolva a situación pola incompetencia manifesta dos políticos; posiblemente, dicíanme varios deles, pasaremos aquí o Nadal, en espera e coa esperanza dun cambio de goberno. 

“O Goberno xoga a desunir... e así estamos, premia a uns poucos para fomentar divisións, e os beneficiados, calan” contábame un dos afectados. Así é, dende a administración galega promoveuse e fomentouse a desunión, a mentira e as picardías; e a cambio recibiron cero protección fronte as inxustizas no reparto de cotas... non lles interesa, porque non lles interesa Galiza, só manter as súas cadeiras e os seus soldos e asumir cero responsabilidade.

Estes días, tiven o pracer de compartir pequenos momentos, enriquecedores e informativos, porque, como teño dito en moitas ocasións, a xente de terra non temos nin idea das cousas do mar e é fundamental informarse coas fontes directas, con eles, coa nosa xente do mar.

Aínda que din estar moi agradecidos coas mostras de apoio que reciben, detrás de chanzas e charlas informais, planea a evidente preocupación de todas e de cada unha das familias que están pendentes deles, de cada paso que dan, de cada xuntanza, de cada mobilización. 

Os armadores de Acerga teñen responsabilidades, moitas, cada barco leva 10 persoas como tripulación, teñen que pagar seguros, gas oíl , nóminas... e multas. Cada home acampado en San Caetano leva consigo as lousas das responsabilidades empresariais, legais, económicas, bancarias e familiares. 

Vaia pois dende aquí a miña admiración e o meu total apoio a todas as persoas, que forman a rede do cerco, rede tecida por armadores, mariñeiros, redeiras, distribuidores...; rede tecida moi fortemente por esas mulleres que están apoiando aos seus homes e que por riba da preocupación de ter que manter o día a día na súa casa e no seu traballo, aproveitan calquera oportunidade para mandar mensaxes e darlles (darse) ánimos; e por suposto, na miña mente eses cativ@s, tan orgullosos dos seus papás, porque saben que hoxe non están no barco, senón en Santiago, tratando de defender e lograr un futuro mellor e mais digno... é con eles especialmente que temos a meirande responsabilidade, porque o seu futuro, é o noso futuro, e non lles podemos fallar.

P.D. Responsabilicémonos, dunha vez por todas e sumémonos para entre todos xuntos facer mais forza e lograrmos mais e mellor.

mércores, 28 de outubro de 2015

Sobre a Pesca galega e o que lle importa Galicia aos Gobernos español e galego #memoriahistórica #Pesca #Galicia




Hai pouco mais dun ano, o 11 de setembro, o meu home Douglas i eu asistimos a unha rolda de prensa internacional en Edinburgh, representando a Sermos Galiza, xornal có que colaboro sempre que podo. Alex Salmond concedeume a primeira pregunta e aproveitei para cuestionar  ao daquela Primeiro Ministro escocés sobre si  unha Escocia independente permitiría o acceso da flota galega á augas territoriais escocesas.

A pregunta viña a conto pola actitude do Goberno español de ameazar con vetar que Escocia pertencese a Unión Europea en caso de acadar a súa independencia. Nun proceso legal e vinculante como o escocés, nada tiña que dicir nin o Goberno español, nin outros moitos que se dedicaron a meter medo á poboación.

Escocia celebraba referendo de independencia  legal e acordado co Goberno británico, pero ao Goberno español de Rajoy, obsesionado có tema Catalán, non só meteu as narices onde non lle chamaban, senón que ademais, pouco lle importou por en risco un dos mais importantes sectores de importación/exportación e consumo de Galicia.

A meirande extensión das augas territoriais de Reino Unido pertencen a Escocia, e por ela transitan barcos pesqueiros e de mariña mercante galega, ou mesmo barcos con tripulación galega aínda sendo empresas mixtas. Moitos, os que coñecedes o Gran Sol, sabedes de que estou a falar.

Aínda que os intereses de Escocia e Galicia en materia de pesca son diferentes,  os escoceses sempre mantiveron unha actitude solidaria durante as negociacións en Bruxelas. Non tiña ningún sentido que o Goberno español bombardeara unas boas relación, polo seu pánico e a súa propia neglixencia no seu territorio. 

A miña intervención foi recollida non só por Sermos Galiza, senón pola BBC e a ITV e outra prensa británica que estaba presente na rolda de prensa, e tivo especial relevancia por varias razóns:

1º) Porque a miña pregunta deulle pé a Alex Salmond a rebater amplamente o  posible veto có que ameazaba o Goberno de Rajoy sobre a pertenza ou non de Escocia na UE caso de acadar a independencia.

2º) Porque a miña gravación que fixen foi, para moitos escoceses, fundamental para demostrar que Nick Robinson, xornalista da BBC, manipulara descaradamente a contestación que  Alex Salmond deu  a unha pregunta sobre a filtración ilegal de datos feita por Londres e pola propia BBC.

Tamén, e a modo de anécdota, esta xornada foi motivo dun cameo, no recen publicado libro do meu queridísimo amigo Peter Curran, no que recolle no seu relato de ficción, a miña pregunta e aproveita para explicar a importancia do sector pesqueiro galego. Grazas, querido Peter.


Aquí vos deixo de novo a miña intervención, para que a escoitedes, e entendades, que si o Goberno español non nos defende, e se o goberno galego non é quen de defender os nosos intereses, haberá que cámbialo, e empezar a votar a quen defenda os intereses das miles de familias implicadas no sector pesqueiro.