xoves, 14 de maio de 2015

RECOMENDADO: Eira da Xoana organiza o "Dia da diversidade Natural e Cultural" #16Maio


  • ROTEIRO. Ás 11.30 quedamos no equipamento da Eira da Xoana coa idea de desprazarnos de maneira colectiva nalgúns dos coches particulares ata o Castelo de Pambre. Dende alí iniciaremos a camiñata cara o Castro de Remonde ás 12.00 horas. Se o prefires, podes achegarte directamente ao Castelo de Pambre no teu coche para incorporarte ao roteiro.

  • ACTO DE PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA PUBLICACIÓN DIVULGATIVA DO CASTRO DE REMONDE. Situados nos terreos do castro, terá lugar este acto no que se dará a coñecer e repartirá esta publicación inédita e de gran interese para dar a coñecer e revalorizar o Castro de Remonde. Este folleto acaba de editarse á inciativa de ADEGA e A Eira da Xoana grazas á colaboración da Vicepresidencia Primeira de Cultura e Turismo de Lugo.

  • XANTAR MULTICULTURAL DE CONVIVIO. Cadaquen traerá o seu para compartir. Se coñeces algunha receita de cociña típica doutras culturas, animámosche a que a traias ese día para a súa degustación colectiva.

  • ACTO LITERARIO E MUSICAL. Se queres participar no acto lendo algún texto en prosa ou verso en galego ou noutros idiomas, interpretar algunha peza musical galega ou doutras culturas, ou mesmo compartir algunha experiencia ou vivencia doutros lugares do mundo , ponte en contacto con Pepe ou Marcial ou escríbenos un correo a eiradaxoanadega@gmail.com. Iniciará as intervencións Pepe Paz, quen compartirá connosco as súas experiencias na India. É un home ligado nese país á Universidade tagoriana, Rabindranat Tagore, e que ademáis, ten alá arranxada unha Casa de Galiza para quen quixera ir
 http://eiradaxoana.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario