domingo, 19 de abril de 2015

O SNP, puntos claves: Eleccións Xerais e futuros referendos #GE2015 #indyref

As claves da política que o SNP ofrece para estas Elección Xerais de Reino Unido, recollidas unha por unha no video recopilatorio do debate electoral na BBC. (video preparado por Peter Curran, como sempre con maestría)

Votar polo Scottish National Party significa votar para que a voz de Escocia sexa escoitada, asegura unha e outra vez a súa lider Nicola Sturgeon.

Stronger for Scotland - SNP MANIFESTO (programa electoral completo) 
SNP Manifesto - Programa electoral (pdf) 

O SNP, tal e como quedou plasmado no seu recente congreso anual, comprométese total e firmemente  coas políticas anti-austeridade e progresistas que servirán para protexer a universalidade da Sanidade e Educación e evitar a privatización, non só para Escocia senón para o resto do Reino Unido.

A atención do déficit, mais sen esquecer a imprescindible estimulación da economía para evitar o terrible aumento das diferencias sociais e da pobreza, é outro dos puntos claves do programa do SNP, e para lograr iso reclama Autonomía Fiscal Plena para Escocia; tamén a promoción de vivendas en aluguer, mais que promoción de compra, e as políticas de creación de postos de traballo, e do coidado dos cativos para integración da muller no marco laboral, son outras das prioridades do SNP.

A realidade da emigración en Reino Unido e a súa  integración dende o respecto e a aceptación fan fronte ao racismo e intolerancia e populismo de Nigel Farage.

A non renovación do armamento nuclear Trident, que supón 100 billóns de libras no orzamento británico, é unha das líneas bermellas do SNP á hora de plantexarse posibles coalicións. Son necesarias,  mais que nunca, as políticas de prioridade reais. (As políticas de guerra nunca foron boas para os pobos)

E ante as voces (como Miliband) que chaman a bloquear un posible segundo referendo, Nicola Sturgeon insiste:
1) Estas eleccións non son sobre a realización dun posible referendo, senón da recuperación das múltiples promesas que lle foron feitas a Escocia durante a realización do referendo de 2014.

2) O pobo é o que manda, cousas importantes deben pasar en Reino Unido (O referendo da UE, por exemplo), que sirvan de detonante para que Escocia decida convocar outro referendo, para iso, os escoceses deben votar maioritariamente por un partido que leve esa convocatoria no seu programa electoral, e posteriormente votar por independencia ou non.



Este segundo video recolle a presencia de Nicola Sturgeon no programa de Andrew Marr esta mañán, na que Nicola Sturgeon resposta de novo as preguntas nas que mais insiste a prensa británica, éstá o SNP plantexando un novo referendo, pactaría con Cameron para asegurar a realización dun novo referendo? A resposta, de novo, é non. O SNP non prepara un novo referendo de momento, e NON, nunca pactaría con Cameron e os conservadores para asegurar a realización dun segundo referendo; engade: "Bloquear un segundo referendo sería anti-democráctico" 



Ningún comentario:

Publicar un comentario