luns, 5 de xaneiro de 2015

Escocia: parada obrigatoria en Westminster #GE2015

Hoxe comenza a campaña para as eleccións xerais en Reino Unido. O 7 de maio, os cidadáns británicos votarán para elexir aos seus representantes na Casa dos Comúns.

Dende hai uns días veñen incrementándose as noticias sobre posibles coalicións entre partidos:  Tory e Labour, Labour e SNP ou Tory e UKIP.... as enquisas varían rapidamente.
 

Cameron asegurou que está disposto a adiantar o referendo sobre a permanencia de Reino Unido na UE e barallou 2017 (data proposta polo UKIP) como posible para a realización do mesmo. O Primeiro Ministro británico evitou facer comentarios sobre un posible pacto entre Tory e UKIP a preguntas realizadas nun programa da BBC.

O laborismo continua á desesperada tentando remontar da derrota técnica do referendo de independencia.

A súa alianza cos conservadores durante todo o proceso provocou unha ferida que só non cicatriza senón que  afonda mais por momentos.

As declaracións contradictorias do lider Ed. Miliband e as críticas ao seu liderazgo tampouco xogan ao seu favor.

 
E o novo lider do laborismo escocés, Jim Murphy, continúa envolto en polémica polas súas populistas declaracións a favor da inxesta de alcohol nos partidos de fútbol ou a súa negativa a traspasar as competencias sobre a lei do aborto a Holyrrod:

Murphy opposed devolution of abortion



Tampouco os seus contactos coa "Henry Jackson Society", organización de extrema dereita, non veñen mais que a complicar mais o proxecto de renovación do partido laborista escocés.

Scottish Labour leader urged to cut links with right-wing think tank



Por outra banda, continuan salindo noticias que deixan ao descuberto as manobras de Westminster e a súa coalición de partidos unionistas para gañar o referendo de independencia de Escocia. Moitas delas xa eran de sobras coñecidas polos cidadáns escoceses, pero novos datos, a toro pasado, reforzan agora o que moitos chamaban teorías da conspiración:




Top secret files reveal pleas for US to intervene in Scottish referendum

David Cameron and Gordon Brown worked together on Scotland


Pola súa parte, a lider do Partido Nacional de Escocia e Primeira Ministra, Nicola Sturgeon,  asegurou que un voto para o SNP non é un voto para os laboristas nin para os conservadores, senón que é claro voto para Escocia.




Tal e como ven insistinto a lider do SNP dende que asumiu o liderazgo, o obxectivo principal do seu partido  son as eleccións xerais do 7 de maio, e anima a todos os cidadáns escoceses, xa votaran si ou non no referendo, a que dean o seu voto ao SNP para que o país teña voz propia e Escocia poida asegurar que todas as recomendacións feitas pola Smith Commission recentemente son defendidas e devoltas.

A presenza de Alex Salmond, ex Primeiro Ministro de Escocia, como candidato a un escano en Westminster asegura un debate candente e interesante. Veremos se os chamados para "frear a Salmond" realizados insistentemente polos partidos unionistas, teñen o seu efecto.




Por primeira vez na súa historia, e logo do resultado do referendo do 18 de setembro de 2014, as perspectivas de escanos do Partido Nacional Escocés son moi altas; nas mellores enquisas chegaron a valorarse preto de 40 escanos, ainda que cifras mais actuais falan de 30 escanos no SNP na Casa dos Comúns. Un paso mais, con parada obrigada en Westminster... cántos deputados escoceses irán no tren?





Ningún comentario:

Publicar un comentario