mércores, 17 de agosto de 2016

AsktheFM and Cabinet – EU Nationals event // Pregunta á Primeira Ministra e ao Gabinete sobre #Brexit #CidadansEuropeos

A Primeira Ministra escocesa, Nicola Sturgeon, e o seu Gabinete de Goberno ao completo atenderon hoxe un evento no que escoitaron e contestaron a todas as preguntas feitas por cidadáns europeos residentes en Escocia.

Nicola Sturgeon explicou a situación na que está o Goberno escocés despois de que Escocia votara a favor de permanecer na UE (opción votada por un 62% da poboación escocesa) pero o resultado global de Reino Unido forzara á saída da Unión Europea ao conxunto do Reino Unido.

Nicola Sturgeon continúa con este evento cunha ampla rolda de contactos para coñecer de primeira man a situación dos residentes europeos en Escocia, que "sempre serán ben recibidos e agradece a súa tan valiosa contribución". O Goberno escocés realizarán eventos similares en todos os sectores para recoller todas as preocupacións e as situacións que o Brexit provocará; estes eventos son abertos e con público e se emiten en directo en youtube e nas redes sociais.

Este evento en concreto deixou preguntas moi interesantes feitas por persoas de distintas nacionalidades que levan anos estudando, traballando e estudando en Escocia e que agora se atopan nunha situación de "limbo legal" que non saben moi ben como se vai resolver.

O Goberno británico ainda non chamou ao cumprimento do artigo 50 para formalizar a súa saída da Unión Europea, pero a formación da comisión para tratar as negociacións está xa levantando polémica e indignación entre áreas e sectores que apostaban por Brexit para un mellor deselvolvemento, como é o caso do sector pesqueiro, por exemplo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario