venres, 20 de xaneiro de 2017

Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS : O colapso e o deterioro do Sergas #SanidadePública #StopRecortes

Un pracer coñecer a membros da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS e falar con Fernando Abraldes e Mª Carmen Pazos sobre a situación de colapso e deterioro que veñen sufrindo os servizos públicos na atención aos pacentes e usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.  



Podedes contactar con eles vía web: 

ou por Facebook:
 https://www.facebook.com/pacientesCHUS/
Estarán encantados de informarvos e asesorarvos. E recordade que tod@s somos potenciais pacientes e usuarios dos servizos sanitarios. Coidemos deles e defendamos unha sanidade pública, universal e de calidade.



mércores, 18 de xaneiro de 2017

Brexit duro: Escocia, Norte de Irlanda e os dereitos humanos // Hard Brexit: Scotland, Northern Ireland and Human Rights #Brexit #EuropeanCourt

Brexit means:  HARD BREXIT . It will cause enourmous trouble in Scotland and Northern Ireland; it's also, from my point of view, a great threat for workers and human rights. 


Brexit significa: BREXIT DURO causando enorme problema en Escocia e Norte de Irlanda e dende o meu punto de vista, unha grande ameaza para os dereitos dos traballadores e os dereitos humanos





Thank you, once again, to Peter Curran for sharing these videos:
Grazas a Peter Curran unha vez mais por compartir estes videos:

Theresa May's Speech / Discurso de Theresa May 



Nicola Sturgeon's reaction // Reacción de Nicola Sturgeon

Fiona Hyslop confirmou durante sesión no Parlamento escocés, que o Goberno escocés mantivo contactos con todos os 28 Estados membros da Unión Europea (incluido España, dato importante) 

Mariano Rajoy's Reaction / Reacción de Mariano Rajoy


"Today the British Government has not raised to the EU its formal request to start negotiations to leave the Union... [...] Four freedoms: circulation, people, goods and services go together and it's not possible to pick and choose" 

The Spanish TV (Antena 3 (conservative)) reported May's hard #BrexitSpeech and Mariano Rajoy's stern evaluation
The editorials of the Spanish newspapers on Brexit are very interesting today and they deserve to be mentioned 

As editoriais da prensa española hoxe sobre Brexit son moi interesantes e merecen unha mención






sábado, 14 de xaneiro de 2017

BUILD FOR INDEPENDENCE: Strategy - Policy - Movement by Independence Live

BUILD FOR INDEPENDENCE: Strategy - Policy - Movement by Independence Live Convención en Glasgow para construir unha nova campaña de independencia de cara a un segundo referendo

xoves, 12 de xaneiro de 2017

First Minister Question - The Scottish Parliament #LiveStreaming from its #Facebookpage #politics #Scotland #FMQs

Parabéns ao Parlamento escocés por facer ainda mais accesible a súa actividade, emitindo ao vivo as Preguntas á Primeira Ministra dende a súa páxina de facebook.

Congratulations to the Scottish Parliament for making it even easier to follow its activity by broadcasting live FMQs from its Facebook page.  

Twitter: @ScotParl
Facebook: https://www.facebook.com/scottishparliament/






Libro recomendado/ Recommended book: La Banda de Música de Santiago de #Compostela #Musica #Historia #History #Music

domingo, 8 de xaneiro de 2017

O Nicola Sturgeon dixo á BBC e o que non prometeu / What Nicola Sturgeon said to the BBC and what she didn't promise #indyref2 #ScotlandinEurope #spanishpress

Unha non deixa de sorprenderse da manipulación da prensa e da campaña de acoso e derribo que insistentemente, e ultimamente de xeito desesperado,  a BBC leva a cabo para tratar de salvar os mobles ante o inminente desastre do Brexit.

Nesta ocasión está clara a intención de crear conflito dentro dos partidarios do SNP e os pro-independentistas para evitar un mais que probable segundo referendo.

Xa non só se trata do habituais " erros" no elaborado dos titulares durante a programación, entremezclando mensaxes subliminais que son denunciados todos os días nas redes sociais. Trátase de xustificar o inxustificable e un comportamento que moitos xa din que é premeditado do Goberno británico de non presentar un plan para o Brexit e ignorar a quen o teña ou proteste contra as condicións nas que se van levar as negociacións. 


Hai tan só dous días, nunha entrevista para Good Morning Scotland, a BBC lanzou (cun titular insidioso) o bulo de que Nicola Sturgeon renunciaba a un segundo referendo de independencia. O bulo, recollido tamén por Sky News, chegou a España da man de El Mundo cun titular que dicia "Sturgeon promete renunciar a la independencia de Escocia a cambio de un "brexit blando" http://www.elmundo.es/…/2017/01/06/586fd2ac46163fb76d8b45da…).


Aparentemente ningúen escoitou a Nicola Sturgeon dende o 24 de xuño (dia seguinte do referendo sobre o Brexit, cando dixo claramente que todas as posibilidades estaban enriba da mesa, especialmente cando a Escocia se lle asegurou en 2014 que votar SI á independencia sería estar fora da UE); tamén parece que ninguén leu o "Scotland's place in Europe" que é o único plan de Goberno para enfrontar as graves consecuencias que o Brexit pode acarrexar a Escocia, entre eles a perda de 80.000 postos de traballo. 

Semella que non é función dos xornalistas estar ben informados, semella que a función dos xornalistas é facer unha campaña en contra da única lider capaz que existe a tal hora en Reino Unido. 

Hoxe Nicola Sturgeon deixou claro no programa de Andrew Marr que non está faroleando sobre un segundo referendo e que nunca vai renunciar á independencia senón que fará campaña por ela sempre, por ideais e por convencimento. 

Editorial do Daily Record

Ainda que o mantra é #SNPBad na prensa unionista en xeneral, hai excepcións como o Daily Record, que no seu momento foi o responsable de "vender o fume do vow" unha semana antes do referendo de independencia. Estáse notando dende hai meses un cambio sustancial de apoio total á estratexia do Goberno escocés. As expectativas dun brexit duro son catastróficas para Escocia.





Nicola Sturgeon on GMS:
“We want to try to work with others across the UK, across the political spectrum, to try to keep the UK in the single market. If that can’t be done, then we want to explore ways – and we’ve put forward how we think this can be done – of keeping Scotland in the single market while continuing to protect free trade across the rest of the UK and said very clearly, of course, that would require additional powers for the Scottish Parliament.”

“We’ve put forward very detailed plans about how we avoid a hard Brexit and the reason it’s important to avoid a hard Brexit, let’s not forget, is because that will have a devastating impact on our economy and on jobs. So, I've been willing, and am willing, to put aside my preferred option of independence in the EU to see if we can explore a consensus and compromise option.”

“I’m never going to stop arguing for independence. I think Scotland will become independent and I think that’s the direction of travel. But we’re talking at the moment in the context of the Brexit vote.”




luns, 2 de xaneiro de 2017

"Llamando a Londres": Falta de imparcialidad de la #BBC durante #indyref

Xa podedes ver o documental "London Calling" sobre o sesgo da BBC durante a campaña do referendo de independencia en Escocia, con subtítulos en castelán. Non o perdades #Manipulación #Información#Escocia

xoves, 22 de decembro de 2016

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 22nd December 2016 #FMQs #Scoltand #Politics

There is NO #SpanishVeto #BetterTogetherMyth #ScotlandinEurope #SingleMarket #EU #UK #brexit
















Moodievision: Chritsmas Special 2016 by @gregmoodie

martes, 20 de decembro de 2016

O lugar de Escocia en Europa / Scotland's place in Europe #Brexit #ScotlandinEurope

Nicola Sturgeon ven de publicar o primeiro (e único ata o momento) plan gubernamental en territorio de Reino Unido para tratar a situación actual que provocou o resultado do referendo do #Brexit

"Scotland's Place in Europe" (O lugar de Escocia en Europa) é unha concisa exposición do que supón para Escocia abandoar a UE e o Mercado Único; tamén indica as  propostas oficiais que o Goberno escocés vai presentar ao Goberno de Londres para ser debatidas no inicio de 2017.

Theresa May anunciou durante a Conferencia dos Conservadores que o artigo 50 sería activado a finais de marzo de 2017, pero este anuncio veuse bloqueado cunha sentenza do Tribunal Supremo que obriga ao debate e votación previos na Cámara dos Comúns. Actualmente o Goberno británico está presentando as súas alegacións a esta sentenza.

Escocia está decidida a pelexar polo seu lugar en Europa, e ven desarrollando toda unha estratexia de fortalecemento das relacións internacionais, en especial con Bruxelas onde hai uns días Alex Salmond foi recibido por Jean-Claud Juncker. Esta visita foi amplamente silenciada polos medios de prensa internacionais nun intento mais de minimizar a grave situación á que se enfrenta o goberno británico logo da votación do 23 de xuño de 2016.
A First Minister escocesa ven actuado rauda e contundentemente dende o día seguinte ao referendo do Brexit e marcando as diferenzas co caos reinante en Londres; amósase plena e totalmente disposta a defender os intereses do pobo escocés ata as últimas consecuencias. O desastre que suporía para para Escocia o chamado "Brexit duro" enfróntase  en esencia coa seguinte estratexia de negociación: 

1º) Intentar a permanencia de Reino Unido no Mercado Único

2º) Se a primeira opción non é posible, intentar que Escocia poida permanecer dentro do Mercado Único con máis competencias das que ata agora se lles transferiron.

3º) No caso de que se ignore totalmente estas dúas premisas anteriores, forzar un segundo referendo de independencia en Escocia. De darse esta situación o Gabinete de goberno de Nicola Sturgeon xa está preparando lexislación que permitiría a celebración deste segundo plebiscito.

Durante a súa intervención, Nicola Sturgeon recordou as frases que utilizou o Goberno británico durante a campaña de 2014, e mais recentemente despois do referendo do Brexit que aseguraban que Gales, Norte de Irlanda, Escocia e Inglaterra ocupan igual lugar e relevancia na política global de Reino Unido. Agora se verá se iso é certo, e a que porto poden chegar estas negociacións internas.

Sen dúbida unha das cuestións que máis preocupa ao Goberno escocés, aparte da enorme repercusión económica (a nivel de administracións locais, pesca, agricultura, comercio, turismo, etc..)  é a situación na que quedarían os dereitos dos traballadores protexidos actualmente por leis e normas europeas; e por suposto a cuestión da liberdade de movemento , algo no que Sturgeon e o seu equipo insisten cada día, especialmente daqueles cidadáns europeos que fixeron de Escocia o seu lugar para vivir e traballar. Escocia quere portas abertas e liberdade de movemento para os cidadáns do mundo.

Nicola Sturgeon e o SNP gozan do apoio dos Verdes (ainda que pensan que o Goberno escocés debería ter ido mais alá e insisten na necesidade de preparar a lexislación para un novo referendo de independencia)  no Parlamento escocés cos que acadan maioría absoluta. A situación dos LibDem, Labour e, especialmente dos conservadores ven sendo moi contradictoria durante estes meses, apoiando ou criticando ao goberno indistintamente sobre os plans anunciados.

Aquí deixo o video completo da presentación do documento, onde Nicola Sturgeon atendeu posterioremente todas e cada unha das moitas preguntas realizadas pola prensa (ela non precisa plasma nin pactar cos xornalistas nada... tomade nota) 




sábado, 17 de decembro de 2016

Acerga volve á acampada de San Caetano un ano despois // Acerga comes back to Santiago #OCerco #Compostela #Pesca #Mar #Fishing #PurseSeineSector

The shipowners of the Galician purse-seine sector came back to Santiago on the aniversary of a historic encampament that they mantained in front of the Galician Government building for 94 days in 2015. They were (and still are) calling for fair distribution of fishing quotas. This beautiful boat with a commemorative plaque will stay there as a reminder of this mobilization and their ongoing fight.

Here are some videos and photos of this event in which Martiño Noriega, Mayor of Santiago de Compostela, participated. 


Os patróns do cerco galego de pesca volveron a Santiago no aniversário do histórico campamento que mantiveron diante dos edificios administrativos do goberno galego durante 94 días en 2015. Eles reclamaban (e reclaman) un reparto xusto de cuotas de pesca. Este fermoso barco cunha placa conmemorativa ficará alí como recordatorio desta mobilización de da súa continua loita.

Aquí tedes algunhas fotos e videos deste evento no que participou Martiño Noriega, Alcalde de Santiago de Compostela  













mércores, 14 de decembro de 2016

Alex Salmond en Bruxelas / Alex Salmond in Brussels #CoppietersAwards #ScotlandinEurope

Alex Salmond visitou Bruxelas o dia 14 de decembro. Durante a visita se reuniu con Jean-Claud Juncker e recibiu tamén o Premio Coppieters pola súa defensa do dereito a decidir. Aquí vos deixo unhas cuantas imaxes e videos compartidas pola European Free Alliance e polo propio Centre Coppieters

Salmond iniciou a xornada cunha rolda de prensa, acompañado dos tamén membros do SNP,  Stuart Donaldson e Lisa Cameron; entroutras cousas, o ex Primeiro Ministro escocés dixo que se reuniría con Jean-Paul Juncker como amigo, xa que este manifestou que Escocia necesitaba ser escoitada; tamén ratificou unha vez mais a intención de Escocia de permanecer en Europa e que ata o momento a estratexia escocesa é a de unificar as forzas progresistas para evitar un "Brexit duro".
Salmond tamén quixo reseñar a necesidade de fortalecer unha Europa mais social que teña en conta os movementos de autodeterminación.







"Nun futuro moi próximo a Primeira Ministra de Escocia desvelará a estratexia escocesa para reter as nosas conexións con Europa, en comercio, en cultura e en política. Non Temos ningunha intención de permitir que os nosos  1000 anos de historia  como nación europea sexan cortados  polos fracasos do Stablishment político de  Westminster. Cando soen as trompetas, outros europeos deberán mobilizarse pola  causa de Escocia.

“Escoitamos moito acerca de como a orde establecida está baixo asedio das forzas populistas da dereita – como os valores liberais e as políticas progresistas están en retroceso ao redor de Europa e no mundo”

"Con todo en Escocia, son as forzas progresistas as que están en ascenso e as protestas  contra o establecemento é expresada desde a esquerda ata o centro. A Unión Europea, con todos os seus defectos, é considerada  como cousa positiva.”

"Escocia non é única nisto. Nun número de países europeos as forzas do cambio tamén xurdiron dende a esquerda autonomista, aínda que, como responderon as  institucións europeas? A resposta non está ben, polo menos até recentemente. Isto está mudando e ten que facelo. Cando o vandalismo da dereita estean  ás mesmas portas do Tratado de Roma, entón a axuda dos europeos progresistas deberá ser atesourada e valorada.

"Queremos unha Europa que priorice o crecemento e recuperación, unha Europa que remunere o concepto dun contrato social e unha Europa e que responda con solidariedade e  humanidade cando enfronte unha crise de refuxiados


"Necesitamos unha Europa onde a disidencia se canalice cara unha fresca esperanza. Precisamos levantar outra vez a desgarrada bandeira dunha Europa social. Precisamos  avivar unha vez máis a visión idealista que o propio Maurits Coopieters ten impulsado. Onde a autodeterminación da diversidade lingüística e cultural das persoas, a paz e a democracia poidan atopar unha casa nunha Europa unida."







sábado, 10 de decembro de 2016

Visitando Yes Edinburgh West // Visiting Yes Edinburgh West #Scotland #ANationalAnthemforScotland #Himno

On the 28th of November we went to Clerminston (Edinburgh) and participated in a very interesting event organized by Yes Edinburgh West and presented by Bob Murray: "A National Anthem for Scotland" . Thank you all for your kindness and hospitality! 
P.S. I was the one who picked "Scots Wha Hae"


O 28 de novembro estivemos en Clerminston (Edimburgo) e participamos en un moi interesante evento organizado por Yes Edinburgh West e presentado por Bob Murray:  "Un himno Nacional para Escocia".
Moitas grazas a tod@s pola vosa amabilidade e acollida!
P.D. Fun eu a que elexiu "Scots Wha Hae"