martes, 16 de xuño de 2015

A promesa rota // Broken vow #ScotlandBill #Devolution #SmithCommission #Indyref #Europe #SNP #Team56

Téñoo dito antes, e o repito. Existe una estratexia común dende a dereita europea de facer desaparecer autonomías e nacións pequenas, especialmente aquelas cunha forte personalidade, identidade e voz en contra das políticas de austeridade. 


I’ve said it before and I’ll say it again. There is a common strategy from the European right wing to make autonomies and small nations disappear, especially those with a strong personality, identity and voice against austerity policies.


Os conservadores usaron toda a maquinaria do Estado contra Escocia durante o referendo. O Proxecto Medo foi, sen dúbida, unha xenial arma para convencer a xente a votar non... e logo THE VOW, as promesas feitas ao pobo de Escocia lograron o resultado desexado.

The conservatives used all the machinery of the Establishment against Scotland during the referendum. Project Fear was indeed a great weapon to convince people to vote no…. and then the VOW, the promises made to the people of Scotland, got the result they wished.


Gordon Brown e a cegueira do Partido Laborista permitiu isto... cegueira ou... foron realmente cómplices dende o primeiro momento deste plan irrespectuoso?  O Financial Times publicou que Cameron e Brown traballaron xuntos contra Escocia. Quen podería esquecer isto?


Gordon Brown and the blindness of Labour allowed that… blindness or… were they really accomplices from the very first moment of this disrespectful plan? The Financial Times published that Cameron and Brown worked together against Scotland… who could forget that?



Onte, durante o debate do Proxecto de Lei para Escocia, vimos claramente que a intención de Westminster  é ser “Unha Grande Nacion”, actuando coma unha sóa grande nación e tendo o antidemocrático poder de facer desaparecer o Parlamento escocés en contra da vontade do pobo escocés. Non importan as emendas que o Team 56 presentaron... non é o caso... iso non é importante. O importante é seguir o plan, o plan que o Goberno Tory tiña para o futuro de Escocia dende hai moito tempo.

Yesterday, during the debate of the Scotland Bill, we saw very clearly that the intention of Westminster is to be just One Nation, acting like One Nation, having the anti-democratic power to make the Scottish Parliament disappear against the will of the people of Scotland. Never mind all the fair amendments that Team 56 presented… that’s not the case… that’s not important. The important thing is to follow the plan, the plan that the Tory Government has had for Scotland’s future for a long time ago.



Era Gordon Brown consciente disto cando decidiu traballar con Cameron contra Escocia levando a voz cantante do VOW? ... Por suposto que era consciente de todo;  el non é un novato en política, coma tampouco o son os que advertiron das consecuencias das súas accións para Labour non só en Escocia senón en Reino Unido, eles sabían exactamente que era o seguinte que ia acontecer. 

Was Gordon Brown aware of this when he decided to work together with Cameron against Scotland, as he was the main voice of the vow? …. Of course he was aware of everything;  he’s not a novice in politics, neither those that warned about the consequences of his acting for Labour not just in Scotland but in the UK were novice either... they know exactly what was going to happen next…



Dende o meu punto de vista, chego a duas conclusións. Unha:  logo do debate de onte na Cámara dos Comúns, chega a extinción do xa casi extinto Partido Laborista. Segundo: estamos mais cerca que nunca da independencia de Escocia. A independencia é a única esperanza para Escocia e para os pobos e nacións de Europa.

From my point of view, I come to two conclusions. One: After yesterday’s debate, we will see the total extinction of the already almost extinct Labour. Second: We are now closer to Scotland’s independence than ever. Independence is the only hope for Scotland and for the people and Nations of Europe. 





The National view // Editorial do The National

Proxecto de Lei de Escocia - Debate completo //
Scotland Bill - Full debate 







mércores, 10 de xuño de 2015

As aventuras do #Team56 en Westminster: Parte 2 #SNP #Scotland #Brexit #ScotlandBill

Xa vai alá un mes dende a inauguración do Parlamento británico dous debates están a ter especial interés para os escoceses. O primeiro é o proxecto de Lei para Escocia (Scotland Bill) e o segundo o proxecto de lei para a convocatoria do Referendo sobre a Unión Europea.

En canto o proxecto de Lei para Escocia, atopamos que os xa diluidos poderes prometidos a Escocia recollidos nas recomendacións da Comisión Smith, dilúense ainda mais. A grande polémica ven pola introducción no Proxecto dos vetos que se propoñen que deixan ao Parlamento escocés en mans e decisións da Oficiña de Estado para Escocia que rexenta o único Tory escocés, David Mundell.
Ainda que o goberno británico insiste en que non existe tal veto coma tal, a letra é clara. As decisións do Parlamento escocés poderán seren aprobadas logo do visto bo da Scotland Office.

(Grazas coma sempre a Peter Curran polos seus videos) 







En canto a Europa, Alex Salmond, responsable de de Relacións Internacionales do grupo parlamentario do SNP, leva a voz cantante nos debates. A preparación do ex-First Minister é tal, que nas bancadas da oposición conservadora non atopan forma de rebatirlle mais que con actitudes despectivas, o cual non deixa de ser sorprendente dada a boa fama dos politicos británicos en canto a preparación.

A abstención dos laboristas en todas as emendas presentadas polo SNP, coma a de permitir o voto aos cidadáns europeos que viven en Reino Unido ou aos xóvenes maiores de 16, aviva os comentarios da inutilidade e a crise de valores do Partido Laborista.

A porta queda xa aberta a un referendo de saida ou permanencia da Unión Europea, e o SNP mantén que non vai facer campaña conxunta con ningún dos partidos que compartiron plataforma contra a independencia de Escocia, decisión que moitos observan aliviados. 







Os deputados do SNP amosan a súa calidade, compromiso e preparación nas súas intervencións e discursos iniciais. Neste fantástico recurso podese acceder a todos eles.

martes, 9 de xuño de 2015

Unha estrela en EEUU chamada Nicola Sturgeon #Scotland #ConnectingScotland #Women


Nicola Sturgeon está visitando EEUU para promocionar Escocia na súa primeira viaxe oficial coma First Minister. A visita nos está deixando imáxenes que fan as delicias dos escoceses, ou mais ben da maioría dos escoceses.

Líder escocesa conquista EEUU con su excepcional sentido del humor

Nicola Sturgeon, Star of Scottish Politics, Vows to Secure More Power 

Coma ven sendo habitual, a prensa británica ofrece de xeito sesgado declaracións de Sturgeon que nada teñen que ver coa agarimosa acollida que está tendo en realidade.





Voces críticas en Escocia e en Reino Unido poñen en dúbida a valía desta representación, cousa que por outra parte é o mais lóxico e razonable no seu rango, e xa empeza a dar froitos.


A máxima mandataria escocesa propúxose, entre outras moitas cousas, reforzar e ampliar as relacións internacionais, nun momento no que o Parlamento británico opta por abrir a porta á rupturas coa Unión Europea. 
Nicola Sturgeon, deu hai uns días un discurso en Bruxelas, onde manifestou que a postura oficial de Escocia é a permanencia na Unión Europea. No contexto do debate sobre o chamado #Brexit (posible saída de Reino Unido da Unión Europea), Escocia é defensora dunha política internacional non armamentística, anti-nuclear, solidaria e respectuosa que dista moito da visión imperialista do Goberno británico.



Afortunadamente as mostras de respecto e aceptación cara Nicola Sturgeon sucédense dende diversos sectores da prensa americana, empresarial, social e cultural, o que amosa clara a simpatía por unha muller que moitos miran có convencimento de que chegará algún día a liderar unha Nación independente.




Por qué el FMI quiere que tú pagues más explicado en 1 minuto vía @antonlosada #austerity #Spain #FMI #recomendations

RECOMENDADO // RECOMMENDED #Compostela #Xuño #June #Celebrations #Festas


See more





martes, 2 de xuño de 2015

Nicola Sturgeon en Bruxelas : Escocia pertence á Unión Europea #EU #Brexit #Scotland

No European Policy Centre de Bruxelas tivo lugar a primeira conferencia de Nicola Sturgeon sobre Europa e Escocia no marco da Unión Europea; cúmprense nesta mesma semana 40 anos do primeiro referendo celebrado en Reino Unido, no que se decidiu a permanencia ou non na Comunidade Económica Europea (CEE).


Nun momento no que o futuro de Reino Unido está de novo pendente doutro referendo que terá lugar en 2017, a First Minister de Escocia quixo sentar as bases da posición do pobo escocés en materia europea; Sturgeon afirmou que Escocia só se pode entender coma Estado membro da Unión Europea, que son enormes os beneficios que Escocia acada neste contexto; mais quixo tamén sinalar e alertar que é preciso facer de Europa un lugar mais respectuoso coas autonomias e as realidades dos Estados membros.


O Goberno británico ven de anunciar que os cidadáns europeos que residen en Reino Unido non terán dereito de voto no futuro referendo; Nicola Sturgeon explicou que este anuncio choca frontalmente coa visión do Goberno escocés e planteou que arredor de 170.000 cidadáns que viven e traballan en territorio escocés tiveron dereito de voto no referendo pola independencia de Escocia en setembro do 2014, e deberían poder expresar tamén a súa vontade neste referendo sobre Europa.

A visión sobre a emigración é unha das grandes diferencias entre o Goberno británico e o escocés; a sociedade escocesa está orgullosa da súa multi-culturalidade e para eles os inmigrantes son parte de Escocia, onde teñen igualdade de responsabilidades e beneficios.



Nunha contundente e ben fundamentada proposta de cara ao referendo, Nicola Sturgeon, foi expoñendo a postura escocesa remarcando os puntos que eles consideran mais fundamentais. Por unha parte, o firme e indiscutible compromiso cos Dereitos Humanos; a responsabilidade que ten Europa coa traxedia dos inmigrantes do Mediterráneo; ou a visión do Goberno escocés, compartida por outros lideres de Gales e Irlanda do Norte,  que ningunha nación das 4 que integran o Reino Unido debería deixar a UE en contra da súa vontade; e fixo tamén unha moi significativa chamada de atención a un Cameron que leva anunciando a renegociación do tratado británico coa UE dende hai case dous anos, sin especificar, ata o momento, que é o que quere negociar ou cambiar Reino Unido do presente tratado, e qué cambios rexeitaría ou aceptaría como válidos. 

Nicola Sturgeon tivo tamén palabras de aliento para que se leven a cabo mais accións conxuntas que melloren ao conxunto dos cidadáns europeos, poñendo o roaming coma exemplo; animou a mellorar nas leis de comercio, novas e precisas visións na xestión da pesca, medio ambente, e tratou fixo fincapé na defensa da soberanía de posibles novos Estados nacidos de democráticos procesos de independencia, etc... 

Dende xa, o Goberno escocés, empeza a facer campaña para defender a súa permanencia na UE. Por suposto, non é a primeira vez que se menciona esta posibilidade, mais Sturgeon repetíu que a falta de respecto á decisión do pobo escocés por parte do Goberno de Cameron nesta materia, podería ser un motivo mais que contundente para a realización dun segundo referendo de independencia. 

Recordemos que durante #indyref, o bando unionista, orquestado por Cameron mediante títeres coma Barroso, Rajoy e outros realizaron unha moi tóxica campaña contra a membresía de Escocia en Europa. E lembremos tamén que a única oficiña da UE en Reino Unido, ten a súa sede en Edinburgh.

Sen dúbida, Escocia se move con seguridade e decisión, con ánimo de reforzar a súa conexión e colaboración internacional, algo que é imprescindible para unha Nación.