mércores, 9 de febreiro de 2022

House of Commons - Questions about reforming the UK’s human rights framework #HHRR #HumanRights #UK #Scotland

As razóns do nacemento desta páxina e a ratificación día a día da mesma

A censura non ten xustificación - O que está a acontecer é moi grave e atenta contra valores democráticos #Censura #Press #Freedomofspeech #SocialNetworks

O video da comparecencia de Joan Ramón Laporte de Youtube foi censurado a pesares de ser contido institucional e cando estaba a piques de alcanzas as 500.000 vistas - O nivel de censura que estamos vendo é digno de revisión por parte de todos e todas. Non é tolerable. Por iso, comparto con vós o link da miña nova plataforma co video en Odysee.com


Mensaxe para todas aquelas que dende o espectro de esquerdas xustificades este tipo de medidas ou vos poñedes de perfil ante elas:

Seguide xustificando a censura de material nas redes, seguide... que nos está quedando o dereito á liberdade de expresión fabuloso...
E xa non digamos do dereito á prensa e aos dereitos fundamentais.
Seguide ignorando o que está a acontecer. É gravísimo.

luns, 7 de febreiro de 2022

Comisión de Investigación relativa a la gestión de las vacunas y el Plan de Vacunación en España - D. Joan-Ramon Laporte Roselló, Profesor Honorario, Universitat Autónoma de Barcelona

 
O video en Youtube foi censurado a pesares de ser contido institucional e cando estaba a piques de alcanzas as 500.000 vistas - O nivel de censura que estamos vendo é digno de revisión por parte de todos e todas. Non é tolerable. Por iso, comparto con vós a miña nova plataforma en Odysee.com

(Juan Ramón Laporte, Catedrático emérito de la Universidad Autónoma de Barcelona, Licenciado en Medicina, Profesor de Terapéutica y Farmacología de la Universidad Autónoma de Barcelona, Fundador y ex-director del ICF (Instituto Catalán de Farmacología), Fundador y director del Butlletí Gorc, Fundador de la ISDB (International Society of Drug Bulletines), Experto de la Organización Mundial de la Salud en evaluación de medicamentos, y ex asesor de la Agencia Europea del Medicamento https://diario16.com/joan-ramon-laporte-ante-tanta.../)


Errare humanum est, sed perseverare diabolicum ... e agora, que?

Unha cousa é errar ante unha situación anormal ante a que non estábamos preparados. Toda medida parecía pouca. Outra é non rectificar os erros cometidos e insistir neles

E iso foi o grave nestes dous anos: o grave foi manter erros e medidas que nada tiñan que ver con cuestións medicosanitarias ou científicas.

O grave foi criminalizar e demonizar a profesionais científicos, sanitarios, xuristas, filósofos que avisaban dos erros. O gasto de billóns do erario público sen auditoría algunha. O grave foi deixar en mans das avariciosas e comerciais farmacéuticas as decisións de saúde pública. (O British Medical Journal deixouno ben claro).

O grave foi o silencio cómplice da esquerda.

Todos aqueles dirixentes políticos que solían remitirse á Carta Magna de Dereitos Humanos, aos tratados de Bioética, á normativa en vigor de Defensa dos Usuarios dos Servizos sanitarios público, ou ás resolucións e recomendacións do Consello de Europa ficaron calados ante nefastas decisións políticas

O descrédito e a decepción é tal que cando queiran reaccionar van ter que traballar ben duro e esmerarse para explicar todas as súas contradiccións, simplezas e cobardía

E non, non vai valer iso de "estabamos en pandemia". Nas peores crises é cando hai que defender máis os dereitos fundamentais e esixir transparencia, ética e control

Estábamos en pandemia antes: a pandemia da destrucción dos servizos públicos, das privatizacións, da violación dos dereitos fundamentais, da propaganda, do racismo e xenofobia, da corrupción... e agora, que?

mércores, 26 de xaneiro de 2022

Entrevista co colectivo Berro Seco : a defensa polos dereitos dende a perspectiva de esquerda


É preciso unha análise en profundidade do panorama que estamos a vivir. Decisións de calado político que se disfrazan de decisións sanitarias. Recortes, censura, e discurso "único" e "monolítico" que parece limitar o dereito a discernir e a discrepar e a analizar dun xeito crítico as decisións que nos afectan.
Hoxe comparto con vós unha entrevista con representantes do colectivo Berro Seco e vos pediría que antes de emitir opinión escoitárades con atención todo o que se fala.
Agardo que vos pareza interesante. Grazas a Lidia Senra e Antonio Lores


Joanna Cherry MP : "It's not for the UK Government or the Westminster Parliament to alter the jurisdiction of Scotland's Court of Session"

xoves, 20 de xaneiro de 2022