xoves, 15 de abril de 2021

ACTIVIDADE RECOMENDADA : Museo do Pobo Galego : Décima edición de "A voltas co baile" #Baile #Galicia #Cultura #Danza


Décima edición de "A voltas co baile" que celebraremos no auditorio do Museo, o venres 30 de abril en horario de tarde
Inscrición obrigatoria en servizosdeac@museodopobo.gal

Gratuíto para socios e socias.

Máis información:
http://www.museodopobo.gal/web/uploads/pdf/A%20VOLTAS%20CO%20BAILE%202021.pdf

"Trátase da décima edición de "A voltas co baile" que celebraremos no auditorio do Museo, o venres 30 de abril en horario de tarde. Este ano centrarase nos usos actuais do baile tradicional e para isto contaremos coa experiencia de diferentes profesionais que utilizan esta parte do noso Patrimonio Cultural en ámbitos como a educación regrada, a terapia ou a danza contemporánea.

O programa das xornadas é o seguinte:

·         De  18h30 a 19h. Relatorio - O baile tradicional na educación regrada. Uxío Leira.

·         De 19h a 19h30. Relatorio - O baile tradicional na terapia: danzando a vida. Bea Díaz.

·         De 19h30 a 20h. Espazo de diálogo entre o público, Uxío Leira e Bea Díaz.

·         De 20h a 21h.  Diálogo - O baile tradicional na danza contemporánea. Janet Novás e Jaime Pablo Díaz."


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario