mércores, 15 de xuño de 2016

Voces da campaña #RemaininEU // Voices of the #RemaininEU campaign #StrongerIn #Wales #WalesinEurope

Leanne Wood, lider do Plaid Cymru galés, explica que apoian totalmente a permanencia de Reino Unido na UE e pide reconsiderar tres : 

1.- Pide a xente que use o seu voto dada a importancia da decisión a tomar.

2. Que non se faga caso das historias de medo que se están a dar coma argumentos; sair da UE non rematará co problema da inmigracion, nin suporá mais cartos para o Servizo Nacional de Saúde, non parará os recortes, e será un risco para a economía e os traballos en Gales. Esta decisión é mais sobre que tipo de sociedade se quere dexar como herdanza para fill@s e net@s; deixemos que esta sociedade estea basada en cooperación e non en medo, di Leanne. 

3.- Pero non por iso mais importante, pide considerar o futuro de Gales. De sair o Reino Unido da UE, e por tanto Gales, quedarían nas mans dos conservadores en Westminster, que non son amigos de Gales. Malia todas as imperfeccións e son moitas, a UE é unha das Institucións que da voz a Gales no mundo. Westminster non o fai, e nunca o fará. A UE redistribúe o benestar entre as rexións mais pobres; Gales se beneficia diso. 

O Partido Galés cree que o mellor para o país é votar pola permanencia na UE para ser partícipes das súas decisións e seguir formando parte da familia das Nacións. Remata Leanne Wood: "Por favor, vota REMAIN o 23 de xuño" 



A wee reminder about "Pilar-Aymara's World" FB page // Recordatorio sobre "O Mundo de Pilar-Aymara" en FB

Aviso para despistad@s:
Lembrade que dende a miña páxina persoal de facebook "O mundo de Pilar-Aymara" poderedes seguir as miñas aportacións análizando as noticias do día, temas de interese xeral e tamén videos en directo tanto de actividades puntuais, coma conexións miñas en directo onde contestarei ás vosas preguntas sobre os temas que eu trato dende esta páxina ou os que propoñades.
Lembrade que podedes enviarme ás vosas preguntas vía mensaxe a esta páxina "O mundo de Pilar Aymara" 

Que vos guste! E si é así, compartide e dádelle ao Me Gusta!

 
Just a wee reminder:

Remember that from my personal facebook page "Pilar-Aymara's World" you can follow my contributions analyzing the daily news and topics of general interest; you also can watch live videos of both specific activities and personal live connections, to answer your questions about issues that I deal with from this page.
Remember that you can send me your questions via email to this page "The world of Pilar Aymara" Hope you enjoy it! And if so, give me a like and share it! 

EU Referendum Debate | Boris Johnson v. Alex Salmond #EUdebate #EUref (Telegraph & Huffington Post)

martes, 14 de xuño de 2016

The toxic presence of Gordon Brown / A presenza tóxica de Gordon Brown #Brexit #UK #EUref


It’s no secret the Establishment has a fear of the possible Independence of Scotland. They fear that even more that a possible Brexit! They talk about the “domino effect” that Scottish Independence could provoke, which would be even worse than the domino effect of a win for the Vote leave campaign.

Non é ningún secreto que o Establishment ten medo a unha posible independencia de Escocia. É mais, téñenlle mais medo ainda que a un posible Brexit. E falan mais do efecto dominó que a independencia de Escocia podería provocar que o efecto dominó que unha vitoria da campaña pro-Brexit podería ter.

I’m astonished, really. I’ve been listening the toxic voices of Tony Blair, with the shadow of the Chilcot Report hanging over him; I’ve been listening and watching as much debate and news as I can; John Major’s statements on Scottish Independence and the celebration of a second referendum were very curious and I recommend everyone to check them out. And I thank Peter Curran for his so interesting and useful videos than help to keep me tuned.

Estou estupefacta, en serio. Estiven escoitando as voces tóxicas de Tony Blair, permanentemente acompañado pola sombra do Informe Chilcot; escoitei e mirei cando mais debate e noticias me foi posible; as declaracións de John Major sobre a independencia de Escocia e a celebración dun segundo referendo son moi curiosas e recomendo a todo o mundo botarlles un ollo. E agradezo a Peter Curran os seus tan interesantes e útiles videos que me axudan a estar ao tanto de todo. 

The media in Spain receive their updates and news from agencies, and you can see it very easily. There’s no news (in my opinion) about the most important and strong arguments of the #remaininEU campaign because if they published those, they’d have to explain a lot of details about the current situation of Scotland and how Scots are now, with a Scottish Labour so weak after the empty promises of the Better Together campaign, and the disastrous and outrageous behaviour of the British Government in cases like, for example, the Brain Family.

Os medios españoles reciben as súas actualizacións e noticias das axencias, e pode verse moi facilmente. Non hai noticias sobre (para min) os mais importantes e fortes argumentos da campaña "Remain in EU",  porque de habelas terían que explicar un montón de detalles sobre as razóns da situación actual de Escocia e das razóns polas que o laborismo escocés é agora tan débil, logo das promesas vácuas da campaña Better Together, e o desastroso e indignante comportamento do Goberno británico en casos como, por exemplo, o da familia Brian. 

But hey! Guess what!? Today the Spanish MSM was all about the "Messiah" Gordon Brown… I read on social networks, many politicians celebrating the return of the great leader Gordon Brown trying to lend a hand to Cameron.

Pero, ei! Adiviñades!? Hoxe toda a prensa española fala do "Mesías" Gordon Brown.. Leo nas redes sociais comentarios de políticos celebrando o retorno do gran lider Gordon Brown botando unha man a Cameron. 



Dear oh dear… Is there something that I missed? Because, as a Galician, I can be very suspicious and I have to analyse very carefully what gain this guy could get from this… the intentions of one of the most toxic voices in British politics making an intervention… again… and what effect could it have on the Scottish electorate? Help ma Boab! Surely the Establishment are aware of this or are they really that stupid? 

Miña nai querida... perdinme algo quizáis? Porque, como boa galega, podo ser moi desconfiada e teño que analizar con moito tino que proveito saca este home de todo iso... que intencións pode ter unha das voces mais tóxicas da política británica intervindo... outra vez... e que efecto podería ter isto no electorado escocés? Mimá! O Establishment debera saber isto, ou é que son tan tontos? 

Seriously, I’m really concerned about a possible Brown intervention (again) in Scotland. We all have memory (and very bad memories of his interventions and his vows… I call him Gordon Vow…).

En serio, preocúpame moito unha intervención (de novo) de Brown en Escocia. Todos temos memoria (e moitos malos recordos das súas intervencións e as súas promesas... de feito... eu gosto de chamalo Gordon "Vow" *) 

I know Gordon Brown is a very clever man and I’m sure he is not doing this new intervention for nothing… And because I know he is a very clever man, it must be known the kind of effect he might have in Scotland as his intervention will damage the #RemaininEU campaign, by annoying the Scots and increasing the abstention on the 23th of June, or even worse… provoking those undecided to vote Leave.  

Sei que Gordon Brown é un home moi intelixente (e interesado) e estou segura de que non está facendo esta nova intervención gratuitamente... E precisamente porque é un home intelixente, entendo que valoraría o moito que pode danar a campaña "Remain in EU" en Escocia xa que molestaría aos escoceses, incrementaría a abtensión o 23 de xuño ou ainda peor... provocaría que aqueles que están indecis@s decidan votar Brexit.  

Then add the toxic presence of Gordon Brown to the daft comment from Jeremy Corbyn about the Scots and Independence (why, Jeremy, why? Where were you when the Better Together campaign challenged the Scots over EU membership… or when the Vow was announced by your colleagues???)  

Logo, engadide a presenza de Gordon Brown ao estúpido comentario de Jeremy Corbyn sobre os escoceses e a independencia (por que, Jeremy, por que? Onde estabas ti cando a campaña Better Together ameazou aos escoceses coa pertenza na UE... ou cando o Vow foi anunciado polos teus colegas???) 


So, as a Galician woman… watching the bulls from behind the barrier with lots of attention… I know that in the likely case of a Brexit (and at the moment I believe that there will be a Brexit), if there is a very narrow victory for the Remain Campaign in Scotland, the Indy case will be easier to annul. Is that what Gordon Brown’s intervention in Scotland is all about?  

Como galega... mirando os touros dende a barreira con moitísima atención, sei que no posible caso dun Brexit (e de momento, creo de que haberá un Brexit), si hai unha estreita victoria da campaña Remain in EU en Escocia, o caso do independentismo sería mais fácil de anular. E iso o que lograría Gordon Brown con esta nova intervención en Escocia? 

So please, please Scots, listen to your leaders. Listen to your brilliant and amazing First Minister, representative of the decisions taken by the Scottish Parliament. Decisions that make Scotland the most important and exemplar country in Europe at this moment. 

Por favor, amigos escoceses, escoitade aos vosos lideres. Escoitade a vosa brillante e magnifica Primeira Ministra, máxima representante das decisións tomadas polo Parlamento escocés. Decisións que fan de Escocia un dos mais importantes e exemplares Nacións de Europa neste momento. 

*Vow é unha promesa solemne


Solidariedade con Orlando - Solidarity with Orlando #LoveWins #LoveisLove #WeStandwithOrlando

Concentration celebrated in Santiago de Compostela on the 13th of June to show solidarity with the LGBTI community in Orlando after the terrible attack that caused more than 50 deaths as many injuries. Stop homophobia. 




Concentración celebrada en Santiago de Compostela o 13 de Xuño para amosar solidariedade coa comunidade LGBTI en Orlando logo do brutal ataque que causou 50 mortes e múltiples feridos. Basta de LGBTIfobia!



sábado, 11 de xuño de 2016

My thoughts on fisheries, the #EU and the #Brexit #debate

Atención ás claves de Brexit en Escocia #EuRef #Scotland #UK #Brexit

Alexander Salmond: “Majority for another Scottish independence referendum” via @euronews #Brexit #EURef #Scotland


Recommended article on #Brexit #Euref #Scotland // Artigo recomendado sobre #Euref #Brexit #Scotland

Article in Spanish / Artículo en español:



Article in English / Artículo en inglés:


Video in Spanish / Video en español



Video in English / Video en inglés: 


venres, 10 de xuño de 2016

RECOMENDADO // RECOMMENDED in #Compostela #MicosdoBarrio #NeighborhoodCats #charitymarket


BuzzFeedUK - Debate on Brexit #NicolaSturgeon #David Cameron #Farage #PennyMordaunt #EURef #VoteLeave #RemaininEU


NICOLA STURGEON (#RemaininEU)





 DAVID CAMERON (#RemaininEU)




NIGEL FARAGE (#voteleave)


PENNY MORDAUNT (#voteleave)





Debates no Reino Unido: As voces que poden gañar o Brexit, as voces que poden evitalo #Brexit #EUref #UK

Paradóxicamente só as voces dos líderes escoceses poden convencer de que continuando na UE pode haber mellor futuro para Reino Unido. 

Nos debates sobresaen pola súa paixón, os seus estudados argumentos e o seu convencemento e, o mais importante, desmontan con contundencia os argumentos da campaña pro-Brexit.

Angus Robertson, voceiro do SNP en Westminster, Alex Salmond, ex-primeiro ministro escocés e responsable de Relacións Internacionais do Scottish National Party e por suposto, a Primeira Ministra Nicola Sturgeon, son sen dúbida, voces que dende os medios de comunicación se pretende acalar e ocultar, á vez que se presenta a posible independencia de Escocia coma unha ameaza. Pero sen eles a permanencia de Reino Unido na Unión Europea non vai ser posible.


Un dos debates mais importantes, dende o meu punto de vista, tivo lugar na ITV anoite. Un debate no que participaron Nicola Sturgeon (defendendo a permanencia de Reino Unido na UE) e Boris Johnson (defendendo Brexit). Con eles, compartindo panel, outras catro mulleres; si, Johnson era o único home do debate.

A oratoria de Nicola Sturgeon e a súa disposición a debatir e argumentar positivamente chocou coa visión do resto dos participantes no debate. A súa visión internacionalista, a súa clara aposta por nacións independentes traballando xuntas para defender o concepto de soberanía, a defensa dos dereitos das mulleres e dos traballadores, das políticas sociais... foron argumentos de peso que se distanciaban do xeito de debatir das súas compañeiras na defensa da campaña #REMAINinEU. Tamén á hora de denunciar contundentemente os argumentos basados en mentiras da campaña #VoteLEAVE, aos que acusou de alarmistas e negativos, o que lle valeu que Boris Johnson lle botase en cara as críticas realizadas polo SNP contra o xa coñecido "Proxecto Medo" que busca evitar a saída de Reino Unido a toda costa (nesta dirección están o Primeiro Ministro Cameron e os ex-Primeiros Ministros Major, Blair e Brown).

Os defensores do Brexit semellaron estar mais relaxados no debate e iso notouse nos comentarios nas redes, nas que non faltaron tamén insultos e ofensas dirixidas á Primeira Ministra de Escocia.




Moitas críticas aos Laboristas; as voces tóxicas de Tony Blair (pendente da publicación do informe Chilcot sobre a guerra de Irak, o 6 de xullo) e Gordon Brown (e as súas constantes promesas que nunca cumpre, e por tanto sen credibilidade en Escocia) poden provocar o efecto contrario do que   buscan, xa que ademais da súa toxicidade, non dubidan en facer campaña man con man cós Tories e tirar pedras contra o seu propio tellado.

O actual lider laborista Jeremy Corbyn é consciente do resultado que tivo para o laborismo escocés o compartir plataforma cós conservadores durante a campaña de #indyref, e se coida moi moito de mezclarse con eles. Corbyn, que está recibindo brutais e inadmisibles ataques por parte de Tony Blair, fai campaña ao seu xeito, por libre, con mensaxes escuetas e con moito sentido do humor, por certo.
A páxina web da Oficiña de Rexistro Electoral quebrou, o que foi motivo de durísimas críticas, especialmente na voz de Alex Salmond quen acusou directamente de enorme incompetencia ao Goberno de Cameron.


Durante estes días tamén houbo polémica coas declaracións de Mariano Rajoy, quen se manifestou en contra do Brexit, facendo mención dos 100.000 españoles que traballan en Reino Unido (seguro que son moitos mais que esa cifra) e os 400.000 británicos que traballan en España (os que viven en España xa xubilados ben seguro non están incluidos). Mariano Rajoy xa tivo un papel claro durante o referendo de independencia de Escocia, e continúa atendendo ás chamadas desesperadas de David Cameron, de quen din que sexa cal sexa o resultado, ten sinalada a porta de saída dende hai xa moito tempo. A pregunta é: son contraproducentes estas presións dende o estranxeiro dalgúns mandatarios?

( video grabado da web da Moncloa - entrevista feita por Axencia EFE) 



A menos de 15 días da votación nada está decidido. A variabilidade das enquisas indican que calquera cousa pode pasar, pero que sexa cal sexa o resultado, vai estar moi axustado. O 23 de xuño, Reino Unido decida permanecer ou marchar da UE, a actual Europa vai ter que cuestionarse moitas cousas. 

martes, 7 de xuño de 2016

Entrevista con Miguel Anxo García - Movemento Galego da Saúde Mental #SaudeMental #Sanidadepública #Sergas

Moitísimas grazas a Miguel Anxo García polas súas explicacións sobre algo tan importante como é a Saúde Mental e a necesidade dun plan galego de prevención do suicicio.
Podedes poñervos en contacto con eles para calquera dúbida que teñades en:



Nós Televisión ten nova páxina web! / Nós Television has a new website! #becomethemedia #Collaborations

Nós TV has a new website! 
Nós TV is a new project in Galician language and they have asked me to participate with their initiative to promote video-blogs with news and opinions from different people. So, I'm delighted to do so!
Scottish news will be present, for sure, in my comments.