luns, 30 de maio de 2022
martes, 24 de maio de 2022
O caso Pablo González - Entrevista con Juan Teixeira (EULIXE) #FreePabloGonzález #FreePress #Ucraina #Polonia #HHRR
O xornalista Pablo González leva 87 días retido e incomunicado polas autoridades de Polonia. Escandaloso este caso e escandalosa a inacción do Goberno español que hai tempo tiña que ter presentado unha queixa oficial.
Hoxe, falei con Juan Teixeira, compañeiro de Pablo, fotoxornalista e cofundador do espazo EULIXE.
Para aquelas persoas que queiran axudar, este é o link da recollida de sinaturas : https://www.change.org/p/respeten-los-derechos-del-periodista-pablo-gonz%C3%A1lez-detenido-en-polonia-el-28-de-febrero/u/30563850
E compartide o video! Grazas
#FreePabloGonzalez
martes, 17 de maio de 2022
venres, 13 de maio de 2022
mércores, 11 de maio de 2022
Queremos galego! We want Galego! #GalicianLanguage #Cultura #LetrasGalegas #GalicianLiteratureDay #Culture #Galicia #Galiza
| Representantes da plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anunciaron que o 17 de maio sairán ás rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego non é irreversível” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. |
|
| A plataforma reclama a posibilidade de vivir en galego agora e sempre e denuncia que o ensino e unha limitadísima oferta audiovisual en galego botan abaixo os esforzos das familias por garantiren a transmisión da lingua. A sociedade galega propón solucións, como a Iniciativa Xabarín, a Iniciativa polo audiovisual galego ou as bases para a normalización da lingua elaboradas pola maioría da representación sindical do profesorado, das anpas, dos movementos de renovación pedagóxica e pola Mesa, mais dende Queremos Galego recordan que para que que estas solucións frutifiquen cómpre que os gobernos galego e español abandonen o desprezo pola lingua galega e garantan a súa presenza e dispoñibilidade “en todo e para todo”. |
Autobuses para acudir á manifestación en Compostela: |
- A Coruña: 981 169 810
Saída ás 10h do Campo da Leña, con paradas na Praza da Palloza e no Edifico Sindical - Ferrol: 630 219 861 | 981 358 750
Saída ás 9:30h diante do local da CIG, na avenida de Esteiro, con paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo. - Lugo: 982 225 812 | 982 280 410
Saída ás 10:00h de Ronda da Muralla, 58 - Vigo: 986 827 900
• Saída ás 10h, desde o local da CIG - Pontevedra: 986 866 205
Saída ás 10h desde Arcade
Ás 10:30h de Pontevedra - Vilagarcía-Cambados: 986 565 059 – 986 505 323
- Ás 10:30h en Cambados diante do Concello
- Ás 11h en Vilagarcia, Fexdega - Ourense (desde Monterrei): 988 233 134
- Ás 8h, Praza do Concello da Mezquita.
- Ás 8:30h en Verín.
- Ás 9h, en Xinzo.
- Ás 9:30h, en Ourense.
- Ás 10h, no Carballiño. - A Mariña: 982581861 | 605 377 317
Un novo futuro para o galego é posíbel, se todas e todos, cidadanía, entidades sociais e gobernos imos na mesma dirección, a de asegurar que o galego está presente e plenamente dispoñíbel. A lingua galega une é o principal elemento de cohesión, identidade e progreso de Galiza. O 17 de maio manifestarémonos en Santiago para que a Xunta de Galiza comece a actuar en consecuencia.
|
venres, 29 de abril de 2022
Entrevista con el Representante del Frente Polisario para Europa y la UE #SaharaLibre #UN #HHRR #RASD
El 23 de marzo nos enterábamos por la prensa de un cambio del Gobierno de Pedro Sánchez sobre la política exterior referente al Sahara Occidental. Una segunda traición al pueblo saharaui.
Hoy he tenido el honor de poder entrevistar al Representante del Frente Polisario para Europa y la UE, Oubi Bouchraya Bachir.
#SaharaLibre
O pasado 23 de marzo enterábamonos pola prensa dun cambio do Goberno de Pedro Sánchez sobre a política exterior referente ao Sahara Occidental. Unha segunda traición ao pobo saharaui.
Hoxe tiven a honra de poder entrevistar ao Representante do Frente Polisario para Europa e a UE, Oubi Bouchraya Bachir.
#SaharaLibre
Dende Galicia: #FreePablo // From Galicia : #FreePabloGonzalez #HHRR #Poland #Spain #Journalism #Justice
Pablo González, Basque journalist has been detained and held incommunicado for two months, without any contact with his family or with his lawyer.
He has been accused of espionage (there is no evidence to support this accusation) and faces 10 years in prison.
Press associations, Amnesty International, friends, professional colleagues, politicians and family demand his release.
We also demand that the Spanish Government present a formal complaint to the authorities of Poland, a country of the European Union, since it is violating all fundamental rights treaties in this case.
xoves, 28 de abril de 2022
domingo, 24 de abril de 2022
As sentencias absolutorias dos Controladores Aéreos #Xustiza #EstadodeAlarma #Privatizacion #ServizosEsenciais #EspacioAéreo #Controladores
Recordaredes a ponte da Constitución de 2010 como un pesadelo. Aparte do decreto do primeiro estado de alarma do Estado, a campaña mediática culpabilizando aos controladores aéreos dun peche aéreo sen precedentes foi o inicio dunha procesión de procedos e denuncias xudiciais que pouco a pouco se foron arquivando, ata chegar a unha última sentencia da Audiencia Provincial de Madrid onde se deixa claro a absolución da culpa dos traballadores. Pero os problemas continúan e, ata o de agora, ninguén do Goberno español emitiu unha disculpa oficial.
Falei con Susana Romero (Secretaria de Comunicación da USCA) e con Daniel Zamit (Portavoz da USCA - Unión Sindical de Controladores Aéreos) para valorar todo este proceso e que nos actualicen sobre a situación laboral dun servizo esencial para o Estado
mércores, 20 de abril de 2022
luns, 11 de abril de 2022
venres, 1 de abril de 2022
Caso Pablo González: Entrevista con Jon Inarritu #FreePablo #FreePabloGonzalez
O pasado 28 de febreiro, o xornalista Pablo González, foi detido en Polonia, sendo acusado de gravísimos delitos de espionaxe. Dende ese momento, non só se lle encerrou en prisión preventiva e está incomunicado, senón que non se lle permitiu asistencia do seu avogado, deixándoo nunha clara situación de indefensión e coa conseguinte violación de todos os tratados internacionais de dereitos humanos.
Hoxe falei co deputado de EH Bildu, Jon Inarritu, quen nos actualiza sobre a situación de Pablo González.
Animarvos a participar na demanda da súa liberdade nas redes utilizando as etiquetas
#Freeablo
#FreePabloGonzalez
xoves, 31 de marzo de 2022
Entrevista coa deputada do BNG Noa Presas : Convocatoria "Fagamonos valer, hai alternativas" #criseenerxetica #prezos #Galiza
O Bloque Nacionalista Galego convoca a toda a cidadanía galega a participar dunha manifestación o día 3 de abril en Compostela. Falamos con Noa Presas, Deputada no Parlamento de Galicia para coñecer os detalles de dito chamamento.
mércores, 30 de marzo de 2022
Free Pablo González #Poland #Polonia #Ucraina #Ucraine #FreedomofInformation #Journalist #HHRR
Pola liberdade de información, pola liberdade de Pablo González
For freedom of information, for freedom for Pablo González
English video
👇👇👇👇
sábado, 26 de marzo de 2022
domingo, 20 de marzo de 2022
Os problemas non resoltos da Mina Touro-O Pino #Medioambiente #MinaTouroOPinoNon #Residuos #Ecoloxía #Rural #Galicia
O prometido é débeda. Aquí comparto a super interesante charla que mantiven con veciños da Plataforma Mina Touro-O Pino NON
Con eles e elas falei de problemas que aínda non se solucionaron e outros retos que enfrenta a veciñanza a nivel medioambiental.
venres, 18 de marzo de 2022
mércores, 16 de marzo de 2022
A frota pesqueira amarrada : Entrevista con Edu Carreño #OCerco #Pesca #PrezosdoGasoil #Criseenerxetica #Eolicos
Levan anos sobrevivindo os contínuos problemas sen solución definitiva; súmanse as crises que viñeron a empeorar a situación. O sector pesqueiro, sector primario fundamental en Galicia, esixe solucións rápidas e razoables. Falei con Edu Carreño, Responsable do Cerco da Confraría de Portosín para que nos explique como está a situación a día de hoxe.
Podedes ver tamén esta entrevista nas miñas canles de FB / Telegram e Odysee: O Mundo de Pilar-Aymara
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


Autobuses para acudir á manifestación en Compostela:.png)
.png)


.png)
.png)
