“A
política é
o arte de
buscar problemas, encontralos, facer
un diagnóstico falso e
aplicar despois
os remedios equivocados”. Groucho Marx, actor e
cómico norteamericano.Cando as persoas que se dedican a “cousa pública” quédanse sin
argumentos, sempre lle reprochan aos que teñen iniativas que non
concordan cas súas: “que están facendo política”. E como dicía
Charles de Gaulle, primeiro ministro de Francia entre 1944 e 1946:
“Cheguei a conclusión de que a política é demasiado seria para
deixala en mans dos políticos”.
Na
administración sanitaria da Galiza, nos últimos 13 anos, Feijoo e
agora Rueda (de reposto) afánanse en querer desprestixiar a
entidades como a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, dicindo
que “facemos política”. Cando se produxo o Movemento do 15M,
tamén dicían: “que se presenten as eleccións para facer
política”...así fixeron e o bipartidismo tremeu. Cando xs
administradorxs do PP deciden, que para acudir ao Centro de Saúde,
terán listas de agarda de 15-21 días (incluso para demandas
telefónicas) iso é política. Cando deciden que non se poda
pedir interconsulta cx especialista directamente e teñamos unha
lista de agarda para entrar na lista de agarda, iso é política.
Cando dín que van a chamar a 75.000 persoas que nos últimos 6 meses
non foron ó/á Médicx, saturando máis as consultas xa colapsadas
de AP, iso é política. Cando lle botas a culpa o goberno
central de que “non temos médicxs” e tí convocas 106 prazas,
iso sé política. Cando se presentan 353 e quedan médicxs
fora que tí non contratas, iso é política. Cando non
convocas as 1.000 prazas de médicxs que fan falta, iso é
política...e a pregunta que todxs nos facemos: cando se
fará política para beneficiar aos cidadáns?
Por que todalas medidas que se toman, sempre van en contra do pensar
xeralizado que é conservar o ben máis preciado que temos: a
Sanidade Pública!

De
verdade, gañar as eleccións, dá potestade para facer o que quera
o/a administrador/a de turno? Estaba no programa “non contratar”
xs profesionais que fan falta para dar un servizo determinado?
Votaría a xente a esxs políticxs, que non dín previamente o que
van facer si chegan o poder? Políticxs que fan o que está no seu
ideario ideolóxico e non no seu “programa eleitoral”? A caso a
xente que xs votou, quería que se tomaran as medidas que se están
tomando en materia sanitaria, educativa, na industria, servizos
sociais, na pesca, no agro, etc.? 11.000 millóns de euros no 2022 de
orzamento na Galiza (para o ano 2023: 12.200 millóns de euros) non
dan para resolver os problemas máis acuciantes que ten este país?
Dende
diferentes entidades, estamos intentando cambiar a política que
desenrola o PP e que vai en contra da cidadanía...e o só feito de
plantexar unha modificación: leva consigo o intento de
deslexitimación por parte de quen nos goberna na Galiza. É
política ou non é política querer mellorar a vida das persoas? Ter
un Novo Modelo de AP é prioritario para este país. Que non coincide
cas ansias privatizadoras do PP: sí. Que non imos rendirnos e
seguiremos apostando pola vía do diálogo e a presión na rúa, no
Parlamento, nos Concellos, Deputacións, Valeduría do Pobo, Xustiza,
etc. tamén.
A
última ocorrencia do PP, está en atacar o goberno central “que
non faga un MIR extraordinario”, sabendo que o PP na Galiza non ten
Unidades Docentes suficientes para aumentar o número de Licenciadxs
que podan facer as prácticas de MIR (e que saben que nunca tivemos
tantas prazas MIR como nos últimos anos...en que non gobernou o
PP…).
Minten
máis que falan...e sí, seguiremos facendo política para que saiban
que non poden facer o que lles dá a gana. Que a cidadanía,
vota cada 4 anos ca intención de mellorar a calidade de vida, sobre
todo en servizos públicos tan básicos como a Sanidade. Acordémonos
a hora de votar, que non lles damos un cheque en branco e que van a
política para servirnos e non para medrar elxs e xs seus acólitxs.
Depende de NÓS!