mércores, 31 de marzo de 2021

Por que moitas mulleres de Escocia se unen ao Alba Party #Women #Scotland #WomensRights #AlbaParty #SNP

 

Unha das grandes desafeccións coas políticas do SNP ven da aprobación de leis como a GRA ou a Hate Crime  Bill que moitas persoas coas que falo me explican que son políticas que fallan na protección dos dereitos das mulleres. Denise ve ao Alba Party de xeito positivo nesta àrea. Outra grande cuestión é cómo é posible que haxa mulleres que queiran estar nun partido liderado por Alex Salmond e Denise Findlay o explica moi ben neste artigo: primeiro porque é un home que foi absolto de todos os cargos por unha xuiza muller e un xurado popular formado maioritariamente por mulleres  e segundo, porque teñen a esperanza de que os dereitos das mulleres de Escocia sexan defendidos polo Alba Party. A Asamblea de mulleres do Partido de Escocia terá lugar en poucos días. As eleccións a Holyrood celebraránse o 6 de maio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario