martes, 28 de febreiro de 2017

Escocia: Lexítimo mandato para convocar un segundo referendo #Indyref2 / Scotland: a legitimate mandate for #indyref #Brexit

O medo é libre e espállase á velocidade do lóstrego. 

Ainda que non é novidade, veredes agora moitas noticias alertando da celebración dun segundo referendo de independencia en Escocia. 

Dende o día 24 de xuño de 2016, en rolda de prensa urxente que Nicola Sturgeon celebrou ao coñecerse o resultado do referendo de Brexit, xa se anunciou que o Goberno escocés exploraría todas as opcións posibles nesta nova situacións que provoca enormes cambios constitucionais e legais en Reino Unido e mesmo en Europa.

Un 62% dos escoceses votaron pola permanencia na UE. E hai que recordar unha vez mais que durante a campaña en 2014, voces da campaña Better Together e outras voces internacionais (entre as que se atopan González Pons, Vidal-Quadras, Barroso, Vam Rompuy ou o mesmo Mariano Rajoy) insistiron en que o único xeito de que Escocia puidera permanecer na UE era votando NON á independencia. 

A campaña unionista xa está en marcha dende o momento en que Theresa May anunciou un Brexit duro. Saben que as consecuencias son tan evidentes como imparables, especialmente cando dende Londres negan a voz ao Goberno escocés nas negociacións e mesmo se atreven a dicir que Nicola Sturgeon non ten mandato para convocar un segundo referendo de independencia.

Hoxe Nicola Sturgeon publica no The Times, un artigo no que non só explica o seu programa electoral refrendado polos votos da maioría do pobo escocés en maio de 2016, senón que explica que o SNP acadou mais votos e escanos no Parlamento escocés que os conservadores e os laboristas escoceses xuntos. Non só iso, existe na Cámara escocesa unha maioría absoluta independentista coa alianza do Partido Verde, que xa ven anunciando e ratificando o seu total compromiso con tal convocatoria e coa independencia. 

Theresa May pode tentar moitas cousas, pode tratar de frear a convocatoria, pero tal e como xuristas, catedráticos e analistas políticos veñen advertindo, a negativa de Londres da celebración de #indyref2 o único que vai provocar é unha situación catastrófica constitucional en Reino Unido. 

Permitídeme compartir de novo a entrevista que lle fixen a Peter Curran hai uns meses sobre a situación actual en Escocia e que agardar nestas próximas datas 

Ningún comentario:

Publicar un comentario