luns, 7 de febreiro de 2022

Errare humanum est, sed perseverare diabolicum ... e agora, que?

Unha cousa é errar ante unha situación anormal ante a que non estábamos preparados. Toda medida parecía pouca. Outra é non rectificar os erros cometidos e insistir neles

E iso foi o grave nestes dous anos: o grave foi manter erros e medidas que nada tiñan que ver con cuestións medicosanitarias ou científicas.

O grave foi criminalizar e demonizar a profesionais científicos, sanitarios, xuristas, filósofos que avisaban dos erros. O gasto de billóns do erario público sen auditoría algunha. O grave foi deixar en mans das avariciosas e comerciais farmacéuticas as decisións de saúde pública. (O British Medical Journal deixouno ben claro).

O grave foi o silencio cómplice da esquerda.

Todos aqueles dirixentes políticos que solían remitirse á Carta Magna de Dereitos Humanos, aos tratados de Bioética, á normativa en vigor de Defensa dos Usuarios dos Servizos sanitarios público, ou ás resolucións e recomendacións do Consello de Europa ficaron calados ante nefastas decisións políticas

O descrédito e a decepción é tal que cando queiran reaccionar van ter que traballar ben duro e esmerarse para explicar todas as súas contradiccións, simplezas e cobardía

E non, non vai valer iso de "estabamos en pandemia". Nas peores crises é cando hai que defender máis os dereitos fundamentais e esixir transparencia, ética e control

Estábamos en pandemia antes: a pandemia da destrucción dos servizos públicos, das privatizacións, da violación dos dereitos fundamentais, da propaganda, do racismo e xenofobia, da corrupción... e agora, que?

Ningún comentario:

Publicar un comentario