martes, 19 de abril de 2016

Comunicado das @mulleresdocerco #OCerco #CamiñodeSantiago #Mar #Pesca #PorunRepartoXusto

As MULLERES DO CERCO GALEGO, vamos facer a variante espiritual do Camiño de Santiago, os días 13,14 e 15 de Maio. Velaí vai a información:
 
VENRES DÍA 13:Saída dende a estación de trens de Pontevedra as 12:30 horas, o percorrido rematará no Monasteiro de Armenteira. Despois iremos os lugares destinados a pernoctar.
 
SÁBADO DÍA 14: Saída dende Armenteira ata Vilanova, onde pasaremola noite.
 
DOMINGO DÍA 15: Dende Vilanova colleremos o barco que nos levará ata Pontecesures, e dende al empezar o último tramo ata Santiago de Compostela.
 
 
Os horarios de comidas, ceas ou calquera outra parada, así como as horas de chegada os puntos de destino, dependerá do progreso da marcha do grupo.
As mulleres do cerco sólo nos facemos responsables de buscar os lugares onde vamos pernoctar e do barco, para tod@s aqueles que estén inscritos.
Ademáis poremos coches a disposición da xente para levar as mochilas de roupa e sacos de dormir para quen o desee, e algo totalmente voluntario e desinteresado, polo que non nós faremos responsables en caso de perda, roubo, rotura ou extravío.
Os costes correrán a cargo de cada un, é decir: comidas, almorzos, ceas.....A pernocta nos lugares habilitados ten un coste de 6€ persoa e noite (as dúas noites 12€).
O coste do billete do barco é de 20€(pode ser menos dependendo do número de asistentes).
Tod@s aqueles que desexen anotarse, o prazo de inscripción comenza hoxe e remata o vindeiro 1 de Maio.

 Para inscribirse necesitamos os datos personais (nome e apelidos, número de teléfono, correo electrónico se o tedes e dirección ). ADEMÁIS DEBEREDES ESPECIFICAR SÍ FAREDES AS TRES ETAPAS DO CAMIÑO, DÚAS OU SÓLO UNHA, SE PASAREDES A NOITE NOS ALBERGUES E SI FAREDES A VIAXE NO BARCO.
 
A inscripción ten unha fianza de 10€, ésta fianza é debido a que temo que reservar o barco con antelación, indicando o número de persoas, e o barco ten un coste fixo, polo que en caso de NON ASISTIR a fianza perderase.
 
Para anotarse porse en contacto por teléfono ou wasap con:

En Malpica: 617 07 71 20 (horario de tarde)
En Cambados:673 53 31 56
En Sada:654 60 68 84
En Noia:653 36 63 75 (horario de tarde)
En Cariño:696 69 89 02
En Pontedeume:619 60 78 62
En Vigo:605 04 76 10 (horario de tarde)
En Portosin:651 05 65 21
Na zona do Morrazo:637 43 54 67
 

 
 
Animamovós a tod@s a participar connosco desta aventura reivindicativa!
#Porunrepartoxusto #CotasXustas
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario