mércores, 17 de agosto de 2016

The BBC and the RBS fake story... again // A BBC e a historia falsa sobre Royal Bank of Scotland... outra vez #BBCbias #Bias #Manipulation

A BBC foi duramente criticada durante a campaña do referendo de independencia de Escocia polo papel manipulador e sesgo informativo que levou a cabo; pero a guinga desta manipulación foi unha noticia que resultou ser falsa, na que se informaba que o Royal Bank of Scotland marcharía de Escocia no caso de que o SI gañara o referendo; isto foi negado e rectificado polos propios responsables do RBS, pero que nos días previos á votación, deu moito xogo en toda a prensa e TV unionista. 
Alex Salmond denunciouno
en Edinburgh durante unha rolda de prensa con medios de comunicacións internacionais. Douglas i eu fumos testemuñas do enfado evidente de Alex Salmond con Nick Robinson e a BBC. Tamén o denunciou formalmente e deu parte, e no seu libro "The dream shall never die" explicou con detalle como se desarrollaron os acontecementos.

Agora, ao calor do debate do Brexit, a canle británica volve a repetir a historia, outra vez, reportando de novo que RBS abandoaría Escocia de conseguirse a independencia (de novo falso de toda falsedade). Salmond cataloga o comportamento informativo da BBC, de totalmente indignante e vergonzoso. 

Speaking in his exclusive Press and Journal video blog, Alex Salmond discusses the BBC’s “misreporting” of claims that RBS would look to move their headquarters in the event of Scottish independence.


Ningún comentario:

Publicar un comentario