venres, 4 de novembro de 2016

Entrevista con Ánxela Ferro da Asociación Abeiro #rescate #mascotas #maltratoanimal #protecciónanimal

Estamos concienciados sobre as responsabilidades que temos coas nosas mascotas? E sobre maltrato animal?
De todo isto e mais falei con Anxela Ferro, da Asociación Abeiro, esta tarde. Escoitade e compartide 😉
Podedes contactal@s en Asociación Abeiro no FB, tamén no twitter @Abeiroanimal e na súa nova páxina web: www.asociacionabeiro.org






xoves, 3 de novembro de 2016

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 3rd November 2016 #FMQs #Scotland #Politics

Government DOES need Parliamentary approval to trigger #Article50 // O Goberno británico debe aprobar a activación do artigo 50 #brexit











Sign the petition / Firma a petición #StandingRock #Sioux #Dakota #NoDAPL

Follow in twitter / Segue en twitter: @NoDAPL

Follow in FB // Segue en FB : Standing Rock Protectors - Pipeline protests 
  










Sign the petition / Firma a petición: 

martes, 1 de novembro de 2016

Dende Santiago de Compostela, cidade espiritual / From Santiago de Compostela, spiritual city #IStandWithStandingRock #NativeAmerican #WaterProtectors

 

Únete e mantente informado // Join and keep yourself informed: 




Homenaxe aos ancestros // Tribute to the Ancestors (& Samhain Oracle for Scotland) #Samhain #Samain #Halloween

Paying tribute to my Ancestors and the loved ones who passed away this year. Blessed Samhain to everyone.

Rendindo homenaxe aos meus ancestros e aos seres queridos que nos deixaron este ano. Que teñades un Feliz Samaín.



Ancestors advise to be careful with forces working against the strength of a woman


A decision must be made between two paths. Ancestors speak of lessons already known to avoid repeating the same mistakes

Changes will happen quickly, but this time wise people will speak on your behalf, and after a periode of silence the Sun will shine again


Be careful, be patient, be confident for

domingo, 30 de outubro de 2016

Remembering Songs for Scotland 2014 // Recordando Songs for Scotland 2014 #musica #cultura #Scotland #Escocia #indyref2

In September 2014 I had the great pleasure of being at Oran Mor in Glasgow listening to Songs for Scotland. Here's a little round up of this event .
Now, Songs for Scotland two is coming... I'll keep you informed, stay tuned! 
#indyref2
En setembro de 2014 tiven o enorme placer de estar en Oran Mor en Glasgow escoitando Songs for Scotland. Aquí vos deixo un pequeno recordo do acto. 
Agora, Songs for Scotland 2 está a piques de ter lugar, tereivos informados, permanecede atent@s
 #indyref2

xoves, 27 de outubro de 2016

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 27th October 2016 #FMQs #Scotland #Politics

#Indyref2 como resposta ao engano no Reino Unido // #indyref2 as a response to the UK deception #Brexit

In my latest article published in Sermos Galiza, I explain how the false and so often repeated message from the Better Together Platform, and from the UK Government on the Scotland's EU membership during the referendum campaign in 2014, gives full legitimacy to Nicola Sturgeon to convene #indyref2 after the outcome of the Brexit referendum in which 62% of Scots voted to remain in the EU.


I also explain how this call would be conditioned by the result of the UK internal negotiations on Brexit. I remark that #indyref2 would be the last opportunity for Scotland to determine its own future as an independent country, so, it would be essential to win a second referendum therefore the leadership of Nicola Sturgeon could end up being seriously damaged. 

martes, 25 de outubro de 2016

A comprensible frustración de Escocia (Gales e Norte de Irlanda) con Theresa May #Brexit #indyref2

A primeira das xuntanzas de Theresa May cos máximos responsables de Escocia, Gales e Norte de Irlanda para tratar o tema do Brexit non foi nada ben. Ainda que oficialmente o Goberno británico valora positivamente esta xuntanza, ningún dos representantes das nacións que conforman Reino Unido e que participaban nesta reunión saliu contento; é mais, ante as acusacións de querer socavar os plans de Theresa May, Nicola Sturgeon respostou decindo que non se pode socavar algo que non existe, xa que á Premier británica carece a día de hoxe dalgún plan claro para dar solucións aos múltiples problemas que xa está a provocar o Brexit.

A First Minister de Escocia deixou claro que non está lanzando farois cando fala da posibilidade real de convocar un segundo referendo si non se lle escoita e non se permite a Escocia ter as competencias para poder manobrar nun panorama que acarrearía gravísimas consecuencias para a economía da nación do norte. Tamén se amosou profundamente frustrada coa actitude do Goberno británico que non aportou ningún dato novo logo de duas horas que durou a reunión. Escocia reclama (ao igual que Gales e Norte de Irlanda) permanecer no mercado único e competencias sobre inmigración, pero tanto May como David Davis xa se encargaron de rexeitar con contundencia esa posibilidade. No caso de Irlanda do Norte, os acordos de paz están en perigo.

Estas xuntanzas vanse repetir a miúdo, pero de non existir concesións dende o Goberno británico, as xa duras negociacións se presentan ainda máis duras. 


(Moitas grazas a Peter Curran por este video // Thank you so much to Peter Curran for this video)

venres, 21 de outubro de 2016

Theresa May non ten mandato para evitar #indyref2 // Theresa May has no mandate to stop #indyref2 #DraftBill #ScotGov #Brexit


Nicola Sturgeon anunciouno en varias ocasións. Primeiro durante a presentación do seu programa electoral para as eleccións de marzo, posteriormente no seu programa de Goberno para 2016-2017:

"Cremos que o Parlamento escocés debería ter o dereito de convocar outro referendo de independencia de haber unha clara e sostida evidencia de que a independencia se convertiu na opción preferida para a maioría dos escoceses - ou se hai un cambio significante e material das circunstancias que prevaleceron en 2014, como que Escocia sexa levada fora da UE en contra da súa vontade"
Ainda que Theresa May di que Sturgeon non pode convocar outro referendo, este parágrafo demostra o contrario e está a ser repetido ata a saciedade pola Primeira Ministra e os deputados escoceses, por expertos legais, e ata polo xornal unionista Daily Record, é o que lle concede sen dúbida a postestade e o mandado a Nicola Sturgeon e ao seu goberno para presentar (para consulta) este Borrador de Proxecto de Lei para a celebración dun segundo referendo de independencia.


Significa iso que Escocia vai celebrar con seguridade un segundo referendo (#indyref2)? Non, moitos ven esta posibilidade lonxe e improbable si a Premier Theresa May accede ás peticións de Escocia, negociando a súa permanencia no mercado único, dándolle un status especial en materia de inmigración, ou respectando as competencias prometidas durante 2014, que ainda están sen aprobar en Westminster e sen transferir,  e que corren serio risco tras a votación do Brexit.

Tamén é de ter en conta que o SNP puxo en marcha hai uns meses unha macro enquisa para coñecer de primeira man a valoración de ao menos un millón de escoceses; é de supoñer que o resultado da mesma será tido en conta á hora de decidir si se realiza ou non o #indyref2,

Este borrador, será exposto para consultas, e aberto a consideracións e enmendas que se recollerán ata o 11 de xaneiro de 2017. Dependerá dos pasos que dea Theresa May a partir de marzo de 2017, data na que ten pensado activar o art. 50 para o Brexit, e das condicións nas negociacións internas en Reino Unido, de que Escocia decida si fai unha realidade o que moitos entenden como un ultimatum.

Pero si o Goberno escocés chega á conclusión de que un referendo é o único xeito de defender os intereses da súa Nación, este borrador, moi semellante en condicións ao aprobado para o referendo de 2014, deberá ser levado ao Parlamento escocés para debate e posterior aprobación por maioría absoluta (os votos do SNP e dos Verdes serían mais que suficientes), e realizaríase antes de marzo de 2019, data na que Reino Unido estaría xa oficialmente fora da UE.

Por certo que os Verdes, na voz de Patrick Harvie deixou xa clara a súa postura, dando a benvida a este borrador e alertando a Westminster que non pode vetar a celebración dunha segunda consulta.



xoves, 13 de outubro de 2016

Nicola Sturgeon marca o camiño cara #Indyref2 fronte a deriva do #brexit #SNP16

A Conferencia anual do SNP era moi esperada despois da votación do Brexit e dos discursos de extrema dereita e xenófobos que Theresa May lanzou na Conferencia dos Conservadores en Birminghan.

A Primeira Ministra escocesa e lider do Scottish National  Party deixou claro, e repite sempre que ten oportunidade, que toda persoa que decida vivir e traballar no páis, sen importar de onde proceda é benvida en Escocia e os seus dereitos serán protexidos polo Goberno escocés.
Nicola Sturgeon quixo mandarlle unha mensaxe contundente a Theresa May. A primeira ministra británica non electa anunciou que sacaria a Reino Unido do mercado único; esta mensaxe de May ven de provocar unha oleada de indignación tanto na oposición como no seu partido. Sturgeon encargouse de desautorizala: "non tes mandato para eliminar nada de Reino Unido do mercado único". 

Nicola Sturgeon non se andivo polas ramas. Primeiro foi taxante no seu discurso de apertura en canto á xenofobia e o racismo que, dixo, non teñen cabida nunha sociedade democrática, non teñen cabida en Escocia.
Segundo, anunciou que tanto o Parlamento escocés como os deputados do SNP farán todo o posible para evitar o Brexit, e farán activa e firme oposición as decisións do goberno de Londres. 

Moitos dubidaban de si se faría real un anuncio dun posible segundo referendo de independencia. A elección de Angus Robertson como segundo lider do SNP xa anunciaba que así sería. Sturgeon confirmouno no seu discurso, explicando que durante a vindeira semana se fará público un borrador de lexislación para a celebración dun segundo referendo, para consulta, noticia recibida con xúbilo por parte dos 3000 delegados presentes en Glasgow.

A polémica está servida con este anuncio, pero dende as redes hai xa recordatorios do discurso de Ruth Davidson na conferencia Tory, pedindo que non se bloquee un posible segundo referendo:


Aquí tedes as claves do discurso inaugural de Nicola Sturgeon que rematará o sábado 14 tamén co seu discurso de clausura. Outro momento que sen dúbidas marcará as políticas do SNP


martes, 11 de outubro de 2016

Entrevista con Miguel López Crespo - Unión de Consumidores de Galicia #consumo #dereitos #FamiliaBenfeito #UCGAL

A Unión de Consumidores de Galicia leva xa uns 30 anos defendéndonos dos abusos aos que nos vemos expostos no día a día (cláusulas chan, alimentación, electricidade, telefonía, viaxes, autonomoción...) ; dende a UCGAL veñen de lanzar unha campaña moi orixinal que protagoniza a familia Ben Feito e tiven o pracer de falar hoxe co seu Secretario, Miguel López Crespo que me deu unha cantidade enorme de información moi útil. 

Anímovos a escoitar a entrevista, a indagar na páxina da UCGAL www.consumidores.gal e a participar na enquisa que están a facer agora mesmo na súa páxina sobre etiquetado nos produtos lácteos (a min levoume menos dun minuto facela!) 




Ah! Que non esqueza decirvos que a esta tan orixinal familia tamén podedes localizala no FB Os Benfeito e no twitter @osbenfeito 

sábado, 8 de outubro de 2016

#WeareScotland : un canto á diversidade, ao respecto e a humanidade fronte a xenofobia #Respect #WeareWales

Si vades a twitter e botades un ollo ao hashtag #WeareScotland veredes a resposta de milleiros de persoas á xenofóbica e racista tendencia do Goberno de Theresa May. 

Milleiros de persoas, entre elas cidadáns galegos, franceses, suecos, canadienses, italianos, australianos,... que levan estudando, vivindo e/ou traballando en Escocia durante un tempo, moitos deles establecidos alí hai anos, e que fixeron deste país o seu fogar; outras moitas persoas que coma é o meu caso, estamos ligados a Escocia por matrimonio. 

Falar do "nacionalismo excluínte" sinalando a partidos como o SNP escocés ou ao Plaid Cymru galés (ou a outros partidos declaradamente nacionalistas), cando dende os propios Gobernos centrais se lanzan entusiastamente soflamas que a historia nos demostra que foron utilizadas por personaxes como Hitler, é de todo hipócrita e extremadamente preocupante. De que "nacionalismo excluinte" nos están a falar? Que "nacionalismo excluínte" queren satanizar? 

Reino Unido, como outro países, parece ter perdido o norte dos dereitos humanos, dos dereitos civiles, do sentido común, dos logros sociais conseguidos despois de moitas guerras e moitos mortos. Cara onde vai Reino Unido con xente como Theresa May? Cara onde imos con estes depravados elementos, con estes envilecidos e corruptos gobernantes?   


Nicola Sturgeon deixou claro dende o minuto 1 despois de coñecerse o resultado do Brexit,  que todos os cidadáns estranxeiros teñen a súa casa en Escocia se así o desexan, e que o Goberno escocés vai facer todo o que estea na súa man (e mais) para protexer os seus dereitos.

O hashtag foi trending onte en Reino Unido, e rapidamente os curmáns de Gales seguiron a iniciativa con #WeareWales.


Digno de mención e bonito xesto para reivindicar que non importa de donde sexas ou cal sexa a túa procedencia, se vives e sintes Galicia, ti es Galicia, se vives e sintes Escocia, ti es Escocia.


Que estes intolerantes e irresponsables individuos nunca nos quiten nin a ilusión, nin a humanidade, nin  o sentido común 



venres, 7 de outubro de 2016

A preocupante #xenofobia de Theresa May e o #Brexit #UK #ReinoUnido #EU


The #Xenophobia of Theresa May is a global problem #respect #HumanRights #UK #Spain #Europe

Theresa May’s disgraceful speech in Birmingham and her racist xenophobic plan for Britain after Brexit has brought to us the reality of our society, no matter if you are living in Spain or in the UK, or in France. We have a problem… we ALL have a problem and it’s very serious.

A non-elected Prime Minister with no mandate to make big decisions against the will of the British people (specially the Scots), has just explained with details and outrageous euphoria what kind of UK she is trying to make and why. And that is really what scares me the most, because I’m absolutely sure that she is fully committed and totally aware of what she is trying to do.

If you look around Europe there is a concerning reality about the small Nations. Their rights and powers have been decreasing or they haven’t received any more powers during the last years. There is a clear and continuous tendency of re-centralization all over Europe.

The cases of Spain and the UK are not so different in essence. I’ve noticed that during these years many policies have been run with very little differences by both Spanish and British Governments.

Actually, we’ve known that Theresa May has reaffirmed her view on the Human Rights Act. However, in case you didn’t know, in Spain we have to fight against a Gagging Law which affects our human and civil rights.

Doctors are fighting for their jobs and the permanence of a Public National Health Service, it’s the same in Spain where privatizations and cuts have been growing all over the State. Public services are now in the worse position to serve citizens.

The right wing Spanish Government has a strategy of running policies against the Autonomic powers with the unique excuse of “Brussels is the boss”. But the reality is a re-centralization of powers and the end of the Autonomic system. Primary sectors like fisheries or farming have been suffering from the very poor policies run by the State. They just don´t care what happens to our primary sectors. They have other views, other plans for them.

We are witnessing how our political leaders cheat without decorum. They manipulate, with no regrets of whatsoever, every day. They have the power of the MSM, they invent evidence, and they make campaigns against people who could be an alternative. They invent stories to put us into war; they lie about their policies (apparently this crisis is all our fault); they lie every day with promises that are never going to be met. Scotland knows very well about that, when it went from hope to despair on its first attempt to be independent, which by the way scraped by with the lie of the vow. Now Scotland is about to see how Theresa May will begin to destroy the Scottish Parliament, if remedy is not put beforehand.

Because, I don’t know if people are aware of Theresa May’s plans to make the Autonomic Parliaments disappear after Brexit, or at least her plans to make these Parliaments a minimum Institution with very little powers (yes, it is already happening here in Spain). That’s her plan… will she able to make her plan a reality? What is going to happen with the Northern Ireland Peace Agreements in a scene where Theresa May scraps the Human Rights Act, and with a Parliament that has no powers to stop her?

What is going to happen with Scotland? What about the “new powers”? What about the single market? What about the will of the Scots? Do you think Theresa May will respect them?

And what about the thousands and thousands of foreigners living and working in the UK? What about their rights? Are they in danger after Theresa May’s xenophobic speech in Birmingham? What about “the foreigners” who visit the UK because they are married to British people and have family there?

Let’s talk about our friends and families. Will they change their views about the “foreigners”? Will they change their views and positions to us? Will they think about their comments of the “invasion of foreigners” during a cup of tea with friends and family originally from other countries? Surely not, but what about the thousands of people that think xenophobia is the answer? What about the people who think, as well as May, that those “foreigners” are stealing jobs from British (or Spanish) people?

For some political leaders, throwing incendiary diatribes is very easy; in fact, it is an unhealthy need for them. While at the base of society a bad atmosphere, racism and violence against foreigners is created, the elite continue their plan to keep full control over the system.

So, from now on, we all have a job to do. Xenophobia and racism are a global issue. There are plenty fools and irresponsible politicians like Theresa May everywhere; and they are creating nasty and despicable and violent atmospheres where human beings will be set against human beings.


It’s up to us to neutralize these plans. We need to re-educate ourselves; we need to stop xenophobia, to stand up for human rights, to defend human and civil rights more than ever EVERYWHERE. We need to stand against xenophobia and against fascism again, and we need to do that now. It is urgent. 

martes, 4 de outubro de 2016

We are all on board Zaytouna // Todas imos no Zaytouna #MulleresaGaza #Apoia #Mandaatúamensaxe #Sendyoursupport #WomentoGaza


(My video in English)



(O meu video en Galego)


luns, 3 de outubro de 2016

Entrevista con Iria de querENDO (Mulleres con Endometriose) #Saúde #Muller #Women #Endometriosis

Estiven charlando con Iria, da Asociación querEndo (Mulleres con Endometriose), unha patoloxía que afecta a mais do 10% da poboación feminina e que ainda non é adecuadamente atendida. 

Como outras moitas patoloxías a detección temprana é fundamental para evitar males maiores e as mulleres con endometriose enfrontan a diario atención pouco adecuada e moitas limitacións.

O fortalecemento do Servizo Público de Saúde, a investigación e a información son fundamentais para mellorar a atención nestes casos.

(Twitter: @quer_endo

I was speaking to Iria, a spokeperson of the Association of Women who suffer Endometriosis, a feminin pathology which affects up to 10% of women's World population and that is not properly adressed. 

Like other pathologies, early detection is essencial to avoid worse effects, and women who suffer endometriosis face very poor attention every day and lots of limitation on their lifes.

Strengthening the National Health System, research and information are fundamental to improve care in this topic



mércores, 21 de setembro de 2016

#AherdanzadeFeijóo : O deterioro da sanidade pública nos últimos anos #NosTelevisión #Saúde #SanidadePública



Chega a última edición do programa “A herdanza de Feijóo”. Conversamos con integrantes da Plataforma de Doentes e Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago para saber como foron os últimos anos.
SEGUE Nós Televisión  

xoves, 15 de setembro de 2016

A cobardía do Sr. Feijóo #debatesTV #Eleccionsgalegas #25S #Galicia #democracia

#AherdanzadeFeijoo: Feijóo, inmóbil ante os desafiuzamentos #StopDesahucios #StopDesafiuzamentos #Vivenda #DereitoaVivenda

Aquí tedes o seguinte programa da serie #AherdanzadeFeijóo. Parabéns ao equipazo de edición de Nós Televisión. 
Si xa durísimo foi escoitar as terribles historias das afectadas e das activistas, mais o foi recordalo agora con esas imaxes tan dolorosas que nos serven de recordatorio do que se viviu estes últimos anos... e que continúa acontecendo

Nós Televisión en twitter
Nós Televisión en Facebook

"Nova edición do especial “A herdanza de Feijóo“, dirixido pola nosa colaboradora Pilar Fernández. Desta volta, conversamos con persoas afectadas polos múltiples desafiuzamentos realizanos no noso País nos últimos anos. Falamos tamén con integrantes da Plataforma Stop Desafiuzamentos de Compostela que realizaron unha análise das “medidas” realizadas nos últimos anos polo Goberno galego"

domingo, 11 de setembro de 2016

As presas de Feijóo coa #LongHope // The haste of Feijóo with the #LongHope Asociation #Norway #Spain #25S

Galician former sailors of the Long Hope Asociation have been claiming for their pensions for years.
I spoke to Alberto Paz Viñas​, their spokeperson,  about the very "tricky" (= sneaky) last-minute subsidy offered by the Galician Government 15 days before the Galician Elections 



Os ex-marinos da Asociación Long Hope levan reclamando as súas pensións dende hai anos.
Falei co seu portavoz, Alberto Paz Viñas, sobre o sospeitoso convenio de última hora ofrecido polo Goberno galego á Asociación,  a 15 días das Eleccións galegas.



Manifestación número 66 // Demonstration numer 66

#11S Allende Vive #Chile #Scotland #NaePasaran





NAE PASARAN (Video) 





venres, 2 de setembro de 2016

Nicola Sturgeon: "Antes de empezar a falar, debemos escoitar" // Nicola Sturgeon: "Before we start talking, we must listen" #Brexit #Indyref2 #ScotlandinEurope

"Coido que chegou o momento axeitado para que o noso partido lidere un debate de independencia" - asegurou Sturgeon.

Nicola Sturgeon, lider do SNP ven de facer o tan esperado anuncio que marca o inicio dunha nova campaña que non pode ser igual nen semellante que a que se fixo para o referendo do 2014. As condicións, a situación é - dixo - completamente distinta á de 2014 e antes de actuar debemos escoitar.

.@NicolaSturgeon “Before we start talking, we must listen.” pic.twitter.com/7P9Sfm1ZGa
— The SNP (@theSNP) 2 de septiembre de 2016

É por isto fundamentalmente que ven de lanzar unha plataforma dende a que se vai facer unha enquisa que pretende falar con ao menos 2 millóns de escoceses dende hoxe ata o Dia Nacional de Escocia, 30 de Novembro, San Andrés. Instou a todos os militantes (mais de cen mil do Scottish National Party) a facer chegar aos seus amigos e familias esta enquisa, a escoitar as opinións de todos, síes e noes do 2014, para entender, con detalle, que preocupa aos escoceses despois da votación do Brexit e de cara a un mais que posible segundo referendo. 

Insistiu en que co seu comportamento, o Partido Laborista é incapaz de facer fronte ás ameazas das políticas de recortes e neoliberais dos Tories, que non van mais que empeoran despois da decisión de seguir adiante co Brexit. O Goberno escocés vai estar presente nas negociacións con Theresa May para asegurarse de que a voz de Escocia é escoitada. Hai xa uns días que a Primeira Ministra escocesa anunciou a creación dun Ministerio que estará directa e permanentemente conectado con ela, para levar adiante as negociacións con Westminster. 

Tamén anunciou que se reforzará a estratexia económica para enfrontar o déficit coa creación da "Party Growth Commission" que tamén terá a misión de incrementar oportunidades económicas e construirá seguridade económica. "Hai un traballo real que facer", rematou


Deixovos a intervención completa de Nicola Sturgeon, que como ven sendo habitual dende hai xa tempo, emite dende as súas páxinas de FB, as súas intervencións, e charlas atendendo as preguntas do público (todas, cousa da que deberían tomar nota os políticos españoles e galegos). O resultado deste comportamente de achegamento real á poboación e seriedade á hora de traballar pode verse reflexado nas últimas enquisas publicadas